{"id":5380,"date":"2008-09-22T22:58:31","date_gmt":"2008-09-22T20:58:31","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5380"},"modified":"2008-09-23T23:32:16","modified_gmt":"2008-09-23T21:32:16","slug":"revelando-petroglifos-na-noite-de-muros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/09\/22\/revelando-petroglifos-na-noite-de-muros\/","title":{"rendered":"Revelando petroglifos na noite de Muros"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">H<\/span>ai dous xeitos de ver petroglifos. O primeiro \u00e9 o t\u00edpico: un paseo polo monte, se cadra ao ser\u00e1n, para apreciar m\u00e1is ou menos ben os sucos la\u00f1ados na pedra hai catro mil anos. <\/p>\n<p>O segundo aprend\u00edmolo nesta semana da man de Manuel, alcumado <em>Muros<\/em>, precisamente nos montes do seu Muros; Manuel dirixe un proxecto para po\u00f1er en valor a Cova da Bruxa, un espectacular acocho de petroglifos por riba da fermosa vila medieval. Coa compa\u00f1a dalg\u00fans membros do equipo, subimos de noite ata o monte no que se atopa este conxunto de gravados. Eles xa levan alg\u00fans d\u00edas traballando \u00e1 luz dos focosa ata altas horas da noite, facendo un detallado calco de toda a laxe, tirando fotos que logo publican no web da <a href=\"http:\/\/www.murosarqueoloxico.org\">Cova da Bruxa<\/a>, se cadra un dos mellores sitios oficiais (por sinxelo e claro) dos xacementos arqueol\u00f3xicos galegos. Subimos medio quil\u00f3metro por un monte cheo de sombras de xestas, coas luces do porto muradano \u00e1s nosas costas. Ao chegarmos ao conxunto de laxes, de s\u00fapeto algu\u00e9n encende unha lanterna. E comeza o espect\u00e1culo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Os cervos corren polo monte, enganchando entre eles as cornas, perd\u00e9ndose en misteriosos labirintos punteados, ouveando \u00e1 l\u00faa. Formas de f\u00e1bula, coma ese estra\u00f1o animal composto por unha ret\u00edcula con patas, venc\u00e9llanse a ese cervo urrador; m\u00e1is al\u00e1, unha nota tenra. Un guerreiro -escudo e arma-, am\u00f3sase mentres un can enrrabecha o rabo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_4.jpg\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_3.jpg\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_7.jpg\"  \/><\/p>\n<p>E pura curiosidade: algu\u00e9n move unha pedri\u00f1a e a laxe onde cae ilum\u00ednase polo raio despistado dunha lanterna: de s\u00fapeto aparece un mar de ondas conc\u00e9ntricas que parecen xurdir da pedra que caeu nese estanque de granito. <\/p>\n<p>Imos pola noite e prendemos lanternas porque os gravados prehist\u00f3ricos collen unha nova dimensi\u00f3n e hai unha raz\u00f3n moi pr\u00e1ctica e t\u00e9cnica para isto. As sombras que fai a luz aprox\u00edmannos a percibir o conxunto como o concebiu orixinalmente o artista, sac\u00e1ndolle o alento aos sucos m\u00e1is gastados e erosionados que coa iluminaci\u00f3n diurna xa son dif\u00edciles de percibir. Os petroglifos, deste xeito, cobran unha nova vida, intens\u00edsima. Muros ens\u00ednanos a retratalos. O procedemento \u00e9 ben simp\u00e1tico, como se obtiveramos negativos das pedras. Sostida nun tr\u00edpode, a c\u00e1mara fica co obturador aberto durante quince ou trinta segundos, depende da figura. Un de n\u00f3s, cunha lanterni\u00f1a de luz azul -son as mellores para isto, asegura-, proxecta luz rasante e lateral sobre os gravados; os sucos quedan cheos de sombras, e mentres o obturador da c\u00e1mara segue aberto, mov\u00e9monos ao redor das figuras, enchendo de luz todos os \u00e1ngulos, revelando os ocos escuros, como pintando a noite de luz. <\/p>\n<p>Cruzamos a aldea de Serres, de grandes casas labregas e h\u00f3rreos enormes con p\u00e9s megal\u00edticos,e seguimos ata a Laxe das Rodas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_2.jpg\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_1.jpg\"  \/><\/p>\n<p>O artista que gravou estas pedras hai miles de anos foi dos m\u00e1is delicados do megalitismo galego. Hai quen intepreta nestes sucos e nestas cazoletas un calendario lunar. Non sei. Pero cando vaian, busquen, ao p\u00e9 do suposto calendario, un xenete cabalgando. Do antigo mito que, se cadra, inspirou esa figura, xa non queda nada. S\u00f3 a noite, e o seu engado, para velo continuar cabalgando. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petro_muros_6.jpg\"  \/><\/p>\n<p>Un sendeiro comunicar\u00e1 a Cova da Bruxa coa Laxe das Rodas, se cadra para o ano que v\u00e9n. Cando o rematen, percorrer\u00e9molo pola noite para revelar, outra volta, a maxia antiga dos petroglifos de Muros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai dous xeitos de ver petroglifos. O primeiro \u00e9 o t\u00edpico: un paseo polo monte,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/09\/22\/revelando-petroglifos-na-noite-de-muros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Revelando petroglifos na noite de Muros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5381,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-5380","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5380","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5380"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5380\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5381"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5380"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5380"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5380"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}