{"id":4106,"date":"2008-02-21T21:50:00","date_gmt":"2008-02-21T19:50:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/02\/21\/forum-ideas-a-ferver-no-i-encontro-de-bloggers-enogastronomicos\/"},"modified":"2008-02-21T21:55:21","modified_gmt":"2008-02-21T19:55:21","slug":"forum-ideas-a-ferver-no-i-encontro-de-bloggers-enogastronomicos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/21\/forum-ideas-a-ferver-no-i-encontro-de-bloggers-enogastronomicos\/","title":{"rendered":"F\u00f3rum: Ideas a ferver no I Encontro de Bloggers Enogastron\u00f3micos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4102\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/encontro_1.jpg\" alt=\"encontro_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>Inicio do Encontro. Foto: C\u00e9sar R. Carril<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" id=\"image4107\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/encontro_5.jpg\" alt=\"encontro_5.jpg\" \/><br \/>\n<em>Di\u00e1logo con Carlos Maribona, Pau Aren\u00f3s, Pep Palau, Rafael Ans\u00f3n e Ferr\u00e1n Adri\u00e1. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4104\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/encontro_3.jpg\" alt=\"encontro_3.jpg\" \/><br \/>\n<em>Blogueiros atendendo o Di\u00e1logo. Foto: C\u00e9sar R. Carril. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4105\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/encontro_4.jpg\" alt=\"encontro_4.jpg\" \/><br \/>\n<em>Irene Garc\u00eda. Foto C\u00e9sar R. Carril. <\/em><br \/>\n<strong><br \/>\nUnha primeira reflexi\u00f3n: non \u00e9 o mesmo falar de blogs que de <em>blogs<\/em>. <\/strong><br \/>\nExpl\u00edcome: ata o momento ti\u00f1a asistido a eventos nos que se reflexionaba sobre os blogs en xeral, e falabamos da s\u00faa relaci\u00f3n con outros medios de comunicaci\u00f3n. O certo \u00e9 que, a pesar da algarada, as cifras da blogosfera son pouco relevantes e o seu nivel de penetraci\u00f3n global na sociedade resulta reducido al\u00e9n dos contidos que son elevados \u00e1 televisi\u00f3n ou outros medios -habitualmente frikis-, e algunhas excepci\u00f3ns \u00e1 regla. <\/p>\n<p>Pero baixemos de escala. Descendamos \u00e1 <em>gastrosfera<\/em>, ou a calquera outro sector tem\u00e1tico: coches, moda, m\u00fasica. Os blogs gastron\u00f3micos ocupan unha pequena porcentaxe n\u00famerica da tarta tem\u00e1tica da blogosfera, dominada pola tecnolox\u00eda, a pol\u00edtica, a cultura e o diarismo. Pero no seu sector econ\u00f3mico concreto, a hoteler\u00eda e restauraci\u00f3n, a penetraci\u00f3n \u00e9 alt\u00edsima. Decat\u00e1monos estes d\u00edas, cando ao falarmos con moitos profesionais do vi\u00f1o, dos restaurantes, de produtos de alimentaci\u00f3n ou de hoteis, nos comentaban que eran \u00e1vidos lectores de blogs. Ocorre o mesmo no mundo do investimento burs\u00e1til, do dese\u00f1o de mobles e da medici\u00f1a. A pequena escala, a blogosfera ten un elevad\u00edsimo grado de penetraci\u00f3n entre os profesionais, como fonte de informaci\u00f3n, de cr\u00edtica e de comparaci\u00f3n. A blogosfera afecta, en gran medida, \u00e1s revistas especializadas, se cadra m\u00e1is que \u00e1s xeralistas. Se cadra non esteamos investigando e valorando ben isto, perdidos no show das macrocifras. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4103\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/encontro_2.jpg\" alt=\"encontro_2.jpg\" \/><br \/>\n<em>Pep Palau e Ferr\u00e1n Adri\u00e1. Foto: C\u00e9sar R. Carril<\/em><br \/>\n<strong><br \/>\nUnha segunda reflexi\u00f3n: segundo Ferr\u00e1n Adri\u00e1, os blogueiros debemos ir moito m\u00e1is al\u00e1<\/strong><br \/>\nGustoume moito ese fervello que \u00e9 Ferr\u00e1n Adri\u00e1. Non vou caer na mitoman\u00eda, pero nos intres que estiven con el ou o escoitei nestes d\u00edas sal\u00edronlle, como fa\u00edscas incontroladas, relampos de lucidez. Adri\u00e1 ten un pensamento desordeado, pero decateime ao pouco de falar con el, de que fac\u00eda que provocara fascinaci\u00f3n. Que, dalg\u00fan xeito, sempre vai un paso por diante. Se cadra non saiba moi ben como. Pero \u00e9 pura intuici\u00f3n. Un pensamento desordeado e sinxelo, que m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa capacidade de comprensi\u00f3n tecnol\u00f3xica antep\u00f3n a claridade das s\u00faas necesidades. \u00c9 un entusiasta da rede. &#8220;Uso Flickr para ver os platos novos do Charlie Trotter e \u00e9 xenial&#8221;, dixo, &#8220;\u00bfpor que non hai algo que agregue todas esas fotos de todos os restaurantes interesantes para podelas ver xuntas?&#8221;. Un caso claro. Un paso por diante. En privado, a Adri\u00e1 se lle entende algo menos, pero  pero segue a\u00ed na brecha: &#8220;os blogs a\u00ednda tedes que ir un paso m\u00e1is al\u00e1, a\u00ednda tedes que arriscar m\u00e1is&#8221;.<br \/>\n<strong><br \/>\nTerceira reflexi\u00f3n: futuros e presentes. <\/strong><br \/>\nNo Di\u00e1logo observ\u00e1banse con nitidez os futuros e os presentes. Algo que se advirte na cr\u00edtica convencional con isto dos blogs (tam\u00e9n est\u00e1n enganchados a eles, mesmo os que non te\u00f1en blog, ou est\u00e1n comezando timidamente con el). Mentres Rafael Ans\u00f3n defende a vixencia da gu\u00eda como un elemento pr\u00e1ctico b\u00e1sico e sinxelo -a\u00ednda que non ti\u00f1a moita idea de como se estaba distribu\u00edndo a gu\u00eda Campsa que el dirixe en Internet-, Carlos Maribona defende que a historia se acaba, que os blogs devorar\u00e1n \u00e1s gu\u00edas. Non te\u00f1o tan claro nin unha cousa nin a outra, polo menos a curto prazo. Adri\u00e1 afirma: &#8220;se cadra se acabe formando outra cousa que non sexa nin a unha nin a outra&#8221;. E eu creo tam\u00e9n que o cami\u00f1o est\u00e1 no magma que se est\u00e1 a formar, e que podemos observar se voamos un pouco por riba desta marea dixital. Est\u00e1n os blogs, pero cada vez m\u00e1is fortes, as comunidades sociais. Aplicaci\u00f3ns m\u00e1is potentes e interconectadas. Identidades moi flexibles. O dixital est\u00e1 evolucionando cara produtos m\u00e1is s\u00f3lidos. E os blogueiros m\u00e1is veteranos est\u00e1n a facer publicaci\u00f3ns que xa son case <em>micromedios<\/em>, como di Juan Varela. D\u00e1me a impresi\u00f3n de que no F\u00f3rum 2010 se cadra a palabra para falar disto xa non sexa <em>blog<\/em>, sen\u00f3n outra cousa, a\u00ednda que <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Rafael_Anson\">alg\u00fans<\/a> seguro que a\u00ednda non se ter\u00e1n enterado. E pos\u00edbelmente mellor. Agora hai que inventala. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Inicio do Encontro. Foto: C\u00e9sar R. Carril Di\u00e1logo con Carlos Maribona, Pau Aren\u00f3s, Pep Palau,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/21\/forum-ideas-a-ferver-no-i-encontro-de-bloggers-enogastronomicos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">F\u00f3rum: Ideas a ferver no I Encontro de Bloggers Enogastron\u00f3micos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4102,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-4106","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4106","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4106"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4106\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4102"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4106"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4106"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4106"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}