{"id":5574,"date":"2008-10-25T22:08:35","date_gmt":"2008-10-25T20:08:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5574"},"modified":"2008-10-25T22:15:30","modified_gmt":"2008-10-25T20:15:30","slug":"alucinante-unha-sauna-castrexa-subterranea-no-ameazado-castro-da-atalaia-cervo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/25\/alucinante-unha-sauna-castrexa-subterranea-no-ameazado-castro-da-atalaia-cervo\/","title":{"rendered":"Alucinante: unha sauna castrexa subterr\u00e1nea no ameazado castro da Atalaia (Cervo)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/forno_atalaia_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/forno_atalaia_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/forno_atalaia_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span>os que vos interesa a arqueolox\u00eda, co\u00f1eceredes o dram\u00e1tico caso do castro da Atalaia de Cervo (Lugo). En pleno boom urban\u00edstico na Mari\u00f1a lucense, o concello concedeu unha licenza de urbanizaci\u00f3n  \u00a1por riba do castro! que afectou dramaticamente ao xacemento. Un grupo de veci\u00f1os est\u00e1 a mobilizarse desde ent\u00f3n para impedir a destruci\u00f3n do castro. <\/p>\n<p>Pois ben, hoxe pola tarde, Mari\u00f1a Patrimonio, a entidade que os agrupa, remitiu un sorprendente comunicado na s\u00faa lista de correo. Localizaran os exemplares de El Progreso de 1974 onde se daba conta dun importante achado arqueol\u00f3xico ubicado nas proximidades do castro e cuxa memoria se manti\u00f1a entre os veci\u00f1os. O xornalista de El Progreso non sab\u00eda explicar que era aquelo que visitaban os pol\u00edticos -pens\u00e1base que era algo <em>fenicio<\/em>-, pero as fotos que vedes arriba son abondo expl\u00edcitas para saber que \u00e9 o que hai a\u00ed: a sauna castrexa mellor conservada do pa\u00eds. Seica segue al\u00ed, soterrada, na Finca de Dorita. Reproduzo fragmentos do comunicado:<\/p>\n<blockquote><p>\nEn xullo de 1974 no transcurso dunhas obras na Atalaia de San Cibrao nunha horta da chamada \u201ca casa de Dorita \u201c, descubriuse un edificio soterrado na area. Debido \u00e1 importancia do ach\u00e1dego, a Direcci\u00f3n General de Bellas Artes paralizou as obras e realizou unhas escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas., crese que baixo a direcci\u00f3n de Manuel  Chamoso Lamas. As  escavaci\u00f3ns  foron visitadas polo Presidente da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo o  d\u00eda 20 de xullo.<\/p>\n<p>O diario El Progreso f\u00edxose eco desta noticia, segundo comprobamos,nas publicaci\u00f3ns do 12, 13, 17 e 21 de xullo dese ano; por\u00e9n, e a pesar da intensa b\u00fasqueda, non conseguimos ning\u00fan informe das escavaci\u00f3ns.  <\/p>\n<p>Como \u00e9 ben sabido, hai algo m\u00e1is dun ano que os veci\u00f1os de San Cibrao, especialmente os da Atalaia, ve\u00f1en traballando para que o castro da Atalaia, v\u00edtima  da cobiza construtora e da desidia dos que gobernan, non desapareza. Durante este tempo escoitamos con verdadeiro interese o relato dos recordos que os veci\u00f1os gardan sobre o edificio da horta de Dorita: a s\u00faa localizaci\u00f3n, a s\u00faa forma rectangular, as escaleiras de acceso, os bancos corridos nunha das s\u00faas salas, unha especie de vent\u00e1, a  cuberta de falsa b\u00f3veda sobre a que descansa unha laxe de granito de grandes dimensi\u00f3ns, a existencia de t\u00faneles\u2026Todos  aseguran que o edificio foi novamente tapado e que a\u00ednda se conserva.