{"id":5053,"date":"2008-08-14T14:34:48","date_gmt":"2008-08-14T12:34:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5053"},"modified":"2008-08-16T17:27:22","modified_gmt":"2008-08-16T15:27:22","slug":"bretana-noticias-da-irma-do-norte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/14\/bretana-noticias-da-irma-do-norte\/","title":{"rendered":"Breta\u00f1a: noticias da irm\u00e1 do norte"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bretanha_1.jpg\" alt=\"\" title=\"bretanha_1\"\/><em>Unha pequena estrada rural en Lebono. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">G<\/span>alicia, unha superficie de 29.575 km\u00b2. Breta\u00f1a: 27.209 km\u00b2. Galicia: 2.772.533 habitantes. Breta\u00f1a: 2.906.197 habitantes. cidad\u00e1ns. Galicia, catro provincias: A Coru\u00f1a, Lugo, Ourense e Pontevedra. A Breta\u00f1a, catro departamentos: As Costas de Armor, Ille e Vilaine, Morbihan e Finisterre. Sabemos ao que imos, \u00bfnon?<\/p>\n<p>Marchamos en coche desde Galicia, correndo con calma ao trav\u00e9s das Landas, os enormes bosques de pi\u00f1eiros que visten o Atl\u00e1ntico franc\u00e9s.  Ao pasarmos Nantes, capital da Loira Mar\u00edtima -a provincia bretona que quedou atr\u00e1s durante a reorganizaci\u00f3n territorial francesa- non pasan moitos quil\u00f3metros cando de s\u00fapeto, volv\u00e9monos rir en plan divertido como nos pasou moitas outras veces durante esta viaxe pola Breta\u00f1a. Xa aparecen enormes masas de toxos devorando a estrada. Somos capaces de descodificar, de interpretar, de entender este territorio porque, en certo xeito, \u00e9 o noso. Estes cami\u00f1os, fontes, lugares campesi\u00f1os est\u00e1n, dalg\u00fan xeito, recollidos na nosa memoria malia non visitarmos nunca este pa\u00eds. Coma cos irm\u00e1ns moi parecidos, as comparaci\u00f3ns son inevit\u00e1beis, e fac\u00e9molas continuamente. Comparar, adem\u00e1is, \u00e9 un dos xeitos que temos os humanos de aprender, co\u00f1ecer, e exercer o criterio. <\/p>\n<p>No quiosco, a prensa bretona debate sobre o Tren de Alta Velocidade. Os pol\u00edticos parisinos cren que chegar\u00e1 sobre o 2013, pero hai aut\u00e9nticas pol\u00e9micas sobre o tema entre o goberno, a oposici\u00f3n, e a sociedade, as\u00ed como algo de rechifla. &#8220;Coas nosas infraestruturas sempre fixeron o mesmo en Par\u00eds&#8221;, asegura un columnista irado. L\u00e9molos mentres estamos sentados no noso primeiro destino, a praia de Saint-Jacques, a praia de Santiago. A marea vai baixando, e no aire cheira a vida mari\u00f1a e submari\u00f1a atl\u00e1ntica. O solpor \u00e9 eterno. Dan ga\u00f1as de preparar unha dorna e ir \u00e1s luras.<\/p>\n<p>Crer, non creo en esp\u00edritos inmateriais e inmortais que se perpet\u00faan ao longo dos s\u00e9culos, coma esencias da cultura, como Volkgeists independentes do andar do mundo, como crenzas e modos de ser insepar\u00e1beis da orograf\u00eda da naci\u00f3n. Pero as semellanzas entre estas d\u00faas fisterras atl\u00e1nticas provocaron e provocan asombro e risa, non burlesca, sen\u00f3n familiar, risa case nerviosa. \u00bfCantas desas semellanzas son en realidade un <em>desideratum<\/em> e canto hai de ver\u00eddico? Non o sei, e investigalo \u00e9 un exercicio en balde. O certo \u00e9 que a\u00ed est\u00e1n: pod\u00e9molas reco\u00f1ecer a pesar de seguirmos historias ben diferentes, e a\u00ed est\u00e1 o asombro. E podemos aprender delas moito.