{"id":3839,"date":"2007-12-24T18:03:23","date_gmt":"2007-12-24T16:03:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/12\/24\/internet-2008-11-tendencias\/"},"modified":"2007-12-24T20:55:21","modified_gmt":"2007-12-24T18:55:21","slug":"internet-2008-11-tendencias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/12\/24\/internet-2008-11-tendencias\/","title":{"rendered":"Internet 2008: 11 tendencias"},"content":{"rendered":"<p>En Cap\u00edtulo 0 non pod\u00eda faltar unha lista sobre a evoluci\u00f3n de Internet, dos medios de comunicaci\u00f3n e do sector das tecnolox\u00edas de comunicaci\u00f3ns no vindeiro ano. Aqu\u00ed van 11 ideas nas que pensar no futuro 2008. Debido \u00e1 s\u00faa extensi\u00f3n, coloqueinas no interior do post.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><strong>1. Abaratamento do ADSL b\u00e1sico e novos produtos &#8220;premium&#8221; para consumo dom\u00e9stico. <\/strong><br \/>\nNo mercado espa\u00f1ol, as operadoras van ofrecer \u00e1 metade de prezo conexi\u00f3ns ADSL de pouca velocidade, tentando chegar aos segmentos de mercado que a\u00ednda non contrataron estes servizos, debido ao seu escaso uso de Internet. Tam\u00e9n se comezar\u00e1n a comercializar a nivel do p\u00fablico xeras as novas conexi\u00f3ns de ADSL a 10 megas. A Internet m\u00f3bil, v\u00eda 3G, reducir\u00e1 os prezos actuais nas s\u00faas modalidades de contrataci\u00f3n mensual dunha tarifa plana, pensando en captar a un p\u00fablico m\u00e1is novo cun alto nivel de mobilidade. <\/p>\n<p><strong><br \/>\n2. Reducirase notablemente o incremento do n\u00famero de blogs. Moitos antigos blogueiros, pola contra, fortalecer\u00e1n os seus perf\u00eds en webs de \u00e1mbito social.<\/strong> A relevancia dos blogs como plataformas de comunicaci\u00f3n persoal, con todo, fortalecerase e moitas comunidades de usuarios continuar\u00e1n interaccionando a trav\u00e9s deste formato. O blog ser\u00e1 a plataforma ideal para os expertos, os creativos, e como canle de informaci\u00f3n corporativa de pequenas entidades (asociaci\u00f3ns, etc.). O interesante \u00e9 como alg\u00fan do software m\u00e1is co\u00f1ecido de blogs, como WordPress ou Movable Type, est\u00e1 a constitu\u00edrse no <em>core<\/em> doutro tipo de publicaci\u00f3ns, revistas ou webs de pemes, editoriais, etc., o cal poder\u00eda crear unha distribuci\u00f3n alternativa destinada desas aplicaci\u00f3ns especializada na representaci\u00f3n de contidos m\u00e1is complexos.  <\/p>\n<p><strong>3. Rexistrarase unha intensa e agresiva competencia entre plataformas sociais, como Facebook, MySpace, as de Google, etc.<\/strong> Compras, vendas, alianzas, proxectos conxuntos por ficar coa competencia de administrar e xestionar o crecente fluxo de vida dixital dos internautas. Veremos unha interesant\u00edsima batalla sobre o concepto aberto\/pechado. O peor de todas esas plataformas \u00e9 a s\u00faa filosof\u00eda centr\u00edpeta e monopol\u00edstica: a tendencia a agregar contido dentro delas mesmas, e non permitir a s\u00faa redistribuci\u00f3n e interacci\u00f3n no exterior. Esta filosof\u00eda -non se pode negar que \u00e9 exitosa en termos de audiencia, polo que vemos ata agora- chocar\u00e1 con movementos para que os usuarios poidan exercer de xeito m\u00e1is flex\u00edbel a s\u00faa identidade dixital. Movementos como Open ID poden ser o novo Creative Commons. OpenID \u00e9 un sistema para que cunha \u00fanica identidade dixital poidas entrar nas zonas de usuario rexistrado de m\u00faltiples sitios. Como sinalan en Read\/Write Web, a\u00ednda veremos os seus primeiros pasos: &#8220;<em>OpenID will be adopted by more startups and larger web companies, but most people (mainstream users) still won&#8217;t use it &#8211; that&#8217;s a couple of years off&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p><strong>4. Medrar\u00e1 con forza o uso do <em>open source<\/em> en aplicaci\u00f3ns e software<\/strong>, a\u00ednda que non tanto nos sistemas operativos dos usuarios finais, que seguir\u00e1n a ser propietarios, Windows XP, Windows Vista ou MacOS X de xeito maioritario. <\/p>\n<p>5. <strong>Internet=disco duro. <\/strong>Xigas de capacidade no correo electr\u00f3nico, nos sitios de distribuci\u00f3n de v\u00eddeo, de xestores de imaxes, etc. A\u00ednda falta, con todo, un gran servizo de