{"id":3949,"date":"2008-12-27T19:54:33","date_gmt":"2008-12-27T17:54:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=3949"},"modified":"2008-12-27T19:54:33","modified_gmt":"2008-12-27T17:54:33","slug":"seguindo-o-rastro-dunha-manda-de-cervos-de-hai-catro-mil-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/12\/27\/seguindo-o-rastro-dunha-manda-de-cervos-de-hai-catro-mil-anos\/","title":{"rendered":"Seguindo o rastro dunha manda de cervos de hai catro mil anos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image3947\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petros_1.jpg\" alt=\"petros_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>Manolo e Xurxo Gago. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>on son moito de publicar fotos mi\u00f1as no blog, pero esta encantoume. Sole <em>roub\u00f3unola<\/em> mentres tentabamos <em>ler<\/em> a Laxe da Sarta\u00f1a, en Porto do Son. A verdade \u00e9 que temos a cara en aut\u00e9ntico modo descodificaci\u00f3n. E hai motivos.<\/p>\n<p>A Laxe da Sarta\u00f1a, na parroquia de Queiruga (Porto do Son) \u00e9 un xacemento moi complexo: na gran pedra, ao longo dos \u00faltimos catro mil anos, en diferentes \u00e9pocas, aos veci\u00f1os da parroquia d\u00e9uselles por ceibar a s\u00faa vea art\u00edstica. As\u00ed que sobre esa superficie plana de granito est\u00e1n superpostas capas e capas de arte. Para conseguir mirar dentro, para acadar navegar, apartar estratos de Historia entre este cuarzo, feldespato e mica ata chegar ao primeiro lenzo, hai que ficar minutos e minutos as\u00ed quietos. \u00c9 coma un proceso lento de concentraci\u00f3n, de despoxarse de complexos de observaci\u00f3n ata que s\u00f3 fica a pedra e m\u00e1is ti. De tentar entender a l\u00f3xica do trazo. De buscar con desesperaci\u00f3n as patas ou o lombo dun cervo de grandes astas, coma se foran unha clave da que tirar para encadear a busca do resto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3950\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petros_1_b.jpg\" alt=\"petros_1_b.jpg\" \/><\/p>\n<p>E si, a\u00ed est\u00e1n. Co tempo, esa superficie plana comeza a amosar sucos. E a escena se anima. Os animais corren polo lenzo, un grande \u00e9 o xefe da manda, e logo chegan o resto. E ao miralos, hoxe en d\u00eda a penas milim\u00e9tricas incisi\u00f3ns no granito, tentas lembralos antes de que desaparezan de todo. Canto lles faltar\u00e1 para que se desfagan como a area?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3951\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petros_1_c.jpg\" alt=\"petros_1_c.jpg\" \/><br \/>\n<em>Superposici\u00f3n dos gravados a partir dunha imaxe publicada por <\/em>El Laberinto Atl\u00e1ntico<em> de Galovart.<\/em><\/p>\n<p>O bo de ir na procura de petr\u00f3glifos co meu irm\u00e1n, que \u00e9 bi\u00f3logo de profesi\u00f3n e afecci\u00f3n, e especializado en etiolox\u00eda, \u00e9 que o territorio se le de xeito distinto. Comezamos a ver as rutas dos animais, a detectar os regatos nos que abrevaban, os cami\u00f1os polos que se desprazaban, e os lugares nos que os nosos vellos os cazaban. No Outeiro de Campelos est\u00e1 un dos petr\u00f3glifos m\u00e1is art\u00edsticos do Barbanza. Sei que este \u00e9 un aspecto controvertido: dicir que un petr\u00f3glifo \u00e9 art\u00edstico (\u00bfpara quen?\u00bfpara n\u00f3s?\u00bfpara eles?). Pero este o \u00e9. Hai unha vontade de sorprender, de fascinar, hai unha vontade dun artista por comunicar que segue a funcionar hoxe con forza.<\/p>\n<p>Desvi\u00e1ndote dun antiqu\u00edsimo cami\u00f1o enlousado de carro que sube aos montes de Queiruga, axi\u00f1a ves unha pedra na que tres cervos corren, como querendo subir ao monte no que se atopar\u00edan seguros. Esta composici\u00f3n foi dese\u00f1ada en tres dimensi\u00f3ns, de xeito espacial. O artista gravou os cervos a diferentes tama\u00f1os. Pero, para comprender a composici\u00f3n, debes estar situado nun sitio concreto e determinado, no alto dunha laxe que est\u00e1 enfronte a eses tres cervos. E al\u00ed, nunha gastada pedra na base deste gran petr\u00f3glifo, aparece outro cervo m\u00e1is correndo, como conflu\u00edndo con estes nun punto imaxinario que conduce ao cami\u00f1o de subida \u00e1s devesas.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3948\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/petros_2.jpg\" alt=\"petros_2.jpg\" \/><\/p>\n<p>Subindo o monte, na valgada pola que baixaban os animais, atopamos a\u00ednda m\u00e1is cervos nas laxes do car\u00f3n. As s\u00faas pegadas non est\u00e1n entre os fentos pero, dalg\u00fan xeito, grazas a estas gravuras na pedra, segu\u00edmoslle o rastro a esta manda de cervos. Al\u00f3 onde foran hai catro mil anos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Manolo e Xurxo Gago. Fotos: Sole Non son moito de publicar fotos mi\u00f1as no blog,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/12\/27\/seguindo-o-rastro-dunha-manda-de-cervos-de-hai-catro-mil-anos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Seguindo o rastro dunha manda de cervos de hai catro mil anos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3947,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-3949","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3949","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3949"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3949\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3947"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3949"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3949"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3949"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}