<\/p>\n<p>Estes datos acheg\u00e1mosllos a varios arque\u00f3logos para que nos explicasen que pod\u00eda ser esta construci\u00f3n. A resposta foi clara: estabamos describindo un tipo de construci\u00f3n castrexa co\u00f1ecida como monumento con forno tam\u00e9n denominada pedra formosa, sauna castrexa ou balneario castrexo. <\/p>\n<p>Os monumentos con forno aparecen en moi poucos castros, tr\u00e1tase dunha construci\u00f3n de car\u00e1cter monumental que te\u00f1en un forno e cumpren a funci\u00f3n de sauna- balneario. Estas saunas seguen todas o mesmo modelo de ubicaci\u00f3n e de construci\u00f3n: sit\u00faanse nunha zona de acceso ao castro, ademais est\u00e1n semienterradas e  contan cunha escaleira para acceder \u00e1s salas; son de planta rectangular, te\u00f1en varias estancias ( vest\u00edbulo, antec\u00e1mara, c\u00e1mara e forno). Unha das salas ten bancos corridos e est\u00e1n cubertas por unha falsa b\u00f3veda. A suposta vent\u00e1, da que falan os veci\u00f1os, poder\u00eda ser o oco  que comunicaba a c\u00e1mara co forno e os t\u00faneles serv\u00edan para a conduci\u00f3n da auga. <\/p>\n<p>As fotos publicadas por El Progreso nas datas que indicabamos arriba, confirm\u00e1ronnos a veracidade dos datos aportados polos veci\u00f1os: vense as escaleiras de acceso, a falsa b\u00f3veda, a enorme laxe sobre a b\u00f3veda e a \u201cvent\u00e1\u201d ( ou a posible uni\u00f3n entre a c\u00e1mara e o forno), da que o periodista comenta:<\/p>\n<p>\u201c En el interior de la cueva- puede verse en las fotograf\u00edas de Sergio- aparece una especie de horno formado por dos columnas y un dintel\u201d. <\/p>\n<p>Todo isto ind\u00edcanos que, posiblemente, no castro da Atalaia te\u00f1amos un monumento con forno, ser\u00eda o terceiro de Galiza. No noroeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, no territorio que ocupou a cultura castrexa (Portugal, Asturias e Galiza), na actualidade co\u00f1ecemos 16 balnearios castrexos. Co do castro da Atalaia  sumar\u00edan 17, coa particularidade de que este ser\u00eda o mellor conservado e o \u00fanico que manter\u00eda  a falsa b\u00f3veda. De confirm\u00e1rense as nosas teor\u00edas, para o que cumprir\u00eda escavar e estudar outra vez o edificio, estariamos ante unha sauna castrexa practicamente intacta, o que supor\u00eda unha das descobertas m\u00e1is importantes do mundo castrexo dos \u00faltimos anos. <\/p><\/blockquote>\n<p>Parab\u00e9ns a Mari\u00f1a Patrimonio pola investigaci\u00f3n. \u00bfAxudar\u00e1 esta redescuberta a deter as agresi\u00f3ns a ese xacemento?<br \/>\n<a href=\"http:\/\/picasaweb.google.es\/mr.patrimonio\/MonumentoConFornoSaunaCastroDaAtalaia\">Neste grupo de Picasa p\u00f3dense ver todas as fotos dese n\u00famero de El Progreso.<\/a><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/forno_atalaia_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ubicaci\u00f3n do Forno ou sauna castrexa. Escaneados e este gr\u00e1fico: Mari\u00f1a Patrimonio<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aos que vos interesa a arqueolox\u00eda, co\u00f1eceredes o dram\u00e1tico caso do castro da Atalaia de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/25\/alucinante-unha-sauna-castrexa-subterranea-no-ameazado-castro-da-atalaia-cervo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Alucinante: unha sauna castrexa subterr\u00e1nea no ameazado castro da Atalaia (Cervo)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5575,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-5574","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5574","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5574"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5574\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5575"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5574"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5574"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5574"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}