{"id":3497,"date":"2007-10-24T00:35:45","date_gmt":"2007-10-23T22:35:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/10\/24\/san-salvador-de-camanzo-unha-visita-ao-patio-das-marabillas\/"},"modified":"2007-10-24T00:46:35","modified_gmt":"2007-10-23T22:46:35","slug":"san-salvador-de-camanzo-unha-visita-ao-patio-das-marabillas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/10\/24\/san-salvador-de-camanzo-unha-visita-ao-patio-das-marabillas\/","title":{"rendered":"San Salvador de Camanzo: unha visita ao patio das marabillas"},"content":{"rendered":"<p>Sei que, redacte como redacte isto, non vou ser quen de transmitir a emoci\u00f3n da descuberta de San Salvador de Camanzo. E seino porque Camanzo estaba a\u00ed dentro, na mi\u00f1a imaxinaci\u00f3n, antes de visitalo, antes de saber que exist\u00eda. Pero, \u00bfcomo podes expresar o feito de atoparte de fronte cun produto da t\u00faa imaxinaci\u00f3n?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3480\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_1.jpg\" alt=\"camanzo_1.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3481\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_2.jpg\" alt=\"camanzo_2.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3482\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_3.jpg\" alt=\"camanzo_3.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3483\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_4.jpg\" alt=\"camanzo_4.jpg\" \/><br \/>\n<em>Fotos do post: Sole<\/em><\/p>\n<p>San Salvador de Camanzo \u00e9 un antigo mosteiro medieval, desco\u00f1ecido para o gran p\u00fablico. Fica agochado na alde\u00ed\u00f1a do mesmo nome, en Vila de Cruces. No s\u00e9culo XII, os Condes de Deza fundaron aqu\u00ed o cenobio sobre unha antiga igrexa prerrom\u00e1nica. Non ten os enormes volumes de edificios como Oseira ou Sobrado dos Monxes. Camanzo \u00e9 unha fermosa igrexa parroquial rom\u00e1nica, como todas orientada ao Po\u00f1ente, e esa luz \u00e9 a que ba\u00f1a esta fachada, este t\u00edmpano de inspiraci\u00f3n compostelana, no que Cristo est\u00e1 bendicindo desde esta igrexa a todas as casi\u00f1as do val de Camanzo. Esa \u00e9 a igrexa, si. Pero hab\u00eda algo m\u00e1is. Isto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3484\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_5.jpg\" alt=\"camanzo_5.jpg\" \/><\/p>\n<p>A diferencia doutros pequenos mosteiros do rural galego, que viron desaparecer os seus modestos edificios conventuais co paso do tempo ata que deles s\u00f3 ficou a memoria da igrexa parroquial, en Camanzo, anexo \u00e1 igrexa, atop\u00e1monos este edificio grande, medio desleixado, cun gran portal\u00f3n deteriorado de madeira. Decidimos petar na porta, porque fal\u00e1ronnos do lugar e do ritual que se deb\u00eda facer al\u00ed. Petamos. <\/p>\n<p>-\u00bfQuen \u00e9? -berrou unha vella.<br \/>\n-Se\u00f1ora, \u00bfpoderiamos ver o patio? -ped\u00edmoslle.<br \/>\n-Pasen, pasen. <\/p>\n<p>O portal\u00f3n abriuse e atop\u00e1monos algo que non teriamos agardado nunca. Un gran patio, emparrado cunha mesta vi\u00f1a que ench\u00eda de escuridade o ser\u00e1n soleado. As pitas, os piti\u00f1os, os quicos, as uvas, todo comezou a saltar e apareceu Flora. Flora, unha anci\u00e1 labrega pequeneira e forte, irm\u00e1 do cura de Camanzo. Pero non a vin moito nese momento. O que vin foi isto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3485\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_6.jpg\" alt=\"camanzo_6.jpg\" \/><\/p>\n<p>Arcos g\u00f3ticos dun antigo claustro levant\u00e1banse tralas parras, sobresa\u00edndo na luz daquel patio. Columnas altas cern\u00edanse por outras das bandas. A mole da igrexa ergu\u00edase ao car\u00f3n. A luz esvaraba entre as follas de parra. Os gatos fux\u00edan, saltando por riba de sartegos medievais de tama\u00f1o infantil cheos de auga e carrizo. Aquelo colleunos desprevidos, e coa garda baixa emocional, e descubr\u00edn que me custaba falar. A Flora non, desde logo. Ela \u00e9 a custodia do recinto, mant\u00e9n vivo desde d\u00e9cadas este prodixioso secreto de Galicia. Flora, a labrega, a sancristana, a coidadora eterna do seu irm\u00e1n sacerdote, vinculada a el coma un destino hom\u00e9rico, comezou a falar. <\/p>\n<p>-Esa -d\u00edxonos sinal\u00e1ndonos unha enorme vide- \u00e9 a cepa m\u00e1is antiga de Galicia. 300 anos. De ca\u00ed\u00f1o -dixo, pasando ao car\u00f3n dela coa normalidade dunha compa\u00f1eira diaria. A cepa era como un monstro vexetal e mitol\u00f3xico, escuro, que estend\u00eda as gadoupas a m\u00e1is de quince ou vinte metros. Parec\u00eda disposta a durar outros trescentos anos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3486\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_7.jpg\" alt=\"camanzo_7.jpg\" \/><\/p>\n<p>E non parou. Falaba das monxas que se mantiveran neste convento. Dos arcebispos. Dos amos. Dos soldados de El-Rei. Todo acontecera hab\u00eda s\u00e9culos, pero na voz de Flora fora onte mesmo. <a href=\"http:\/\/soledadfelloza.com\/index.php\/2007\/10\/21\/una-flora-de-buena-madera\">Sole conta moi ben a s\u00faa historia, e a s\u00faa prodixiosa intelixencia<\/a>. Flora falounos de como as monxas marcharan, pero en certo xeito segu\u00edan volvendo melanc\u00f3licas, agora en excursi\u00f3n de bocadillo, para percorrer coas saias longas as antigas estancias das s\u00faas devanceiras. Al\u00ed, nese claustro de atr\u00e1s, existira un pasadizo para que as monxas enfermas puideran subir a o\u00edr misa. Hoxe \u00e9 un ca\u00f3tico almac\u00e9n do tempo, no que se combinan as escumas para os xarr\u00f3ns de flores con antigos s\u00edmbolos teol\u00f3xicos e pezas de ret\u00e1bulos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3487\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_8.jpg\" alt=\"camanzo_8.