{"id":33982,"date":"2022-06-01T19:28:22","date_gmt":"2022-06-01T17:28:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33982"},"modified":"2022-06-01T19:28:22","modified_gmt":"2022-06-01T17:28:22","slug":"cidades-no-tempo-unha-viaxe-a-traves-do-legado-das-sete-cidades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2022\/06\/01\/cidades-no-tempo-unha-viaxe-a-traves-do-legado-das-sete-cidades\/","title":{"rendered":"Cidades no tempo: unha viaxe a trav\u00e9s do legado das sete cidades"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe pola ma\u00f1\u00e1 presentamos na Cidade da Cultura un proxecto no que levabamos longo tempo traballando. <em>Cidades no tempo<\/em> \u00e9 unha iniciativa de longo alento promovida pola Conseller\u00eda de Cultura da Xunta de Galicia, a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura e Afundaci\u00f3n, que explora a trav\u00e9s de sete exposici\u00f3ns o legado cultural das grandes cidades galegas. Sete mostras consecutivas que comezan en Santiago de Compostela xa o venres 3 de xu\u00f1o e que ata o 2024 amosar\u00e1n o legado cultural das sete grandes cidades galegas. Como chegaron a ser o que son a trav\u00e9s dunha ollada interdisciplinar que se introduce moito m\u00e1is al\u00e1 da pegada urban\u00edstica e que explora o inmaterial, a literatura, a arte, os medios de comunicaci\u00f3n, os patr\u00f3ns visuais e a tradici\u00f3n oral urbana. <\/p>\n<p>O proxecto nace como unha reivindicaci\u00f3n da Galicia urbana e do papel das cidades de Galicia na configuraci\u00f3n da nosa identidade. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cidades_no_tempo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Neste texto, que lin hoxe \u00e1 ma\u00f1\u00e1 na presentaci\u00f3n, introduzo a filosof\u00eda e o concepto do proxecto expositivo. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, quero agradecer a confianza prestada pola Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da s\u00faa Conseller\u00eda de Cultura e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura, as\u00ed como de Afundaci\u00f3n, por convidarme a liderar este proxecto cultural apaixonante, e que creo que podemos considerar como a que ser\u00e1 unha das propostas expositivas de maior complexidade t\u00e9cnica das \u00faltimas d\u00e9cadas en Galicia. <\/p>\n<p>A actual hexemon\u00eda da comunicaci\u00f3n dixital ten contrapartidas insospeitadas no mundo f\u00edsico, moito m\u00e1is al\u00e1 do virtual: en gran medida grazas a Internet e as novas tecnolox\u00edas \u00e9 como podemos comprender o \u00e9xito de grandes eventos culturais como os festivais de m\u00fasica ou o auxe das exposici\u00f3ns de gran formato que ata o momento da pandemia ocupaban boa parte da gran axenda cultural europea e que agora se est\u00e1n a reactivar. Coa Conseller\u00eda de Cultura e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura tiven a oportunidade de comisariar en 2019 unha destas grandes exposici\u00f3ns, nun novo modelo no que a tecnolox\u00eda de \u00faltima xeraci\u00f3n e os novos xeitos de divulgaci\u00f3n conviv\u00edan co goce colectivo da presenza das pezas. Pero se Galicia un relato no mundo foi relevante \u00e9 porque deixou un pouso que en moita xente segue ata hoxe: fronte o t\u00f3pico dunha Galicia aillada e perif\u00e9rica, a exposici\u00f3n amosaba como Galicia participaba dun mundo e achegaba a s\u00faa propia identidade ao concerto global. Puiden confirmar al\u00ed que realmente as grandes exposici\u00f3ns son as que re\u00fanen co\u00f1ecemento pero tam\u00e9n emoci\u00f3n. Que son capaces de transmitir algo que o visitante percibe como moi pr\u00f3ximo, moi pegado \u00e1 s\u00faa identidade, e que ao tempo son quen de ampliar os seus horizontes e propo\u00f1erlle ollada m\u00e1is amplas. <\/p>\n<p>Estou interesado nas exposici\u00f3ns que desaf\u00edan os t\u00f3picos que nos rodean, que nos fan preguntas e que son libros abertos e convites \u00e1 exploraci\u00f3n: para un comisario son exposici\u00f3ns sen d\u00fabida arriscadas, pero son as que pagan a pena desenvolver. O proxecto que hoxe presentamos pode ser visto deste xeito: como un desaf\u00edo, como unha pregunta aberta pero tam\u00e9n como un novo xeito de concibir a escala das exposici\u00f3ns. <\/p>\n<p>O que nos interrogamos agora en Cidades no tempo \u00e9 ao redor doutro t\u00f3pico que tam\u00e9n segue vivo e presente nas mentalidades propias e alleas, que se reproduce sen cesar no audiovisual, nos memes de Internet, nas columnas de prensa e en moitos outros soportes: Galicia como un pa\u00eds rural, que sempre foi rural, que \u00e9 rural, e o rural como veh\u00edculo fundamental para comprender a nosa identidade. Pero realmente \u00e9 as\u00ed? <\/p>\n<p>Este proxecto pretende darlle a volta \u00e1 luva. Como comenta con frecuencia Margarita Ledo, Galicia non \u00e9 un pa\u00eds moi extenso pero si \u00e9 un pa\u00eds infinitamente denso. Non te\u00f1o d\u00fabidas que unha parte moi significativa dese espesor e densidade procede das cidades. Se lle damos a volta a esa luva poderiamos ver Galicia exactamente ao rev\u00e9s. Como unha malla densamente interconectada de cidades e vilas a pouca distancia entre elas, como un tecido neuronal que impregna todo o territorio, o transforma e o constr\u00fae.<\/p>\n<p>Pero como a nova xeograf\u00eda nos ensina, Galicia \u00e9 un territorio caracterizado por unhas cidades de l\u00edmites borrosos, que se insertan no rural, mentres o rural se inserta no medio do urbano, constru\u00edndo un proceso h\u00edbrido que fai moi particular a experiencia urbana galega. <\/p>\n<p>O fil\u00f3sofo Ant\u00f3n Baamonde reivindicaba no seu recente libro Unha nova Olanda (Galaxia, 2021) unha aposta decidida por situar mentalmente o fen\u00f3meno urbano como eixo da reflexi\u00f3n colectiva sobre o futuro do pa\u00eds. \u201cCalquera cousa que sexa ou vaia ser Galicia non \u00e9 nada sen as s\u00faas cidades\u201d, afirma, \u201c\u00e9 no \u00e1mbito urbano onde se xogar\u00e1n as grandes partidas do futuro, dende a sa\u00fade da s\u00faa econom\u00eda ata a continuidade do idioma e da cultura, pasando, naturalmente, pola capacidade do pa\u00eds para promover unha certa igualdade e integraci\u00f3n social. Se Galicia ha de ter formas propias de modernizaci\u00f3n iso non ser\u00e1 sen xerar vizosas culturas urbanas\u201d.<\/p>\n<p>O proxecto Cidades no tempo quere trasladar esa reflexi\u00f3n ao \u00e1mbito expositivo, botando unha ollada sobre n\u00f3s mesmos e explorando o legado cultural das sete grandes cidades galegas, contribu\u00edndo a arrequentar esas culturas urbanas \u00e1s que se refer\u00eda Bahamonde e que ser\u00e1n fundamentais para afrontar o futuro no que a dimensi\u00f3n local parece cada vez m\u00e1is relevante. Unha viaxe de exposici\u00f3ns consecutivas que comeza por Santiago de Compostela e contin\u00faa por Ferrol, Lugo, A Coru\u00f1a, Vigo, Pontevedra e Ourense. Esta viaxe comeza en Santiago este venres e rematar\u00e1 en Ourense no ano 2024. <\/p>\n<p>Este termo ao que me refer\u00edn antes \u00e9 central: o legado. Porque con frecuencia \u00e1 hora de abordar as cidades centr\u00e1monos unicamente na s\u00faa evoluci\u00f3n urban\u00edstica, nas trasformaci\u00f3ns dos seus edificios, pero sabemos desde hai m\u00e1is de cen anos que as cidades non son s\u00f3 