{"id":5142,"date":"2008-08-24T23:10:29","date_gmt":"2008-08-24T21:10:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5142"},"modified":"2008-08-25T17:05:08","modified_gmt":"2008-08-25T15:05:08","slug":"a-cocina-corsaria-de-olivier-roellinger-nas-maisons-de-bricourt","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/24\/a-cocina-corsaria-de-olivier-roellinger-nas-maisons-de-bricourt\/","title":{"rendered":"A coci\u00f1a corsaria de Olivier Roellinger nas Maisons de Bricourt"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/roel_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Roellinger no Cabo de Hornos<br \/>\n<\/em><br \/>\n<span class=\"drop_cap\">N<\/span>o ano 1976, Olivier Roellinger estaba cursando a carreira universitaria de Qu\u00edmicas. O seu pai era m\u00e9dico na vili\u00f1a mari\u00f1eira de Cancale e, en xeral, o rapaz sentia interese polo mundo das ciencias. Unha noite, nas murallas de Saint Malo, un grupo de mat\u00f3ns d\u00e9ronlle unha malladura tal que o deixaron por morto na praia. O rapaz Roellinger pasou varias semanas en coma, entre a vida e a morte, en coma. Cando espertou, algo nel cambiara para sempre, de xeito inexplic\u00e1bel. &#8220;<em>A convalecencia<\/em>&#8220;, afirmou posteriormente nunha entrevista, &#8220;<em>f\u00edxome asquear a ciencia e o razoamento cartesiano e catalizou a parte emocional e de imaxinario que hab\u00eda en min<\/em>&#8220;. Roellinger abreu os libros. Viaxou polas antigas colonias francesas e m\u00e1is al\u00e1. Probou e comeu. Embarcouse no seu barco e pescou. Al\u00ed comezou a carreira dun dos coci\u00f1eiros m\u00e1is singulares de Francia. <\/p>\n<p>A sona internacional chegoulle a Roellinger no ano 2006, cando a poderosa Gu\u00eda Michel\u00edn concedeulle ao seu restaurante <a href=\"http:\/\/www.maisons-de-bricourt.com\/\">Les Maisons de Bricourt<\/a> a terceira estrela Michelin e converteuno no primeiro restaurante bret\u00f3n en chegar tan alto, po\u00f1\u00e9ndo a este restaurante da vili\u00f1a costeira de Cancale e ao seu coci\u00f1eiro ao nivel de santuarios e sant\u00f3ns da gastronom\u00eda francesa como Michel Bras, Paul Bocuse, Pierre Gagnaire, Alain Ducasse ou Michel Gerard. Roellinger non tardou en declarar que, en primeiro lugar, se trataba dun reco\u00f1ecemento \u00e1 gastronom\u00eda bretona, aos pescadores e ao Atl\u00e1ntico, que eran a s\u00faa fonte directa de materia prima, traballo e inspiraci\u00f3n. A bretona \u00e9 unha gastronom\u00eda sinxela, de produto, con \u00f3ptimas materias primas e nas elaboraci\u00f3ns sinxelas, mari\u00f1eiras e campesi\u00f1as; cun certo paternalismo que alababa a s\u00faa sinxeleza e primitivismo, esta gastronom\u00eda louv\u00e1base nos c\u00edrculos <em>gourmets<\/em> de Francia, pero sen outorgarlle nunca a consideraci\u00f3n de <em>alta coci\u00f1a<\/em>, de arte de factura complexa e gran mestr\u00eda. Por iso esas condenadas tres estrelas eran importantes e chegaron tan tarde. E por isto que vos conto, entenderedes que ti\u00f1amos moita curiosidade por co\u00f1ecer as Maisons de Bricourt e reservar unha mesa al\u00ed. <\/p>\n<h3>\nD\u00faas imaxes para unha coci\u00f1a<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/peirao_cancale.jpg\" alt=\"\" title=\"peirao_cancale\" \/><em>Porto de Cancale. Ao fondo, o Mont Saint Michel. Fotos da cr\u00f3nica: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/especias.jpg\" alt=\"\" title=\"especias\"  \/><em>Especier\u00eda das Maisons de Bricourt. <\/em><\/p>\n<p>D\u00faas poderosas ideas visuais definen a gastronom\u00eda de Roellinger: a poza e o barco. Ref\u00edrome a esas pozas que quedan nas rochas mari\u00f1as cando a marea retrocede durante unhas horas: unha poza chea da vida mari\u00f1a que ficou atrapada na baixamar, con algas, crust\u00e1ceos, pequenos peixes, area que s\u00f3 se comeza a distinguir cando levas un tempo mirando e distingues a rocha dos peixes e camar\u00f3ns que se mimetizan contra el. O mar de Cancale, as ostras, os mexil\u00f3ns, as algas, son a horta de Roellinger.