{"id":5101,"date":"2008-08-19T18:35:17","date_gmt":"2008-08-19T16:35:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5101"},"modified":"2008-08-19T19:29:15","modified_gmt":"2008-08-19T17:29:15","slug":"locronan-viaxe-a-un-seculo-xvi-perdido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/19\/locronan-viaxe-a-un-seculo-xvi-perdido\/","title":{"rendered":"Locronan: viaxe a un s\u00e9culo XVI perdido"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_0.jpg\" alt=\"\"  \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span>ntes de falar de Locronan, te\u00f1o que contar un sucedido meu en relaci\u00f3n coa Historia que explique a mi\u00f1a percepci\u00f3n desta aldea bretona. As\u00ed que vai un ladrilli\u00f1o. <\/p>\n<p>Hai moitos anos fun cubrir a rolda de presentaci\u00f3n do libro <em>Galicia en la \u00e9poca de Felipe II<\/em>, que editara a Xunta de Galicia sum\u00e1ndose aos actos estatais de celebraci\u00f3n do cuarto centenario da morte do rei e que editara o catedr\u00e1tico de Historia Eiras Roel. Durante a presentaci\u00f3n algo me escamara bastante: mentres Manuel Fraga se estendera nas glorias imperiais do monarca, facendo un panex\u00edrico da pol\u00edtica internacional do Imperio espa\u00f1ol, o catedr\u00e1tico tentara cinguirse ao obxecto do libro e analisar na s\u00faa presentaci\u00f3n a relaci\u00f3n do monarca con Galicia. A xulgar polo que contara Eiras Roel, eu fix\u00e9rame a conclusi\u00f3n de que o interese do rei con Galicia fora basicamente inexistente. Que pasara de n\u00f3s, vaia. Nun libro panexirista e seguidista como aquel, os dous feitos m\u00e1is not\u00e1beis que foran capaces de atopar para louvar a gloria de Felipe II en relaci\u00f3n a Galicia era que embarcou aqu\u00ed unha vez cami\u00f1o de Inglaterra e que se preocupou pola reforma dos xulgados da Coru\u00f1a. E xa. <\/p>\n<h3>\nUns descapitalizados (literal e metaforicamente)<\/h3>\n<p>Simplemente hai que percorrer hoxe as nosas cidades para amosar a evidencia dos que despois se chamar\u00edan os S\u00e9culos Escuros: adem\u00e1is da destruci\u00f3n que poden ter feito os anos e as expansi\u00f3ns urbanas, o XVI adoita ser un dos periodos m\u00e1is silenciosos do noso rico patrimonio arquitect\u00f3nico, e iso non \u00e9 m\u00e1is que un indicador do que acontec\u00eda en moitos niveis. Arrastrabamos unha crise de cabalo desde o s\u00e9culo XV, cun colapso econ\u00f3mico de gran calibre, en plena turbulencia da sociedade feudal, e que rematou coa instauraci\u00f3n da hexemon\u00eda castel\u00e1 despois da intervenci\u00f3n militar dos Reis Cat\u00f3licos, a decapitaci\u00f3n de Pardo de Cela e o \u00faltimo episodio, tan resistente como esquencido, de <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/05\/06\/caldaloba-e-os-tres-ultimos-anos-da-resistencia-galega\/\">Caldaloba<\/a>. Eramos unha sociedade descapitalizada a nivel social, cultural e pol\u00edtico que non puido responder ao que poder\u00eda ter sido un dos grandes momentos da s\u00faa Historia: a\u00ednda que ao longo do XVI se apreciu unha recuperaci\u00f3n econ\u00f3mica -coma en boa parte de Europa-, non foi abondo para aproveitar con garant\u00edas o auxe do comercio mar\u00edtimo e a puxanza econ\u00f3mica no sector t\u00e9xtil. A decisi\u00f3n castel\u00e1 de monopolizar o comercio coas Indias en Sevilla foi un dos maiores erros econ\u00f3micos dese Estado nacente, que despois pagou con creces, e que a n\u00f3s afectounos moito. <\/p>\n<h3>\nOportunidades perdidas<\/h3>\n<p>Galicia estaba nunhas condici\u00f3ns xeogr\u00e1ficas impresionantes para que os seus portos entraran de cheo nesa corrente de comercio internacional que se estaba a formar ao longo da Europa atl\u00e1ntica; ese comercio comezou a producirse, fundamentalmente enviando salgaz\u00f3n, vi\u00f1o do Ribeiro ou algunhas materias primas, as\u00ed como unha nacente industria t\u00e9xtil. Sen embargo, cando