distribuci\u00f3n de multimedia, que agrupe audio, fotos e v\u00eddeo con eficiencia. Debido \u00e1 maior actividade multimedia das webs, as compa\u00f1\u00edas que ofrecen servizos de hosting ampliar\u00e1n considerablemente a transferencia de datos, para aqueles usuarios que queren un maior control do seu contido. A maiores, na casa todos os novos trebellos comezar\u00e1n a crear problemas de almacenamento. Aparecer\u00e1n os primeiros discos duros de capacidades de terabyte a prezos acces\u00edbeis, e os discos duros ser\u00e1n aut\u00f3nomos e comunicados v\u00eda wi-fi co resto das m\u00e1quinas da casa. <\/p>\n<p><strong><br \/>\n6. Continuar\u00e1 a ca\u00edda de vendas da prensa en papel&#8230;e se fortalecer\u00e1n as edici\u00f3ns dixitais<\/strong>. As empresas xornal\u00edsticas canibalizar\u00e1n elas mesmas \u00e1s s\u00faas cabeceiras impresas fortalecendo m\u00e1is e m\u00e1is as edici\u00f3ns en li\u00f1a para competir nun mercado moi agresivo e no que a publicidade, a\u00ednda que en aumento, non \u00e9 un ben especialmente abundante no contexto europeo. Haber\u00e1 movementos decisivos no \u00e1mbito das audiencias en li\u00f1a, coa presenza de novos actores nas primeiras listas. Tam\u00e9n dificultades, xa que \u00e9 posible que moitos proxectos editoriais de mercados moi pequenos -caso de Galicia- non acaden unha masa cr\u00edtica abonda para xustificar os investimentos.<br \/>\n<strong><br \/>\n7. Non haber\u00e1 un incremento significativo do n\u00famero de internautas en Europa. <\/strong><br \/>\nA partir de agora, como xa se advertiu nos \u00faltimos anos, xa non hai n\u00fameros espectaculares asociados ao crecemento de Internet. Moi avanzada a dixitalizaci\u00f3n de determinados sectores sociais e econ\u00f3micos, a popularizaci\u00f3n da Sociedade da Informaci\u00f3n noutro tipo de sectores xa depende m\u00e1is doutros indicadores estruturais m\u00e1is cl\u00e1sicos, como PIB, balanza demogr\u00e1fica, etc. O crecemento da conectividade en Galicia ser\u00e1 moi reducido. <\/p>\n<p>8. Pola conta, veremos como <strong>os usuarios dominar\u00e1n, cada vez mellor, competencias e habilidades no uso das novas tecnolox\u00edas e da rede<\/strong>, entendida esta como un caudal multifuncional de informaci\u00f3n e, cada vez m\u00e1is, de entretemento. <\/p>\n<p>9. <strong>As televisi\u00f3ns ir\u00e1n por diante da industria cinematogr\u00e1fica na apertura dun modelo de negocio en Internet.<\/strong> Xa vimos alg\u00fans movementos este ano, como o lanzamento de Hulu.com nos Estados Unidos e algunhas iniciativas en Espa\u00f1a. A televisi\u00f3n, como grella de programaci\u00f3n lineal, est\u00e1 desaparecendo. Poderemos ver en diferido, nos webs das televisi\u00f3ns espa\u00f1olas, unhas cantas series de produci\u00f3n propia. <\/p>\n<p>10. <strong>A personalizaci\u00f3n. <\/strong>Desenvolverase software e aplicaci\u00f3ns web m\u00e1is eficientes en filtrar e detectar a informaci\u00f3n relevante para o usuario, aproxim\u00e1ndose ao que se co\u00f1ece como web sem\u00e1ntica, pero os medios e as webs m\u00e1is tradicionais non far\u00e1n grandes esforzos en permitir que o usuario adapte o contido aos seus intereses. <\/p>\n<p>11. <strong>Haber\u00e1 m\u00e1is interacci\u00f3n entre medios sociais e medios xornal\u00edsticos<\/strong>. Compras, acordos, extracci\u00f3ns de contido. Veremos unha hibridaci\u00f3n entre medios sociais e cibermedios xornal\u00edsticos, e ser\u00e1 pola iniciativa dalgunha das d\u00faas partes&#8230;ou a trav\u00e9s de mashups de programadores independentes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Cap\u00edtulo 0 non pod\u00eda faltar unha lista sobre a evoluci\u00f3n de Internet, dos medios<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/12\/24\/internet-2008-11-tendencias\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Internet 2008: 11 tendencias<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-3839","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3839","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3839"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3839\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3839"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3839"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3839"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}