<\/p>\n<p>A segunda idea visual \u00e9 un barco corsario, navegando polo \u00cdndico ou o Pac\u00edfico. Roellinger reivindica a tradici\u00f3n mercante da cidade-illa de Saint Malo, veci\u00f1a da vila de Cancale. Durante varios s\u00e9culos, os mercaderes da comarca manexaron boa parte do comercio das especies e das madeiras caras que as Compa\u00f1\u00edas de Indias francesas cultivaban nas colonias; os <em>malouiens<\/em> chegaron a desenvolver as s\u00faas propias mesturas de especias, ata 14 xuntas, que comercializaban en Francia e que foron alegr\u00eda de moitos fog\u00f3ns no XVIII e XIX. Desta cidade de mari\u00f1os e mari\u00f1eiros, o coci\u00f1eiro rescatou a memoria da s\u00faa fauna m\u00e1is d\u00edscola: a dos corsarios, a vida err\u00e1tica dos filibusteiros que operaban nas Antillas e no \u00cdndico e que, sen\u00f3n, \u00e1 vida, si pertencen \u00e1 memoria das lecturas de infancia de Roellinger e todos n\u00f3s. Durante os varios meses que o restaurante fica pechado, o coci\u00f1eiro viaxa continentes para investigar e explorar esas outras realidades gastron\u00f3micas e metelas na carta das Maisons. Este fermoso v\u00eddeo -trailer do \u00faltimo libro do coci\u00f1eiro, Trois Etoiles de Mer-, permite ver rapidamente fragmentos do seu universo persoal:<\/p>\n<p><object type=\"application\/x-shockwave-flash\" data=\"http:\/\/www.kewego.fr\/p\/fr\/iLyROoafYXJ7.html\" width=\"450\" height=\"418\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.kewego.fr\/p\/fr\/iLyROoafYXJ7.html\" \/><param name=\"wmode\" value=\"transparent\" \/><param name=\"allowScriptAccess\" value=\"always\" \/><embed src=\"http:\/\/www.kewego.fr\/p\/fr\/iLyROoafYXJ7.html\" width=\"450\" height=\"418\" wmode=\"transparent\" pluginspage=\"http:\/\/www.macromedia.com\/go\/getflashplayer\" type=\"application\/x-shockwave-flash\"><a href=\"http:\/\/www.kewego.fr\/video\/iLyROoafYXJ7.html\" title=\"Test Video Roellinger - Relais &#038; Chateaux - kewego\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/t.kewego.com\/t\/3\/0026\/154x114_iLyROoafYXJ7_2.jpg\" alt=\"Test Video Roellinger - Relais &#038; Chateaux - kewego\"\/><\/a><br \/><a href=\"http:\/\/www.kewego.fr\/video\/iLyROoafYXJ7.html\">Test Video Roellinger &#8211; Relais &#038; Chateaux &#8211; kewego<\/a><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Pois ben, a traxectoria profesional de Roellinger ao longo das 24 tempadas que levan abertas as Maisons de Bricourt xirou ao redor destes dous conceptos da poza e do barco: mar e especies, fusi\u00f3n entre o produto m\u00e1is puro do mar bret\u00f3n e as licencias corsarias para emprender viaxes sen destino final polas especies e os froitos de Asia, Am\u00e9rica, \u00c1frica e Ocean\u00eda. Un discurso poderoso, unha idea totalmente fascinante, se cadra un dos universos m\u00e1is refinados e atractivos creados por un coci\u00f1eiro sobre si mesmo e a s\u00faa filosof\u00eda gastron\u00f3mica. <\/p>\n<h3>Sal\u00f3ns, xard\u00edns e Budas<\/h3>\n<p>Dito iso, visitamos as Maisons de Bricourt, unha casa do XVIII fundada por un comerciante de mar. Varios sal\u00f3ns pola planta baixa, decorados en estilo colonial, con madeira pintada de branco e certos toques cl\u00e1sicos dan cara un atractivo e frondoso xard\u00edn no que un bo fato de patos nada polo estanque