{"id":4269,"date":"2008-03-26T23:33:50","date_gmt":"2008-03-26T21:33:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/03\/26\/nomades-do-mencia-vinas-e-futuros-na-ribeira-sacra\/"},"modified":"2008-03-27T09:35:40","modified_gmt":"2008-03-27T07:35:40","slug":"nomades-do-mencia-vinas-e-futuros-na-ribeira-sacra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/26\/nomades-do-mencia-vinas-e-futuros-na-ribeira-sacra\/","title":{"rendered":"N\u00f3mades do vi\u00f1o: vi\u00f1as e futuros na Ribeira Sacra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4267\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/carballocovo.jpg\" alt=\"carballocovo.jpg\" \/><\/p>\n<p>Son as nove e media da ma\u00f1\u00e1, a\u00ednda estamos en marzo e aqu\u00ed vai unha calor de coidado, co sol petando cunha intensidade para deixar ata chosco. Estamos no Carballocovo, a media aba do Can\u00f3n do R\u00edo Sil, na estreita e intensa estrada que baixa de Doade ata o embarcadoiro. Esta \u00e9 a zona m\u00e1is quente de vi\u00f1edo na denominaci\u00f3n de orixe, e o Carballocovo a finca principal da <a href=\"http:\/\/www.adegaalgueira.com\/\">Adega Algueira<\/a>, unha das referencias m\u00e1is s\u00f3lidas da rexi\u00f3n. Durante centos de anos, homes cargados con capachos de 45 kilos sub\u00edan estas pendentes do <em>tropecentos<\/em>% para descargar con rapidez a uva nas adegas e volver. Un traballo de escravos. Ou heroico. Marchamos a unha intensa sesi\u00f3n de traballo do <em>Segundo Congreso Internacional sobre viticultura de monta\u00f1a e en forte pendente<\/em>, que organizou a Conseller\u00eda de Medio Rural e o Cervim entre o 13 e o 15 de marzo para co\u00f1ecer a viticultura da zona. O intenso programa comezou co agrad\u00e1bel e melodioso son do espertador \u00e1s seis e media da ma\u00f1\u00e1. <\/p>\n<p>A temperatura que estamos a recibir a esta hora \u00e9 por si soa toda unha tese de doutoramento: explica por que a Ribeira Sacra foi un dos principais territorios hist\u00f3ricos do cultivo do vi\u00f1o no pa\u00eds. Esta calor d\u00e1 ata para documentar mesmo os monumentais mosteiros da \u00e1rea. Os vi\u00f1edos da ladeira norte, a luguesa son unha aut\u00e9ntica antena parab\u00f3lica de captaci\u00f3n de raios de sol. Reciben moitas horas de insolaci\u00f3n e almacenan calor ata o punto de alterar, durante uns centos de metros, a referencia clim\u00e1tica circundante e transportarnos a latitudes m\u00e1is secas ou mesetarias, cheirar os laranxos ou as plantas arom\u00e1ticas mediterr\u00e1neas que medran entre os vi\u00f1edos. Gabear ata estas ladeiras ferventes \u00e9 entrar nunha c\u00e1mara de alteraci\u00f3n clim\u00e1tica. E no ver\u00e1n, contra finais de xullo, supo\u00f1o que ser\u00e1 a comporta do inferno. Unha trampa xeol\u00f3xica para a humidade galaica. E unha beiz\u00f3n para o tinto local: as variedades tintas agradecen a pouca chuvia e a calor.<\/p>\n<p> Esta zona fronteiriza entre Lugo e Ourense viviu durante o s\u00e9culo XX a masacre agr\u00edcola da emigraci\u00f3n. Pouco a pouco os vi\u00f1edos foron desaparecendo. Cando, desde finais dos 80, varios emprendedores comezaron a impulsar o cultivo comercial do vi\u00f1o, foron escollendo as zonas m\u00e1is insoladas e m\u00e1is rend\u00edbeis, como este Carballocovo, e outras voltas do r\u00edo nos que o sol se det\u00e9n algo m\u00e1is de tempo que no resto do mundo. Hoxe, esta paisaxe \u00e9 b\u00edgama. Da ribeira luguesa, est\u00e1n os vi\u00f1edos en socalcos. Da ribeira ourens\u00e1, m\u00e1is h\u00famida, medra o bosque atl\u00e1ntico, espeso, h\u00famido, e con barbas de carrizo. Vese ben na foto de enriba, e na de embaixo. Iso, hoxe, porque antes non era as\u00ed. <\/p>\n<p>O vi\u00f1edo ench\u00eda as d\u00faas ribeiras. Esta paisaxe parec\u00edase moito m\u00e1is, por exemplo, ao Douro portugu\u00e9s. Baixo o bosque atl\u00e1ntico do lado ourens\u00e1n, seguen os antigos socalcos, de cando o vi\u00f1edo da Ribeira Sacra explot\u00e1base intensivamente, a ambas as d\u00faas beiras do r\u00edo. Puros s\u00e9culos XIX e XX. Para quen te\u00f1a vista, \u00e9 algo emocionante. Os socalcos seguen a\u00ed. O bosque trepa entre terrazas agachadas. Agardando. Fix\u00e1devos ben na foto seguinte:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4268\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/carballocovo_2.jpg\" alt=\"carballocovo_2.jpg\" \/><\/p>\n<p>\u00bfChegar\u00e1 a s\u00faa hora? \u00bfVolver\u00e1n cruzar a ponte os viticultores? Creo que si, que volver\u00e1n facelo, pero non polos mesmos motivos polos que estes vi\u00f1edos se plantaron hai un, dous ou tres s\u00e9culos. Hai un ano, cando visitei a Denominaci\u00f3n de Orixe de Monterrei, decateime de que os viticultores eran os primeiros na trincheira do cambio clim\u00e1tico. Un ano despois, este \u00e9 o