{"id":5067,"date":"2008-08-16T14:52:09","date_gmt":"2008-08-16T12:52:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5067"},"modified":"2008-08-17T01:32:53","modified_gmt":"2008-08-16T23:32:53","slug":"mar-e-manteiga-na-gastronomia-bretona","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/16\/mar-e-manteiga-na-gastronomia-bretona\/","title":{"rendered":"Mar e manteiga na gastronom\u00eda bretona"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gast_bret_1.jpg\" alt=\"\" title=\"gast_bret_1\" \/><br \/>\n<em>D\u00e1ndolle aos mexil\u00f3ns no adro de Saint Tuguen. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span> identidade p\u00fablica da gastronom\u00eda bretona pasa polo seu rico mar, a pesca, o marisqueo e a acuicultura. A\u00ednda que unha boa parte do pa\u00eds segue sendo agr\u00edcola, o certo \u00e9 que o peso do mar \u00e9 tan grande na coci\u00f1a diaria que abraia. Da rica gandeir\u00eda sobrancea a marabillosa manteiga, que outorga un intenso e distintivo sabor a doces, postres, biscoitos e <em>galettes<\/em>. Qued\u00e1ronme ga\u00f1as e faltoume tempo para investigar a coci\u00f1a do interior: te\u00f1o localizado un dos mellores sitios para tomar o <em>pot\u00e9e<\/em>, o pote bret\u00f3n, un cocido ao xeito do galego, e ser\u00e1 para outra vez. <\/p>\n<p>Entrementres recre\u00e1monos con esas partes da coci\u00f1a bretona que se ofrecen a prezos econ\u00f3micos aos turistas: pratos lixeiros, de produto mari\u00f1o, pensados para seguir adiante rapidamente coas excursi\u00f3ns. Por toda a costa e mesmo o interior, o cl\u00e1sico son os <em>mexil\u00f3ns con patacas fritidas<\/em>, (moules + frites), que se ofrecen por todas partes ao redor dos 10 euros. Os <em>moules<\/em> bret\u00f3ns s\u00e9rvense, se non hai outra indicaci\u00f3n, cun preve mari\u00f1eiro a base de cebola. Nalg\u00fans casos, as casas de comidas ofrecen outros preves (<em>cr\u00e9me<\/em>), para quen queira xogar. Estes <em>moules<\/em> son, por norma, bastante m\u00e1is pequenos dos que sacan as bateas galegas. Onte, sen ir m\u00e1is lonxe, ceamos uns magn\u00edficos que cultiva un dos mellores bateeiros da Arousa, o Ferreiro, de tama\u00f1o xigante&#8230; A pequenez debe explicarse polos peculiares criadeiros do mexil\u00f3n -estacas cravadas na area-, xa que as r\u00edas bretonas non te\u00f1en calado abondo para as bateas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gast_bret_2.jpg\" alt=\"\" title=\"gast_bret_1\"\/><\/p>\n<p>Absolutamente recomend\u00e1beis son as ostras (<em>huitres<\/em>), que se ofrecen como primeiro en moitos men\u00fas de 11 ou 12 euros. As ostras bretonas, puro sabor a mar que fan as delicias dos oc\u00e9ano-larpeiros, clasif\u00edcanse por n\u00fameros do 1 ao 5, e o seu tama\u00f1o vai nesta orde descendente. Deste xeito, as do 1 son moito m\u00e1is grandes que as do n\u00famero 5. Todas elas tam\u00e9n son de cultivo, e sustentan boa parte da econom\u00eda local das comunidades mari\u00f1eiras: \u00e1 mediod\u00eda, en Cancale, os tratores suben da r\u00eda as grandes barcazas cos mozos que se dedican, no ver\u00e1n, ao seu coidado e recolecci\u00f3n. \u00c9 coma unha procesi\u00f3n de barcos pola estrada, con todos os mari\u00f1eiros a\u00ednda subidos \u00e1s planeadoras. Adem\u00e1is, na Breta\u00f1a, adoran comer toda canta <em>coquillage<\/em> (moluscada) e froitos de mar que se atopan nestas costas: caramuxos, caracoli\u00f1as, lapas. De feito, as mariscadas bretonas incl\u00faen na fonte, xunto con centolas, bois, n\u00e9coras, ostras, mexil\u00f3ns, tam\u00e9n todo ese molusco menor. Imax\u00ednome a escena se nun restaurante galego te incl\u00faen lapas e caramuxos! Alg\u00fans pensar\u00e1n que os estar\u00e1n timando!