{"id":33923,"date":"2021-05-16T22:21:35","date_gmt":"2021-05-16T20:21:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33923"},"modified":"2021-05-17T00:01:05","modified_gmt":"2021-05-16T22:01:05","slug":"10-anos-de-patrimoniogalego-net","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2021\/05\/16\/10-anos-de-patrimoniogalego-net\/","title":{"rendered":"10 anos de patrimoniogalego.net"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/123794762_3414185658696510_5873698115181258731_n-1-300x300.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" class=\"alignleft size-medium wp-image-33927\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/123794762_3414185658696510_5873698115181258731_n-1-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/123794762_3414185658696510_5873698115181258731_n-1-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/123794762_3414185658696510_5873698115181258731_n-1.jpg 400w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Hai dez anos, unhas poucas semanas antes do D\u00eda das Letras Galegas, agarrei un cabreo descomunal. Non lembro moi ben por que, pero ti\u00f1a que ver coa ausencia de informaci\u00f3n sobre alg\u00fans bens arqueol\u00f3xicos do pa\u00eds e a s\u00faa conseguinte indefensi\u00f3n, debido ao seu desco\u00f1ecemento e falta de posta en valor. Pecheime unha fin de semana na casa e p\u00faxenme a personalizar unha instalaci\u00f3n de wordpress para tentar convertela nalgo parecido a unha base de datos. Estaba nunha tempada de moit\u00edsimo traballo e non pod\u00eda programar unha aplicaci\u00f3n desde cero, as\u00ed que decid\u00edn botar dos fant\u00e1sticos plugins de wordpress e a inxente documentaci\u00f3n oficial e colectiva ao redor deste CMS. De a\u00ed saiu un Frankenstein tecnol\u00f3xico que a\u00ednda se mant\u00e9n hoxe mal que ben, grazas \u00e1s puntadas de mantemento de Eladio Rial. \u00c9 r\u00fastico, un tanto rudimentario, sufriu centos de ataques inform\u00e1ticos pero a\u00ed segue, m\u00e1is ou menos respondendo. Un miragre.<\/p>\n<p>Foi po\u00f1er patrimoniogalego.net en circulaci\u00f3n e sumarse un certo grupo de xente: con alg\u00fans deles ti\u00f1a contacto previo e con moitos outros non. Xente brava que comezou a botar unha man en diferentes \u00e1mbitos, con moito rigor: desde a publicaci\u00f3n das fichas de bens patrimoniais en moitos lugares ata a comunicaci\u00f3n, o mantemento t\u00e9cnico, a did\u00e1ctica, etc. Non nos interesaba a oficialidade. A Xunta de Galicia a\u00ednda carece hoxe dunha ferramenta orientada especificamente \u00e1 localizaci\u00f3n e inventariado dos bens de patrimonio cultural: apenas hai unhas capas moi inc\u00f3modas nos visores xeogr\u00e1ficos pensados para o aproveitamento forestal ou a construci\u00f3n. Estabamos fartos de agardar polas iniciativas p\u00fablicas que non chegaran nin, dez anos despois, chegaron. Criamos nunha sociedade civil que se dota a si mesma de ferramentas. <\/p>\n<p>Dez anos son un bo momento para unha reflexi\u00f3n global. S\u00f3 darei algunhas puntadas moi r\u00e1pidas. En primeiro lugar, o conseguido \u00e9 incrible. Hai que dicilo as\u00ed. Case 12.000 bens culturais distribuidos por todos os concellos do pa\u00eds. Son moit\u00edsimos, un caudal inxente de co\u00f1ecemento e de visibilizaci\u00f3n e posta en valor. Moitos deses bens, an\u00f3nimos, humildes e rurais, te\u00f1en en patrimoniogalego.net o \u00fanico punto de referencia na rede. Os responsables deste esforzo heroico te\u00f1en nomes e apelidos (m\u00e1is ben nomes de usuario). Todo o agradecemento debe ir dirixido a eses catalogadores que investiron centos de horas das s\u00faas vidas en achegar co\u00f1ecemento \u00e1 sociedade galega de maneira desinteresada, e todo o que se lle poida gabar nunca \u00e9 abondo, e tam\u00e9n ao resto do equipo de soporte e apoio que fac\u00eda posible a s\u00faa labor. Na Galicia actual