{"id":5354,"date":"2008-09-21T22:58:54","date_gmt":"2008-09-21T20:58:54","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5354"},"modified":"2008-09-22T08:05:20","modified_gmt":"2008-09-22T06:05:20","slug":"a-procesion-das-mortaxas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/09\/21\/a-procesion-das-mortaxas\/","title":{"rendered":"A procesi\u00f3n das mortaxas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Unha ofrecida agarda o inicio da procesi\u00f3n. Reportaxe gr\u00e1fica: Sole. <\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span> unha vila de orixe mari\u00f1eira como \u00e9 a Pobra do Carami\u00f1al as multitudes col\u00e1psana: as r\u00faas non est\u00e1n feitas para tr\u00e1nsitos de miles de almas. Pero o Nazareno sempre \u00e9 igual: unha especie de hiperpoboaci\u00f3n que, por unhas horas, colapsa a vida e fai que todo xire cara unha procesi\u00f3n que ten as s\u00faas orixes hist\u00f3ricas no s\u00e9culo XV pero as culturais sen d\u00fabida moito m\u00e1is atr\u00e1s. \u00c9 unha manifestaci\u00f3n masiva non s\u00f3 de relixiosidade, sen\u00f3n das relaci\u00f3ns entre relixi\u00f3n, festa, familia e mesmo o poder local e comarcal.<\/p>\n<h3>Procesi\u00f3n a baioneta calada<\/h3>\n<p>Vivimos tempos dif\u00edciles, e as nosas autoridades as\u00ed o saben. Por primeira vez -que eu lembre, nas veces que vin esta procesi\u00f3n-, a figura do Nazareno \u00eda escoltada por militares armados. Con paso marcial, cara \u00e1 fronte, baioneta calada, rodean a imaxe do Divino: eles saber\u00e1n de que a protexen e porque nos exhiben baionetas nun acto esencialmente relixioso, e de encontro social. Cos uniformes que lles pagamos os traballadores deste Estado aconfesional, estes soldadi\u00f1os e os seus xefes escenifican, sen rubor ning\u00fan, o tradicional v\u00ednculo entre Igrexa e Ex\u00e9rcito, permit\u00edndonos gozar outra volta, tras trinta anos de democracia, da uni\u00f3n entre as forzas vivas <em>como debe ser<\/em>. Ai, que ben est\u00e1 recuperar as tradici\u00f3ns dos anos 40! <\/p>\n<p>Tralos h\u00e1bitos do Nazareno, transitan as autoridades da comarca, e pegado ao alcalde, vai N\u00fa\u00f1ez Feijoo. O l\u00edder da oposici\u00f3n cami\u00f1a impec\u00e1bel entre o cura, alg\u00fans alcaldes da comarca, o cabo ou coronel da Garda Civil e uns lanzais capit\u00e1ns de fragata; segur\u00edsimo que est\u00e1 entre as autoridades pola s\u00faa condici\u00f3n de deputado auton\u00f3mico. <em>He<\/em>! Inmerso en misi\u00f3n electoral, o candidato popular segue unha divertida estratexia de candidato. Busca, mentres cami\u00f1a co paso lento da procesi\u00f3n trala imaxe do Nazareno, ollos cos que cruzarse. Cando te localiza e te enfoca, en plan Robocop, se el percibe unha resposta facial amig\u00e1bel en ti, sa\u00fada superformal, transmitindo confianza \u00e1 par que decisi\u00f3n. Este non \u00e9 mal sitio para sacar votos e non est\u00e1 de m\u00e1is lembrar do lado de quen est\u00e1 el e o partido, cami\u00f1ando baixo a sombra morada do Divino Nazareno. Un almirante de Ferrol e un comandante de Mar\u00edn pasean afoutos ao seu car\u00f3n. Non estar\u00eda de m\u00e1is que o Delegado do Goberno nos explicara como \u00e9 iso da participaci\u00f3n do Ex\u00e9rcito nas procesi\u00f3ns cat\u00f3licas e a que partida orzamentaria van os gastos de desprazamento e manutenci\u00f3n destes gardamari\u00f1as. <\/p>\n<p>Desde as sete e media da ma\u00f1\u00e1, os curas po\u00f1en os altofalantes externos na igrexa de Santiago do De\u00e1n. Nos seus serm\u00f3ns, que todos escoitamos, dan mostras dunha sutil e refinada teolox\u00eda coa que amenizan aos crentes, como esta p\u00e9rola de aguda intelixencia que un sacerdote proclamou todo solemne \u00e1s doce da ma\u00f1\u00e1:<\/p>\n<p>-O outro d\u00eda estaba dando a misa no Santo Hadri\u00e1n de Malpica. E eu dixen: &#8220;San Adri\u00e1n, criado de Dios&#8221;. Pero claro, agora estou no Nazareno, e non podo dicir &#8220;Nazareno, criado de Dios&#8221;, porque o Nazareno \u00e9 o fillo de Deus, \u00a1e os fillos non son criados dos pais!<\/p>\n<p>O Nazareno: para os que somos da vila \u00e9, obviamente, a festa grande. Con independencia dese tufo cavernario co que o poder se apropia desta celebraci\u00f3n popular, esta \u00e9 unha festa de encontros e de esperanzas, e iso \u00e9 o que me gusta. S\u00e9gueme conmovendo pasear entre as filas de devotos vestidos de morado, dos que \u00e1s veces co\u00f1ezo a intrahistoria familiar e outras moitas, ignoro por completo. S\u00e9gueme atraendo a fe coa que conf\u00edan nos miragres, nas intercesi\u00f3ns divinas. <\/p>\n<p>Perm\u00edtanme que respecte a s\u00faa fe, e que non a cuestione nin critique. Nunca lles direi que o que <em>agardan<\/em> non ocorrer\u00e1. Toda esta xente \u00e9 moi cabal: ve\u00f1en aqu\u00ed despois de sufrir a derrota da ciencia actual, despois de esgotar posibilidades, consultas, de viaxar detr\u00e1s da sanaci\u00f3n m\u00e9dica.  Non llo penso dicir a esas se\u00f1oras maiores que pasean, cos seus fillos s\u00edndrome de Down, agardando que se abran os c\u00e9os e solucionen esa preocupaci\u00f3n que lles esombrece a vellez. Non, non criticarei a esas mulleres que toman a decisi\u00f3n de amosar as penas en p\u00fablico, tras fracasar a Medicina, a p\u00fablica e a privada, po\u00f1endo aos neni\u00f1os tras de cadaleitos brancos. Por iso esta procesi\u00f3n, da dor, da fe, pero tam\u00e9n da exhibici\u00f3n das vaidades humanas, s\u00e9gueme atraendo, conmovendo, e est\u00e1 moi por riba de baionetas, militares, poderes e candidatos electorais. Esta \u00e9 unha festa dos reencontros, nos que unha cultura dialoga, sen demasiado temor, coa s\u00faa propia morte, nun esforzo por solucionar vidas \u00edntimas e futuros. Aqu\u00ed p\u00f3dela ver nesta reportaxe gr\u00e1fica.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_19.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_17.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nazareno_08_18.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha ofrecida agarda o inicio da procesi\u00f3n. Reportaxe gr\u00e1fica: Sole. A unha vila de orixe&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/09\/21\/a-procesion-das-mortaxas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A procesi\u00f3n das mortaxas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5355,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-5354","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5354","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5354"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5354\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5355"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5354"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5354"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5354"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}