{"id":4995,"date":"2008-07-23T23:41:46","date_gmt":"2008-07-23T21:41:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=4995"},"modified":"2008-07-24T10:41:30","modified_gmt":"2008-07-24T08:41:30","slug":"traxectorias-baixo-a-superficie-de-neixon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/07\/23\/traxectorias-baixo-a-superficie-de-neixon\/","title":{"rendered":"Traxectorias baixo a superficie de Neix\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/21-07-08excavacion-neixon-002.jpg\" alt=\"\" title=\"21-07-08excavacion-neixon-002\" width=\"500\" height=\"335\" class=\"alignnone size-full wp-image-4994\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/21-07-08excavacion-neixon-002.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/21-07-08excavacion-neixon-002-300x201.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><br \/>\n<em>Recuperando unha peza importante.<\/em><\/p>\n<p>Ao abrir unha cadr\u00edcula dunha excavaci\u00f3n, proponse un enigma, un coidadoso papel cheo de garabatos confusos e algo aleatorios que \u00e9 preciso desentra\u00f1ar. Ao pouco, podes chegar ata un nivel hist\u00f3rico de ocupaci\u00f3n, e a\u00ednda que nunca o viras antes, dec\u00e1taste case no momento de que chegaches al\u00ed: a terra de repente, \u00e9 dura, m\u00e1is apisonada, con outra cor. Hai 2.600 anos, p\u00e9s campesi\u00f1os sentaron, pasaron por este lugar miles de veces. Investigas nas desfeitas, nas perdas, nos esquecementos involuntarios e nos acochos dos pequenos tesouros de seres humanos humildes. Case todos os achados se concentran en poucos cent\u00edmetros de altura, nese nivel. Comezan a aparecer ducias de trozos de cer\u00e1mica: nalgunhas apr\u00e9cianse as incisi\u00f3ns dun punz\u00f3n, se cadra, vexetal, outras ofrecen unha fermosa boca, ou unha base, e se tes sorte, ver\u00e1s mesmo as unllas do artes\u00e1n, ou o pasado dun dedo polo interior da peza. Tam\u00e9n aparecen as fusaiolas, pedri\u00f1as furadas empregadas como pesos do telar que usaban as mulleres castrexas. Da man s\u00e1ltame un precioso cristal de rocha, un prisma que foi moldeado a base de percusi\u00f3n e contrapercusi\u00f3n, se cadra polo puro pracer de entreterse nun ser\u00e1n de ver\u00e1n coma este. E, ao car\u00f3n, atopamos crisois de metal, modelos ocos empregados por un ferreiro do 600 a.C. para compo\u00f1er pezas de bronce. A ferrer\u00eda debe estar preto de aqu\u00ed, pero \u00bfonde? \u00bfonde? \u00bffoi parte dese tercio do castro devorado polo mar? \u00bfOu estar\u00e1 na direcci\u00f3n contraria, nesa \u00e1rea que se vai abrir en breve?<\/p>\n<p>\u00bfBronce, dixen? Si, o bronce estase a atopar na casa castrexa, da que hai menos potencia da que pensaban pero na que aparecen de xeito inesperado. Dispersas, agochadas entre as pedras dos muros da casa, na base, ou a poucos cent\u00edmetros das pedras, os arque\u00f3logos atopan f\u00edbulas -prendedores de capa- m\u00e1is ou menos enteiras. \u00bfPor que a\u00ed? \u00bfAlgu\u00e9n as acochou? \u00bfFoi un despiste? \u00bfFoi un ritual? Non moi lonxe, aparece unha inusual asideira dun caldeiro tam\u00e9n de bronce. Outra f\u00edbula al\u00e1. E noutro sitio, unha masa met\u00e1lica dif\u00edcil de definir. Que intenso verde ten ese bronce prehist\u00f3rico cando nace, de s\u00fapeto, na terra, e todo se para, e comezas a mover os dedos lentamente para apreixar ese anaco de tempo fr\u00e1xil a\u00ednda enteiro, pero que podes esnaquizar ao menor movemento. Hai moitas part\u00edculas verdes, que te hipnotizan mentres baixas o nivel. E moitas pedras lisas, limpas do roce ou do uso: pedernais, mu\u00ed\u00f1os, outras de ubicaci\u00f3n pouco definida. O mar brilla abaixo deste pequeno cantil ao borde do que traballamos. Os veraneantes colleitan mexil\u00f3n das pedras. Toca Melendi nun transistor.<\/p>\n<p>-\u00bfHai algo peor que Melendi? -berra o experto en cer\u00e1mica, ao que lle pasamos os anacos que el reconstr\u00fae na cabeza.<br \/>\n-Hoxe aqu\u00ed s\u00e1enos todo, rapaces -avisa Xurxo Ay\u00e1n, centrado nesa estra\u00f1a estrutura da porta.<\/p>\n<p>Muros chega coa libreti\u00f1a para catalogar os achados e situalos en cota, \u00e9 dicir, no punto exacto no que foron aparecendo. \u00c9 coma un primeiro filtro: a\u00ed dec\u00eddese que \u00e9 relevante e que pasar\u00e1 ao limbo das bolsi\u00f1as an\u00f3nimas de fragmentos de cer\u00e1mica. <\/p>\n<p>Sobre a planta do xacemento, podes seguir a traxectoria dos obxectos accidentados. Unha xerra escachou na prehistoria preto desa casa, e unha espectacular boca atopada al\u00ed as\u00ed o demostra. Pero eu recollo -desenterro- outro fragmento do impacto medio metro m\u00e1is al\u00e1, ou se cadra produto da patada dun neno, trescentos anos despois. Quen sabe. Noutro sitio, aparece unha sorte de pavimento. E, na porta da casa, un enigm\u00e1tico e inusual conxunto de lousas agarda ser levantado. A casa, no seu interior, ten unha chamativa pedra de esquisto, das que brillan coa luz. Aos castrexos pirr\u00e1banlles colocar estas pedras, que deb\u00edan ter alg\u00fan significado ritual ou m\u00e1xico, nalg\u00fan punto das s\u00faas vivendas. Os arque\u00f3logos traballan ata o solpor neste lugar privilexiado do fondo da R\u00eda de Arousa, e as horas pasan case sen decatarse. Ser\u00e1 como en todas partes e todos os oficios, pero neste silencio e nas bromas, neste pasar o tempo sen decatarmos, s\u00f3 rexidos polas sombras que medran no solpor, eles parecen vivir na fronteira vizosa \u00e1 que poucos te\u00f1en acceso: traballo, pracer, diversi\u00f3n, curiosidade, paix\u00f3n. Todo xunto no mesmo lugar. <\/p>\n<p>Marchamos, con algo de morri\u00f1a, para emprender outra viaxe. Volveremos en agosto. A campa\u00f1a de Neix\u00f3n proseguir\u00e1, pero no adxacente Castro Grande, que unha parte do equipo xa comeza a abrir. Al\u00ed o contexto \u00e9 diferente, vai do 300 a.C. ata \u00e9poca romana. E volveremos descubrir pezas do enigma da vida coti\u00e1 desaparecida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Recuperando unha peza importante. Ao abrir unha cadr\u00edcula dunha excavaci\u00f3n, proponse un enigma, un coidadoso&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/07\/23\/traxectorias-baixo-a-superficie-de-neixon\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Traxectorias baixo a superficie de Neix\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4994,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-4995","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4995","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4995"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4995\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4994"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4995"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4995"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4995"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}