vemos como se reco\u00f1ecen publicamente -por instituci\u00f3ns p\u00fablicas e entidades privadas- iniciativas culturais que ser\u00e1n m\u00e1is ou menos meritorias, pero moitas delas con moito menos percorrido, utilidade p\u00fablica, esforzo e gasto de recursos persoais, como as que fan estes editores de patrimoniogalego.net. Non hai ning\u00fan outro proxecto dixital en Galicia  -se exceptuamos os repositorios institucionais de teses, ou algo as\u00ed- que acumule tanta cantidade de informaci\u00f3n organizada ao redor dos bens culturais inmobles. E a nivel espa\u00f1ol teriamos que irnos, en comparaci\u00f3n, aos cat\u00e1logos en li\u00f1a da Junta de Andaluc\u00eda e similar. E isto hai que dicilo ben alto e claro, e d\u00edgoo eu, a\u00ednda que soe pretencioso, porque non hai ningu\u00e9n que o diga en p\u00fablico. Eles traballan nas sombras, de maneira constante, por un ideal que se di compartir pero que na pr\u00e1ctica non parece importar demasiado. Ning\u00fan deles -de n\u00f3s- busca ning\u00fan tipo de reco\u00f1ecemento, pero esa chamativa ausencia si ten sentido que sexa anotada nun post de reflexi\u00f3n sobre a traxectoria. En parte, por unha paradoxa: o mundo dixital, m\u00e1is que crear realidades novas, o que adoita facer \u00e9 fortalecer as xa existentes. E un aspecto importante: como sabedes, a clave do \u00e9xito das redes sociais \u00e9 o reco\u00f1ecemento, os <em>likes<\/em>, o sentirte querido. Iso \u00e9 o que anima \u00e1 xente a publicar m\u00e1is e m\u00e1is cada vez, buscando ese reco\u00f1ecemento social. Pero esta xente de patrimoniogalego.net curra a cegas, case sen feedback. Como moito, algu\u00e9n entra e o pon a parir porque se confundiu nun microtop\u00f3nimo. E seguen. <\/p>\n<p>No proceso de implementaci\u00f3n do proxecto eramos tam\u00e9n conscientes do que significaba unha web colaborativa e aberta \u00e1 cidadan\u00eda na pr\u00e1ctica. Xa a esa altura hab\u00eda publicados un bo feixe de traballos ao redor de como funcionaba en realidade a web 2.0., as redes e os sistemas de autoedici\u00f3n. Un gran exemplo para patrimoniogalego.net nese sentido era a Wikipedia, unha web formalmente aberta a quen quere participar no traballo, cun inxente tr\u00e1fico que usa os seus valiosos contidos, aberta a que calquera publicase. Pero, en realidade, o groso da edici\u00f3n dos contidos da Wikipedia realiz\u00e1base -e real\u00edzase- por un pequeno grupo de xente. Hai un gran n\u00famero de editores cun ou dous artigos publicados, e logo un pequeno n\u00famero de persoas con centos deles. En patrimoniogalego.net pasa un pouco similar, pero a escala galega, e dentro da escala galega, nun sector tan espec\u00edfico do patrimonio. As\u00ed que isto \u00e9 cousa dun pequeno grupo de tit\u00e1ns, non da sociedade e nin sequera do tecido asociativo do patrimonio cultural galego. Un feixe de persoas que toman unha decisi\u00f3n. <\/p>\n<p>E isto \u00e9 importante. Desde o primeiro momento f\u00f3monos decatando dunha sorprendente eiva que se \u00eda notando mentres o mapa se \u00eda enchendo de punti\u00f1os e pouco a pouco Galicia comezaba a amosar, de maneira reunida e interactiva, o seu dens\u00edsimo patrimonio cultural. Algunhas comarcas ti\u00f1an un volume de fichas m\u00ednimo. E iso sorprend\u00edanos porque eran comarcas nas que exist\u00eda certo dinamismo na defensa e no activismo patrimonial. Ata que nos decatamos de que era precisamente por iso. Al\u00ed onde hab\u00eda asociaci\u00f3ns que vertebraban ao activistas patrimoniais da zona (en realidade sempre un n\u00famero moi reducido de persoas), al\u00ed fallaba patrimoniogalego.net. As asociaci\u00f3ns ti\u00f1an moit\u00edsima informaci\u00f3n sobre o patrimonio da s\u00faa comarca pero agora que dispu\u00f1an dunha ferramenta para facelo visible a nivel global, con capacidade de buscas, de recuperaci\u00f3n cruzada, non o empregaban. Elas