<\/p>\n<p>-\u00bfSodes galegos, non? -interr\u00f3mpenos un home nunha fest-noz, despois de mirarnos un tempo: gustariame saber por que o supu\u00f1a. &#8220;Sodes a Breta\u00f1a espa\u00f1ola&#8221;, dinos outra rapaza. &#8220;Ah, Galicia&#8221;, asegura outro rapaz, &#8220;un d\u00eda hei facer o cami\u00f1o de Santiago&#8221;. &#8220;Todos os anos vides a Lorient&#8221;, di outra. Dicir Galicia en Breta\u00f1a significa que non vas ter que explicar nada sobre a t\u00faa posici\u00f3n no mundo. Entre estes dous pa\u00edses que non te\u00f1en m\u00e1is v\u00ednculos na actualidade que os melanc\u00f3licos, os historicistas e os culturetas no din\u00e1mico mundo moderno -ag\u00e1s algunhas fricci\u00f3ns marisqueiras- hai un co\u00f1ecemento que non \u00e9 o habitual: \u00e9 o co\u00f1ecemento do asombro, ao vernos e mirarnos coma nun espello. Non fixemos cousas xuntos -cando menos nos \u00faltimos mil cincocentos anos. Os nosos v\u00ednculos literarios m\u00e1is fortes constit\u00faenos alg\u00fans versos medievais, textos do nacionalista s\u00e9culo XX galego e bret\u00f3n; nada especialmente consistente, nada que poida explicar a semellanza con claridade. Non importa, est\u00e1 a\u00ed: unha \u00e1ncora parad\u00f3xica na Historia.<\/p>\n<p>Non deixo de lembrar cando consultei vellos libros de nacementos, vodas e defunci\u00f3ns da parroquia de Palmeira, en Ribeira; os galegos esqueceron m\u00e1is a Breta\u00f1a, penso, pero se cadra na nosa Historia non foi sempre as\u00ed. Ao rexistraren as defunci\u00f3ns dos mari\u00f1eiros, nos s\u00e9culos XVII e XVIII, o cura sempre anotaba unha cidade: Brest, coma o lugar de morte dos palmeir\u00e1ns oce\u00e1nicos. Brest ser\u00eda a nosa Illa de Nunca Xamais. Se cadra eses mari\u00f1eiros morr\u00edan no Cant\u00e1brico, ou en Terranova, a saber. Pero Brest, o gran porto do occidente bret\u00f3n, era a viaxe final de moitos barbanz\u00f3ns, un dato do que ningu\u00e9n se lembra xa na comarca. <\/p>\n<p>As comparaci\u00f3ns son inevit\u00e1beis e l\u00f3xicas, dic\u00eda. A Breta\u00f1a \u00e9 unha Galicia, pero coidada. Nunca sei se esas alturas baixas, eses xard\u00edns, esas casi\u00f1as pequenas ben coidadas, responden a unha estrita regulamentaci\u00f3n municipal ou \u00e1 vontade colectiva, pero a\u00ed est\u00e1n. As estradas rurais non te\u00f1en baches. A s\u00faa paisaxe \u00e9 moi similar \u00e1 daTerra Cha -a Breta\u00f1a \u00e9 moi plana, s\u00f3 alg\u00fans montes suben aos 300 metros no leste-, cunha costa que no sur ser\u00eda como a R\u00eda de Arousa e no norte e no Oeste ser\u00eda como a costa que rodea Cedeira. E hai turistas por todas partes. Xente que visita cruceiros, parroquias, bosques, meg\u00e1litos, castelos. En todos os sitios. Ao cami\u00f1ares por estes cami\u00f1os rurais, por estes cant\u00eds e illas, un aprende sobre a Breta\u00f1a, pero tam\u00e9n sobre n\u00f3s mesmos. <\/p>\n<p>Ao longo destes d\u00edas irei contando historias, cami\u00f1os e paisaxes da Breta\u00f1a, a nosa irm\u00e1 do norte. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha pequena estrada rural en Lebono. Fotos: Sole Galicia, unha superficie de 29.575 km\u00b2. Breta\u00f1a:&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/14\/bretana-noticias-da-irma-do-norte\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Breta\u00f1a: noticias da irm\u00e1 do norte<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5054,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,2,8],"tags":[],"class_list":["post-5053","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bretana","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5053","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5053"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5053\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5054"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}