e descansa e ao que te retiras a tomar caf\u00e9 cando rematas de xantar. A luz m\u00e9tese nos comedores filtrada entre tanto verde, e o friso dun Buda, apartentemente f\u00f3ra de contexto, asoma entre a hedra atl\u00e1ntica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/jardin.jpg\" alt=\"\" title=\"jardin\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vistas.jpg\" alt=\"\" title=\"vistas\"\/><\/p>\n<p>Os comensais te\u00f1en a opci\u00f3n de carta ou de men\u00fa degustaci\u00f3n. Hai dous men\u00fas, e desde logo, son os m\u00e1is solicitados por uns clientes que, na nosa maior parte, vimos aqu\u00ed de xeito excepcional. O longo, chamado <em><a href=\"http:\/\/www.maisons-de-bricourt.com\/La-cuisine-d-Olivier-Roellinger\/menu-pays-malouin.htm\">Image du Pays Malouin : Au gr\u00e9 du vent et de la lune<\/a><\/em>, no que Roellinger profundiza na s\u00faa exploraci\u00f3n gastron\u00f3mica e o curto, cun acento m\u00e1is local, <em><a href=\"http:\/\/www.maisons-de-bricourt.com\/La-cuisine-d-Olivier-Roellinger\/menu-expression-bretagne-1.htm\">Une expression de la Bretagne<\/a><\/em>. A adega, excepcional nos vi\u00f1os franceses, era un compendio de referencias m\u00edticas, a\u00ednda que vacilantes incursi\u00f3ns internacionais. Por exemplo, creo lembrar que, de vi\u00f1os espa\u00f1ois, s\u00f3 ti\u00f1a uns Castillos de Monjard\u00edn (???), que non te\u00f1o nada contra eles, pero&#8230;N\u00f3s escollimos, un pouco por unha perdici\u00f3n ling\u00fc\u00edstica, a recomendaci\u00f3n do sumiller, un Ch\u00e2teau Bel Air-Marquis d\u2019Aligre Margaux, un Grand Cr\u00fa exceptionnel de 1986, peza rara onde as haxa e que deu unha impresionante finura, un equilibrio entre madeira, idade e uva, e unhas interesant\u00edsimas connotaci\u00f3ns de froita a pesar das d\u00e9cadas que levaba durmindo no so\u00f1o dos xustos. <\/p>\n<p> Escollimos o men\u00fa <em>Image<\/em> e de contado troux\u00e9ronnos uns pequenos entrantes con maionesa con laranxa e xenxibre, chips de millo recheos de verduras e anaqui\u00f1os de peixe con chutney de tomate, e non faltou moito en que nos chegaran unhas lapas sobre sal de Gu\u00e9rande que conti\u00f1an o seu interior tanto lapas como outros pequenos coquillage, como caramuxi\u00f1os ou caracolas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/entrantes.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coquillage.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/collage1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ali\u00f1o filibusteiro<\/em><\/p>\n<p>Pouco despois xa apareceu o <em>Ali\u00f1o filibusteiro para o aguacate e a ara\u00f1a de mar<\/em>, un pequeno collage de prati\u00f1os nos que xunto con este aguacate, un pod\u00eda apreciar unha rodaxa de peixe cru, ao estilo xapon\u00e9s, e un dos pratos m\u00e1is famosos da casa, unha cunqui\u00f1a que reproduc\u00eda un fondo mari\u00f1o, coas s\u00faa area, as s\u00faas diferentes especies de algas flotando a diferentes alturas&#8230;tan efectista como ins\u00edpido no seu resultado final. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sopa.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Caldo dos Misterios de Tonkin<\/em><\/p>\n<p>Seguimos cun <em>timbal de marisco<\/em> -se cadra boi e centola-, saboroso como todos os timbais de marisco, e o <em>Caldo dos Misterios de Tonkin<\/em>, unha sopa de ostra, mexil\u00f3n e vexetais que \u00e9 un cl\u00e1sico de Roellinger. Tras da sopa chegamos ao mellor momento do xantar, un impresionante bogavante ao xerez e ao cacao. Xamais pensar\u00eda que o cacao lle prestar\u00eda tan ben ao bogavante, pero \u00e9 un deses suculentos pratos para po\u00f1er