{"id":4008,"date":"2008-02-08T11:53:48","date_gmt":"2008-02-08T09:53:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/02\/08\/algo-que-substituira-o-papel-por-outra-cousa-o-paradoxico-problema-da-industria-editorial\/"},"modified":"2008-02-08T12:26:17","modified_gmt":"2008-02-08T10:26:17","slug":"algo-que-substituira-o-papel-por-outra-cousa-o-paradoxico-problema-da-industria-editorial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/08\/algo-que-substituira-o-papel-por-outra-cousa-o-paradoxico-problema-da-industria-editorial\/","title":{"rendered":"&#8220;Algo&#8221; que substituir\u00e1 o papel por &#8220;outra cousa&#8221;: o parad\u00f3xico problema da industria editorial"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image4007\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/caras_libro.jpg\" alt=\"caras_libro.jpg\" \/><br \/>\n<em>Francisco Castro, Rosa Aneiros, Manuel Gago, Mar\u00eda Y\u00e1\u00f1ez e \u00d3scar S\u00e1nchez. Foto: Gustavo A. Garrido<\/em><\/p>\n<p>O outro d\u00eda, no transcurso da mesa redonda <em><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/01\/22\/mesa-redonda-sobre-o-futuro-do-libro-en-vigo-mana-mercores-23-de-xaneiro\/\">Os libros de ma\u00f1\u00e1<\/a><\/em>, organizada pola Editorial Galaxia en Vigo, decateime da enorme paradoxa que vive o sector editorial coa presenza cada vez m\u00e1is crecente da dixitalizaci\u00f3n. Unha paradoxa que o mant\u00e9n nunha posici\u00f3n m\u00e1is feble e est\u00e1tica que outros sectores da industria cultural ante os cambios derivados da chegada da rede. Todos os que al\u00ed falabamos dabamos por asumido que vir\u00e1 <em>algo<\/em> que acabar\u00e1 por substitu\u00edr o libro papel por <em>outra cousa<\/em>, pero ningu\u00e9n se atrev\u00eda a ir m\u00e1is al\u00e1: todos os dispositivos e soportes da lectura dixital fracasaron na s\u00faa popularizaci\u00f3n, novas propostas coma o Amazon Kindle, acompa\u00f1adas de algarada medi\u00e1tica, parecen ir no mesmo lento cami\u00f1o, e a cada vez mellor interfaz de lectura de Google Libros non consegue superar os l\u00edmites da consulta puntual de acad\u00e9micos e usuarios en busca dunha fonte documental. O hardware para lectura, na nova efervescencia dos gadgets e dos dispositivos m\u00f3biles, segue sendo campo case exclusivo de entusiastas tecnol\u00f3xicos. <\/p>\n<p>Visto o visto, a situaci\u00f3n debe ser bastante estresante para a industria editorial; non \u00e9 doado facer plans de investimento a medio prazo contra a zona escura da incerteza no modelo de produto final, tanto no libro de lecer coma o de referencia. Ao non co\u00f1ecermos un modelo de produto universal, dun dispositivo que permita a lectura li\u00f1al de narraci\u00f3ns concebidas para un soporte de papel, todo est\u00e1 no aire a nivel econ\u00f3mico. A pregunta \u00e9, \u00bfpoder\u00e1 habelo? \u00bfpoderemos valorar \u00e1 industria editorial do mesmo xeito que o facemos \u00e1 discogr\u00e1fica ou cinematogr\u00e1fica?<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Na raiceira da cuesti\u00f3n, polo de agora, non: \u00e9 impos\u00edbel de comparar porque o proceso de dixitalizaci\u00f3n da cultura conlevou, en primeira instancia, a creaci\u00f3n dun obxecto dixital: o mp3 cun tema musical, o avi cunha pel\u00edcula. Algo transport\u00e1bel, intercambi\u00e1bel, descarg\u00e1bel, copi\u00e1bel, vend\u00edbel, comprens\u00edbel e d\u00facias de <em>bel<\/em> m\u00e1is. No sector editorial, tam\u00e9n temos un obxecto, o ficheiro de texto, en tecnolox\u00edas como PDF, un obxecto moi preciso e efectivo para a transmisi\u00f3n de informaci\u00f3n, pero que non soluciona a ra\u00edz do problema: os h\u00e1bitos f\u00edsicos asociados \u00e1 lectura de entretemento. Se non hai un obxecto definido, \u00bfpodemos constru\u00edr unha estrutura comercial, de venda de produto, asociada a un documento de texto, podemos ir m\u00e1is al\u00e1 das posibilidades de difusi\u00f3n e visibilizaci\u00f3n que nos ofrece Internet?