iso. No texto fundacional da sociolox\u00eda urbana, Robert Park xa escrib\u00eda en 1915 que as cidades son sobre todo \u201cestados de \u00e1nimo, un conxunto de costumes e tradici\u00f3ns, de actitudes organizadas e sentimentos inherentes a estes costumes, que se transmiten mediante dita tradici\u00f3n\u201d. O noso proxecto expositivo vai m\u00e1is al\u00e1 do crecemento urban\u00edstico ou da Historia no seu sentido m\u00e1is convencional e int\u00e9rnase nos imaxinarios, na vida das s\u00faas clases sociais, nas s\u00faas capacidades produtivas, nos seus conflitos e desaf\u00edos, no car\u00e1cter dos seus creadores, nos cambios na idea da propia urbe. Explora de xeito interdisciplinar a identidade das cidades para co\u00f1ecer como cada unha das cidades galegas chega a ser o que son, porque unha cidade sempre est\u00e1 negociando coa s\u00faa memoria: cando medran barrios novos, cando se transforman, cando envellecen os seus cascos antigos. A marabilla das cidades \u00e9 que nunca foron, sempre est\u00e1n sendo.<\/p>\n<p>O principal desaf\u00edo do proxecto \u00e9 a s\u00faa complexidade t\u00e9cnica para narrar as cidades deste xeito, e por iso eu falamos dunha exposici\u00f3n distribu\u00edda: partimos dunha estrutura expositiva com\u00fan para todo o proxecto, que permite facilitar a s\u00faa producci\u00f3n, pero que en cada caso conta integramente con contidos exclusivos e \u00fanicos para cada unha destas cidades, botando man de pezas emblem\u00e1ticas e singulares procedentes do exterior canda outras pezas procedentes de colecci\u00f3ns m\u00e1is pr\u00f3ximas, que son postas nun contexto que facilita novas lecturas e di\u00e1logos.<\/p>\n<p>Nas exposici\u00f3ns sempre indagaremos nos mitos locais e que agachan sobre cada cidade, gozaremos dunha forma innovadora de co\u00f1ecer os ricos arquivos documentais locais para comprender como a cidade se foi definindo desde a expansi\u00f3n urban\u00edstica, a est\u00e9tica, o comercio, a industria ou os servizos p\u00fablicos. Coas nosas mans far\u00e9molas medrar ao longo do tempo desde un miradoiro virtual. E mergullar\u00e9monos, a trav\u00e9s dos Escenarios, no relato moitas veces pouco oculto e visible da mensaxe que garda cada unha delas, e como os seus homes e mulleres fabricaron unha idea de convivencia ao longo dos s\u00e9culos e contaron a s\u00faa cidade. <\/p>\n<p>A exposici\u00f3n nace dunha visi\u00f3n com\u00fan, pero ao tempo \u00e9 profundamente local, elaborada a partir de debates e conversas con numerosos expertos, dos que quero destacar os asesores xerais do proxecto, os profesores Miguel Pazos Ot\u00f3n, Xaqu\u00edn N\u00fa\u00f1ez Sabar\u00eds e Cristina S\u00e1nchez-Carretero: con eles falamos de distribuci\u00f3n de poboamento, de imaxinarios literarios, de identidades cidad\u00e1s, de barrios e fronteiras invisibles. <\/p>\n<p>Para cada unha das cidades, o proxecto conta con coordinadores locais de reputada e co\u00f1ecida experiencia. Deste xeito, e por orde de aparici\u00f3n das exposici\u00f3ns, como nas pel\u00edculas, contamos con Xos\u00e9 Ram\u00f3n Lema (Santiago de Compostela), Guillermo Llorca (Ferrol), Marica Campo (Lugo), Rub\u00e9n Ventureira (A Coru\u00f1a), Manuel Bragado (Vigo), Milagros Bar\u00e1 (Pontevedra) e Xabier Limia (Ourense). Foron seleccionados porque son persoas que non ten s\u00f3 fondos co\u00f1ecementos das s\u00faas cidades, sen\u00f3n que en si mesmos tam\u00e9n conte\u00f1en de alg\u00fan xeito o esp\u00edrito da cidade, ese co\u00f1ecemento inmaterial que procuraremos destilar e recrear nas exposici\u00f3ns. As s\u00faas achegas compl\u00e9tanse con nutridos e plurais consellos asesores locais