{"id":4805,"date":"2008-06-13T17:59:58","date_gmt":"2008-06-13T15:59:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=4805"},"modified":"2008-06-13T21:28:19","modified_gmt":"2008-06-13T19:28:19","slug":"localizar-novas-cadeas-de-valor-para-os-contidos-nos-cibermedios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/06\/13\/localizar-novas-cadeas-de-valor-para-os-contidos-nos-cibermedios\/","title":{"rendered":"Localizar novas cadeas de valor para os contidos nos cibermedios"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/publico_pt.jpg\" alt=\"\" title=\"publico_pt\" width=\"500\" height=\"252\" class=\"alignnone size-full wp-image-4808\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/publico_pt.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/publico_pt-300x151.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><br \/>\n<em>A redacci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/www.publico.pt\">P\u00fablico<\/a> (Lisboa)<\/em><\/p>\n<p>O programa <em>Shaping the future of the Newspaper<\/em> da Asociaci\u00f3n Mundial de Editores de Peri\u00f3dicos produciu en marzo un interesante informe: <em>The value of news content<\/em> (<a href=\"http:\/\/www.wan-press.org\/article16710.html\">aqu\u00ed p\u00f3dese descargar o resumo executivo<\/a>). Velaqu\u00ed o obxectivo: <\/p>\n<p>&#8220;<em>O hipercompetitivo escenario de medios e un mercado conducido polo consumidor est\u00e1n a crear unha oportunidade para que as compa\u00f1\u00edas de xornais maximicen a Cadea de Valor do contido para ser m\u00e1is eficiente e obte\u00f1a beneficios<\/em>&#8220;, advirten os redactores. O informe cont\u00e9n algunhas recomendaci\u00f3ns ben interesantes sobre o escenario actual: est\u00e1n moi orientadas \u00e1s grandes compa\u00f1\u00edas de comunicaci\u00f3n pero te\u00f1en reflexi\u00f3ns interesantes tam\u00e9n en pequenas e medianas empresas e medios, especialmente no caso de pequenos ecosistemas medi\u00e1ticos nos que as instituci\u00f3ns p\u00fablicas te\u00f1en un importante peso comunicativo. Vin tres ideas suxestivas:<br \/>\n<strong><br \/>\n1.Cada vez mais contidos te\u00f1en valor econ\u00f3mico nulo: \u00e9 preciso buscar un segundo nivel de informaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O m\u00e1is interesante do informe \u00e9 as advertencias que fai nas transformaci\u00f3ns do Ecosistema de Medios. Na Internet actual, hai un fluxo de informaci\u00f3n e contidos b\u00e1sico, xeral, mil veces replicado en todo tipo de plataformas e que usuario topa continuamente e sen dificultade a pouco que navegue pola rede. \u00c9 a &#8220;<em>commoditized information<\/em>&#8220;, a materia prima de alto consumo e alta dispo\u00f1ibilidade. No novo contexto de Internet esta capa est\u00e1 asegurada por m\u00faltiples puntos e os medios que aspirasen a incrementar a s\u00faa cadea de valor deberan dala, principalmente, por suposta e asumir que carece, practicamente, de valor de mercado e retorno econ\u00f3mico. \u00c9 dicir, toda a mara\u00f1a de notas de prensa, notas de axencia, comunicados oficiais e titulares replicados ao longo dos medios, sitios automatizados de noticias, blogs, etc. Dito doutro xeito: para un medio, na actualidade, a noticia &#8220;Google ga\u00f1a o Pr\u00edncipe de Asturias de Comunicaci\u00f3n&#8221; ten un valor econ\u00f3mico nulo.<\/p>\n<p>A diferencia, para o informe, est\u00e1 noutro tipo de informaci\u00f3n especializada no usuario final. Se no modelo anterior o &#8220;xu\u00edzo das noticias&#8221;, a s\u00faa avaliaci\u00f3n e estimaci\u00f3n por parte dos profesionais do xornalismo,  conduc\u00eda o desenvolvemento do contido, no novo modelo este papel descende, e \u00e9 o enfoque na audiencia o que orienta a produci\u00f3n de contido. <\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vello_novo_ecosistema.jpg\" alt=\"\" title=\"vello_novo_ecosistema\" width=\"500\" height=\"218\" class=\"alignnone size-full wp-image-4806\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vello_novo_ecosistema.