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3488\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_9.jpg\" alt=\"camanzo_9.jpg\" \/><\/p>\n<p>Era un convento de clausura, asegur\u00e1banos Flora. Sobre a porta de entrada \u00e1s celas a\u00ednda podiamos ver a antiga maldici\u00f3n divina que as monxas ofrec\u00edan a calquera infractor. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3490\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_11.jpg\" alt=\"camanzo_11.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3491\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_12.jpg\" alt=\"camanzo_12.jpg\" \/><\/p>\n<p>E Flora abriunos cunha enorme chave a porta da igrexa. Foi entrar, ollar para o teito, e observar pampos a vista dunha das poucas igrexas cunha policrom\u00eda orixinal, que perdurara durante todos os s\u00e9culos do mundo para poder disfrutala agora, reis rom\u00e1nicos, laudas, campanarios estreitos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3492\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_13.jpg\" alt=\"camanzo_13.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3493\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_14.jpg\" alt=\"camanzo_14.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3494\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_15.jpg\" alt=\"camanzo_15.jpg\" \/><\/p>\n<p>Nesta foto tirada desde o campanario apr\u00e9ciase como \u00e9 o patio das marabillas de San Salvador de Camanzo. As celas das monxas suc\u00e9dense, soportadas por columnas, por ese patio emparrado de cani\u00f1o, de albari\u00f1o, de americana. E al\u00ed subimos con escaleiras, collimos uvas ata non saber onde mirar.<\/p>\n<p>-Collede, collede, moci\u00f1os! -alent\u00e1banos Flora. E na horta tam\u00e9n nos ensinaba as doces uvas de xer\u00e9s, m\u00e1is carnosas. E as nosas mans eran racimos enteiros de uva conventual, e os nosos dedos pega\u00f1entos eran puro zume prefilox\u00e9rico, branco. <\/p>\n<p>-N\u00f3s a\u00ednda facemos un pipoti\u00f1o dela para n\u00f3s da cepa de ca\u00ed\u00f1o -dixo Flora- Aqu\u00ed, na nosa adega. \u00bfQueredes vela?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3495\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_16.jpg\" alt=\"camanzo_16.jpg\" \/><\/p>\n<p>Como non iamos querer vela, Flora. Con uvas ca\u00e9ndonos por todas as mans e un ex\u00e9rcito de pitas segu\u00edndonos tras o rastro doce, vimos como a labrega abr\u00eda as portas da vella adega do convento. E al\u00ed dentro estaba un enorme lagar de madeira e pedra, o cheiro \u00e1cedo destas adegas, os barr\u00eds, todo conservado coa ciencia do vi\u00f1o do XVIII. Como unha acr\u00f3bata, Flora amosounos orgullosa a vella arte vin\u00edcola das monxas de Camanzo, na que se prensan as uvas dunha das cepas m\u00e1is vellas do pa\u00eds. Vi\u00f1o de trescentos anos. Non o di calquera. <\/p>\n<p>-Descorrede ese pano amarelo -ordeounos Flora, na semipenumbra da adega, cunha voz algo divertida. Abaixo do lenzo parec\u00eda haber uns vultos. Ao movelo, o coraz\u00f3n deunos unha volta.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3496\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/camanzo_17.jpg\" alt=\"camanzo_17.jpg\" \/><\/p>\n<p>E Flora calou por un momento deix\u00e1ndonos pasmar da sorpresa, e d\u00e1ndose o pequeno luxo diario da risa interior, que tan ben cadra nestes muros de clausura. <\/p>\n<p>-Agora cubr\u00eddeos de novo, antes de abrir a porta -mandounos. E soubemos que aquel lugar, cheo de vida, segu\u00eda estando, dalg\u00fan xeito, vivo, e coidado. Que os barr\u00eds de vi\u00f1o corr\u00edan entre as columnas da clausura. E os animais durm\u00edan no mesmo lugar no que, hai s\u00e9culos, quenc\u00edan as costas das monxas no inverno. Grazas, Flora, grazas por que San Salvador de Camanzo siga vivo.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sei que, redacte como redacte isto, non vou ser quen de transmitir a emoci\u00f3n da&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/10\/24\/san-salvador-de-camanzo-unha-visita-ao-patio-das-marabillas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">San Salvador de Camanzo: unha visita ao patio das marabillas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3480,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-3497","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3497","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3497"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3497\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3480"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3497"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3497"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3497"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}