{"id":5433,"date":"2008-10-02T00:42:42","date_gmt":"2008-10-01T22:42:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5433"},"modified":"2008-10-02T00:50:08","modified_gmt":"2008-10-01T22:50:08","slug":"sustos-3d-na-domus-da-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/02\/sustos-3d-na-domus-da-coruna\/","title":{"rendered":"Sustos 3D na Domus da Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/domus_cine.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Blogueiros vendo os Dinosauros. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>stes d\u00edas ando liad\u00edsimo pero a\u00ednda hai anacos de tempo para facer e ver cousas interesantes. <\/p>\n<p>Por exemplo, onte estivemos na Coru\u00f1a, no pase para blogueiros da pel\u00edcula <em>Dinosauros<\/em>, que estrea a primeira sala de cinema 3D do pa\u00eds, na Domus da Coru\u00f1a, organizada polos <a href=\"http:\/\/www.casaciencias.org\/gl\/\">Museos Cient\u00edficos da Coru\u00f1a<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.galinus.com\/\">Galinus<\/a>. Enrique Criado, de Enxebre Entertainment, presentou a tecnolox\u00eda e expuxo os retos desta tecnolox\u00eda para as salas, os freos para o desenvolvemento, as s\u00faas dificultades e o seu futuro: cunha industria do cinema en crise, moitos conf\u00edan nesta tecnolox\u00eda para manter a asistencia do p\u00fablico a unhas salas cada vez m\u00e1is baleiras, alentados polos mellores resultados recadatorios daquelas que proxectan as versi\u00f3ns 3D. En todo o Estado hai 22 salas preparadas para emitir pelis tridimensionais, moitas delas montadas nos \u00faltimos dous ou tres anos. <\/p>\n<p>Vemos a pel\u00edcula -que \u00e9 espectacular para quen nunca te\u00f1a visto unha peli de tres dimensi\u00f3ns- e a mi\u00f1a sensaci\u00f3n \u00e9 que non sei se a historia chega nalg\u00fan momento m\u00e1is al\u00e1 de que te roze a cola dun dinosauro ou de que un bicho feo e con dentamia afiada te urre diante do nariz, ou de que un insecto se te meta polo t\u00edmpano. Quero dicir, que se cadra sexa moito esforzo para un resultado que, despois de ver tres ou catro pel\u00edculas destas, xa \u00e9 m\u00e1is que previs\u00edbel (a\u00ednda que siga sendo moi divertido): por agora, demos e<em> showcases<\/em> para sorprender a familias. <\/p>\n<p>Este tipo de audiovisual precisa que algu\u00e9n sexa quen de contarnos unha gran historia base\u00e1ndose nesta potente tecnolox\u00eda e, ao mesmo tempo, esquec\u00e9ndose dela: ata agora, os problemas t\u00e9cnicos e as limitaci\u00f3ns en infraestruturas de visionado limitan consider\u00e1belmente a produci\u00f3n. As salas nas que se emiten -vinculadas moitas veces a parques tem\u00e1ticos- precisan determinado tipo de proxecci\u00f3n- espect\u00e1culo. Pero eu estou convencido de que aqu\u00ed, no 3D, pode haber algo m\u00e1is, unha ferramenta estupenda para narrar historias con alma e potencia, capaces de mergullarte nun drama ou nunha comedia como nunca fora pos\u00edbel. Pregunteille a Enrique Criado por isto, en que consistir\u00eda a nova linguaxe audiovisual soportada pola visi\u00f3n 3D. Criado coincidiu en que, polo de agora, este cinema non estaba indo moito m\u00e1is al\u00e1 do susto efectista ao espectador, e que ese foi o motivo principal do fracaso das primeiras tecnolox\u00edas deste tipo nos anos 50, cando se presentou nos Estados Unidos. Dixo algo que me gustou:<\/p>\n<p>-Isto cambiar\u00e1 cando concibamos a pantalla como unha xanela tras da que suceden cousas. <\/p>\n<p>Porque, en realidade, ata agora estas pelis conciben a pantalla como un lugar <em>do que saen<\/em> cousas. \u00c9 un pouco coma os primeiros anos da tecnolox\u00eda Flash na web. <\/p>\n<p>Este experto afirmou que planificar en 3D unha produci\u00f3n convencional incrementa entre un 15 e un 30% total o orzamento total dun filme; non \u00e9 moito, pero o mercado \u00e9 moi reducido, a\u00ednda que rend\u00edbel nas produci\u00f3ns de superentretemento, como <em>Viaxe ao Centro da Terra<\/em>. Seica nestes momentos hai bastantes pelis en produci\u00f3n con data prevista de estreo no 2010. Entrementres, este cine contin\u00faa relegado a espazos de entremento tem\u00e1tico, como a Cidade das Artes e as Ciencias ou agora a Domus Coru\u00f1esa; o principal problema \u00e9 que non hai pel\u00edculas que ver. <\/p>\n<p>Un detalle importante, da intrahistoria da Internet galega, foi a chegada dun proceso que xa \u00e9 normal noutras latitudes: o convidar a blogueiros a participar de estreas ou de eventos deste tipo por parte dunha instituci\u00f3n. Non \u00e9 a primeira vez que desde instancias p\u00fablicas xa se conta con blogueiros, pero creo que nunca, de xeito espec\u00edfico, para estreas e presentaci\u00f3ns deste tipo. Xos\u00e9 Ant\u00f3n Fraga, o director dos Museos Cient\u00edficos da Coru\u00f1a, afirmou que encher de blogueiros a Domus era case unha sorte de experimento para ver que tal tiraba a cousa no futuro e organizar m\u00e1is cousas. Foi unha intelixente decisi\u00f3n que lles ir\u00e1 moi ben. Ah, e, por suposto, hai cr\u00f3nica social, cuns vi\u00f1os ao car\u00f3n dese fermoso ADN de libros que hai na Domus. P\u00f3dese ler o lercheo -breve- en <a href=\"http:\/\/apocalipsedoporco.blogaliza.org\/2008\/10\/01\/dinosauros-e-blogueiros\/\">Apocalipse do Porco<\/a>.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adn_libros.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Blogueiros vendo os Dinosauros. Fotos: Sole Estes d\u00edas ando liad\u00edsimo pero a\u00ednda hai anacos de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/02\/sustos-3d-na-domus-da-coruna\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Sustos 3D na Domus da Coru\u00f1a<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5434,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-5433","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5433"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5433\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5434"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}