nunhas memorias gastron\u00f3micas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bogavante2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>&#8230;ao igual que estoutro plato, unha <em>Barbo con cascaras de agrios e talauma<\/em> que foi todo un exhuberante achado de sabores. Non \u00e9 s\u00f3 a tradicional receita dos c\u00edtricos co peixe branco, sen\u00f3n tam\u00e9n a especial achega desa especia que desco\u00f1ec\u00eda a un peixe de sabor tan caracter\u00edstico coma o barbo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pescadonaranja.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O seguinte plato foi a\u00f1o con ajowan e chutney de Bahia, perfectamente esquenc\u00edbel, que pechaba o cap\u00edtulo de segundos. Como \u00e9 tradicional nos restaurantes franceses, antes dos postres \u00e9 preciso entregarse aos queixos, que chegan en carro. Valentine describ\u00edate cada un dos queixos e ti configuras o plato ao teu xeito. Para os queixofan\u00e1ticos, este \u00e9 un momento de para\u00edso terrenal:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/quesos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/misquesos1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>&#8230;e os postres ve\u00f1en despois. <em>Frambuesas con azucre de ouro, flores de sabugueiro, xelatina de auga de rosas e albahaca do Siam<\/em>, as\u00ed como <em>un melocot\u00f3n, sorbete \u00ab azucre salvaxe, limon verde \u00bb e a s\u00faa crema de curry corsario<\/em> que estaba francamente bo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sorbetemelocoton.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ron.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O mellor dos postres foi o momento m\u00e1is atrevido do men\u00fa de Roellinger, un ron quente con sidra e especias que era todo un transporte de sensaci\u00f3ns. O caf\u00e9, servido con petit fours que ti mesmo ench\u00edas de especias e de rotundo chocolate, tom\u00e1base no xard\u00edn, escoitando o ru\u00eddo da fonte e as pegadas nas pedri\u00f1as das veredas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/estanque.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>\nUnha conclusi\u00f3n de corsario desorientado<\/h3>\n<p>Non \u00e9 doado facer unha valoraci\u00f3n da coci\u00f1a de Roellinger e da experiencia de comer nas Maisons de Bricourt, e Sole e m\u00e1is eu lev\u00e1moslle dando voltas todos os d\u00edas. Iso, sen d\u00fabida, \u00e9 sinal da complexidade e do alto nivel xeral que se pode apreciar al\u00ed. Si, a experiencia, como tal, se resume nunha \u00fanica palabra: excelencia. Excelencia en todos os \u00e1mbitos: o lugar, a decoraci\u00f3n, os tempos, o servizo. Para entender o nivel do servizo de sala, vouvos po\u00f1er un exemplo alucinante. N\u00f3s estabamos comendo dous. Cando un de n\u00f3s se levantaba para ir ao servizo e o outro quedaba s\u00f3, inmediatamente aparec\u00eda un camareiro, finxindo que recoll\u00eda algo ou que colocaba algo, para darte conversa na mesa. Agora ben, a nivel gastron\u00f3mico? Non \u00e9 doado, desde logo. <\/p>\n<p>Os platos serv\u00edanse con puntos de cocci\u00f3n perfectos, con presentaci\u00f3ns impec\u00e1beis; en apariencia, as composici\u00f3ns eran harm\u00f3nicas e, sen embargo&#8230;.sen embargo&#8230;<\/p>\n<p>Un ti\u00f1a a sensaci\u00f3n dunha certa insipidez xeral. Est\u00e1 claro que non se pode ir a Roellinger esperando entrar nun restaurante hind\u00fa; mentres na gastronom\u00eda india as especias son b\u00e1sicas na confecci\u00f3n dos pratos, n\u00f3s provimos dunha cultura na que estas son luxosos complementos que se empregan de xeito ponderado, e debemos entender