{"id":4150,"date":"2008-03-04T21:38:00","date_gmt":"2008-03-04T19:38:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/03\/04\/restaurante-acio-boas-vibracions-para-comezar-a-aventura\/"},"modified":"2008-03-05T01:00:36","modified_gmt":"2008-03-04T23:00:36","slug":"restaurante-acio-boas-vibracions-para-comezar-a-aventura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/04\/restaurante-acio-boas-vibracions-para-comezar-a-aventura\/","title":{"rendered":"Restaurante Acio: boas vibraci\u00f3ns para comezar a aventura"},"content":{"rendered":"<p>O Restaurante Acio (Galeras, 28, 981577003, Santiago de Compostela) abriu hai un mes onde antes estaba o Meia Pataca, e xa vai configurando o que comeza a ser un interesante polo gastron\u00f3mico compostelano, arredor de Casa Marcelo, na r\u00faa Hortas, El Mercadito, tam\u00e9n en Galeras, e este novo proxecto, con a penas un mes de vida de Yago Castrill\u00f3n e a s\u00faa compa\u00f1eira Eva (non sei o apelido). Yago \u00e9 o coci\u00f1eiro e Eva \u00e9 a sumiller, e os dous son moi novi\u00f1os. Este equipo acaba de empezar, e debeu entrar practicamente cunha man diante e outra detr\u00e1s no antigo Meia: o local a\u00ednda conserva toda a s\u00faa decoraci\u00f3n pseudoenxebre (horrendas parras de pl\u00e1stico inclu\u00eddas), pero xa se comezan a apreciar signos de cambio, no discreto toque \u00edntimo das sete mesas do comedor aberto, nas veli\u00f1as e, obviamente, na carta, tanto a de xantar como a de vi\u00f1os. No caso desta \u00faltima, que algo cambiou xa se distingue a primeira vista: \u00e9 a proposta de Eva. A\u00ednda est\u00e1n solucionando problemas de stock, pero \u00e9 unha carta moi nova, moi diferente \u00e1 doutros fog\u00f3ns compostelanos. Nela xa se atopa a personalidade da sumiller: vi\u00f1os m\u00e1is co\u00f1ecidos xunto con curiosidades, rarezas e a presenza de denominaci\u00f3ns que un s\u00f3 pensaba que exist\u00edan nas revistas especializadas. A sumiller comentounos que a\u00ednda est\u00e1n nos inicios do que queren facer, pero debuxa moi ben. <\/p>\n<p>A carta de xantar \u00e9 moi, moi pequena. Dous entrantes, dous ou tres peixes, d\u00faas ou tres carnes e un par de postres. Se cadra, a\u00ednda queiran traballar con produtos do d\u00eda e cun stock asumible que non lles faga entrar en demasiados gastos, pero v\u00e9selle ben por onde queren tirar. Coci\u00f1a de mercado, de li\u00f1a actual. Tras un entrante da casa de carpaccio de polbo (braseado), comezamos cun excelente micuit de pato -do mellor da noite- , e seguimos cun polo con casta\u00f1as e un a\u00f1o ben resolto. En xeral, coci\u00f1a correcta a\u00ednda que con l\u00f3xicos puntos desacompasados (l\u00f3xicos porque o local est\u00e1 a comezar), coma o exceso de sal en todos os pratos, ou ese men\u00fa tan escaso que dificulta a elecci\u00f3n a alg\u00fans clientes. De postre, un <em>coulant<\/em> para compartir, non moi ben resolto, e que non parece a mellor oferta tendo en conta que a poucos metros, en El Mercadito, se fai o mellor deste tipo en Santiago. Cun <a href=\"http:\/\/www.martue.com\/\">Mart\u00fae<\/a>, a cousa sae en 72 euros por d\u00faas persoas: se cadra un prezo un chisco alto para o que polo de agora se ofrece no Acio. <\/p>\n<p>En xeral, o Acio deume boas vibraci\u00f3ns: creo nos proxectos da xente que comeza desde cero, se lia a manta \u00e1 cabeza, se mete tras unha barra ou un fog\u00f3n, e a currar. Con todo, ou precisamente por iso, gustar\u00edame que as cartas tiveran algo m\u00e1is de risco, que me demostrasen que \u00e9 pos\u00edbel levar a valent\u00eda \u00e1 mesa, superar certa carta case <em>de escola<\/em>,  e me ofrezan unha boa relaci\u00f3n calidade-prezo. Estou convencido que de que lles ir\u00e1 ben a estes rapaces que inician unha aventura gastron\u00f3mica en Compostela: qu\u00e9dalles traballo, pero ao v\u00e9rmonos a preocupaci\u00f3n de Yago Castrill\u00f3n por saber como se recib\u00edan os seus platos, soubemos que a evoluci\u00f3n ser\u00e1 moi positiva. Sorte! <\/p>\n<p><em>Grazas, Lorena!<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Restaurante Acio (Galeras, 28, 981577003, Santiago de Compostela) abriu hai un mes onde antes&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/03\/04\/restaurante-acio-boas-vibracions-para-comezar-a-aventura\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Restaurante Acio: boas vibraci\u00f3ns para comezar a aventura<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-4150","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4150","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4150"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4150\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4150"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4150"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4150"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}