{"id":5199,"date":"2008-08-27T21:59:28","date_gmt":"2008-08-27T19:59:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5199"},"modified":"2008-08-27T23:35:23","modified_gmt":"2008-08-27T21:35:23","slug":"as-duas-naturezas-do-monte-saint-michel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/27\/as-duas-naturezas-do-monte-saint-michel\/","title":{"rendered":"As d\u00faas naturezas do Monte Saint Michel"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/04-08-08-m-st-michel-022.jpg\" alt=\"\" \/><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">C<\/span>onduzo pola bad\u00eda, desde Cancale, nesta estrada recta rodeada das naves dos mexiloeiros, e case me mato e me saio da estrada por d\u00faas veces. Vexo a silueta de Saint-Michel, no medio desta chaira salgada inmensa, e non podo deixar de mirala. Hai algo neste lugar, non totalmente explicado, que ten un poderoso atractivo e fascinaci\u00f3n. Se existiran os arquetipos, este ser\u00eda un deles: atopo o Monte Saint Michel en novelas, en pel\u00edculas de ciencia-ficci\u00f3n ou fantas\u00eda, en \u00e1lbumes de banda dese\u00f1ada, en ilustraci\u00f3ns. At\u00f3poo en cidades fabulosas, en castelos solitarios sobre os que voan drag\u00f3ns negros, en historias sobre o final da Humanidade, en colonias siderais, en historias de fadas. Esc\u00e1panseme os ollos hipnotizados. <\/p>\n<p>Imos m\u00e1is preto.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/stmich_1.jpg\" alt=\"\" title=\"stmich_1\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/st_1.jpg \" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este lugar \u00e9 tan evocador que tes que parar, e mirar, e mirar e volver mirar de novo. Esa agulla do alto da torre da bas\u00edlica, emprazada xusto no centro da illa, co guerreiro alado de ouro. Esa masa arquitect\u00f3nica que se superp\u00f3n, ateigada, trepando polos penedos. Unha vila apr\u00e9ixase facendo equilibrios \u00e1 beira da Abad\u00eda. Esta xente leva oitocentos anos vendendo souvenirs aos peregrinos. Hai unha xendarmer\u00eda, unha parroquia, un consultorio m\u00e9dico. <\/p>\n<p>O que non sei \u00e9 se haber\u00e1 alg\u00fan habitante de <em>verdade<\/em>.<\/p>\n<h3>Mar<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\" http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/st_mar_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\" http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/st_mar_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>un tempo, as lendas din que isto foi o bosque sagrado de Scissy, e o monte de Saint Michel era co\u00f1ecido coma o Monte Tumba. Os galos soterr\u00e1banse ao car\u00f3n desa tumba que estaba no centro. O chan da bad\u00eda foise tragando cos s\u00e9culos o bosque, e unha marea viva no 709 afundiuno baixo as augas. Nese tempo, un bispo cristi\u00e1n tivo a feliz idea de apresurarse a sustituir antigos e perniciosos cultos por unha figura con poder abondo, un guerreiro, o Arcanxo San Miguel. Se alg\u00fan d\u00eda asomara unha ponla da vella carballeira de Scissy entre eses meandros, San Miguel voar\u00eda ata al\u00ed e talar\u00edaa sen piedade antes que fora a m\u00e1is. Non vaia ser.<\/p>\n<p>Na s\u00faa superficie areosa, cando baixa a marea, se poden distinguir pa\u00edses, r\u00edos, estradas, como drag\u00f3ns chineses. Son sut\u00eds, un aut\u00e9ntico test de Koch xeogr\u00e1fico, que cada quen interpreta como lle peta. Alg\u00fans peregrinos atr\u00e9vense a cruzar polo cami\u00f1o tradicional, no medio das areas movedizas, cuesti\u00f3n certamente perigosa de non ir con gu\u00eda. No cambio de marea, ese mundo zen esva\u00e9cese en cuesti\u00f3n de minutos -castelo de area- e o marchar terroso e escuro da auga borra todas as trazas dos \u00faltimos r\u00edos que se formaron na baixamar. Se a mar\u00e9 \u00e9 pola noite, unha ardora lene delinea a escuma das m\u00ednimas ondas que van colonizando areas e prados onde pastan as ovellas e os a\u00f1os que logo dar\u00e1n a deliciosa carne <em>pre-sal\u00e9<\/em>. Por momentos, a ardora enfurece, e o mar devora terra, e as augas e os p\u00e9s perezosos fuxen correndo. Algu\u00e9n mediu a velocidade no XVIII, gallopando con cabalos de El-Rei canda esta marea que sube coma un raio. Case non o conta. <\/p>\n<h3>A m\u00e1xima dimensi\u00f3n do turismo de masas<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/st_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Turistas fan cola para entrar na Illa (poder\u00edan ir polo aparcamento e aforrar a cola, pero non se atreven)<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">S<\/span>e nunca padeciches agorafobia, este lugar \u00e9 a t\u00faa proba de lume para saber se tes probabilidades de entrar na estat\u00edstica de afectados. A\u00ednda que aturo ben situaci\u00f3ns de opresi\u00f3n e masas humanas, Saint Michel desaf\u00edoume ao m\u00e1ximo. Non \u00e9 s\u00f3 un dos principais destinos tur\u00edsticos de Francia, sen\u00f3n que non existe ning\u00fan tipo de necesaria restrici\u00f3n de acceso. Pero non hai mal que por ben non ve\u00f1a. A t\u00faa visi\u00f3n do home, como marabilloso paso da evoluci\u00f3n, derr\u00fabase. Os homes, vistos en masa, somos suxeitos tan predec\u00edbeis como as