{"id":5132,"date":"2008-08-21T21:13:47","date_gmt":"2008-08-21T19:13:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5132"},"modified":"2008-08-22T11:05:47","modified_gmt":"2008-08-22T09:05:47","slug":"vivindo-a-vida-doutros-en-combourg","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/21\/vivindo-a-vida-doutros-en-combourg\/","title":{"rendered":"Vivindo a vida doutros en Combourg"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/caminho_chateaubriand.jpg\" alt=\"\" title=\"caminho_chateaubriand\" \/><em>O cami\u00f1o a Combourg. Foto: Alibaba<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">R<\/span>ecibimos o \u00faltimo sol da tarde en Combourg, no borde do lago, e un gati\u00f1o coxo e pedr\u00e9s v\u00e9n cara n\u00f3s, probando sorte. Alg\u00fans patos voan e brillan ao ser\u00e1n. Eu miro a torre da homenaxe do castelo, propiedade privada xa pechada a estas horas, e sei que son o \u00fanico que fago tal cousa nesta silenciosa vila. Busco al\u00ed unha fiestra que sei que ten que estar porque o lin. E vexo nesa fiestra a un adolescente que xa non est\u00e1, un tipo calado e t\u00edmido que s\u00f3 se sinte en confianza cando est\u00e1 a soas coa s\u00faa irm\u00e1 Lucille. O adolescente non est\u00e1 realmente al\u00ed, por suposto. Ante a visi\u00f3n imaxinada, a memoria tr\u00e1eme a Don Ram\u00f3n Otero Pedrayo. O ourens\u00e1n nunca estivo <em>fisicamente<\/em> neste lugar nin viu esta torre, pero sentiu a mesma fascinaci\u00f3n por ese adolescente e, se cadra, a mesma curiosidade por Lucille. Son os irm\u00e1ns Chateaubriand, e un deles ga\u00f1ar\u00e1 no futuro a inmortalidade das artes. &#8220;<em>Foi en Combourg<\/em>&#8220;, dir\u00e1 Ren\u00e9 de Chateaubriand, &#8220;<em>onde me convertin no que logo fun<\/em>&#8220;. <\/p>\n<p>Adoito levar comigo nas viaxes libros dos escritores do pa\u00eds que visito. Non \u00e9 s\u00f3 unha teima: g\u00fastame o pracer de confrontar en tempo real o lido, o imaxinado e o visto. Calzas estas gafas literarias e as r\u00faas cobran un novo sentido: o outorgado nunha ficci\u00f3n, nunha biograf\u00eda, ou noutros libros de viaxes. Vivo a mi\u00f1a viaxe, e vivo a doutro. Acomp\u00e1\u00f1ame desta volta as <em><a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Memorias_de_Ultratumba\">Memorias de Ultratumba<\/a><\/em>, de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Chateaubriand\">Ren\u00e9 de Chateaubriand<\/a>, se cadra o m\u00e1is afamado escritor bret\u00f3n, un dos pais do Romantismo europeo. Sempre pensei que o sonoro t\u00edtulo da s\u00faa autobiograf\u00eda ti\u00f1a que ver, truculenta e fantasticamente, con ese mesmo romantismo, pero non \u00e9 as\u00ed. O escritor quer\u00eda que non se publicara ata despois da s\u00faa morte, e ao lelo un sabe por que. Chateaubriand vai dando <em>repasi\u00f1os<\/em> m\u00e1is ou menos contundentes \u00e1s persoas -pol\u00edticos, supostas amantes, artistas- que conviviron con el na s\u00faa dilatada vida. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chateau.jpg\" alt=\"\" title=\"chateaubriand\" \/><em>Ren\u00e9 de Chateaubriand<\/em><\/p>\n<p>Chateaubriand era un mon\u00e1rquico reaccionario nunha Francia revolucionaria. As 2.100 p\u00e1xinas destas <em>Memorias<\/em> responden \u00e1 idea de Chateaubriand de relatar o esp\u00edrito da s\u00faa vibrante \u00e9poca a trav\u00e9s da s\u00faa propia vida, e el tivo carreira para iso: cortesano do Antigo R\u00e9xime, exiliado por d\u00faas veces, escritor de sona, embaixador con Napole\u00f3n e os Borb\u00f3ns, senador e incans\u00e1bel viaxeiro&#8230; O certo \u00e9 que, si, o esp\u00edrito do s\u00e9culo se percibe neste Chateaubriand que esvara continuamente cara o autoeloxio pero que nos deixou, neste libraco, sagaces e coloristas retratos de Lu\u00eds XVI, Napole\u00f3n ou Talleyrand, e as s\u00faas cr\u00f3nicas en primeira persoa de moitos acontecementos decisivos do s\u00e9culo. \u00c9 divertido ver tam\u00e9n a s\u00faa postura pol\u00edtica: defensor da restauraci\u00f3n mon\u00e1rquica, pero tam\u00e9n da liberdade de prensa, da democracia, ou a s\u00faa sagacidade precoz: avogaba pola supresi\u00f3n de consulados e embaixadas &#8220;<em>porque no noso tempo as comunicaci\u00f3ns son moi r\u00e1pidas e os gobernos poden falar directamente entre si<\/em>&#8220;. Un tipo dif\u00edcil de encaixar, mesmo para aqueles que gostan do encaixe e a simplificaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Son nos par\u00e1grafos adicados a este castelo de Combourg no que estamos nos que reco\u00f1ezo m\u00e1is a ese Chateaubriand que Otero Pedrayo devocionaba: &#8220;<em>N\u00f3s amamos a Chateaubriand. Foi o primeiro autor lido por n\u00f3s de nenos e mozos nas solainas orceladas de Trasalba<\/em>&#8220;. Esa devoci\u00f3n foi tan manifesta que Otero morreu cun tomo destas <em>Memorias de Ultratumba<\/em> na man, nun destes poderosos simbolismos que sempre pareceron acompa\u00f1ar a vida de Pedrayo. Trasalba e Combourg comparten trazos na cosmovisi\u00f3n, a\u00ednda que a casa de Don Ram\u00f3n sexa un modesto alpendre en comparaci\u00f3n con este castelo. Chateaubriand buscaba unha monarqu\u00eda cun cristianismo renacido, un sistema democr\u00e1tico, tinguindo todo dunha \u00e9tica da melancol\u00eda pasada; Pedrayo buscaba unha rep\u00fablica agraria e retrataba esa caste fidalga que, a diferencia da francesa, simplemente se extingu\u00eda de vello e que representaba a memoria escrita. <\/p>\n<p>Combourg mant\u00e9n a rudeza medieval, e s\u00f3 o seu espl\u00e9ndido parque e o lago dan idea de que as s\u00faas funci\u00f3ns se dulcificaron ao longo dos s\u00e9culos. Aqu\u00ed Chateaubriand viviu o que se poder\u00eda entender como educaci\u00f3n sentimental dun adolescente, entre os 16 e os 17 anos: no seu caso, esa educaci\u00f3n sentimental foron os solitarios paseos por enormes bosques &#8220;<em>que quen se achegue por al\u00ed xa non ver\u00e1<\/em>&#8221; -afirma Chateaubriand-, e sen un amigo co que compartir o mundo que se descubre. Esta vida solitaria estaba marcada polo estra\u00f1o ambiente familiar e a presenza soturna do pai, como se observa nesta escena de inverno no castelo, na noiti\u00f1a e trala invern\u00eda:<\/p>\n<blockquote><p>Les soir\u00e9es d\u2019automne et d\u2019hiver \u00e9taient d\u2019une autre nature. Le souper fini et les quatre convives revenus de la table \u00e0 la chemin\u00e9e, ma m\u00e8re se jetait, en soupirant, sur un vieux lit de jour de siamoise flamb\u00e9e ; on mettait devant elle un gu\u00e9ridon avec une bougie. Je m\u2019asseyais aupr\u00e8s du feu avec Lucile ; les domestiques enlevaient le couvert et se retiraient. Mon p\u00e8re commen\u00e7ait alors une prome-nade, qui ne cessait qu\u2019\u00e0 l\u2019heure de son coucher. (&#8230;) Lorsqu\u2019en se prome-nant, il s\u2019\u00e9loignait du foyer, la vaste salle \u00e9tait si peu \u00e9clair\u00e9e par une seule bougie qu\u2019on ne le voyait plus ; on l\u2019entendait seulement encore marcher dans les t\u00e9n\u00e8bres : puis il revenait lentement vers la lumi\u00e8re et \u00e9mergeait peu \u00e0 peu de l\u2019obscurit\u00e9, comme un spectre, avec sa robe blanche, son bonnet blanc, sa figure longue et p\u00e2le. Lucile et moi, nous \u00e9changions quelques mots \u00e0 voix basse, quand il \u00e9tait \u00e0 l\u2019autre bout de la salle ; nous nous taisions quand il se rapprochait de nous. Il nous disait, en passant : &#8220;De quoi parliez-vous ? &#8221; Saisis de terreur, nous ne r\u00e9pondions rien ; il continuait sa marche. Le reste de la soir\u00e9e, l\u2019oreille n\u2019\u00e9tait plus frapp\u00e9e que du bruit mesur\u00e9 de ses pas, des soupirs de ma m\u00e8re et du murmure du vent.<\/p><\/blockquote>\n<p>O propio castelo ten un estilo algo tenebroso: non s\u00f3 Chateaubriand falaba dos innumer\u00e1beis ru\u00eddos que escoitaba desde a s\u00faa habitaci\u00f3n confinada no alto da torre de homenaxe. Nunhas obras de reparaci\u00f3n, os obreiros atoparon un gato que fora tapiado vivo na Idade Media e que agora se exhibe con certos reparos na mansi\u00f3n. Otero Pedrayo nunca viu estas torres redondas, de pedra escura, en vivo; nunca viu este lago artificial, enorme, agora municipal. Pero leu con devoci\u00f3n esta vida, \u00e1 que eu agora lle po\u00f1o cores, distancias, \u00e1rbores e cami\u00f1os, no ser\u00e1n de Combourg, e a memoria fai carambolas estra\u00f1as. A mi\u00f1a <em>soir\u00e9e<\/em> pr\u00e9stase, neste Combourg da tardi\u00f1a de agosto, a m\u00e1is pracenteiros momentos que a de Ren\u00e9; estamos a pouca distancia dos mesmos recordos, e s\u00f3 nos separan douscentos e pico de anos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O cami\u00f1o a Combourg. Foto: Alibaba Recibimos o \u00faltimo sol da tarde en Combourg, no&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/21\/vivindo-a-vida-doutros-en-combourg\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Vivindo a vida doutros en Combourg<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5131,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,2,12,8],"tags":[],"class_list":["post-5132","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bretana","category-diario","category-libros","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5132","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5132"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5132\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5131"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5132"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5132"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5132"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}