principal concepto, debate, o principal creador de incerteza. Se queren saber en que influir\u00e1 o cambio clim\u00e1tico na nosa natureza, preg\u00fantenlle a un viticultor informado. <\/p>\n<p>-As prantas viven aqu\u00ed cun enorme stress h\u00eddrico -explica Fernando Gonz\u00e1lez, o viticultor de Algueira. No Carballocovo, a menc\u00eda medra directamente sobre o xisto case como algo miragreiro. Esa pizarra pasa directamente desde a vide ata o vi\u00f1o, e se reco\u00f1ece perfectamente nos vi\u00f1os de Fernando como un aut\u00e9ntico sinal de identidade terreira. &#8220;Cada vez m\u00e1is&#8221;, explica Fernando, &#8220;temos unhas sequ\u00edas m\u00e1is brutais&#8221;. A vide sobrevive no ver\u00e1n gardando o m\u00ednimo resto de humidade. Na adega est\u00e1n buscando xeitos de aliviar algo ese stress fatal: achegan a pranta m\u00e1is \u00e1 terra, para que a auga non deba percorrer tanto cami\u00f1o. Pero Fernando est\u00e1 xa pensando no futuro. Na banda ourens\u00e1. A que hoxe ten bosque atl\u00e1ntico e h\u00famido. O futuro pode estar na emigraci\u00f3n. Pero de vides. Colonizar de novo esa ladeira e resucitar os socalcos centenarios. Buscar o frescor. Os Algueira est\u00e1n xa abrindo o bosque. \u00bfSer\u00e1n os primeiros colonos dun novo movemento na Ribeira Sacra? \u00bfEn que afectar\u00e1 o cambio clim\u00e1tico aos vi\u00f1os de aqu\u00ed? <\/p>\n<p>Se Algueira \u00e9 a expresi\u00f3n do terroir, do vi\u00f1o de pago, dunha produci\u00f3n moi limitada que sae ao mercado por non menos de dez euros botella, a Reitoral de Amandi \u00e9 a m\u00e1xima expresi\u00f3n local do vi\u00f1o popular. Non sei canto se parece o vi\u00f1o da Reitoral aos m\u00edticos Amandi aos que cataron os petrucios da Xeraci\u00f3n N\u00f3s, pero Amandi coloca no mercado un concepto e un sabor de vi\u00f1o por menos de cinco euros. O vi\u00f1o da Reitoral responde \u00e1 idea popular do  menc\u00eda galego, asociado no pa\u00eds a xolda, polbo, churrasco e banquete colectivo: moi importante, iso \u00e9 un patrimonio cultural para unha marca de primeira orde. Coma co clima, o propio recinto da adega \u00e9 unha expresi\u00f3n da evoluci\u00f3n hist\u00f3rica da denominaci\u00f3n de orixe nos \u00faltimos vinte anos. Do pequeno almac\u00e9n inicial, ubicado ao car\u00f3n do edificio da reitoral, foron medrando engadido tras engadido ata o enorme espacio actual. No exterior, Amandi cae espectacularmente contra o r\u00edo. <\/p>\n<p>Pola tarde acheg\u00e1monos ata a Adega Algueira a mercar algunhas botellas e a curiosear. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/05\/29\/os-meticulosos-dedos-de-fernando-algueira\/\">Pasar por Doade \u00e9 sempre unha caixa de sorpresas<\/a>, porque Fernando anda sempre a fedellar en novos conceptos, novas variedades e <em>coupages<\/em>. Probamos o Brand\u00e1n, que \u00e9 un branco impresionante ao que lle dedicarei un post por si s\u00f3, o novo Algueira Barrica branco, con grandes toques afumados e unha longa persistencia en boca. O que m\u00e1is me sorprende, con todo, son as probas. O Fernando est\u00e1 ensaiando en pequeno o que ser\u00e1 a prantaci\u00f3n da nova <em>colonia<\/em> do sur, enfronte de Carballocovo. Variedades aut\u00f3ctonas para as que non atopa toda a documentaci\u00f3n que precisa. Probamos un merenzao, \u00a1merenzao s\u00f3! \u00c9 unha variedade que sempre se agregou aos vi\u00f1os para darlles matices. Fernando s\u00e1calle polo de agora, unha sorprendentemente intensa estrutura t\u00e1nica e unha gran nariz. E, sobre todo, un vi\u00f1o diferenciado. <\/p>\n<p>A clave da Ribeira Sacra consistir\u00e1, te\u00f1o a impresi\u00f3n, en conseguir chegar a isto. A imbricar vi\u00f1o e variedades ata o punto de facer unha marca \u00fanica. E de combinar ese vi\u00f1o popular -o Amandi-, co terreo da exploraci\u00f3n de pequenos n\u00f3mades do vi\u00f1o, como Fernando ou outros viticultores, extraendo todo o que d\u00e1 de si a beiz\u00f3n do r\u00edo, buscando as zonas m\u00e1is axeitadas de xeito din\u00e1mico, prevendo, investigando, sabendo comunicalo e vivindo con paix\u00f3n. Estas ladeiras son un bo motivo para apaixoarse co vi\u00f1o, desde logo.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Son as nove e media da ma\u00f1\u00e1, a\u00ednda estamos en marzo e aqu\u00ed vai unha&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/26\/nomades-do-mencia-vinas-e-futuros-na-ribeira-sacra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">N\u00f3mades do vi\u00f1o: vi\u00f1as e futuros na Ribeira Sacra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4267,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-4269","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4269\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4267"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}