{"id":4824,"date":"2008-06-16T22:11:46","date_gmt":"2008-06-16T20:11:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=4824"},"modified":"2008-06-16T23:21:58","modified_gmt":"2008-06-16T21:21:58","slug":"%c2%bfvinos-brancos-galegos-de-primeiro-ou-de-segundo-ano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/06\/16\/%c2%bfvinos-brancos-galegos-de-primeiro-ou-de-segundo-ano\/","title":{"rendered":"\u00bfVi\u00f1os brancos galegos de primeiro ou de segundo ano?"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brancos_galegos.jpg\" alt=\"\" title=\"brancos_galegos\" width=\"500\" height=\"242\" class=\"alignnone size-full wp-image-4825\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brancos_galegos.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brancos_galegos-300x145.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n<p>O outro d\u00eda, na Xantanza do Ribeiro, tiven a oportunidade de ver un detalle divertido. Estabamos na <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/06\/02\/vi-xantanza-adegas-valdavia-o-exemplo-do-pequeno-colleiteiro\/\">adega Valdavia<\/a> prob\u00e1ndolles os vi\u00f1os. Alberto deunos a catar un Cu\u00f1as Davia do 2006 e logo outro Cu\u00f1as Davia do 2007, rec\u00e9n embotellado. Automaticamente, tras probar os dous, os pareceres do grupo se dividiron case \u00e1 metade exacta entre o que prefer\u00edan o m\u00e1is vi\u00f1o m\u00e1is vello e os do m\u00e1is novo. \u00bfE logo cambiaba tanto dun ano para outro? Sen d\u00fabida. Non hab\u00eda que ser un experto para decatarse de que, malia sen o Cu\u00f1as Davia ben reco\u00f1ec\u00edbel nos dous casos, hab\u00eda entre as anadas importantes matices e as consecuentes preferencias por parte dos catadores. Matices, pensei eu despois, que te\u00f1en moito que ver co noso gusto e o que agardamos dun vi\u00f1o branco -e dun vi\u00f1o branco galego. <\/p>\n<p>En xeral, existiu durante moito tempo a crenza de que os brancos galegos deb\u00edan ser do ano anterior a ser consumidos e que levaban mal o paso do tempo. Albari\u00f1os e treixaduras declinaban a partir do terceiro ano entrando con certa rapidez no solpor da frouxedade&#8230; e os godellos a\u00ednda os comezamos a co\u00f1ecer, coma quen di. \u00bfCanto disto poder\u00eda cambiar con \u00e9xito se se modificase a elaboraci\u00f3n e a vinificaci\u00f3n? Non o sabemos. Ata agora as experiencias m\u00e1is interesantes de brancos de crianza se est\u00e1n facendo no interior. Na costa, no Saln\u00e9s, algunha xente est\u00e1 a tentar, sen moito \u00e9xito, darlle barrica ao albari\u00f1o. Se cadra nos vindeiros anos vexamos brancos galegos que se irmanaron co carballo da barrica e conten cousas interesantes na fronteira dos catro ou cinco anos de existencia. <\/p>\n<p>\u00bfEnt\u00f3n cal \u00e9 a diferencia e o matiz entre os brancos de primeiro e segundo ano? Bastantes: a simple vista, un branco de segundo ano presenta unha cor m\u00e1is dourada, m\u00e1is envellecida; en boca o vi\u00f1o \u00e9 m\u00e1is maduro, m\u00e1is tostado, os c\u00edtricos tan t\u00edpicos do albari\u00f1o deixan paso a mel\u00f3n, a herbas brancas ou a froita de pulpa coma o pexego, e a acidez -que non gusta moito a padais pouco bebedores de brancos galegos, suav\u00edzase e \u00e1s veces equil\u00edbrase. Probeino cun xeitoso albari\u00f1o do Rosal, o <a href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/secciones\/noticia.jsp?pRef=3214_3_188332__Comarcas-Universidad-colabora-proyecto-para-crear-cepas-viejas\">Finca Garabato Cepas Vellas 2006 da Adega Valtea<\/a> que me agasallaron, pero isto mesmo tam\u00e9n se pode aplicar tam\u00e9n aos m\u00e1is \u00e1cidos albari\u00f1os do Saln\u00e9s, aos que lle agradezo, desde logo, un ano m\u00e1is en botella. O mesmo acontece con Ribeiros e Godellos, en xeral. <\/p>\n<p>\u00bfQue cal est\u00e1 mellor dos dous? Pois depende. Os albari\u00f1os de primeiro ano son ideais para a xente que quere ese albari\u00f1o m\u00e1is tradicional, que lle gusta a acidez e os c\u00edtricos. Pero eu servir\u00eda albari\u00f1os de segundo ano a xente que non ten unha experiencia moi dilatada co vi\u00f1o pero te\u00f1a curiosidade por explorar vi\u00f1os diferentes, ou a aqueles que te\u00f1en curiosidade por buscar un elenco de brancos m\u00e1is complexos e sofisticados. Ou para unha cea de ligoteo, rapaces: dir\u00eda que un branco galego de segundo ano \u00e9 m\u00e1is <em>sedutor<\/em> ou, no seu defecto, alg\u00fan Cepas Vellas, coma o Do Ferreiro.<\/p>\n<p>P.D. Un apuntamento interesante relativo aos brancos con crianza sobre l\u00edas. \u00c9 unha tendencia actual que lle aporta moitos matices complexos ao vi\u00f1o e que adoita dar unha gran explosi\u00f3n floral en boca pero&#8230;p\u00e9rdena con rapidez. Se compras unha botella de vi\u00f1o galego sobre l\u00edas, cons\u00famea sen tardar moito, porque se cadra ao cabo de seis meses ou un ano ese vi\u00f1o te\u00f1a cambiado e perdido parte desa espectacularidade no sabor. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O outro d\u00eda, na Xantanza do Ribeiro, tiven a oportunidade de ver un detalle divertido.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/06\/16\/%c2%bfvinos-brancos-galegos-de-primeiro-ou-de-segundo-ano\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">\u00bfVi\u00f1os brancos galegos de primeiro ou de segundo ano?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4825,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,7],"tags":[],"class_list":["post-4824","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4824","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4824"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4824\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4825"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4824"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4824"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4824"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}