<\/p>\n<p>Vela\u00ed o cerne da cuesti\u00f3n. Se miramos o que aconteceu noutros sectores da industria cultural, apreciamos xa o que ser\u00e1 o cami\u00f1o dos vindeiros anos. Tras anos de vacilaci\u00f3ns e nerviosismo, na m\u00fasica e no audiovisual est\u00e1n a nacer novos modelos de negocio: venda electr\u00f3nica, de complementariedade entre soportes, etc. Na m\u00fasica, Galicia \u00e9 un exemplo: non se pode comprender o actual despegue e efervescencia da m\u00fasica galega sen a existencia de Internet. No caso do audiovisual, moitas empresas comezan a explorar a distribuci\u00f3n de series e pel\u00edculas a trav\u00e9s da rede empregando o tradicional sistema do patrocinio publicitario. O propio libro en papel vive unha certa boa sa\u00fade na rede, cos enormes e crecentes cat\u00e1logos de librar\u00edas electr\u00f3nicas como Amazon. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 en que medida \u00e9 relevante agardar por algo que non sabemos cando nin como chegar\u00e1. Eu te\u00f1o a sospeita de que o problema est\u00e1 no prisma e no enfoque. A Internet actual \u00e9 un fervedoiro de narrativas de popularidade crecente. Realidade, ficci\u00f3n, unha mestura das d\u00faas; a rede \u00e9 un magn\u00edfico campo de experimentaci\u00f3n para a narraci\u00f3n -por parte dos escritores- e para a comercializaci\u00f3n -por parte dos editores. Eu creo que o gran futuro das editoras est\u00e1 no seu papel intermedio entre contadores de historias e o p\u00fablico, no desenvolvemento de novas li\u00f1as de negocio vinculadas \u00e1 ficci\u00f3n dixital, alimentada d\u00eda a d\u00eda, con modelos publicitarios e de xesti\u00f3n moi din\u00e1mica, composta por blogs, redes sociais, webs adhoc, videoconferencias, c\u00f3mics interactivos, implicando ao autor na responsabilidade sobre o mantemento diario do negocio, avaliando os seus resultados con rapidez, ofrecendo ao lector o mesmo que lle ofrece un libro papel, descanso, lecer, motivaci\u00f3n, emoci\u00f3n diaria, en pequenas p\u00edlulas. Por suposto, sei que son un deses numerosos pesados que se dedican a arreglarlle o mundo aos editores sen ter unha n\u00f3mica que viva de vender libros, pero agora d\u00edgoo como lector e consumidor \u00e1vido de ficci\u00f3ns: a min gustar\u00edame unha historia dese tipo. Ben feita. Editada. Electr\u00f3nica. Que poida seguir en calquer lugar e desde m\u00faltiples puntos de vista. Cos seus personaxes, os seus tempos. Levable no m\u00f3bil, imprim\u00edbel, busc\u00e1bel. <\/p>\n<p>As\u00ed, cando chegue ese xinete do Apocalipse en forma de <em>gadget<\/em> que remate con cincocentos anos de libro, se cadra xa non sexa relevante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Castro, Rosa Aneiros, Manuel Gago, Mar\u00eda Y\u00e1\u00f1ez e \u00d3scar S\u00e1nchez. Foto: Gustavo A. Garrido<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/02\/08\/algo-que-substituira-o-papel-por-outra-cousa-o-paradoxico-problema-da-industria-editorial\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&#8220;Algo&#8221; que substituir\u00e1 o papel por &#8220;outra cousa&#8221;: o parad\u00f3xico problema da industria editorial<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4007,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-4008","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4008","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4008"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4008\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4007"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4008"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4008"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4008"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}