{"id":5041,"date":"2008-08-12T18:25:51","date_gmt":"2008-08-12T16:25:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5041"},"modified":"2008-08-13T09:42:04","modified_gmt":"2008-08-13T07:42:04","slug":"soria-a-cidade-rupestre-de-tiermes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/12\/soria-a-cidade-rupestre-de-tiermes\/","title":{"rendered":"Soria: a cidade rupestre de Tiermes"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tiermes_1.jpg\" alt=\"\" title=\"tiermes_1\"  \/><em>Casas de Tiermes e o edificio das termas na zona superior. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>stamos en Tiermes, ou mellor, en Termantia, ao car\u00f3n dun gran recinto arqueol\u00f3xico do sur de Soria, rodeados de monta\u00f1as. Tiermes \u00e9 un deses <em>top\u00f3nimos m\u00faltiples<\/em>, un non-lugar, que pode querer significar sitios diferentes: depende da entoaci\u00f3n e do contexto da conversa do lugare\u00f1o que fala contigo. Ao principio, conf\u00fandeste entre Tiermes-aldea, Tiermes-ru\u00edna arqueol\u00f3xica, Tiermes-chiringuito, Tiermes-comarca, Tiermes-Tiermes. Para eles, pola contra, est\u00e1 clar\u00edsimo.<\/p>\n<p>N\u00f3s aqu\u00ed queremos ver <a href=\"http:\/\/www.tiermes.net\/\">Tiermes-Termantia<\/a>, unha antiga cidade no coraz\u00f3n dun vello territorio celt\u00edbero, o da tribo dos ar\u00e9vacos. Esta cidade foi protagonista nas guerras celt\u00edberas. Estes ind\u00edxenas, mercenarios ben considerados nos ex\u00e9rcitos romanos e cartaxineses durante as guerras p\u00fanicas, ti\u00f1an ben aprendidas as t\u00e9cnicas do adversario e aproveitaron ben a s\u00faa sona cruel e salvaxe fronte ao invasor. Termantia caeu case tres d\u00e9cadas trala ca\u00edda de Numancia \u00e1 tremenda maquinaria de guerra romana, ata que Tito Didio a tomou no ano 98 a.C. A\u00ednda que non temos tantos datos como de Numancia, a guerra debeu ser seria: Tito recibiu un triunfo en Roma pola victoria. Cami\u00f1amos por Tiermes ao solpor, xusto pola zona da Porta do Sol, e nas pedras deb\u00faxanse sombras prolongad\u00edsimas que fan dif\u00edcil apreciar o conxunto. No alto do cerro obs\u00e9rvase como un champi\u00f1\u00f3n p\u00e9treo, o que queda en p\u00e9 do antigo edificio das termas romanas e aut\u00e9ntico <em>ex-libris<\/em> actual da cidade. <\/p>\n<p>-\u00bfComo conseguiron resistir? -preg\u00fantolle ao gu\u00eda. Na zona pola que andamos non parece apreciarse un desnivel grande nin fortificaci\u00f3ns consider\u00e1beis. <\/p>\n<p>O gu\u00eda, que \u00e9 de Lugo, rise por dentro e cont\u00e9stame:<\/p>\n<p>-Ti espera a que cheguemos ao alto do cerro e xa te dar\u00e1s conta. <\/p>\n<p>A visita l\u00e9vate de primeiras pola zona m\u00e1is espectacular das ru\u00ednas, o espazo que fai excepcional e \u00fanico este xacemento dentro do contexto da arqueolox\u00eda da pen\u00ednsula. Tiermes estaba constru\u00edda sobre un outeiro de pedra arenisca, ben doada de traballar e moldear case coma o xabre. Os habitantes da cidade excavaron parte das s\u00faas estancias, escadas, cami\u00f1os, rampas, edificios p\u00fablicos nesta pedra e iso permitiu que se conservaran excepcionalmente ben ata hoxe en d\u00eda. Esta cidade rupestre, baixo o cerro, foi un aproveito romano. Pero hai un <em>pero<\/em>. De xeito parad\u00f3xico, desco\u00f1\u00e9cense boa parte das funci\u00f3ns deses edificios tan evidentes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tiermes_2.jpg\" alt=\"\" title=\"tiermes_1\"  \/><\/p>\n<p>Este grader\u00edo, \u00bfera un lugar de asemblea?\u00bfUn remedo ind\u00edxena dun teatro romano?\u00bfUn lugar para cerimonias relixiosas? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tiermes_3.jpg\" alt=\"\" title=\"tiermes_1\"  \/><em><br \/>\nVivenda e escada de subida ao nivel superior. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tiermes_4.jpg\" alt=\"\" title=\"tiermes_1\"  \/><br \/>\n<em>Porta do Oeste. <\/em><\/p>\n<p>Trala ca\u00edda de Tiermes, Tito Didio obrigou aos ind\u00edxenas a baixaren do cerro e instal\u00e1rense na chaira adxacente; \u00e9 pos\u00edbel que as elites se estableceran na zona superior. Al\u00ed est\u00e1 aparecendo un foro romano, mosaicos, unha zona comercial, tramos da antiga calzada. Esas vivendas rupestres son tam\u00e9n, na s\u00faa maior parte, romanas. Os habitantes de Termantia empregaron a t\u00e9cnica de cavar na arenisca desde antes da romanizaci\u00f3n, como na angosta Porta do Oeste, que estaba cuberta. Subimos por ela ata a primeira terraza. <\/p>\n<p>-\u00bfEra ou non era doada de defender? -dime o rapaz de Lugo. <\/p>\n<p>Desde a terraza, apr\u00e9ciase como Tiermes estaba no medio dun val, con r\u00edos pequenos que fan foxos naturais. Un cerro de altas paredes. Imaxineime as lexi\u00f3ns romanas enfronte. Sol. Metal brillando. Intercambio de berros entre dentro e f\u00f3ra. Se cadra cabezas de soldados cravadas en picas e outras t\u00e1cticas de <em>guerra psicol\u00f3xica<\/em>. <\/p>\n<p>Unha das construci\u00f3ns m\u00e1is sobranceiras \u00e9 o acueduto. Entra na cidade furando a pedra coma un coitelo; cada tantos metros, unha boca aparece desde a zona superior para que descenderan os operarios das augas. Nas paredes do t\u00fanel, apr\u00e9cianse os pousadoiros das candeas de aceite. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tiermes_5.jpg\" alt=\"\" title=\"tiermes_1\"  \/><br \/>\n<em>Acueduto<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tiermes_6.jpg\" alt=\"\" title=\"tiermes_1\"  \/><br \/>\n<em>Acueduto<\/em><\/p>\n<p>Pola noite, Jacinto, amigo e guarda do recinto, aseg\u00farame que s\u00f3 est\u00e1 excavado o 5% do xacemento. <\/p>\n<p>Eu qu\u00e9dome cun detalle da mi\u00f1a memoria. Observo o que queda do edificio das termas. Diante del, un pequeno r\u00edo cunha gran parede de arenisca e un remedo de bosque. Varios voitres leonados planean. Aquelas termas miraban para unha paisaxe id\u00e9ntica \u00e1s de <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/04\/15\/mosaico-que-recrea-a-historia-do-minotauro-en-conimbriga\/\">Con\u00edmbriga<\/a>, preto de Co\u00edmbra. O lugar m\u00e1is verde, m\u00e1is relaxante e paisax\u00edsticamente m\u00e1is valioso da contorna inmediata da cidade. De s\u00fapeto, e por un momento, a trav\u00e9s dos s\u00e9culos as persoas nos comunicamos e entendemos o mesmo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Casas de Tiermes e o edificio das termas na zona superior. Fotos: Sole Estamos en&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/08\/12\/soria-a-cidade-rupestre-de-tiermes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Soria: a cidade rupestre de Tiermes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5042,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-5041","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5041","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5041"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5041\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5042"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5041"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5041"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5041"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}