{"id":5560,"date":"2008-10-23T00:03:53","date_gmt":"2008-10-22T22:03:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5560"},"modified":"2008-10-23T00:08:13","modified_gmt":"2008-10-22T22:08:13","slug":"david-moreno-ou-un-modelo-intelixente-de-enoturismo-de-masas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/23\/david-moreno-ou-un-modelo-intelixente-de-enoturismo-de-masas\/","title":{"rendered":"David Moreno, un modelo intelixente de enoturismo de masas"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span> adega <a href=\"http:\/\/www.davidmoreno.es\/\">David Moreno<\/a> de Badar\u00e1n non \u00e9, desde logo, a marca m\u00e1is co\u00f1ecida da Rioja a nivel espa\u00f1ol; eu, cando menos, non ti\u00f1a nin idea da s\u00faa existencia, as\u00ed que me quedei bastante impresionado co que me atopei al\u00ed. <\/p>\n<p>Xunto cunhas modernas instalaci\u00f3ns que Chucho nos amosou con todo detalle, o que sorprende nesta gran adega \u00e9 a aposta -seica pioneira no seu momento- con respecto ao enoturismo nesta comunidade aut\u00f3noma, ata o punto de ser unha das vi\u00f1er\u00edas m\u00e1is visitadas da zona. A adega conta cunha enorme zona de recepci\u00f3n, cata e visitas guiadas, cun restaurante para 80 persoas, e un espectacular <em>calado<\/em> -a zona subterr\u00e1nea de barricas. No calado, a\u00ednda me chamou moito a atenci\u00f3n toda a escenograf\u00eda e planteamento. Dunha banda, hai un par de habitaci\u00f3ns separadas con cristal aillante do calado; son de uso para os clientes do Club de Vi\u00f1os. \u00bfEn que consiste? Os clientes mercan o contido dun bocoi de vi\u00f1o crianza David Moreno, e poden vir a degustalo, probalo, catalo cando queiran, reservando previamente. O Crianza 05, por exemplo, ten un prezo asequ\u00edbel, sobre 6 euros, e \u00e9 un Rioja m\u00e1is que decente, cun peculiar sabor a froita escura na punta do padal. Un bocoi custa 1.200 euros, e \u00e9 un agasallo de familias, compra colectiva dunha pe\u00f1a, ou un agasallo de marketing, dunha empresa ou casa de turismo rural para convidar aos seus clientes. O lugar \u00e9 espectacular. Os clientes poden <em>customizar<\/em> os bocois, como fixo un adolescente co da s\u00faa familia que vemos aqu\u00ed:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barricas_david_moreno.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00a1Graffiti enol\u00f3xico! Entrementres, o domingo pasado, a adega encheuse de nenos rioxanos que ve\u00f1en cos seus pais. Suben ao vi\u00f1edo, fan unha pequena vendima, pisan a uva, cos aparellos aprenden a mirar o grado dese mosto, ag\u00e1chanse no gardavi\u00f1as, entran na adega e corren entre os bocois, e logo comen na adega. Todo ten un curioso ambiente neomedieval, como de decorado de Errol Flynn, xa que David Moreno -que \u00e9 un home pequeno, educado e elegante, que bebe o seu propio vi\u00f1o crianza sentado \u00e1 porta da adega- adquiriu a marca Monasterio de Yuso cinco antes de que o cenobio fora nomeado Patrimonio da Humanidade e quixo inspirarse na arquitectura mon\u00e1stica. \u00c9 un pouco a historia de moitos adegueiros, que entraron ao negocio desde a memoria familiar e despois dun periplo laboral pola cidade. Ese ambiente neomon\u00e1stico perc\u00edbese na \u00e1rea na que se garda o reducido vi\u00f1o de autor da adega, o Vobiscum, que anda nestas pola anada 2003 e que eu a\u00ednda non probei -malia mercar un par de botellas. Separado por reixas dos outros, con candeas acesas no chan, como unha produci\u00f3n medieval de Disney que encanta a estes turistas. Un parque tem\u00e1tico do vi\u00f1o. Ou un exemplo de como se pode convertir o enoturismo, tam\u00e9n, nunha proposta para p\u00fablicos amplos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barricas_david_moreno_2.jpg\" alt=\"\" \/><em>Adega do Vobiscum<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A adega David Moreno de Badar\u00e1n non \u00e9, desde logo, a marca m\u00e1is co\u00f1ecida da&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/23\/david-moreno-ou-un-modelo-intelixente-de-enoturismo-de-masas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">David Moreno, un modelo intelixente de enoturismo de masas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5561,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5560","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5560","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5560"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5560\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5561"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5560"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5560"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5560"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}