formigas. <\/p>\n<p>D\u00e1me a risa e vergo\u00f1a propia cando, ao meterme nun solitario recanto que penso lonxe do percorrido da masa humana, v\u00edrome e aprecio un fermoso \u00e1ngulo p\u00e9treo do mosteiro. Levo as mans \u00e1s cadeiras e reparo no chan. A herba, nun c\u00edrculo de metro e medio ao meu redor, est\u00e1 pisada, esmagada. A\u00ednda que agora non est\u00e1n, centos de persoas, das miles que pasan por aqu\u00ed, apreciaron o mesmo detalle exactamente no mesmo lugar, <em>fuxindo exactamente igual ca min<\/em> da masa humana. Non hai nada que sintas en Saint Michel que non sintan tam\u00e9n outras mil, d\u00faas ou tres mil persoas ese mesmo d\u00eda. Non hai cent\u00edmetro no que pares no que outros centos non paren. Non hai foto que fagas que non te\u00f1an feito ducias. Non es tan profundo nin es tan lixeiro. Es un puro animal predec\u00edbel. Aqu\u00ed s\u00e1belo.<\/p>\n<p class=\"alert\">\nA Grand Rue -o nome debeullo po\u00f1er algu\u00e9n con moita retranca, porque \u00e9 m\u00e1is estreita que a r\u00faa do Franco- m\u00e9tese polo monte entre as casi\u00f1as da vila para subir \u00e1 Abad\u00eda. A partir das 11:30 da ma\u00f1\u00e1 ficas literalmente atascado durante moito tempo. Se queres evitar o agobio, nada m\u00e1is entrar na illa s\u00fabete \u00e1 muralla e contin\u00faa por ela ata a entrada da abad\u00eda.\n<\/p>\n<p>Te\u00f1o que dicir unha cousa. Se te pos, ser\u00e1s capaz de facer desaparecer \u00e1 xente e quedar ti s\u00f3 neste lugar.<\/p>\n<h3>A Marabilla<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/stmich_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">L<\/span><em>e Merveille<\/em> foi o nome que se lle deu, nada m\u00e1is rematarse, a este prodixio da arquitectura medieval. Unha abad\u00eda que medraba en riquezas, poder e monxes nun promontorio estreito e cunha capeli\u00f1a. Os arquitectos medievais proxectaron unha das obras de enxe\u00f1ar\u00eda m\u00e1is portentosas que te\u00f1o visto. Criptas, capelas, sal\u00f3ns salvan o desnivel e estruturan o edificio. No nivel m\u00e1is alto, ao car\u00f3n da Bas\u00edlica, o claustro -onde a\u00ednda se pasea a comunidade mon\u00e1stica cando expulsan aos turistas \u00e1s 19 h.-, a Merveille conv\u00e9rtese nun buque a\u00e9reo no mellor estilo <em>steampunk<\/em>. Sostendo este xard\u00edn claustral do Para\u00edso, nos pisos de embaixo, columnas, b\u00f3vedas, criptas, pozos de polea para subir o material. Son subterr\u00e1neos a moitos metros por riba do nivel do mar. \u00c9 a Marabilla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/stmich_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/stmich_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/04-08-08-m-st-michel-10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/04-08-08-m-st-michel-9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/04-08-08-m-st-michel-209.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>\nCoda: as d\u00faas Naturezas<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">O<\/span> Monte Saint Michel \u00e9 un pouco esta foto. Aire-c\u00e9o\/terra-escuridade: dualidades que presiden sempre as lendas de San Miguel e un pouco todas as historias que no mundo son e foron. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/st_mara_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cando sube a auga, e a masa da Illa se reflicte nela, este lugar fica suspendido no aire e trabado, ao mesmo tempo, no granito dos penedos que non foron extirpados. As luces entran na Abad\u00eda como unha procesi\u00f3n, en fila estreita, sinalando o que queren sinalar. A terra, pola contra, out\u00f3rgalle a este mundo un ciclo vital organizado polas mareas. A nosa marea chegaba \u00e1s 8 da tarde, cando a auga volve cubrir Saint Michel, os aparcadoiros de coches, e s\u00f3 unha lene li\u00f1a de terra vincula a este lugar do Entremundo coa terra. A esa hora, \u00e1s 20 h., nace o outro Saint Michel, cheo de luces. Cada unha \u00e9 celebrada polas masas humanas que (tam\u00e9n \u00e1 noite) ve\u00f1en a ver esta marea que sube a gallope de cabalo. <\/p>\n<p>E volvemos ficar mirando, e mirando, e mirando. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/04-08-08-m-st-michel-noche.jpg\"  \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole Conduzo pola bad\u00eda, desde Cancale, nesta estrada recta rodeada das naves dos mexiloeiros,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/27\/as-duas-naturezas-do-monte-saint-michel\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As d\u00faas naturezas do Monte Saint Michel<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5188,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,2,8],"tags":[],"class_list":["post-5199","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bretana","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5199","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5199"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5199\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5188"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5199"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5199"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5199"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}