{"id":4177,"date":"2008-03-07T20:46:17","date_gmt":"2008-03-07T18:46:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/03\/07\/na-patagonia-de-bruce-chatwin-cando-os-libros-tamen-vagan\/"},"modified":"2008-03-07T21:02:04","modified_gmt":"2008-03-07T19:02:04","slug":"na-patagonia-de-bruce-chatwin-cando-os-libros-tamen-vagan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/07\/na-patagonia-de-bruce-chatwin-cando-os-libros-tamen-vagan\/","title":{"rendered":"Na Patagonia, de Bruce Chatwin: cando os libros tam\u00e9n vagan"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4176\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/patagonia.jpg\" alt=\"patagonia.jpg\" \/><\/p>\n<p>Hai anos -cito de memoria unha d\u00e9cada atr\u00e1s-, lembro ler un texto de Otero Pedrayo no que falaba dos programas de lectura persoal. Don Ram\u00f3n explicaba que nun tempo da s\u00faa vida -esas angueiras sempre ocorren cando es universitario, \u00a1bendito tempo libre!- lera de xeito sistematizado importantes movementos literarios. Por exemplo, empezabas en maio co romantismo franc\u00e9s en Rousseau e abrindo o primeiro tomo de Chateaubriand e a finais de agosto, na galer\u00eda do Pazo de Trasalba, ao ser\u00e1n, pechabas a \u00faltima p\u00e1xina de <em>A nosa se\u00f1ora de Par\u00eds<\/em>, de V\u00edctor Hugo, deixando tras de ti un ronsel de cad\u00e1veres literarios. As\u00ed estabas listo para enfiar, en setembro, co inicio do curso, a exploraci\u00f3n dos principais autores do naturalismo franc\u00e9s ou do realismo ruso. Tremendo home, non dubido de que o fixera as\u00ed. O certo \u00e9 que nunca ser\u00eda quen de emular esa disciplina oteriana nas mi\u00f1as lecturas de lecer, e de feito, te\u00f1o ata certa renuencia a ler d\u00faas obras do mesmo autor seguidas, na confianza de deixarme levar polo caos da lectura repousada. Ata dar con Bruce Chatwin. Faleiche del hai pouco, no seu magn\u00edfico libro <em>Os trazos da canci\u00f3n<\/em>. A estra\u00f1a e brillante personalidade viaxeira de Chatwin, a an\u00e1rquica redacci\u00f3n de <em>Os trazos da canci\u00f3n<\/em> f\u00edxome pensar se o libro era parte do seu estilo, ou o seu aparente zigzag, o non prop\u00f3sito, respond\u00eda a algunha cuesti\u00f3n coxuntural, en plan cansei de escribir \u00e1 metade do volume. <\/p>\n<p>O certo \u00e9 que agora rematei <em>Na Patagonia<\/em> e acabei fascinado. Nestoutro libro, o primeiro que publicou, Chatwin viaxa \u00e1 estrema austral de Am\u00e9rica cun motivo absurdo: saber algo m\u00e1is da horrenda pel de milodonte que ti\u00f1an uns familiares seus na casa. Pero a narraci\u00f3n s\u00f3 recupera o milodonte cara o final. No medio, estamos falando de historias de colonos europeos nesta zona estrema, de bandidos norteamericanos fuxidos do Oeste, de relatos in\u00e9ditos de mari\u00f1eiros que enf\u00edan o Cabo de Hornos, de ind\u00edxenas (sempre vistos desde unha estra\u00f1a distancia) extinguidos polas epidemias tra\u00eddas polo home branco. Chatwin volve a non ter un aparente destino no libro, a ser puro erratismo. E ese \u00e9 o seu destino. O errar. Non creo que sexa un libro que lle guste a quen espere que o final te\u00f1a conclusi\u00f3n ou moralexa, ou un peche que recolla e dea sentido \u00e1s m\u00faltiples direcci\u00f3ns que tomou o texto interior. Ao escritor ingl\u00e9s deb\u00edanlle resultar cansados os finais, porque \u00e9 como se a ponte se cortara a metade do cami\u00f1o. A min, persoalmente, enc\u00e1ntame estes libros que son como pegadas na beirarr\u00faa, que est\u00e1n no medio por vocaci\u00f3n, e que son, basicamente, unha porta cara outro lugar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai anos -cito de memoria unha d\u00e9cada atr\u00e1s-, lembro ler un texto de Otero Pedrayo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/07\/na-patagonia-de-bruce-chatwin-cando-os-libros-tamen-vagan\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Na Patagonia, de Bruce Chatwin: cando os libros tam\u00e9n vagan<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4176,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12,8],"tags":[],"class_list":["post-4177","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4177","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4177"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4177\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4176"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4177"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4177"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4177"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}