{"id":4024,"date":"2008-02-03T22:25:15","date_gmt":"2008-02-03T20:25:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/02\/03\/restaurante-calderon-en-santiago-de-compostela\/"},"modified":"2008-02-03T22:35:50","modified_gmt":"2008-02-03T20:35:50","slug":"restaurante-calderon-en-santiago-de-compostela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/03\/restaurante-calderon-en-santiago-de-compostela\/","title":{"rendered":"Restaurante Calder\u00f3n, en Santiago de Compostela: innovaci\u00f3n ao punto tradicional"},"content":{"rendered":"<p>Fal\u00e1ranme moito do Restaurante Calder\u00f3n, en Santiago de Compostela, un cl\u00e1sico lugar de encontro de pol\u00edticos e xornalistas na cidade. O Calder\u00f3n non \u00e9 un lugar famoso f\u00f3ra da cidade, un destes restaurantes de sona, malia aparecer nas mellores gu\u00edas. Se o <em>googleas<\/em>, por exemplo, atopas ben pouca informaci\u00f3n que te poida orientar. De boca a boca, con todo, sempre me falaran de xeito moi positivo do lugar. As\u00ed que non quedaba m\u00e1is remedio que facer esta exploraci\u00f3n urbana. Ao entrarmos, dimos o nome da reserva e nos conduciron ata a mesa, no piso de arriba dunha casa burguesa da Carreira do Conde. Eu creo que deb\u00edn po\u00f1er unha cara de bastante sorpresa cando vin isto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4022\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/calderon_2.jpg\" alt=\"calderon_2.jpg\" \/><\/p>\n<p>e ao virar a cabeza, vin estoutro:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4021\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/calderon_1.jpg\" alt=\"calderon_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Tremenda mesa para dous! Eu sei que todo restaurante con aspiraci\u00f3ns en Compostela debe contar cun ou dous reservados, cando menos: esas discretas habitaci\u00f3ns para un reducido n\u00famero de comensais onde poden atoparse con discreci\u00f3n pol\u00edticos, empresarios, xornalistas e poderes en xeral -e sobre todo en particular-, dedicados a outro tipo de <em>coci\u00f1as<\/em> non gastron\u00f3micas. Os reservados compostelanos son toda unha teor\u00eda e unha pr\u00e1ctica da pol\u00edtica, e se as paredes falaran, neles estar\u00eda escrita a historia da Galicia democr\u00e1tica, as\u00ed como unha inxente colecci\u00f3n de conversas comprometidas e miles de vaguedades e lugares de conversa com\u00fan. Sen embargo, os do Calder\u00f3n non era exactamente coma o resto.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p> Parec\u00eda un apartamento decorado por Marabillas ou calquera outra tenda de <em>modernos<\/em>. Todo un exceso nos sobrios, apreixados restaurantes compostelanos, que alternan pedra vista con cadros de campos e cruceiros. E para d\u00faas persoas todo isto? <\/p>\n<p>Ao sentarmos na mesa con mantel de coiro negro e cadeiras de metacrilato, miramos ao redor, \u00e1s paredes decoradas con partituras musicais, \u00e1s cortinas de encaixe negro, aos enanos bronceados que fac\u00edan a sorte de mesa e ao radiador dourado e deunos a risa parva. &#8220;Pero onde nos metimos?&#8221;, dixemos. Ao pouco a porta abriuse e comezou o servizo. O Calder\u00f3n ofrece unha intelixente combinaci\u00f3n de coci\u00f1a creativa e tradicional, cunha carta na que alterna pratos que incorporan ingredientes pouco habituais con <em>cl\u00e1sicos populares<\/em> de alta calidade. Pensamos no men\u00fa degustaci\u00f3n, que anda nos 40 euros. &#8220;\u00bfE que ten este men\u00fa?&#8221;, pregunteille ao xefe de sala. Fixose un silencio inc\u00f3modo. &#8220;Ummm&#8230;\u00e9 unha sorpresa&#8221;, contestounos fuxindo da pregunta, &#8220;pero mellor que non pidan vi\u00f1o polo de agora&#8221;. Tres camareiros marcharon, pecharon a porta e volvimos a ficar no m\u00e1is absoluto silencio. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image4023\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/calderon_3.jpg\" alt=\"calderon_3.jpg\" \/><br \/>\n<em>Xeado de foie e figos cunha copa de Aureus de Sauternes e lubina con grelos<\/em><\/p>\n<p>Te\u00f1o que dicir que a situaci\u00f3n me resultou ben divertida. A\u00ednda que o men\u00fa desgustaci\u00f3n do Calder\u00f3n conta con cinco pratos e dous postres, non ti\u00f1amos nin idea do que pod\u00eda acontecer m\u00e1is al\u00e1 desa parca informaci\u00f3n. Tras un rico queixo en aceite de albahaca, apareceu a primeira sorpresa da noite e, sen d\u00fabida, o prato que m\u00e1is nos gustou: un xeado de foie e figos que a casa acompa\u00f1a expresamente cun <a href=\"http:\/\/www.ymau.com\/nosProduitsYMProduit.asp?sX_Menu_selectedID=top_E3A8C53C&#038;idprod=61\">Aureus de Sauternes 2005<\/a>, a creaci\u00f3n de Yvon Mau a partir destes vi\u00f1os feitos de podremia noble, absolutamente espectacular. <\/p>\n<p>Seguimos cunha sopa de setas, uns excelentes spaghetti de sepia e a\u00ednda m\u00e1is al\u00e1 unha magn\u00edfica lubina con grelos e un chulet\u00f3n de vaca vella de enorme cualidade. Rematamos con tres postres en formato chupito: maracuy\u00e1, toffe con chocolate e tarta de am\u00e9ndoas. Cun Maleolus -non me convenceu demasiado, era un puro homenaxe \u00e1 madeira-, a conta andivo nuns 70 euros por cabeza. Non \u00e9 para ir todas as semanas, desde logo. <\/p>\n<p>Iso si, sa\u00edmos cunha enorme sensaci\u00f3n de satisfacci\u00f3n, de ter ceado verdadeiramente ben. \u00c9 m\u00e1is, facendo uso do que nos permite a gram\u00e1tica galega, creo que comimos <em>ben, ben<\/em>. Un servizo impec\u00e1bel, ingredientes de primeira e a certeza de co\u00f1ecer unha v\u00eda diferente nos restaurantes da capital: un equipo que parece estar ao tanto das innovaci\u00f3ns en ingredientes e t\u00e9cnicas de moda no Estado pero que os recicla, e combina, con intelixencia, nunha factura m\u00e1is tradicional co produto e a elaboraci\u00f3n tradicional como eixo. Gustoume a f\u00f3rmula.  <\/p>\n<p><strong>Restaurante Calder\u00f3n<\/strong><br \/>\nRua Da Carreira Do Conde 8<br \/>\n15706 Santiago De Compostela<br \/>\n981 554 356<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fal\u00e1ranme moito do Restaurante Calder\u00f3n, en Santiago de Compostela, un cl\u00e1sico lugar de encontro de<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/03\/restaurante-calderon-en-santiago-de-compostela\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Restaurante Calder\u00f3n, en Santiago de Compostela: innovaci\u00f3n ao punto tradicional<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4021,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-4024","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4024","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4024"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4024\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4021"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4024"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4024"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4024"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}