{"id":4192,"date":"2008-03-10T00:48:55","date_gmt":"2008-03-09T22:48:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/03\/10\/cabezons-na-casa-das-tias-casildas\/"},"modified":"2008-03-10T00:54:34","modified_gmt":"2008-03-09T22:54:34","slug":"cabezons-na-casa-das-tias-casildas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/10\/cabezons-na-casa-das-tias-casildas\/","title":{"rendered":"Cabez\u00f3ns na casa das t\u00edas Casildas"},"content":{"rendered":"<p>A muller miraba unhas leitugas no seu agro. <\/p>\n<p>-\u00a1Se\u00f1ora! -berreille-, \u00bfco\u00f1ece a casa das t\u00edas Casildas?<\/p>\n<p>A muller riuse cunha gargallada estent\u00f3rea, case b\u00edblica. <\/p>\n<p>-\u00a1Mi madri\u00f1a! -dixo ela-, \u00a1mira que hab\u00eda anos que non o\u00eda falar das t\u00edas Casildas! \u00c9 a casa que tes ao teu car\u00f3n, rapaz. <\/p>\n<p>Uns cans bouraban e ro\u00edan a porta dunha vella casa labrega en estado semirruinoso. As t\u00edas Casildas morreran hai corenta ou cincuenta anos, pero a muller ofreceuse a levarnos ata a casa do seu sobri\u00f1o: el a\u00ednda ti\u00f1a as chaves. Mentres andabamos polas estreitas e solitarias ruelas de Sanxiago, na parroquia da Fontefr\u00eda do concello de Amoeiro, a muller contounos unha historia. <\/p>\n<p>-Unha das t\u00edas morreu cando eu era unha nena. De aquela os invernos non eran como os de agora, e non hab\u00eda estradas para sa\u00edr de SanXiago. Cando en decembro comezaba a chover e non paraba, os cami\u00f1os non hab\u00eda quen os andara. As\u00ed que os homes da aldea, para sacaren o cadaleito da t\u00eda Casilda, tiveron que ir por unha estreita corredoira, parando cada dous ou tres pasos, por medo a non esvararen pola lama. Naqueles anos, a xente a\u00ednda se soterraba na terra, as\u00ed que pola ma\u00f1anci\u00f1a cavaron a cova para a t\u00eda. Con aquelas chuvias de toda a ma\u00f1\u00e1, ao chegaren \u00e1 igrexa da Fontefr\u00eda coa morta, descubriron que a cova estaba chea de auga, e segu\u00eda a chover. Botaron o cadaleito dentro da cova, \u00a1e non vai o cadaleito e comeza a flotar! Por m\u00e1is que o empurraban, o cadaleito non se daba afundido. As\u00ed que tiveron que afogar \u00e1 t\u00eda despois de morta. <\/p>\n<p>Manuel B\u00f3veda, o sobri\u00f1o das t\u00edas, era un vello serio, que miraba a televisi\u00f3n no primeiro piso. Un gato fac\u00eda acrobacias pola fachada. O se\u00f1or B\u00f3veda colleu as chaves am\u00e1belmente e volvimos \u00e1 casa das t\u00edas. <\/p>\n<p>-Xa vi\u00f1eron uns de Santiago a facerlles fotos aos <em>cabez\u00f3ns<\/em> hai uns anos -dixo. <\/p>\n<p>Abr\u00edu a porta, os cans saltaron en par\u00e1bola sobre o vello, e ao entrarmos, vimos isto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4193\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxiago_11.jpg\" alt=\"sanxiago_11.jpg\" \/><\/p>\n<p>Ao fondo da ru\u00edna, onde estaba o pozo, e \u00e1 s\u00faa dereita, observamos unhas caras de pedra que aparec\u00edan en piares. Eran os <em>cabez\u00f3ns<\/em>. Un motivo recorrente na Europa c\u00e9ltica, sempre ubicados en piares e dinteis. Os devanceiros das t\u00edas reaproveitaran os cabez\u00f3ns no interior da casa, e eran como espectros silandeiros, como deuses lares misteriosos e calados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4194\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxiago_2.jpg\" alt=\"sanxiago_2.jpg\" \/><\/p>\n<p>-\u00bfDe onde vi\u00f1eron? -pregunt\u00e1moslle a Manuel. <\/p>\n<p>Encolleuse de ombreiros. <\/p>\n<p>-Sempre estiveron aqu\u00ed. Un deles, fac\u00eda de brocado do pozo. <\/p>\n<p>Manuel B\u00f3veda amosounos o terceiro cabez\u00f3n, na casa pr\u00f3xima do seu fillo, dunha factura distinta. Outra figura m\u00e1is, cun pote-maceteiro decorativo por riba. Non sei se son de orixe castrexa, ou foron labrados nese limbo cultural que inspira aos nosos canteiros populares ao longo dos s\u00e9culos ata hoxe en d\u00eda. Pero ver esa figuras arcaicas anima a pensar cantas outras estar\u00e1n nas casas do noso rural, cantos tesouros do noso pasado, se cadra alg\u00fans reveladores, a\u00ednda sen co\u00f1ecer. Se cadra esta sexa a segunda ru\u00edna na que te\u00f1an habitado estas caras; alg\u00fan labrego novo debeunas rescatar hai dous ou tres s\u00e9culos dalgures para decorar a s\u00faa casa, tra\u00e9ndoas para a aldea nun carro renxedor. A casa das t\u00edas vaise hoxe tam\u00e9n ela \u00e1 ru\u00edna: estes esp\u00edritos da pedra volver\u00e1n a durmir, sepultados, ata que chegue un novo labrego co seu carro dentro dun s\u00e9culo e as volva espertar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A muller miraba unhas leitugas no seu agro. -\u00a1Se\u00f1ora! -berreille-, \u00bfco\u00f1ece a casa das t\u00edas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/10\/cabezons-na-casa-das-tias-casildas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cabez\u00f3ns na casa das t\u00edas Casildas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4193,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-4192","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4192","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4192"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4192\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4193"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4192"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4192"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4192"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}