adem\u00e1is, que non \u00e9 o mesmo o uso mediterr\u00e1neo das especies -ao que estamos m\u00e1is acostumados-, que un uso atl\u00e1ntico&#8230;malia que as receitas de Roellinger son complexas, e supo\u00f1en todo un uso inxente de especies, os resultados son moi limitados&#8230; <\/p>\n<p>A toda esa comida de mar falt\u00e1balle certa emoci\u00f3n, a capacidade de desafiar que se lle sup\u00f3n a algu\u00e9n que define a s\u00faa coci\u00f1a como <em>corsaria<\/em>. \u00c9 coma se os pratos entrasen dentro dunha correcci\u00f3n, dentro duns c\u00e1nones inexistentes do que debe ser un xantar nun tres estrelas franc\u00e9s, como se houbese un l\u00edmite que marcase ata onde se pod\u00eda chegar, pero lles faltase imaxinaci\u00f3n, lixeireza ou bravura para dar un paso m\u00e1is adiante&#8230;Non sei. Supo\u00f1o, por exemplo, que a un parisino ese uso puro do peixe e o marisco, fresqu\u00edsimos, lle debe alucinar bastante, pero se cadra para un galego ese sexa o punto de partida para algo m\u00e1is. <\/p>\n<p>Aprendimos moito nas Maisons de Bricourt. O primeiro, para min, \u00e9 que hai cousas moito m\u00e1is al\u00e1 da <em>excelencia<\/em> formal na gastronom\u00eda: est\u00e1 a emoci\u00f3n, o desaf\u00edo, a fascinaci\u00f3n, as sensaci\u00f3ns profundas e non s\u00f3 superficiais, e todo iso \u00e9 o m\u00e1is dif\u00edcil de conseguir. Aprend\u00edn tam\u00e9n a saber como se constr\u00fae e escenifica un fermoso discurso gastron\u00f3mico, atractivo e evocador, e como as belas palabras, \u00e1s veces, non se traducen claramente nos resultados pr\u00e1cticos. Aprendimos a saer por que a coci\u00f1a espa\u00f1ola est\u00e1 a despegar a nivel internacional, e por que <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/01\/08\/restaurante-arzak-en-donostia-un-recordo-imborrabel-da-perfeccion-gastronomica\/\">Arzak \u00e9 tan grande<\/a>, ofrecendo un men\u00fa moito m\u00e1is completo, complexo e emocionante a menos prezo que Roellinger. <\/p>\n<p>E tam\u00e9n nos levamos connosco un secreto, descuberto nas mesas dese perfecto lugar. No noso pa\u00eds, en Galicia, catro ou cinco coci\u00f1eiros de enorme talento, fan a diario marabillas equivalentes a Roellinger, en moitos menos metros cadrados, con equipos de persoal m\u00ednimos, orzamentos <em>pelados<\/em> e a un prezo moi inferior para o cliente final. <\/p>\n<p>Las Maisons de Bricourt \u00e9 un gran restaurante e Olivier Roellinger \u00e9 un excelente chef, pero a visita f\u00edxonos pensar nunha direcci\u00f3n que non agardabamos.<\/p>\n<p><em>O men\u00fa<\/em> Image du pays Malouien <em>de Roellinger est\u00e1 en 172 euros m\u00e1is IVE.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Roellinger no Cabo de Hornos No ano 1976, Olivier Roellinger estaba cursando a carreira universitaria&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/24\/a-cocina-corsaria-de-olivier-roellinger-nas-maisons-de-bricourt\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A coci\u00f1a corsaria de Olivier Roellinger nas Maisons de Bricourt<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5143,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5142","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bretana","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5142","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5142"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5142\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5143"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5142"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5142"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5142"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}