{"id":4352,"date":"2008-04-10T20:53:03","date_gmt":"2008-04-10T18:53:03","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=4352"},"modified":"2008-04-10T20:53:03","modified_gmt":"2008-04-10T18:53:03","slug":"uruguai-busca-unha-identidade-vinicola-filgueira-sauvignon-gris-e-botrytis-noble-da-haciencia-juanico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/04\/10\/uruguai-busca-unha-identidade-vinicola-filgueira-sauvignon-gris-e-botrytis-noble-da-haciencia-juanico\/","title":{"rendered":"Uruguai busca unha identidade vin\u00edcola: Filgueira Sauvignon Gris e Botrytis Noble da Haciencia Juanic\u00f3"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/juanico.jpg\" alt=\"\" title=\"juanico\" width=\"500\" height=\"350\" class=\"alignnone size-full wp-image-4353\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/juanico.jpg 500w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/juanico-300x210.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><br \/>\n<em>Establecemento Juanic\u00f3 (Uruguai)<\/em><\/p>\n<p>Con frecuencia, en Europa adm\u00edtese tanto o futuro brillante dos vi\u00f1os do Novo Mundo (entendido este como esa ignota franxa que parece ir de Australia, pasando por Sud\u00e1frica ata chegar ao Mendoza, Chile e ao val de Napa, en California) como moitas das s\u00faas sombras actuais: alentados por enormes vi\u00f1edos e terras de bonanza, son moitos os que critican esa actual e pretendida produci\u00f3n masiva de vi\u00f1o, que flutua en sabores, cores, etiquetas e variedades en funci\u00f3n dos intereses do mercado, das modas, das cr\u00edticas do \u00faltimo gur\u00fa norteamericano e das decisi\u00f3ns unicamente comerciais. Aparentemente desprovistos de cultura, de tradici\u00f3n (a tradici\u00f3n \u00e9 o m\u00e1is fr\u00e1xil que co\u00f1ezo, se nos po\u00f1emos a acabar con ela non dura nin unha xeraci\u00f3n), e mesmo de certo concepto ancestral de <em>terroir<\/em>, o Novo Mundo \u00e9 como unha bomba masiva de embotellado de Cabernets e Merlots aos gustos de Wine Spectator, en enormes adegas destinadas a xerar un vi\u00f1o doado de consumir e de sabor gratificante, sinxelo e perfectamente controlado en laboratorio.<\/p>\n<p>Por suposto, a\u00ednda que haxa moito de certo nisto, non \u00e9 menos verdadeiro que os interesados en que se te\u00f1a esa visi\u00f3n das novas zonas vin\u00edcolas son os que se sinten agredidos polo seu auxe. En realidade, moitas adegas do Novo Mundo est\u00e1n a dar important\u00edsimos pasos na produci\u00f3n de vi\u00f1os de calidade. Uruguai, por exemplo, \u00e9 un observatorio excepcional para vislumbrar un novo modelo americano de elaboraci\u00f3n de caldos; de masivas plantaci\u00f3ns das variedades internacionais, os elaboradores orientais andan a buscar a diferenciaci\u00f3n. Tentan crear, por exemplo, imaxe de marca -en realidade, case de terroir- explotando e experimentando con tannat, unha contundente variedade de procedencia pirenaica que se d\u00e1 especialmente ben nas proximidades de Montevideo. <\/p>\n<p>Nos \u00faltimos meses tiven oportunidade de probar, grazas \u00e1 <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/01\/03\/unha-maleta-chea-de-vinos-uruguaios\/\">investigada maleta tra\u00edda por Sole de Am\u00e9rica<\/a>, dous vi\u00f1os coidados, de produci\u00f3ns m\u00ednimas, e que son cada un deles xoias enol\u00f3xicas \u00e1 s\u00faa maneira. O Filgueira Sauvignon Gris 2006, por exemplo, sen d\u00fabida un dos mellores brancos do novo mundo que te\u00f1o probado. A <a href=\"http:\/\/www.bodegafilgueira.com\">Casa Filgueira<\/a> -como vedes polo apelido, fundada por inmigrantes de procedencia b\u00e1vara-, mant\u00e9n un vi\u00f1edo da escas\u00edsima sauvignon gris; en todo o  mundo s\u00f3 parece que hai 50 hect\u00e1reas, e os Filgueira mante\u00f1en un 5% da produci\u00f3n mundial. O vi\u00f1o \u00e9 amplio, xeneroso, complexo en boca e lixeiro ao mesmo tempo. <\/p>\n<p>O outro vi\u00f1o interesante que probei \u00e9 doutra das grandes adegas uruguaias, a Hacienda Juanic\u00f3, da Familia Deicas, elabora o que debe ser un dos primeiros vi\u00f1os con botrite do Novo Mundo. Os vi\u00f1os con podremia noble dan un traballo de coidado. Te\u00f1en que estar en espazos e climas moi determinados, que permiten controlar o proceso polo cal a uva se vai infectando polo fungo, e as uvas rec\u00f3llense unha a unha en diferentes fases, segundo vai avanzando a colonizaci\u00f3n da botrite cirenea. Ese \u00e9 o proceso de elaboraci\u00f3n do vi\u00f1o noble m\u00e1is famoso do mundo, o Sauternes, cultivado ao sur de Burdeos. Apostar por eses vi\u00f1os tan coidados, caros, que obrigan a unha continua supervisi\u00f3n do vi\u00f1edo, parec\u00eda patrimonio dalg\u00fans agricultores europeos. Pero en Uruguai tam\u00e9n comezan a experimentar con isto. Eu probei o <a href=\"http:\/\/www.juanico.com\/los_vinos\/desc_botrytisnoble.asp\">Botrytis Noble 2000,<\/a> e xa promet\u00eda, a\u00ednda que lle falta o corpo, a untuosidade e o posgusto lento e delicado dos Sauternes. Ser\u00e1 interesante saber que pasa en vindeiras colleitas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Establecemento Juanic\u00f3 (Uruguai) Con frecuencia, en Europa adm\u00edtese tanto o futuro brillante dos vi\u00f1os do&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/04\/10\/uruguai-busca-unha-identidade-vinicola-filgueira-sauvignon-gris-e-botrytis-noble-da-haciencia-juanico\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Uruguai busca unha identidade vin\u00edcola: Filgueira Sauvignon Gris e Botrytis Noble da Haciencia Juanic\u00f3<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4353,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-4352","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4352","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4352"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4352\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4353"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4352"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4352"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4352"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}