{"id":4159,"date":"2008-03-02T22:30:56","date_gmt":"2008-03-02T20:30:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/03\/02\/astronomos-e-reis-no-chan-da-ferradura-de-amoeiro\/"},"modified":"2008-03-02T22:43:32","modified_gmt":"2008-03-02T20:43:32","slug":"astronomos-e-reis-no-chan-da-ferradura-de-amoeiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/02\/astronomos-e-reis-no-chan-da-ferradura-de-amoeiro\/","title":{"rendered":"Astr\u00f3nomos e reis no Chan da Ferradura de Amoeiro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4156\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ferradura_1.jpg\" alt=\"ferradura_1.jpg\" \/><\/p>\n<p>Na parroquia de Trasalba -si, a do pazo de Don Ram\u00f3n, no concello de Amoeiro- at\u00f3pase, mergullado nun inmenso mar de xestas, un interesante escenario da nosa prehistoria. Un escenario, coma sempre, inconcluso, aberto a m\u00faltiples hip\u00f3teses, con interrogantes de todo tipo. Moitos seguramente o\u00edstes falar do petr\u00f3glifo astron\u00f3mico do Chan da Ferradura, en Amoeiro, xa que apareceu en La Voz de Galicia referenciado en d\u00faas ocasi\u00f3ns. A orixe da hip\u00f3tese est\u00e1 <a href=\"http:\/\/www.ucm.es\/BUCM\/revistas\/ghi\/11316993\/articulos\/CMPL0404110051A.PDF\">neste traballo<\/a> (pdf) dos profesores da USC Garc\u00eda Quintela e Santos Est\u00e9vez. <\/p>\n<p>A interpretaci\u00f3n c\u00e9ntrase en que, nun abrigo chamado O Raposo, ubicado no Chan da Ferradura do concello de Amoeiro, algu\u00e9n rachou e desprazou unha pedra no interior dun min\u00fasculo abrigo rochoso, para ali\u00f1ala coa sa\u00edda do sol no d\u00eda exacto do solsticio de inverno. Segundo Garc\u00eda Quintela e Santos Est\u00e9vez, ese petr\u00f3glifo poder\u00eda representar exactamente a paisaxe que se ve enfronte: o Monte de San Trocado -de gran riqueza folcl\u00f3rica local- e mesmo unhas voltas do r\u00edo Mi\u00f1o. Ao mesmo tempo, a sombra do mencer provoca unha sorprendente sombra que apunta ao veci\u00f1o Coto do Castro imitando a mesma forma. Fran, un lector de Cap\u00edtulo 0, estivo al\u00ed o d\u00eda do solsticio de inverno do ano pasado (21\/12\/2007) e envioume unha ligaz\u00f3n (<em>\u00a1grazas!<\/em>) \u00e1 s\u00faa <a href=\"http:\/\/picasaweb.google.es\/picosacro\/AFerradura\">estupenda galer\u00eda fotogr\u00e1fica<\/a> na que se pode apreciar o que al\u00ed acontece:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4157\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/solsticio_1.jpg\" alt=\"solsticio_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>A luz entra pola fenda do abrigo e alumea o petr\u00f3glifo. Foto: Fran<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4158\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/solsticio_2.jpg\" alt=\"solsticio_2.jpg\" \/><br \/>\n<em>A sombra do abrigo, ese d\u00eda, apunta exactamente cara o Coto do Castro. Foto: Fran<\/em><\/p>\n<p>N\u00f3s estivemos al\u00ed onte visitando o lugar. Ao longo dese Chan da Ferradura, aparecen sortes de penedos cheos de cazoletas, por todas partes. Ao chegarmos ao Abrigo do Raposo, resulta sorprendente a proximidade entre a forma debuxada no petr\u00f3glifo e a paisaxe de enfronte, co monte e o r\u00edo. A Ferradura poder\u00eda ser algo as\u00ed coma o noso Stonehenge, o noso espazo astron\u00f3mico prehist\u00f3rico, pero tan s\u00f3 un pouco. Porque non hai nada no Raposo que resulte monumental, nin espectacular a nivel visual e iso \u00e9 o que m\u00e1is me fascina. A natureza tan s\u00f3 foi alterada de xeito m\u00ednimo para que todo se produza de xeito habitual, e o que puidera ser unha secuencia de fen\u00f3menos naturales (a luz entrando por unha fenda un d\u00eda determinado, a sombra do abrigo apuntando ao castro), cobra un enigm\u00e1tico sentido cultural tras a acci\u00f3n