{"id":5521,"date":"2008-10-15T22:40:51","date_gmt":"2008-10-15T20:40:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5521"},"modified":"2008-10-15T23:04:53","modified_gmt":"2008-10-15T21:04:53","slug":"restaurante-anxelo-pia-lago-cocina-en-cee-ou-como-facer-unha-cocina-proxima","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/15\/restaurante-anxelo-pia-lago-cocina-en-cee-ou-como-facer-unha-cocina-proxima\/","title":{"rendered":"Restaurante Anxelo P\u00eda Lago Coci\u00f1a en Cee, ou como facer unha coci\u00f1a pr\u00f3xima"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pia_lago.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ensalada de verdi\u00f1a no restaurante Anxelo. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p>Ti\u00f1amos moitas ga\u00f1as de visitar o restaurante Anxelo (R\u00faa da Pena, telf. 659041948), que a coci\u00f1eira P\u00eda Lago montou en Cee buscando un espazo propio. Co\u00f1ecimos a Lago durante o F\u00f3rum Gastron\u00f3mico de Santiago, co seu perfil at\u00edpico: baixi\u00f1a e completa, unha das poucas mulleres nese mar de coci\u00f1eiros, era unha corbubionesa especialista en <a href=\"http:\/\/www.fabadelourenza.com\/\">Fabas de Lourenz\u00e1<\/a>, cun falar moi propio e moi cari\u00f1oso, e xa al\u00ed anunciara que estaba a piques de abrir un local propio. <\/p>\n<p>-As fabas son como as mi\u00f1as fillas -d\u00edxonos ao pouco de sentar, cando nos presentou o men\u00fa.<\/p>\n<p>Deste xeito, a s\u00faa oferta en Cee \u00e9 un pequeni\u00f1o bistr\u00f3 de catro mesas, que ofrece as s\u00faas propostas gastron\u00f3micas manuscritas nun xis pegado \u00e1 coci\u00f1a, moi vinculadas ao mercado local, \u00e1 estaci\u00f3n e \u00e1s particularidades do d\u00eda que permiten uns platos e non outros. N\u00f3s comezamos cunha ensalada de verdi\u00f1a -unha faba pequena de Lourenz\u00e1-, que nos serviron cun at\u00fan en escabeche feito na casa; Sole probou uns filetes de at\u00fan vermello con marmelada -saborosa combinaci\u00f3n-, e eu probei a especialidade da P\u00eda Lago, o Codillo ao forno. Por casualidade, o Suso -compa\u00f1eiro de P\u00eda Lago no negocio-, ti\u00f1a un o abondo pequeno para poder ser asumido por unha persoa soa -a casa recomenda compartilo de segundo. A verdade \u00e9 que se entende a sona: posibelmente sexa o mellor codillo que te\u00f1a comido, cun excelente momento de retirada do forno, e xa te\u00f1o probado uns cantos. A casa acomp\u00e1\u00f1ao cuns n\u00edscalos colleitados por eles mesmos. De postre, recuncamos nas fabas: un flan de fabas de Lourenz\u00e1 no que, efectivamente, se percib\u00eda a textura da pranta, pero que tampouco \u00eda m\u00e1is al\u00e1. <\/p>\n<p>O apartado de vi\u00f1os, sen embargo, non \u00e9 tan positivo no Anxelo. Non hai carta deles -ata aqu\u00ed tampouco \u00e9 un problema-, pero o m\u00e9todo de selecci\u00f3n \u00e9 un tanto estra\u00f1o. O traballar cun n\u00famero de clientes tan reducido, as existencias de vi\u00f1o tinto do restaurante est\u00e1n riba da barra. Literalmente. Al\u00ed un pouco contra a porta de sa\u00edda, de p\u00e9, chuchando a luz exterior e unha temperatura de comedor, m\u00e1is elevada do habitual. Desde a mesa escolles o vi\u00f1o que che apetece. Non \u00e9, desde logo, o xeito de preservar os vi\u00f1os nun lugar no que se coida o bo xantar. Ante o panorama, escollimos un albari\u00f1o -ese si, en adega refrixerada- para acompa\u00f1ar o xantar. <\/p>\n<p>Malia iso, a impresi\u00f3n xeral \u00e9 moi positiva. A coci\u00f1a de P\u00eda Lago \u00e9 unha artesan\u00eda moi persoal, de xogo de equilibrios entre o doce e o salgado; recolle do tradicional o equilibrio entre o gran produto que preside o plato e a s\u00faa cl\u00e1sica guarnici\u00f3n, que ela enriquece e d\u00e1 novo sentido, \u00e1 incorporaci\u00f3n de sabores mari\u00f1os con fabas, \u00e1 adici\u00f3n de produtos gourmand como o africano <em>sal de vermes<\/em>. P\u00eda, adem\u00e1is, \u00e9 unha persoa moi cercana, moi pr\u00f3xima, como a s\u00faa coci\u00f1a, que se fai agrad\u00e1bel para esp\u00edritus curiosos e, ao mesmo tempo, amantes dos sabores fortes, directos e sinxelos. \u00c9 como se foras comer \u00e1 casa dunha t\u00eda solteira cari\u00f1osa, algo as\u00ed. Un lugar no que te tratan ben e disfrutas cun xantar de domingo -como moitas veces o codillo \u00e9. O prezo: 27 euros por persoa, vi\u00f1o inclu\u00eddo, que non est\u00e1 nada mal. O Anxelo abriu as portas en abril: agardo sinceramente que lle vaia ben por Cee e poidan levar adiante este proxecto, cousa nada doada, abrindo novas oportunidades e diversificando a oferta gastron\u00f3mica da Costa da Morte. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ensalada de verdi\u00f1a no restaurante Anxelo. Foto: Sole Ti\u00f1amos moitas ga\u00f1as de visitar o restaurante&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/15\/restaurante-anxelo-pia-lago-cocina-en-cee-ou-como-facer-unha-cocina-proxima\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Restaurante Anxelo P\u00eda Lago Coci\u00f1a en Cee, ou como facer unha coci\u00f1a pr\u00f3xima<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5520,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5521","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5521","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5521"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5521\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5520"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5521"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5521"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5521"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}