{"id":33967,"date":"2022-05-18T18:42:19","date_gmt":"2022-05-18T16:42:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33967"},"modified":"2022-05-19T10:19:50","modified_gmt":"2022-05-19T08:19:50","slug":"o-territorio-como-unha-historia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2022\/05\/18\/o-territorio-como-unha-historia\/","title":{"rendered":"O territorio como unha historia"},"content":{"rendered":"<p>O pasado 4 de abril participei no encontro Gastrolimia, un evento transfronteirizo organizado pola Deputaci\u00f3n de Ourense e que est\u00e1 enmarcado dentro do proxecto Fronteira Esquecida. O programa, cofinanciado polo FEDER a trav\u00e9s do programa Interreg, quere &#8220;potenciar os recursos naturais e culturais do r\u00edo Limia-Lima, e a s\u00faa contorna&#8221; e, no \u00e1mbito espec\u00edfico do turismo e da gastronom\u00eda, potenciar as sinerxias entre produtores e hostaleiros da Baixa Limia e do Norte de Portugal. <\/p>\n<p>Falei ao redor dunha idea \u00e1 que cada vez lle dou m\u00e1is voltas en relaci\u00f3n ao turismo e o xeito no que concibimos as viaxes a destinos que, pola s\u00faa ubicaci\u00f3n, son id\u00f3neos para viaxes de curta duraci\u00f3n (fin de semana, pontes, etc.). O que tentei explicar \u00e9 como estamos nun momento moi singular. Nos \u00faltimos anos puidose comprobar (e eu creo que isto deixou desconcertado a todo o mundo) o auxe dos microdestinos. Lugares moi espec\u00edficos dun territorio, moitas veces distanciado dos percorridos tur\u00edsticos m\u00e1is frecuentes, que en cuesti\u00f3n de meses pasan de ser desco\u00f1ecidos a estar masificados. As novas canles de propagaci\u00f3n revelan que temos moitas m\u00e1is posibilidades de construir destinos e diversificar viaxes posibles. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 como conseguilo m\u00e1is al\u00e1 das imaxes que xeneran un impacto visual inmediato, pero aprendendo do que gardan. En gran medida, a foto tur\u00edstica ten a clave. Todos queremos participar dunha historia. Cando nos sacamos unha foto cun monumento famoso \u00e1s nosas costas, queremos incorporar ese monumento \u00e1 nosa biograf\u00eda. De alg\u00fan xeito, os valores e o relato desa historia. Cando simulamos que estamos reflexivos no banco de Loiba, escenificamos e actuamos para a nosa propia audiencia. Os destinos <em>fast-food <\/em>funcionan porque consegues unha foto para a t\u00faa li\u00f1a do tempo das redes, pero tam\u00e9n porque compartes os valores. Con todo, hai que relativizar. Non \u00e9 nada que non exista desde a propia noci\u00f3n de turismo dos viaxeiros do Grand Tour no s\u00e9culo XVIII. A apropiaci\u00f3n do espazo como procura dunha definici\u00f3n e unha historia de si mesmo.<\/p>\n<p>Que historia queremos que conte o territorio? Que relato que sexa fiel \u00e1 tradici\u00f3n, \u00e1 memoria, \u00e1 cultura, \u00e1 sociedade e \u00e1s xentes e, \u00e1 s\u00faa vez, conecte cos novos perf\u00eds tur\u00edsticos. No caso do Xur\u00e9s-Ger\u00eas, as terras de fronteira sempre son profundamente suxestivas. En primeiro lugar, para os visitantes que te\u00f1en a noci\u00f3n de fronteira. Xa que logo, os visitantes de proximidade: o p\u00fablico galego, portugu\u00e9s, espa\u00f1ol. En segundo lugar, como encaixan estas terras con estas narrativas. Non hai unha \u00fanica posibilidade, pero destinos de \u00e1mbito comarcal est\u00e1n compostos de varios focos de atenci\u00f3n e relevancia que poden ser postos en conexi\u00f3n. No meu ver, o que temos que preguntarnos \u00e9 como os territorios poden contar unha historia. Unha historia na que cada destino se complemente cos outros, achegue o seu propio valor, e permita ao visitante desprazarse polo territorio como quen se move por un filme, unha novela ou un conto de tradici\u00f3n oral. A viaxe por territorios rurais par\u00e9cese, en certo xeito, ao hipertexto. M\u00e1is al\u00e1 dos circuitos hiperr\u00edxidos dos grandes destinos, nos que somos conducidos por gu\u00edas ou estamos atribulados por unha pechad\u00edsima lista de cousas &#8220;imprescindibles&#8221; que hai que facer e visitar, as comarcas rurais son como hipertextos que poden ser percorridos en m\u00faltiples direcci\u00f3ns. No que as pequenas grandes historias poden ser contadas en diferentes espazos. <\/p>\n<p>No caso da Baixa Limia, o Xur\u00e9s-Ger\u00eas \u00e9 un espazo absolutamente singular, no que xogamos cun elemento de doble sentido. Por unha banda: o desco\u00f1ecemento sobre a comarca fai posible unha serie de valores de &#8216;descuberta&#8217; que son valiosos no contexto de saturaci\u00f3n tur\u00edstica do mercado global. A problem\u00e1tica \u00e9 a dif\u00edcil conexi\u00f3n, nestes momentos, entre esas historias e os esquemas e referencias culturais co\u00f1ecidas polos turistas, e que sempre son importantes. A maior parte das veces, visitamos o que antes xa temos previamente na nosa memoria, dun xeito ou doutro. A singularidade dun territorio \u00e9 un valor que \u00e1s veces non \u00e9 doado de xestionar. Ese \u00e9 para min o gran desaf\u00edo nestes momentos desta comarca.<\/p>\n<p>No turismo do futuro inmediato parte do desaf\u00edo ser\u00e1 poder ofrecer un relato diferenciado do que o visitante, de alg\u00fan xeito, se poida sentir parte. Non no sentido m\u00e1is directo que poder\u00edamos imaxinar -po\u00f1elo a vendimar, vestilo de algo-, sen\u00f3n na medida en que esa viaxe encaixa coas s\u00faas preguntas, aspiraci\u00f3ns, busca persoal. Concibir un destino como unha historia significa pensala tam\u00e9n como un gui\u00f3n, con todas as s\u00faas estruturas, a s\u00faa capacidade de constru\u00edr atenci\u00f3n e ga\u00f1as de profundizar. Nese concepto, cada localizaci\u00f3n e cada experiencia son parte dese gui\u00f3n.<\/p>\n<p>As plataformas dixitais, a multiplicaci\u00f3n da oferta de contido en toda as canles fai que vivamos inmersos en historias. Moito do caudal de metodolox\u00edas e co\u00f1ecementos pode ser aplicado \u00e1 dinamizaci\u00f3n de \u00e1reas rurais. \u00c1 altura do ano 2022, cando moitos espazos dispo\u00f1en dunha infraestrutura de equipamentos razoable, os principais investimentos deben estar na innovaci\u00f3n asociada \u00e1 oferta e \u00e1 diferenciaci\u00f3n do produto-territorio nun mercado enormemente competitivo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Debatemos sobre novos xeitos de contar territorios en Gastrolimia<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2022\/05\/18\/o-territorio-como-unha-historia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O territorio como unha historia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33971,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-33967","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33967","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33967"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33967\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33980,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33967\/revisions\/33980"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33971"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33967"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33967"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33967"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}