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gast_bret_3.jpg\" alt=\"\" title=\"gast_bret_1\"\/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gast_bret_4.jpg\" alt=\"\" title=\"gast_bret_1\"\/><\/p>\n<p>O gran plato popular da Breta\u00f1a son as <em>cr\u00eapes<\/em>, as filloas. Todas as vilas te\u00f1en algunha e, adem\u00e1is, te\u00f1en un horario m\u00e1is \u00e1 galega, servindo xantares ata bastante tarde. Estas <em>creperies<\/em> est\u00e1n sempre cheas de familia, porque estes men\u00fas divertidos funcionan moi ben con nenos. En realidade, hai dous tipos de filloas: as <em>cr\u00eapes<\/em>, m\u00e1is finas, que se serven habitualme te como postre, e as <em>galettes<\/em>, feitas con fari\u00f1a sarracena, ou de trigo negro (<em>bl\u00e9 noir<\/em> &#8211; canto trigo se cultiva na Breta\u00f1a!) m\u00e1is consistentes e coas que se sirven pratos m\u00e1is consistentes&#8230;e, a partir de aqu\u00ed, a imaxinaci\u00f3n: moitas galettes tradicionais levan ovos, touci\u00f1o, xam\u00f3n, queixo&#8230;outras se serven con vexetais. En Douarnenez, unha vila mari\u00f1eira do norte da Breta\u00f1a que todos os amantes do mar deberan visitar, probei unha marabillosa con lombos de sardi\u00f1a, que \u00e9 a que toman os mari\u00f1eiros de al\u00ed&#8230;Sidra m\u00e1is galettes adoitan custar sobre uns sete ou oito euros, e \u00e9 un xeito r\u00e1pido e econ\u00f3mico de tirar para diante.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pre_sale.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Pastando diante do Mont Saint Michel. Foto: Wikipedia<\/em><\/p>\n<p>Algo que me alucinou, e que s\u00f3 tiven ocasi\u00f3n de probar unha vez porque o buscamos deliberadamente, foi o a\u00f1o <em>pre-sal\u00e9<\/em>. C\u00f3mese, sobre todo, no esteiro de Saint-Michel e \u00e9 algo m\u00e1xico. Eses a\u00f1os alim\u00e9ntanse dos pastos que est\u00e1n ao car\u00f3n desas enormes mareas que fan baleirarse e encherse toda a extensi\u00f3n do esteiro. Herba mergullada polo mar, que acaba por dar \u00e1 carne de a\u00f1o un curioso sabor salgado. \u00c9 absolutamente exquisito e, se tedes ocasi\u00f3n, non deixes de probalo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastro_bret_4.jpg\" alt=\"\" title=\"gastro_bret_4\"  \/><\/p>\n<p>Menci\u00f3n aparte, para min, son os kouign amann, postre estrela da Breta\u00f1a. Como pasa con todos os postres dom\u00e9sticos, hai cincuenta mil versi\u00f3ns e variantes. Basicamente, p\u00f3dese resumir nunha bomba de manteiga, azucre e fari\u00f1a \u00e1 que, nalg\u00fans casos, lle engadiron apetitosa froita de estaci\u00f3n. \u00c9 unha larpeirada m\u00e1xima s\u00f3 para devotos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00e1ndolle aos mexil\u00f3ns no adro de Saint Tuguen. Fotos: Sole A identidade p\u00fablica da gastronom\u00eda&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/16\/mar-e-manteiga-na-gastronomia-bretona\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Mar e manteiga na gastronom\u00eda bretona<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5068,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5067","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bretana","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5067","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5067"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5067\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5068"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}