perm\u00edtennos incorporar moitas olladas distintas, ata un total de m\u00e1is de setenta profesionais que nos ofrecen unha visi\u00f3n desde dentro de cada unha das cidades. Aos coordinadores locais e aos consellos asesores queremos tam\u00e9n agradecer a s\u00faa implicaci\u00f3n e ilusi\u00f3n por este proxecto colectivo. <\/p>\n<p>E todos eles apoiados por un equipo t\u00e9cnico excepcional mixto encabezado por Chus Mart\u00ednez, tanto da Cidade da Cultura como de diferentes empresas do pa\u00eds, integrado por muse\u00f3logos, documentalistas, arquitectos, desenvolvedores virtuais, dese\u00f1adores, ilustradores, realizadores audiovisuais, fot\u00f3grafos e montadores que confirma o que eu digo sempre: en Galicia temos capacidade para desenvolver proxectos culturais do m\u00e1ximo nivel. <\/p>\n<p>En todos estes meses de traballo xa lle comezamos a dar a volta a luva, e o que atopamos foi prodixioso. Porque un proxecto global, de \u00e1mbito galego coma este, e ao tempo profundamente local, ten unha capacidade singular para detectar a diversidade e pluralidade do fen\u00f3meno urbano galego e po\u00f1elo en perspectiva. Non hai unha cidade galega que conte a mesma historia. En cada unha delas \u00e9 reco\u00f1ecible con facilidade un ingrediente distinto desa receita que \u00e9 Galicia: este proxecto ach\u00e9ganos un novo xeito de descubrir as cidades galegas pero tam\u00e9n de viaxar ao coraz\u00f3n da Galicia. As\u00ed o podemos ver na exposici\u00f3n que inauguraremos este venres, Santiago no tempo, no que observaremos como poder, cultura e est\u00e9tica se entrecruzan desde hai s\u00e9culos, e como unha cidade se constr\u00fae dialogando continuamente entre os seus propios pasados.<\/p>\n<p>Agardamos que as exposici\u00f3ns de Cidades no tempo permitan facer visible, dun xeito novo, moitos legados nos que \u00e1s veces non reparamos e reivindiquen unha Galicia urbana que \u00e9 unha parte fundamental da identidade do que hoxe \u00e9 o pa\u00eds, pero tam\u00e9n de como Galicia chegou a ser o que hoxe \u00e9. Como dic\u00eda Italo Calvino nas s\u00faas inesquencibles Cidades Invisibles, \u201cdunha cidade non gozas das sete ou das setenta e sete marabillas, sen\u00f3n da resposta que d\u00e1 a unha pregunta t\u00faa\u201d.<br \/>\nDebo dicir que nesta apaixonante viaxe, as cidades de Galicia conseguen responder \u00e1s nosas preguntas. <\/p>\n<p>1 de xu\u00f1o de 2022<br \/>\nSantiago de Compostela<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe pola ma\u00f1\u00e1 presentamos na Cidade da Cultura un proxecto no que levabamos longo tempo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2022\/06\/01\/cidades-no-tempo-unha-viaxe-a-traves-do-legado-das-sete-cidades\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cidades no tempo: unha viaxe a trav\u00e9s do legado das sete cidades<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33985,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1314],"tags":[],"class_list":["post-33982","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cidades-no-tempo","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33982","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33982"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33982\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33986,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33982\/revisions\/33986"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33985"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33982"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33982"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33982"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}