{"id":5591,"date":"2008-10-28T00:21:51","date_gmt":"2008-10-27T22:21:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5591"},"modified":"2008-10-28T00:31:46","modified_gmt":"2008-10-27T22:31:46","slug":"chef-rivera-en-padron-a-excelencia-da-cocina-da-caza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/28\/chef-rivera-en-padron-a-excelencia-da-cocina-da-caza\/","title":{"rendered":"Chef Rivera, en Padr\u00f3n: un soberbio men\u00fa de caza para este outono"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rivera_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Solombo de Veado con ameixas confitadas. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">O<\/span> <a href=\"http:\/\/www.chefrivera.com\/\">Chef Rivera<\/a>, en Padr\u00f3n, (Telf. 981810413) \u00e9 un dos restaurantes cl\u00e1sicos que cobraron importancia en Galicia nos anos 80, que medraron ao comp\u00e1s dun novo poder e dunha nova burgues\u00eda econ\u00f3mica e trouxeron no seu momento aires dunha nova modernidade. Entrar no Chef Rivera \u00e9 pasear por esa historia a\u00ednda non demasiado escrita do noso pa\u00eds: a <em>famolox\u00eda<\/em> -esa pr\u00e1ctica dos restaurantes dos 80 consistente en presentar fotograf\u00edas de famosos e\/ou poderosos que acreditar\u00edan as\u00ed a calidade da coci\u00f1a deses fog\u00f3ns-, os diplomas, os recordos, os cadros: sinaturas dos reis e infantas borb\u00f3ns, de Camilo Jos\u00e9 Cela, Julio Iglesias, Mario Soares, eu que sei xa non me acordo de cantas. Agora, Alejandro, o fillo do Chef, asumiu un papel importante \u00e1 fronte dos fog\u00f3ns.<\/p>\n<p>Co tempo, a culinaria do chef enarbolou produtos como bandeira, ata converterse nunha referencia na coci\u00f1a de produtos moi de noso, como a lamprea -hai moitos anos, com\u00edn al\u00ed a mi\u00f1a primeira e disfruteina de vez con dous bos amigos-; deles ofrece men\u00fa degustaci\u00f3n, como nese caso da lamprea ou da caza a mediados do outubro. A gastronom\u00eda de Rivera p\u00f3dese definir como cl\u00e1sica, pero entendendo cl\u00e1sica como a herdanza dos fog\u00f3ns burgueses do XIX, como se recuperara o tempo perdido para os restaurantes galegos. Unha li\u00f1a que vincula o Chef co Restaurante Roberto en Vedra ou a Taberna de Rotilio en Sanxenxo. Rivera ten unhas bases s\u00f3lidas a nivel gastron\u00f3mico coma o granito.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rivera_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Corzo con pudin de casta\u00f1as e uvas pasas<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rivera_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Coello con fabas pintas<\/em><\/p>\n<p>Fumos os primeiros en probarmos o men\u00fa degustaci\u00f3n de caza do 2008. Un pedazo men\u00fa, do mellor que te\u00f1o tomado este ano nos restaurantes galegos. C\u00f3ntoche. Primeiro chegou unha soberbia ensalada de perdiz en escabeche, \u00e1 que seguiu despois tres pratos de caza; comezando cun <em>solombo de veado con ameixa confitada<\/em>, seguindo dun impresionante plato de <em>corzo con pudin de casta\u00f1as e uvas pasas<\/em> (o mellor do xantar para min) e finalizando cun <em>coello con fabas pintas<\/em> que tam\u00e9n met\u00eda medo. Adobos sinxelos e potentes de tomi\u00f1o e pementa negra que lle aportan \u00e1 caza a s\u00faa fascinaci\u00f3n gastron\u00f3mica, con preves de base doce ou abundante que complementan a ausencia de graxa destas carnes curtidos nos montes. Tres platos rotundamente soberbios. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rivera_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No apartado de postres present\u00e1ronnos un bo <em>brioche de maz\u00e1s con xeado de froita da paix\u00f3n<\/em>.  E f\u00edxome moita graza a larpeirada que serviron cos caf\u00e9s. O prato era un vinilo cunha antolox\u00eda da canci\u00f3n de Ag\u00fcimes -que lle encantar\u00eda ao meu pai- sosti\u00f1a unha telli\u00f1a para acompa\u00f1ar os caf\u00e9s. Unha menci\u00f3n especial merece a adega, chea de referencias cl\u00e1sicas de calidade e cun apartado especial para vi\u00f1os doces, coma o do Porto -Rivera \u00e9 cofrade de honra-. N\u00f3s acompa\u00f1amos a caza cun tinto ideal para sabores tan potentes: un Abad\u00eda Retuerta Selecci\u00f3n Especial 2005, un tinto cunha acidez sorprendente para Castela e un certo toque amargo que prestaba ben coas guarnici\u00f3ns doces que acompa\u00f1aban eses pratos de caza. <\/p>\n<p>O men\u00fa degustaci\u00f3n de caza custa 50\u20ac. En total, uns 60 e pico por cabeza, e unha enorme satisfacci\u00f3n. O Chef Rivera -co relevo ben garantido no seu fillo Alejandro- sigue sendo unha das coci\u00f1as de referencia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Solombo de Veado con ameixas confitadas. Fotos: Sole O Chef Rivera, en Padr\u00f3n, (Telf. 981810413)&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/28\/chef-rivera-en-padron-a-excelencia-da-cocina-da-caza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Chef Rivera, en Padr\u00f3n: un soberbio men\u00fa de caza para este outono<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5592,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-5591","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5591","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5591"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5591\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5592"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5591"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5591"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5591"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}