{"id":4126,"date":"2008-02-24T21:49:52","date_gmt":"2008-02-24T19:49:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/02\/24\/o-acubillo-dun-guerreiro-no-castro-de-punta-ostreira\/"},"modified":"2008-03-02T01:31:41","modified_gmt":"2008-03-01T23:31:41","slug":"o-acubillo-dun-guerreiro-no-castro-de-punta-ostreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/24\/o-acubillo-dun-guerreiro-no-castro-de-punta-ostreira\/","title":{"rendered":"O acubillo dun guerreiro no castro de Punta Ostreira"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4127\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/croa_ostreira.jpg\" alt=\"croa_ostreira.jpg\" \/><br \/>\n<em>A Pobra do Carami\u00f1al desde o castro de Punta Ostreira<\/em><\/p>\n<p>O primeiro castro que procurei na mi\u00f1a vida foi o de Punta Ostreira. Pola s\u00faa ficha comezara a ler o libro manancial <em>Prehistoria e Arqueolox\u00eda do Barbanza<\/em>, de Xerardo Agrafoxo, meus pais me mercaran cando ti\u00f1a 12 anos e<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2005\/11\/06\/o-castelo-de-san-mamede\/\">do que xa falei por aqu\u00ed<\/a>. O castro de Punta Ostreira contaba con todos os engados pos\u00edbeis para un neno: estaba dentro da finca das antigas ru\u00ednas dun mosteiro, nunha zona illada, con bosques impenetr\u00e1beis, mar, cons, solitarias calas onde medraban os mexil\u00f3ns, gordos coma pu\u00f1os, ducias de covas naturais, misteriosos acantilados con muros que se adentraban na r\u00eda, as historias das baleas brancas varadas na Punta Ladi\u00f1a, a m\u00e1is \u00edntima praia da banda norte do Mar de Arousa. Punta Ostreira era o lugar m\u00e1is salvaxe ao que pod\u00eda aspirar un rapaz da Pobra do Carami\u00f1al. Al\u00ed fumos por primeira vez, na busca do castro. Obviamente, pasamos por riba del -de aquela unha xungla-, pero non o atopamos, malia estar no seu interior. A\u00ednda non <em>sabiamos ver<\/em>. Logo xa o comprendiamos. Os eucaliptos, ao derrubarse, arrastraban pasados en forma de cer\u00e1mica monte abaixo. Aquel antigo asentamento, sobre un mar azul claro e intenso, no que se reflect\u00eda a serra do Barbanza, foi e segue a ser un territorio de quimeras. <\/p>\n<p>O castro estaba escondido na xungla ata que chegou a especulaci\u00f3n inmobiliaria, por suposto. O dono realizou todo tipo de tropel\u00edas: excavadoras, aplanamentos, e no ano 2.002, os tribunais emitiron unha sentencia hist\u00f3rica pola que condenaba ao propietario \u00e1 restituci\u00f3n do xacemento ao seu estado orixinal. Criamos que, con todo, xa nada deb\u00eda quedar daquel lugar tan expoliado ao longo dos s\u00e9culos. Pero, durante o II Encontro Arqueol\u00f3xico do Barbanza, Juan J. Alonso Bra\u00f1a, o arque\u00f3logo encargado de levar a cabo o informe sobre os danos e as posibles reparaci\u00f3ns no asentamento, desvelou unha verdade ben distinta. O castro, miragreiramente, a\u00ednda conservaba en bo estado a capa habitacional, a\u00ednda que durante a breve prospecci\u00f3n o arque\u00f3logo s\u00f3 puido realizar unhas catas lonxitudinais destinadas a tentar determinar que hab\u00eda a\u00ed abaixo. Bra\u00f1a sinalouna coma do castrexo cl\u00e1sico, antes da romanizaci\u00f3n. M\u00e1is al\u00e1, ao car\u00f3n dun gran promontorio sobre o que est\u00e1 unha capela do s\u00e9culo XVII, totalmente feita polvo, Bra\u00f1a atopou alg\u00fans signos de romanizaci\u00f3n, pero non se pod\u00eda determinar con facilidade o que era -lembremos que ao p\u00e9 do castro, no ver\u00e1n, o director do Museo das Peregrinaci\u00f3ns atopou por casualidade un altar romano que empregaban os mari\u00f1eiros para amarrar as dornas-.<\/p>\n<p>Pero de s\u00fapeto, Bra\u00f1a amosou unha fotograf\u00eda moi confusa, na que se v\u00edan pedras e algo que el chamou <em>folla<\/em>. E comezou a falar do pouco tempo que ti\u00f1an para extraer esa folla. De que a penas ti\u00f1an operarios, de que os prazos v\u00ed\u00f1anse enriba&#8230;e segu\u00eda, e segu\u00eda. Comeceime a intrigar. Pregunteille a un rapaz arque\u00f3logo do meu car\u00f3n. <\/p>\n<p>-\u00bfPero de que fala?<br \/>\n-Nin idea. <\/p>\n<p>Ao cabo, Bra\u00f1a xuntou as palabras necesarias: era un acubillo de armas castrexas. E na pantalla comezamos a ver unha pequena armer\u00eda, agachada por algu\u00e9n baixo unha das casas do poboado. Tres lanzas, un machado guerreiro, e un coitelo afalcatado, ao estilo das famosas facas ib\u00e9ricas. E foi como se, de s\u00fapeto, se transformaran os manuais da Historia galega. Porque durante moito tempo, moitos arque\u00f3logos deste pa\u00eds -e eu a\u00ednda o tiven que estudar-, defenderon que os castros s\u00f3 ti\u00f1an murallas con funci\u00f3ns simb\u00f3licas, e nunca ou case nunca se atoparan armas no seu interior con anterioridade \u00e1 invasi\u00f3n romana. Tal teor\u00eda era basicamente unha agresi\u00f3n ao sentido com\u00fan, pero resulta fascinante como esas agresi\u00f3ns poden chegar a ter creto no discurso cient\u00edfico. E, de s\u00fapeto, todo cambiaba diante nosa. <\/p>\n<p>Porque algu\u00e9n agachara baixo as casas do castro unha armer\u00eda, e esa armer\u00eda, a\u00ednda en estudo, amosaba tam\u00e9n, por primeira vez, armas similares \u00e1s da Celtiberia, onde estaba ben documentada unha clase guerreira. Bra\u00f1a seguiu pasando diapositivas, expresando a necesidade de que ese castro se excave e se po\u00f1a en valor como fonte de riqueza para a Pobra do Carami\u00f1al. Pero eu quedeime naquel fascinante achado. Ducias de veces, esa pequena proba da Historia galega estivera baixo os meus p\u00e9s na mi\u00f1a adolescencia. Unha delas, por exemplo, cun amigo historiador, estabamos sentados sobre o parapeto, nas ru\u00ednas da capela, mirando a croa do castro, e discutiramos sobre a guerra no mundo castrexo. Non sabiamos que a resposta \u00e1s nosas d\u00fabidas estaba, exactamente, a cincuenta cent\u00edmetros dos nosos zapatos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Pobra do Carami\u00f1al desde o castro de Punta Ostreira O primeiro castro que procurei&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/24\/o-acubillo-dun-guerreiro-no-castro-de-punta-ostreira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O acubillo dun guerreiro no castro de Punta Ostreira<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4128,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-4126","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4126","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4126"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4126\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4128"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4126"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4126"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4126"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}