{"id":5531,"date":"2008-10-20T22:27:48","date_gmt":"2008-10-20T20:27:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5531"},"modified":"2008-10-21T01:07:57","modified_gmt":"2008-10-20T23:07:57","slug":"vendimar-na-rioxa-o-fermento-dunha-cultura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/20\/vendimar-na-rioxa-o-fermento-dunha-cultura\/","title":{"rendered":"Vendimar na Rioxa: o fermento dunha cultura"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vendima_rioxa_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>&#8216;Pantone&#8217; vit\u00edcola no outono rioxano<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">H<\/span>ai unha imaxe na mi\u00f1a retina deste mete\u00f3rico fin de semana. Pasamos en coche por Cordov\u00edn, unha pequeni\u00f1a vila da Rioxa alta. Nunha banda da vila est\u00e1 o barrio das adegas e os chamizos, casuchas e alpendres que crean unha sorte de pol\u00edgono industrial da sociedade tradicional. O barrio de adegas dom\u00e9sticas est\u00e1 separado das casas dos labregos. Durante a vendima, os labradores ceden os fr\u00edos chamizos \u00e1s familias de vendimadores que ve\u00f1en a colleitar. Son xitanos que prenden lumes con caixas, sarmentos e madeira nestas r\u00faas de terra aproveitando o solci\u00f1o do domingo outonizo. <\/p>\n<p>F\u00edxome nunha destas familias, congregada en corro ao redor do lume dunha fogueira prendida \u00e1 beira da estrada. Nunha espeteira, \u00e1sase un coello bravo que deberon cazar no campo: seino porque est\u00e1 o pelexo, a\u00ednda con sangue, tirado nun lado. Alg\u00fans nenos de guedellas longas e suxas corren descalzos pola terra arxilosa. Abaixo da vila, hai outro campamento de mohinantes. Xitanos de pel escura, arrexuntados con caravanas nunha eira. Todo diferente dos subsaharianos: coas chaquetas pechadas, vagabundean s\u00f3s, desamparados e tristes, case sen cruz\u00e1rense palabra entre eles, como desconfiando os uns dos outros, polas proximidades da praza de Badar\u00e1n; agardan o chamado laboral dalg\u00fan agricultor forte, porque tam\u00e9n ve\u00f1en \u00e1 vendima. A vendima \u00e9 coma un entroido, no que estas vilas pequenas \u00e9nchense de caras for\u00e1neas. Estes xitanos que asan un coello cazado nos campos repiten unha escena de s\u00e9culos. Neste lugar s\u00e1bese que a manida frase <em>O vi\u00f1o \u00e9 cultura<\/em> non \u00e9 so un slogan publicitario, sen\u00f3n a pura mec\u00e1nica do funcionamento social.<\/p>\n<p>Estamos na Rioxa para vendimar as vi\u00f1as de Jairo, no concello de Badar\u00e1n, na Rioxa Alta. Son m\u00e1is de 800 metros de altura e os \u00faltimos vi\u00f1edos antes de que a altura e os aires impidan o medre das \u00faltimas boas cepas. Aqu\u00ed, a cultura do vi\u00f1o \u00e9 tan profunda e espesa como un vi\u00f1o caseiro de tempranillo. A vendima \u00e9 unha festa. \u00c9 a alegr\u00eda dos labradores, que van finalizar un ciclo dun ano de coidados a p\u00e9 de cepas. \u00c9 cobrar, \u00e1s veces, substancioso di\u00f1eiro. <\/p>\n<p>-A vendima non \u00e9 traballo -dinos Ruth. <\/p>\n<p>O ritual comeza, nestas colleitas familiares, a noite previa no chamizo -\u00e9 o alpendre familiar, agora reconvertido en refuxio para festas ruidosas e discretas dos mozos da familia. Cos sarmentos pr\u00e9ndese o lume do forno e \u00e1sanse as chuleti\u00f1as de a\u00f1o. O sabor que lle dan os sarmentos de vide \u00e1 carne \u00e9 espectacular, e reg\u00e1molo cun vi\u00f1o de Navarrete. Todos apreixados para parar o fr\u00edo destas paredes de adobe. As ceas do chamizo son unha celebraci\u00f3n dos mozos da familia, dos amigos que queren participar no madrug\u00f3n do d\u00eda seguinte, para baixar aos vi\u00f1edos. Rem\u00e1tase con pachar\u00e1n e mantecados, entre vapores et\u00edlicos e o rico fume de sarmento na roupa.<\/p>\n<p>A paisaxe d\u00e1 o xogo preciso. As monta\u00f1as rodean ao pequeno territorio da Rioxa. A Serra Cantabria, ao norte, \u00e9 como unha cordilleira de icebergs que refulxen ao sol, presidida polo Le\u00f3n Durmido, unha monta\u00f1a de forma animal na que os logro\u00f1eses resumen o que \u00e9 este territorio, xa que nel se dan a man Navarra, o Pa\u00eds Vasco e a Rioxa. Ao sur, a serra de Cameros, cos espectaculares precipicios tostados. No medio, un territorio de sete vales, atravesado por sete r\u00edos, aos que desde unha perspectiva galega chamariamos regatos, ag\u00e1s o Ebro. E na doce orograf\u00eda, miles de fincas vin\u00edcolas en todas as orientaci\u00f3ns pos\u00edbeis. Cultura do vi\u00f1o, xeograf\u00eda do vi\u00f1o, territorio medido ata o \u00faltimo estremo polos agricultores. Terra arxilosa, por veces demasiado rica, sobre hai que enganar \u00e1s cepas para que non se perdan e despisten neste rico sustrato hortofrut\u00edcola.