{"id":4427,"date":"2008-04-22T23:01:54","date_gmt":"2008-04-22T21:01:54","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=4427"},"modified":"2008-04-23T08:32:58","modified_gmt":"2008-04-23T06:32:58","slug":"os-barbaros-de-alessandro-baricco-unha-cronica-do-cambio-cultural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/04\/22\/os-barbaros-de-alessandro-baricco-unha-cronica-do-cambio-cultural\/","title":{"rendered":"Os b\u00e1rbaros, de Alessandro Baricco: unha cr\u00f3nica do cambio cultural"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barico_barbaros.jpg\" alt=\"\" title=\"barico_barbaros\" width=\"500\" height=\"274\" class=\"alignnone size-full wp-image-4426\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barico_barbaros.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barico_barbaros-300x164.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n<p>Vou ser algo <em>spoiler<\/em>, pero todos sabemos que, nos ensaios, \u00e9 m\u00e1is ou menos l\u00edcito contar o final da historia, porque moitas veces \u00e9 o seu inicio. <em><a href=\"http:\/\/www.elboomeran.com\/obra\/40\/los-barbaros\/\">Os b\u00e1rbaros. Ensaio sobre a mutaci\u00f3n<\/a><\/em>, de Alessandro Baricco, est\u00e1 rec\u00e9n publicado por Anagrama. Xorde dunha proposta: a nosa cultura, a nosa percepci\u00f3n da cultura e a nosa actitude ante ela est\u00e1 transform\u00e1ndose rapidamente por unha invasi\u00f3n de b\u00e1rbaros. Obviamente, \u00e9 unha met\u00e1fora, pero rem\u00edtese a un feito hist\u00f3rico e c\u00edclico: a aparici\u00f3n no horizonte de hordas cun esquema cultural alleo que aniquilan as civilizaci\u00f3n ante a incomprensi\u00f3n cultural e o estupor dos aniquilados. <\/p>\n<p>Para Baricco, os b\u00e1rbaros xa est\u00e1n aqu\u00ed, e por todas partes da nosa cultura hai aldeas saqueadas. Non hai, con todo, dramatismo na s\u00faa an\u00e1lise, nostalxia ou cabreo; m\u00e1is ben a curiosidade por comprender a nova civilizaci\u00f3n que xurdir\u00e1 das ru\u00ednas nas que est\u00e1 a ficar a cultura burguesa occidental; descrifrar os trazos que definen o pensamento b\u00e1rbaro, presente nos consumos populares e &#8220;<em>tr\u00e1tase de decidir que hai, no mundo antigo, que queiramos levarnos ata o mundo novo<\/em>&#8220;. E aqu\u00ed v\u00e9n o spoiler: os b\u00e1rbaros non pensan en libros, en pel\u00edculas, ou en programas, sen\u00f3n en <em>sistemas de paso<\/em>. Detestan a profundidade, o estudio dun \u00fanico tema durante anos e anos; prefiren trazar traxectorias nunha superficie ubicada no presente, surfear entre obxectos, ideas e sentidos. O esp\u00edrito permit\u00eda indagar ao home civilizado nas galer\u00edas do sentido cultural; para os b\u00e1rbaros, o sentido figura na superficie. Fronte ao esforzo dos burgueses por chegar ao final, al\u00ed onde estea, os b\u00e1rbaros prefiren observar m\u00e1is en horizontal, gastando menos tempo e esforzo nunha cuesti\u00f3n concreta e surfeando de tema en tema con rapidez. E outra m\u00e1is: os b\u00e1rbaros somos n\u00f3s mesmos. Somos mutantes b\u00e1rbaros que xa asumimos parte dos c\u00f3digos da nova cultura mentres mantemos outros dos vellos. Non hai <em>eles<\/em> nin <em>n\u00f3s<\/em>. <\/p>\n<p>O escritor contoulle todo isto periodicamente aos lectores de La Reppubblica nun estilo m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1 ep\u00edstola que ao artigo; cun humor e unha iron\u00eda fin\u00edsimas, e ilustrando as s\u00faas teses desde varias aldeas xa saqueadas: o vi\u00f1o, o f\u00fatbol, os libros. A evoluci\u00f3n da m\u00fasica cl\u00e1sica no s\u00e9culo XIX, a moral nacente da burgues\u00eda nese s\u00e9culo. Analizou a Google como o principal instrumento b\u00e1rbaro cunha gran lucidez: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;o que nos ensina Google \u00e9 que existe unha parte inmensa de seres humanos para os que, cada d\u00eda, o saber que importa \u00e9 o que \u00e9 quen de entrar en secuencia con todos os dem\u00e1is saberes. [&#8230;] [\u00c9] unha determinada revoluci\u00f3n copernicana do saber segundo a cal o valor dunha idea est\u00e1 relacionado non principalmente coas s\u00faas caracter\u00edsticas intr\u00ednsecas sen\u00f3n coa s\u00faa historia&#8221;. <\/p><\/blockquote>\n<p>O libro rematouse de escribir nunha pensi\u00f3n ao car\u00f3n da Muralla Chinesa que, para Baricco, \u00e9 o propio s\u00edmbolo da relaci\u00f3n entre a cultura burguesa e os novos b\u00e1rbaros. Como concl\u00fae Baricco: &#8220;a<em> Gran Muralla non defend\u00eda dos b\u00e1rbaros: invent\u00e1baos. Non protex\u00eda a civilizaci\u00f3n: defin\u00edaa<\/em>&#8220;. <\/p>\n<p>Un libro b\u00e1sico para os lectores interesados na cultura contempor\u00e1nea. Hoxe, por certo, aparece <a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/cultura\/Baricco\/mutacion\/barbara\/nos\/atraviesa\/todos\/elpepucul\/20080422elpepucul_9\/Tes\">unha entrevista con Baricco sobre o libro<\/a> en El Pa\u00eds. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vou ser algo spoiler, pero todos sabemos que, nos ensaios, \u00e9 m\u00e1is ou menos l\u00edcito&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/04\/22\/os-barbaros-de-alessandro-baricco-unha-cronica-do-cambio-cultural\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os b\u00e1rbaros, de Alessandro Baricco: unha cr\u00f3nica do cambio cultural<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4426,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-4427","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4427","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4427"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4427\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4426"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4427"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4427"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4427"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}