Felipe II iniciou as hostilidades con Inglaterra, os mercaderes galegos atoparon moitas dificultades para facer vi\u00e1bel e rend\u00edbel ese comercio. O certo \u00e9 que a riqueza derivada desa expansi\u00f3n, o incremento dunha burgues\u00eda cada vez m\u00e1is potente, aqu\u00ed non se apreciou con facilidade. E, ao non aparecer esa burgues\u00eda, a configuraci\u00f3n urbana galega se modificou ben pouco durante o s\u00e9culo, a diferencia de todos eses lugares. <\/p>\n<h3>\n&#8230;e viaxamos ata Locronan<\/h3>\n<p>Conto todo isto para falar de Locronan, unha alde\u00ed\u00f1a pr\u00f3xima a Quimper que, ao mesmo tempo, \u00e9 a consecuencia oposta da Historia que che contei.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_1.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p>Na Breta\u00f1a, no s\u00e9culo XVI, aconteceu todo o contrario de Galicia. Situada no mesmo epicentro at\u00e1ntico, a Breta\u00f1a dispuxo de moitas facilidades para o exercicio comercial. Con moit\u00edsimos cultivos de li\u00f1o, como Galicia, puido desenvolver unha industria textil dunha certa entidade. E as vili\u00f1as comezaron a medrar e a fac\u00e9rense ricas. Facendo evolucionar o modelo medieval, os bret\u00f3ns occidentais comezaron a levantar novas casas de granito, a enriquecer as s\u00faas igrexas cun estilo arquitect\u00f3nico que os canteiros populares teimaban e teimaron durante s\u00e9culos en seguir facendo, coma os nosos canteiros, atemporal, rom\u00e1nico, popular e primitivista, de caras e pernas gordochas, conservando o humor dos an\u00f3nimos artistas medievais.<\/p>\n<p>Ao pasear por Locronan, un sinte certos calafr\u00edos hist\u00f3ricos. Esta pequena aldea de pedra, coma un decorado, foi o Renacemento atl\u00e1ntico, unha versi\u00f3n rural dos fulgurantes ventos de cambio urbano e social que provi\u00f1an de Italia, enriquecida polo li\u00f1o, o comercio e a agricultura. Casas rexas de pedra, con galanos, chiscadelas e s\u00edmbolos m\u00e1xicos protectores, como esas cabezas tam\u00e9n tan abundantes en Galicia, muros de hortas con soberbias portas. Locronan \u00e9 o noso s\u00e9culo XVI perdido: unha vila de enso\u00f1o extraordinariamente ben preservada, como unha fotograf\u00eda dun tempo decisivo. Esta aldea de burgueses orgullosos poder\u00eda terse constru\u00eddo en Galicia no Renacemento, pero a cadea da pol\u00edtica deix\u00f3unola en Breta\u00f1a para mirala cun sorriso nost\u00e1lxico.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_2.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_3.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_4.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_5.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_6.jpg\" alt=\"\"  \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locronan_7.jpg\" alt=\"\"  \/><em>Traduci\u00f3n: &#8220;Fixese que a porta est\u00e1 moi, moi baixa!&#8221;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole Antes de falar de Locronan, te\u00f1o que contar un sucedido meu en relaci\u00f3n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/19\/locronan-viaxe-a-un-seculo-xvi-perdido\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Locronan: viaxe a un s\u00e9culo XVI perdido<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5094,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,2,8],"tags":[],"class_list":["post-5101","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bretana","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5101","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5101"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5101\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5094"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5101"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5101"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5101"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}