{"id":5468,"date":"2008-10-06T23:07:02","date_gmt":"2008-10-06T21:07:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5468"},"modified":"2008-10-07T17:53:58","modified_gmt":"2008-10-07T15:53:58","slug":"o-fragon-ou-como-a-gastronomia-de-fisterra-se-volve-inconformista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/06\/o-fragon-ou-como-a-gastronomia-de-fisterra-se-volve-inconformista\/","title":{"rendered":"O Frag\u00f3n, ou como a gastronom\u00eda de Fisterra se volve inconformista"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A vista desde a terraza do local. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>on sabedes o que nos gustou atopar o restaurante O Frag\u00f3n en Fisterra. <\/p>\n<p>A \u00faltima vez que vi\u00f1eramos por aqu\u00ed, sairamos <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/11\/21\/unha-de-navallas-un-sargo-a-brasa-44-euros-por-barba-no-tira-do-cordel-en-fisterra\/lang-pref\/es\/?PHPSESSID=ec2e0d94f2dd8eb58b033286f3a313b6\">ben cravados do local no que comeramos<\/a>; ti\u00f1amos a percepci\u00f3n de que volver comer nesta vila mari\u00f1eira era como xogar \u00e1 ruleta rusa co sector hosteleiro local; por algunha outra experiencia previa que se acumulaba \u00e1 do Tira do Cordel, a mi\u00f1a percepci\u00f3n era que a pol\u00edtica de moitos restaurantes das proximidades do Cabo era de <em>terra queimada<\/em>: elaboraci\u00f3ns m\u00ednimas -iso si, habitualmente con bo produto- e escandalosos prezos como para non volver. Conformismo culinario e f\u00f3rmulas estereotipadas, que funcionan con moito p\u00fablico pero a outro nos deixan sorprendidos. Pero de s\u00fapeto aparece o Frag\u00f3n. <\/p>\n<p>O Frag\u00f3n \u00e9 un restaurante de tama\u00f1o discreto que se define como de &#8220;coci\u00f1a galega de calidade&#8221;. Est\u00e1 situado nunha terraza cunha vista espectacular sobre o castelo de San Carlos e a bad\u00eda de Fisterra, cos penedos rosados do Pindo ao fondo e o mar e a praia, \u00e1s veces calmo e \u00e1s veces bravo como s\u00f3 pode estar aqu\u00ed. Unha cea de ver\u00e1n nesta terraza con amigos ten que ser unha gozada.<\/p>\n<p>O localci\u00f1o conta s\u00f3 con sete mesas, e nese m\u00ednimo espazo porf\u00edan os propietarios, dous irm\u00e1ns,  Fran e Gonzalo, xunto coa muller de Fran na coci\u00f1a, en facer algo novo: xa levan d\u00faas reformas, e as d\u00faas foron para avanzar no cami\u00f1o de converter a este lugar no referente dunha nova coci\u00f1a fisterr\u00e1. Na segunda, fixeron un salto ao baleiro suprimindo a barra (se es un hostaleiro local, sabes o arriscado que \u00e9 iso) e creando unha sala pequena, ben montada e agrad\u00e1bel para desfrutar do pracer de comer. Conf\u00edan en, nun futuro non moi lonxano, ir m\u00e1is al\u00e1, coller unha casa vella enteira, manter esas sete mesas e crear espazos m\u00e1is acolledores. Pero iso \u00e9 un futuro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>N\u00f3s coll\u00edmolos co \u00faltimo paso adiante rec\u00e9n dado: hai quince d\u00edas comezaron a servir os men\u00fas degustaci\u00f3n, os primeiros de Fisterra. Son<em> A Malli\u00f1a<\/em> (33 euros) e <em>O Profundo<\/em> (36). Os nomes aluden aos dous mares nos que traballan os mari\u00f1eiros fisterr\u00e1s nas proximidades do cabo, e que se diferencian polas capturas que dan \u00e1 flota local: mentres A Malli\u00f1a \u00e9 rico en peixe como fanecas, o Profundo \u00e9 onde se colle o lumbrigante, o marisco e peixes de m\u00e1is calado. Nesa suxestiva diferencia, un agardar\u00eda o pracer gastron\u00f3mico que observar diferencias similares entre os dous men\u00fas, que falasen do diferente car\u00e1cter pesqueiro de cadanseu, pero a\u00ednda non se aprecian abondo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>N\u00f3s escollimos o men\u00fa Profundo, que se iniciaba cunha excelente <em>sopa de millo con Ovas de san marti\u00f1o<\/em>, seguido dun dos mellores pratos, para min, do men\u00fa. <em>Unha tosta de pan millo con bacallau e pasas<\/em>. A tosta lixeiramente pasada polo forno e proposta cun preve de pementos de piquillo, e o bacallau, pois puro rustrido de empanada. O certo \u00e9 que a proposta \u00e9 tan sinxela e orixinal que \u00e9 unha delicia. Seguimos cunha <em>berenxena con salm\u00f3n marinado e queixo de cabra<\/em> resolta de xeito correcto e uns excelentes <em>chipir\u00f3ns de poteira sobre ensalada de verduras<\/em> de moi boa calidade. De seguido chegou outro dos grandes pratos do xantar, unha <em>robaliza salvaxe cun ali\u00f1o suave<\/em> -un rissoto fac\u00eda cama baixo o peixe, de excelente calidade e cun punto de cocci\u00f3n algo m\u00e1is subido do que un adoita agardar, ultimamente, nos locais con arelas de modernidade. Este punto de cocci\u00f3n aprox\u00edmase m\u00e1is ao habitual na coci\u00f1a mari\u00f1eira e a min me gusta moito, que demo. Os pratos remataron cun <em>entrecot de tenreira de \u00c1vila con patacas ao tomi\u00f1o e sal de merlot<\/em>, cunha carne que non me rematou de convencer. Como postre, no Frag\u00f3n ofreceron un bo <em>pudin de maz\u00e1s confitadas con crema de oruxo<\/em>.