de gravar un petroglifo, rachar a pedra e desprazala uns cent\u00edmetros no interior dun abrigo. No veci\u00f1o Castro da Zarra, por certo, outros investigadores atoparon un petr\u00f3glifo moi parecido, tam\u00e9n dentro dun abrigo, as\u00ed que a cousa v\u00f3lvese m\u00e1is sorprendente. <\/p>\n<p>O Chan da Ferradura v\u00e9n a ser unha especie de tesouro arqueol\u00f3xico ao que o tempo est\u00e1 a devorar: cabos de alta tensi\u00f3n, a li\u00f1a do gas natural, as xestas que inundan os vellos cami\u00f1os e fincas. Pr\u00f3ximo ao abrigo, cami\u00f1as ata unha laxe na que est\u00e1n gravadas ducias de pegadas, o que se chaman podomorfos. Os podomorfos, combinados con serpes e cazoletas, forman un enigm\u00e1tico espazo. A investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica que se levou a cabo no 2006 revelou aspectos importantes sobre este petr\u00f3glifo, como a existencia dun pequeno enlousado ou que en moitas fendas da pedra, e nun rebaixe artificial que se fixera nela, algu\u00e9n f\u00f3ra incrustando anaqui\u00f1os de cuarzo. Segundo Garc\u00eda Quintela, este tipo de pedras con p\u00e9s son habituais nos centros de soberan\u00eda no mundo celta: o rei tomaba posesi\u00f3n\/contacto\/casamento coa terra en rituais que simbolizaban a alianza entre homes e terra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4160\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/podomorfos.jpg\" alt=\"podomorfos.jpg\" \/><br \/>\n<em>Os podomorfos da Ferradura. <\/em><\/p>\n<p>Este lugar, Trasalba, en Amoeiro, o occidente da provincia de Ourense acaba por ser unha cebola que pouco a pouco se vai destapando. Xusto cando acabamos de volver deste discreto Stonehenge, lemos un <a href=\"http:\/\/estudiosgallegos.revistas.csic.es\/index.php\/estudiosgallegos\/article\/view\/4\/14\">fascinante artigo no Cuaderno de Estudios Gallegos<\/a> (pdf) que nos vai ter que facer volver en breve. <\/p>\n<p>Como nas alcald\u00edas do rural galego \u00e9 de mal gusto po\u00f1er sinalizaci\u00f3ns, localizar os dous petr\u00f3glifos no Chan non \u00e9 nada doado. No interior do post publiquei un mapa para quen queira visitalos. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"500\" height=\"350\" frameborder=\"0\" scrolling=\"no\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" src=\"http:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;s=AARTsJoaq5Iyl-lEtNK8HXIA9PJIvujH2w&amp;msa=0&amp;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&amp;ll=42.376776,-7.980108&amp;spn=0.005548,0.010729&amp;t=h&amp;z=16&amp;output=embed\"><\/iframe><br \/><small><a href=\"http:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=es&amp;msa=0&amp;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&amp;ll=42.376776,-7.980108&amp;spn=0.005548,0.010729&amp;t=h&amp;z=16&amp;source=embed\" style=\"color:#0000FF;text-align:left\">Ver mapa m\u00e1is grande<\/a><\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na parroquia de Trasalba -si, a do pazo de Don Ram\u00f3n, no concello de Amoeiro-<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/02\/astronomos-e-reis-no-chan-da-ferradura-de-amoeiro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Astr\u00f3nomos e reis no Chan da Ferradura de Amoeiro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4156,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-4159","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4159","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4159"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4159\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4156"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4159"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4159"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4159"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}