{"id":4124,"date":"2008-02-24T20:24:20","date_gmt":"2008-02-24T18:24:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/02\/24\/cidades-e-tumbas-baixo-a-area-do-barbanza\/"},"modified":"2008-02-24T21:52:17","modified_gmt":"2008-02-24T19:52:17","slug":"cidades-e-tumbas-baixo-a-area-do-barbanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/24\/cidades-e-tumbas-baixo-a-area-do-barbanza\/","title":{"rendered":"Cidades e tumbas baixo a area do Barbanza"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4122\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiro.jpg\" alt=\"guidoiro.jpg\" \/><br \/>\n<em>O Guidoiro Areoso.Foto: Google Earth<\/em><\/p>\n<p>A area ten un engado especial para a Historia rom\u00e1ntica e a narrativa fant\u00e1stica. Fainos imaxinar reinos desaparecidos hai miles de anos, templos fara\u00f3nicos, cidades de mercaderes ocultas en excelente estado de conservaci\u00f3n, que os sim\u00fans, os cicl\u00f3ns, destapan excepcionalmente por un d\u00eda; s\u00f3 os privilexiados, os aventureiros que atravesan o deserto na busca dos misterios da Arqueolox\u00eda, pode acadar a ver esas cidades ex\u00f3ticas ata que volven ser sepultadas no deserto. <\/p>\n<p>No Barbanza non temos desertos, pero de area abof\u00e9 que non andamos escasos. As nosas dunas tam\u00e9n agachan interesantes misterios arqueol\u00f3xicos.<\/p>\n<p>Pasamos a ma\u00f1\u00e1 do s\u00e1bado nos <em><a href=\"http:\/\/eniac-informatica.com\/xornalcerto\/index.php?page=boiro\">II Encontros de Arqueolox\u00eda do Barbanza<\/a><\/em> que se celebraron, ao igual que o ano pasado, no Centro de Interpretaci\u00f3n dos castros de Neix\u00f3n. O programa matinal foi ben interesante. En primeiro lugar, Jos\u00e9 Manuel Rey rememorou unha m\u00edtica excavaci\u00f3n dos 80 levada a cabo no illote de Guidoiro Areoso, no medio da R\u00eda de Arousa. Como ves na foto, o Guidoiro Areoso \u00e9 unha illa case paradis\u00edaca, que combina unha \u00e1rea dunar e outra formada por grandes cons. Nese illote hab\u00eda un aut\u00e9ntico cemiterio megal\u00edtico. Os arque\u00f3logos excavaran unha pequena anta totalmente expoliada que est\u00e1 no cumio, e despois, &#8220;por pura fortuna&#8221;, atoparon un incr\u00edbel monumento circular soterrado baixo tres metros de area, constru\u00eddo a finais do megalitismo e empregado ata o principio da Idade do Bronce.  Ao car\u00f3n do monumento, os arque\u00f3logos atoparan ata 80 olas cer\u00e1micas de gran calidade, algunhas delas campaniformes, e algunhas pezas met\u00e1licas, xunto con \u00f3sos de b\u00f3vidos, c\u00e1pridos, su\u00eddos e mesmo dunha foca monxe. &#8220;A\u00ednda te\u00f1o pesadelos&#8221;, dixo Rey, &#8220;cunha pequena estrutura do car\u00f3n que poder\u00eda ser un enterramento secundario&#8221;. \u00c9 a frustraci\u00f3n das campa\u00f1as arqueol\u00f3xicas, cando quedas a piques de descubrir algo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4123\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/porto_baixo.jpg\" alt=\"porto_baixo.jpg\" \/><br \/>\n<em>O Castro de Porto Baixo. Foto: Concello de Ribeira<\/em><\/p>\n<p>Tam\u00e9n chamativa foi a presentaci\u00f3n de Miguel \u00c1ngel Vidal Lojo sobre o Castro de Porto Baixo, dentro do Parque Natural de Corrubedo. Porto Baixo foi descuberto nos 70, cando un cami\u00f3n que extra\u00eda area topouse cunha gran muralla que emerxia da duna que pechaba esta pequena pen\u00ednsula que se mete no Atl\u00e1ntico. Durante moito tempo, este lugar de mouros e de alem\u00e1ns (as\u00ed o recolle a tradici\u00f3n popular) mant\u00edvose moi ben preservado. Cando os arque\u00f3logos iniciaron a s\u00faa campa\u00f1a de excavaci\u00f3n do lugar, para saber que hab\u00eda embaixo da area, atop\u00e1ronse con que non era unha, sen\u00f3n d\u00faas murallas que separaban continente da pen\u00ednsula, de dous metros e medio de alto e separadas entre si por cinco metros. O sorprendente \u00e9 o excepcional estado de conservaci\u00f3n da muralla. Os investigadores deberon animarse moito ao ver o ben que a area preservara os restos. Pero cal ser\u00eda a s\u00faa sorpresa cando comezaron a excavar no interior: non hab\u00eda nada. Nada de nada. A penas a marca de d\u00faas fogueiras. Pero nada de cer\u00e1mica, nada de restos de casas. S\u00f3 unha gran muralla no medio da nada, nunha zona moi despoboada. Pendentes de que se realicen excavaci\u00f3ns m\u00e1is extensas no interior, &#8220;manexamos a hip\u00f3tese de que este castro nunca se habitou&#8221;, afirma Vidal. &#8220;Hai alg\u00fans outros precedentes no mundo castrexo&#8221;, engadiu. Todo un misterio. A area, por certo, volve sepultar a muralla excavada a un ritmo percept\u00edbel mes a mes, fiel ao ciclo dos ventos. <\/p>\n<p>Lembro unha tradici\u00f3n asociada \u00e1 veci\u00f1a Lagoa do Carragal e \u00e1 m\u00edtica cidade de Valverde. As lendas falan de que Valverde foi afundida baixo a Lagoa de Carregal, pero eu te\u00f1o escoitado a tradici\u00f3n de que se atopaba baixo a gran Duna de Corrubedo. Nesa mesma lenda, cont\u00e1base de que o campanario de Valverde aparec\u00eda e soaba o badal nos d\u00edas de moito vento, nos que a Duna se mov\u00eda moito. E non podo menos que imaxinarme que, en realidade, as lendas agachaban a base real dese castro nunca habitado de Porto Baixo, que aparece e desaparece baixo a area como unha cidade da Ruta da Seda ou do deserto exipcio. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Guidoiro Areoso.Foto: Google Earth A area ten un engado especial para a Historia rom\u00e1ntica&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/24\/cidades-e-tumbas-baixo-a-area-do-barbanza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cidades e tumbas baixo a area do Barbanza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4122,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-4124","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4124","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4124"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4124\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4122"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4124"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4124"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4124"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}