{"id":5285,"date":"2008-09-09T19:31:21","date_gmt":"2008-09-09T17:31:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5285"},"modified":"2008-09-09T23:43:09","modified_gmt":"2008-09-09T21:43:09","slug":"na-busca-do-ouro-salgado-furtivismo-nas-costas-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/09\/09\/na-busca-do-ouro-salgado-furtivismo-nas-costas-galegas\/","title":{"rendered":"Na busca do ouro salgado: furtivismo nas costas galegas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ria.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A r\u00eda de Arousa. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>os comentarios de Cap\u00edtulo 0, varios lectores aludiron ao furtivismo como raiceira de todo este problema: levan raz\u00f3n.  Non se enganen: a\u00ednda que fora detida unha chef con estrela Michel\u00edn, o que est\u00e1 en xogo, \u00e9 o furtivismo, o mal end\u00e9mico do noso sector pesqueiro e extractivo. O furtivismo como problema global do pa\u00eds, do que poucos est\u00e1n a falar. <\/p>\n<p>Lembrei unha historia.<\/p>\n<p>De pequeno, \u00e1s veces na casa a mi\u00f1a avoa e a mi\u00f1a nai falaban sobre o que acontec\u00eda no areal de San L\u00e1zaro, situado a pouqui\u00f1a distancia da casa materna, na Pobra do Carami\u00f1al. <\/p>\n<p>-De noite escoit\u00e1banse disparos na praia, entre os furtivos e os mariscadores. <\/p>\n<p>De aquela, sendo eu cativo, eu non daba comprendido. Xente dispar\u00e1ndose entre si por \u00bfberberechos?\u00bfameixas? Imaxin\u00e1bame que estabamos no Oeste, e que as praias de San L\u00e1zaro eran, pola noite, unha da vaqueiros, s\u00f3 que loitando por algo tan absurdo coma os bivalvos. Logo souben que, na r\u00eda de Arousa, e no resto das r\u00edas galegas, pescadores e furtivos non se andan con co\u00f1as \u00e1 hora de competir polos recursos mari\u00f1os da zona: hai moito di\u00f1eiro en xogo. A r\u00eda \u00e9 f\u00e9rtil, un ecosistema mari\u00f1o dunha enorme produtividade, pero ten limitaci\u00f3ns. E as tensi\u00f3ns entre os legais e os que se saltan as normas se producen continuamente. <\/p>\n<h3>O Ouro Salgado de Galicia<\/h3>\n<p>E o marisco \u00e9 o ouro salgado deste pa\u00eds. Di\u00f1eiro r\u00e1pido, sen facer grandes investimentos econ\u00f3micos, sen  penalizaci\u00f3n social, unha aut\u00e9ntica econom\u00eda mergullada \u00e1 que ningu\u00e9n se atreve a po\u00f1er freo. As confrar\u00edas da Arousa, de Vigo, de Ferrol, da Costa da Morte, levan tempo denunciando o furtivismo que non contempla nin vedas nin l\u00edmites. Elas mesmas te\u00f1en que investir en seguridade, pero \u00e9 un esforzo moitas veces baleiro. Un garda de seguridade non ten potestade sancionadora: mentres avisa \u00e1 Xunta ou \u00e1 Garda Civil do mar os furtivos, que act\u00faan moitas veces de noite, fuxiron: a r\u00eda ten moitas reviravoltas onde agacharse. <\/p>\n<p>Si, a r\u00eda pode ser moi dura. Os furtivos, \u00e1s veces familias enteiras, son fortes, agresivos, non te\u00f1en moitos escr\u00fapulos e non dubidan en presionar ou ameazar. Traballan esencialmente o marisqueo, que \u00e9 o que fornece maiores ganancias, e ultimamente proliferan os buzos con botella de os\u00edxeno, que arrasan \u00e1reas enteiras. Durante un tempo, o furtivismo mesmo chegou ser un colch\u00f3n social: os supervivintes da xeraci\u00f3n arrasada pola hero\u00edna nos 80 atoparon na ameixa un xeito doado e r\u00e1pido de financiar a compra de doses. &#8220;<em>\u00a1D\u00e9ixaos estar a\u00ed, ho!<\/em>&#8220;, dic\u00edan alg\u00fans con alivio. <\/p>\n<h3>Violencia e problema social<\/h3>\n<p>Casos de agresi\u00f3ns prod\u00facense continuamente. Hai un mes viviuse outra escena <em>far-west<\/em>: o patr\u00f3n maior de Cabo de Cruz recibiu unha malladura por parte dun grupo de furtivos. O m\u00edtico boxeador Pantera Rodr\u00edguez, que traballou un tempo como vixiante da confrar\u00eda de Vilanova, pasou malos tragos literais, coa cabeza mergullada baixo a auga por unha revancha. Nalg\u00fans xu\u00edzos, os denunciantes te\u00f1en negados os feitos, sometidos a ameazas. Todo iso est\u00e1 ocorrendo: preg\u00fantenlle aos patr\u00f3ns maiores e aos mari\u00f1eiros polo tema. Pero a s\u00faa erradicaci\u00f3n non se tomou en serio nunca. Por suposto, tam\u00e9n hai dramas persoais entre os furtivos: pais de familia que precisan con urxencia unha segunda fonte de recursos econ\u00f3micos coa que subsistir ou responder a unha situaci\u00f3n. O furtivismo non \u00e9 doado de clasificar nin etiquetar, nin este post pretende facelo. <\/p>\n<p>Por suposto, os furtivos non act\u00faan s\u00f3s, sen\u00f3n baixo pedido. Nun mercado esencialmente local (por local ref\u00edrome ao mercado galego), os furtivos traballan baixo encarga, e poden facelo: socialmente o furtivo non est\u00e1 mal visto, e mesmo uns cantos te\u00f1en a ben presumir dun marisco capturado de tal xeito. Este \u00e9 un grave problema para o desenvolvemento e o futuro do noso sector pesqueiro.<\/p>\n<h3>Consecuencias globais<\/h3>\n<p>Galicia est\u00e1 xa metida nunha enorme marea global, na que non \u00e9 toler\u00e1bel a l\u00f3xica de andar por casa con alimentaci\u00f3n e produtos que poden provocar problemas na sa\u00fade dos consumidores. Estes consumidores son cada vez m\u00e1is esixentes, cada vez m\u00e1is informados, esixen m\u00e1is garant\u00edas, trazabilidades, mesmo \u00e9ticas; os medios dedican un espazo m\u00e1is amplo, como vemos, a temas de alimentaci\u00f3n e gastronom\u00eda. Desco\u00f1ecemos as cifras reais do impacto do furtivismo nos restaurantes -e ser\u00eda preciso telas-, pero \u00e9 real, e ten consecuencias tan negativas para a imaxe internacional do pa\u00eds como estas que estamos a vivir. <\/p>\n<p>Para o que debera servir este feo episodio ser\u00eda para cambiar a cultura social sobre o furtivismo: por parte dos restauradores -que deben ter identificados proveedores, procedencias, e permisos, e non xogar con lume-, por parte dos consumidores locais -que debemos non ser permisivos e esixir a procedencia do marisco- e por parte das administraci\u00f3ns que, durante moitos anos, viviron con este problema como sen enterarse. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A r\u00eda de Arousa. Foto: Sole Nos comentarios de Cap\u00edtulo 0, varios lectores aludiron ao&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/09\/09\/na-busca-do-ouro-salgado-furtivismo-nas-costas-galegas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Na busca do ouro salgado: furtivismo nas costas galegas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5287,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-5285","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5285","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5285"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5285\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5287"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5285"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5285"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5285"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}