<\/p>\n<p>Nos chamizos de Badar\u00e1n, no antigo barrio das adegas, disfrutamos de vi\u00f1os, disfrutamos da marabilla da horta rioxana. Non hai tomates nin pementos coma estes. <\/p>\n<p>-\u00bfSabes como lles chamamos aos pementos? O a\u00f1o dos pobres -inf\u00f3rmame algu\u00e9n. <\/p>\n<p>Ben o entendo, porque aqu\u00ed a horta \u00e9 un manxar asum\u00edbel. Aqu\u00ed \u00e1sanse os pementos e van con todo. Van, por exemplo, con eses ovos feitos o d\u00eda anterior, que se levan \u00e1s vides como almorzo, xunto con chourizos de picor desaforado que fan tirar do tinto \u00e1s dez da ma\u00f1\u00e1, na hora do almorzo, coma se fora colacao. Vendimamos varias fincas. Os acios ag\u00e1rranse por abaixo, para que non caian. O tempranillo \u00e9 o que proclama eses espectaculares vermellos outonais, o garnacho vai palidecendo os seus verdes, ao igual que a branca viura. A colleita, este ano, \u00e9 escasa, de xeito xeralizado, en toda a comarca. S\u00f3 algunhas cepas agas\u00e1llannos con fermosos acios enormes.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vendima_rioxa_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Presionando e despalillando uva na adega de David Moreno<\/em><\/p>\n<p>A uva v\u00e9ndese na adega David Moreno, al\u00ed mesmo en Badar\u00e1n. \u00c9 unha empresa interesante da que falarei noutro post. Despois de que guindamos as uvas para seren prensadas, Chucho l\u00e9vanos a ver os procesos de fermentaci\u00f3n. David Moreno aparece. \u00c9 un elegante e franco se\u00f1or que parece vivir todo o d\u00eda nesta empresa familiar que fundou de cero. <\/p>\n<p>-A partir de ma\u00f1\u00e1, toda a uva para clarete -dille a Chucho. <\/p>\n<p>Os tractores dos agricultores locais confirman o que todos se tem\u00edan. Hai pouca uva, e con moi pouco grado. Once e pico ou doce. Un ano frouxo. O clarete -pouco tomado en Galicia- \u00e9 aqu\u00ed un vi\u00f1o que gusta a moitas mulleres, que escapan dos rigores dos tintos. O adegueiro David Moreno expl\u00edcanos como non s\u00f3 as uvas, sen\u00f3n os territorios, os concejos, se combinan para obteren os vi\u00f1os. Non \u00e9 s\u00f3 tempranillo con garnacho, sen\u00f3n Badar\u00e1n con Uru\u00f1uela. Cada concello aporta a s\u00faa especial caracter\u00edstica. <\/p>\n<p>Falas e falas con xente nova, e toda co\u00f1ece a terminolox\u00eda da vendima, os rituais que a preceden e os que a finalizan. O vi\u00f1o \u00e9 o sangue do PIB rioxano. La Rioja, o xornal rexional, titula a cinco columnas co estado da colleita. E ao pasarmos por unha autoestrada, Jairo sin\u00e1lanos o Vi\u00f1edo Institucional. \u00bfComo o vi\u00f1edo institucional? O Goberno auton\u00f3mico disp\u00f3n de varias hect\u00e1reas nas que non s\u00f3 experimenta, sen\u00f3n que colleita e elabora o seu propio vi\u00f1o. \u00a1Un vi\u00f1o de car\u00e1cter p\u00fablico! <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vendima_rioxa_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Patacas \u00e1 Rioxana<\/em><\/p>\n<p>En Badar\u00e1n, a nai de Jairo sirve un espectacular potaxe de caparr\u00f3ns, a alubia local. Unha aut\u00e9ntica marabilla. Como en Galicia, as familias fanse coa calor das potas fumegantes. Os av\u00f3s, respectados, presiden o xantar familiar con ausencia, un pouco aqu\u00ed e outro pouco al\u00e1, onde sexa. <\/p>\n<p>-\u00bfQue que tal est\u00e1 o vi\u00f1o, av\u00f3?<\/p>\n<p>O av\u00f3 colle o vaso e pr\u00f3bao outra vez. <\/p>\n<p>-D\u00e1lle tempo. D\u00e1lle tempo. <\/p>\n<p>Algunhas r\u00faas cheiran a vi\u00f1o fermentado, un olor doz\u00f3n e embriagador. Os inmigrantes subsaharianos contin\u00faan \u00e1 espera nas r\u00faas de Badar\u00e1n e no resto das vilas rioxanas metidas na feliz axitaci\u00f3n da vendima. \u00c1sanse chourizos para os vendimadores; os mohinantes cazan o que poden nos campos para sobrevivir entre vi\u00f1edo e vi\u00f1edo e patr\u00f3n e patr\u00f3n. E n\u00f3s aprendemos nesta terra a ver como o vi\u00f1o fermenta as culturas e as sociedades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8216;Pantone&#8217; vit\u00edcola no outono rioxano Hai unha imaxe na mi\u00f1a retina deste mete\u00f3rico fin de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/20\/vendimar-na-rioxa-o-fermento-dunha-cultura\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Vendimar na Rioxa: o fermento dunha cultura<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5533,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5531","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5531","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5531"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5531\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5533"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5531"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5531"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5531"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}