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vello_novo_ecosistema-300x130.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n<p>Isto pl\u00e1smase en que \u00e9 preciso especializarse e loitar por diferenciarse nun contexto no que hai determinados feitos que se van replicar de xeito case instant\u00e1neo en todas as cabeceiras e que, se cadra, a competici\u00f3n por a ver quen publicaba antes na s\u00faa p\u00e1xina de inicio unha noticia non demasiado relevante \u00e9 absurda e, sobre todo, in\u00fatil en termos de audiencia e econ\u00f3micos. Segundo o informe, \u00e9 preciso achegarse m\u00e1is ao concepto de informaci\u00f3n <em>personalmente relevante<\/em>. Por suposto, traballar nun cibermedio con conceptos persoais require unha reestruturaci\u00f3n moi delicada da arquitectura da informaci\u00f3n do sitio e do xeito no que traballan os xornalistas. <\/p>\n<p>Hai unha pregunta l\u00f3xica a todo isto: se os medios abandonan as noticias tal e como eran agora entendidas, \u00bfquen as far\u00e1?\u00bfSeremos pasto dos gabinetes?\u00bfNon o eramos xa? Por suposto, \u00e9 un informe da patronal. Esa pregunta non encaixa nun documento de estratexias.<\/p>\n<p><strong><br \/>\n2. Valores, lealdade e percepci\u00f3n de cibermedios al\u00e9n do consumo de contidos<\/strong><\/p>\n<p>O informe adem\u00e1is incl\u00fae referencias a unha investigaci\u00f3n levada a cabo por The Readership Institute da Universidade de Northwestern na que se busca saber que \u00e9 o que traslada o cibermedio al\u00e9n da propia satisfacci\u00f3n da lectura do seu contido, \u00e9 dicir, que experimenta o usuario que acude fielmente a unha cabeceira. Entre as respostas, os investigadores identificaron varios temas recurrentes:<\/p>\n<ul>\n<li>O sitio t\u00f3came e expande a mi\u00f1a visi\u00f3n<\/li>\n<li>Con\u00e9ctame con outros<\/li>\n<li>Paga a pena gardalo e compartilo<\/li>\n<li>Faime m\u00e1is <em>smarter<\/em> (listo, espabilado)<\/li>\n<li>Entretenme e abs\u00f3rbeme<\/li>\n<li>Est\u00e1 adaptado a min<\/li>\n<\/ul>\n<p>Obviamente, o desenvolvemento deses valores xa non depende s\u00f3 do medio: se nos fixamos, boa parte deles repres\u00e9ntanse hoxe mellor nos sitios sociais. Como pode o cibermedio manter unha identificaci\u00f3n persoal co usuario?<\/p>\n<p><strong>3. Consolidaci\u00f3n de novos formatos, posibilidades e conceptos nos cibermedios m\u00e1is destacados:<\/p>\n<p><\/strong>Segundo un informe de The Bivings Group, determinados conceptos e formatos est\u00e1n a consolidarse nos cibermedios, comezando a formar un est\u00e1ndar que achega unha radiograf\u00eda moi valiosa da estrutura dos cibermedios actuais:<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/evolucion_medios.jpg\" alt=\"\" title=\"evolucion_medios\" width=\"500\" height=\"298\" class=\"alignnone size-full wp-image-4807\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/evolucion_medios.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/evolucion_medios-300x178.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A redacci\u00f3n de P\u00fablico (Lisboa) O programa Shaping the future of the Newspaper da Asociaci\u00f3n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/06\/13\/localizar-novas-cadeas-de-valor-para-os-contidos-nos-cibermedios\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Localizar novas cadeas de valor para os contidos nos cibermedios<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4806,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,21],"tags":[],"class_list":["post-4805","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-medios","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4805","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4805"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4805\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4806"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}