<\/p>\n<p>A carta de vi\u00f1os ten un nivelazo: desde as \u00faltimas novidades premiadas, ata unha importante base de vi\u00f1os seleccionados con criterio, tanto en tintos como brancos. Unha carta para gozar. N\u00f3s escollimos para probar o Quinta do Buble 07 que obtivo a Distinci\u00f3n Gallaecia ao mellor branco galego; non sei se merec\u00eda tal cousa, pero este godello de Monterrei estaba especialmente gostoso.<\/p>\n<p>O Frag\u00f3n pertence a esta nova caste de restaurantes lonxe das novas cidades que aspiran a m\u00e1is, a constru\u00edr algo novo tendo en conta a raiceira local, sendo conscientes de que deben contentar a clientes tradicionais que, pouco a pouco, se animan a probar e experimentar. Na mesa do car\u00f3n, por exemplo, serviuse un men\u00fa do m\u00e1is convencional: percebes, ameixas e arroz con bogavante. Pero o resto decidiamos ir un pouco m\u00e1is al\u00e1 e obter unha experiencia m\u00e1is que satisfactoria. <\/p>\n<p>No pouco que puidemos falar con Fran, el sempre reiterou unha frase que me gusta moito: &#8220;estamos aprendendo&#8221;. Nos d\u00edas libres, estes tres fisterr\u00e1s collen o coche, fanse quil\u00f3metros, e van probar os restaurantes de coci\u00f1a contempor\u00e1nea de Galicia: abren os ollos, toman notas, van constru\u00edndo o seu cami\u00f1o. A min, persoalmente, gustar\u00edame velos meterse m\u00e1is adentro do seu mar. A coci\u00f1a galega precisa reinventar a gastronom\u00eda mari\u00f1eira, para facela sobrevivir, evolucionar, mesturarse. Aqu\u00ed, no Frag\u00f3n, tres aventureiros botaron unha sonda de inconformismo culinario; est\u00e1n comezando, precisan traballar m\u00e1is alg\u00fans conceptos como a montaxe dos platos, a escolla de ingredientes e receitas, o acabado final dos pratos e a busca de sabores m\u00e1is refinados; precisan atreverse tam\u00e9n coa imaxinaci\u00f3n, e explorar m\u00e1is ese mar que te\u00f1en enfronte e as terras que te\u00f1en detr\u00e1s -esa sopa de millo con ovas de san marti\u00f1o \u00e9 un exemplo de por onde ir-, pero cos seus \u00e1nimos e a calidade da coci\u00f1a e do servizo te\u00f1en todas as de ga\u00f1ar. Xa me \u00e9 imprescind\u00edbel nas visitas a Fisterra. <\/p>\n<p>Por certo, o nome do restaurante non pertence ao l\u00e9xico patrimonial. \u00c9 a cl\u00e1sica mestura do nome dos dous irm\u00e1ns, Fran e Gonzalo. Pero non se preocupen: xa est\u00e1n preparando unha lenda de naufraxios -como todas as lendas, con parte de verdade e outra de mentira- que xustifique tan sonoro nome. <\/p>\n<p><em>O Frag\u00f3n. T: 659077320.<\/em><\/p>\n<p>Localizaci\u00f3n no interior do post.<\/p>\n<p><!--more--><br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" width=\"425\" height=\"350\" frameborder=\"0\" scrolling=\"no\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" src=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;oe=UTF8&amp;num=200&amp;start=198&amp;t=h&amp;s=AARTsJqBXX_pSXxMK82ii7YLYbnflweGFg&amp;msa=0&amp;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&amp;ll=42.904639,-9.262429&amp;spn=0.002751,0.00456&amp;z=17&amp;output=embed\"><\/iframe><br \/><small><a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;oe=UTF8&amp;num=200&amp;start=198&amp;t=h&amp;msa=0&amp;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&amp;ll=42.904639,-9.262429&amp;spn=0.002751,0.00456&amp;z=17&amp;source=embed\" style=\"color:#0000FF;text-align:left\">Ver mapa m\u00e1s grande<\/a><\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A vista desde a terraza do local. Fotos: Sole Non sabedes o que nos gustou<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/06\/o-fragon-ou-como-a-gastronomia-de-fisterra-se-volve-inconformista\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Frag\u00f3n, ou como a gastronom\u00eda de Fisterra se volve inconformista<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5469,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5468","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5468","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5468"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5468\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5469"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5468"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5468"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5468"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}