ti\u00f1an a s\u00faa propia axenda, e inclu\u00edr datos nunha web de \u00e1mbito galego non era -nin \u00e9- unha delas. E aqu\u00ed vimos un drama do pa\u00eds no \u00e1mbito do activismo e na defensa do patrimonio cultural: o localismo. Ese localismo que \u00e9 unha das nosas mellores virtudes como sociedade, porque nos outorgou unha enorme capacidade de resiliencia ao longo dos s\u00e9culos, pero tam\u00e9n a nosa terrible eiva: a incapacidade de enfrontarse aos graves desaf\u00edos que superan os l\u00edmites do noso min\u00fasculo territorio local. V\u00e9xoo hoxe, con enorme m\u00e1goa, no que est\u00e1 a pasar coa crise dos e\u00f3licos, un asunto grav\u00edsimo. Unha chea de pequenos colectivos facendo ru\u00eddo cada un polo seu pol\u00edgono e incapaces, ata o momento, de artellar unha alternativa de presi\u00f3n pol\u00edtica nos \u00e1mbitos nos que se toman esas decisi\u00f3ns (tam\u00e9n son consciente de que nestes momentos hai movementos ao respecto). As\u00ed que al\u00ed onde traballaban catalogadores en solitario o cat\u00e1logo comezaba a encherse de fichas, e al\u00ed onde hab\u00eda un traballo sostido por anos, mod\u00e9lico en moitos casos, o cat\u00e1logo est\u00e1 m\u00e1is baleiro. Contactouse con boa parte desas asociaci\u00f3ns. Obtivemos boas palabras, pero non o dimos conseguido. L\u00e9mbranme as m\u00edticas conversas que nos contan precisamente esas asociaci\u00f3ns de cando van a unha direcci\u00f3n xeral ou unha alcald\u00eda e todos son boas palabras e m\u00e1is nada. Pois o mesmo: aqu\u00ed todo o mundo ten prioridades e cuesti\u00f3ns de axenda. Non son eu ningu\u00e9n para criticar esas actitudes nin meterme en obxectivos alleos. Os traballos son moitos, os desaf\u00edos e as ameazas ao patrimonio por todo o territorio son constantes e non se d\u00e1 feito. Pero \u00e9 importante ter presente isto para situarnos, para ter todos os datos, para comprender as situaci\u00f3ns. Como vivimos nun marco cultural e referencial determinado que achega posibilidades e couta outras. Outra vez de novo: decisi\u00f3ns persoais e de entidades, non dunha administraci\u00f3n de Compostela. <\/p>\n<p>Outro aspecto significativo \u00e9 a relaci\u00f3n co sector profesional. A adscrici\u00f3n profesional dos catalogadores \u00e9 de todo tipo: hai parados, operarios, t\u00e9cnicos de escea, enxe\u00f1eiros t\u00e9cnicos, xornalistas, alg\u00fans funcionarios. Na franxa dos 100 bens publicados ou menos xa atopamos algunhas persoas que exerceron profesionalmente como arque\u00f3logos hai tempo, pero xa non. Case ning\u00fan destas persoas ten que ver co \u00e1mbito profesional do patrimonio cultural. Isto en si pode ser raro ou non. Algu\u00e9n pode dicir que ao dedicarse profesionalmente ao patrimonio cultural non fan estes traballos gratis. O asunto \u00e9 discutible: tam\u00e9n eu me dedico \u00e1 cultura e escollo que cousas fago de balde e que cousas non. M\u00e1is ben \u00e9 unha actitude ante o sector, e os valores da responsabilidade social corporativa, que tam\u00e9n poden ser estendidos \u00e1s veces ao \u00e1mbito persoal, como os m\u00e9dicos, os enxe\u00f1eiros ou os xornalistas. Non sei. O curioso \u00e9 cando moitos deles empregan patrimoniogalego.net como fonte de referencia para proxectos propios con \u00e1nimo de lucro, e para localizar bens moitas veces deficientemente xeolocalizados nos cat\u00e1logos dos PXOM municipais elaborados sempre por profesionais. Tam\u00e9n hai que dicilo: nestes dez anos temos alg\u00fan (un?) exemplo de menci\u00f3ns ao proxecto en documentos cient\u00edficos ou t\u00e9cnicos, o cal agradecemos de todo coraz\u00f3n.<\/p>\n<p>E outra reflexi\u00f3n \u00e9 persoal: os proxectos colaborativos son marabillosos, pero hai determinados investimentos que son dificilmente sustentables no tempo, como a xesti\u00f3n de persoal. No meu caso, te\u00f1o claro que son un catalizador, pero debido \u00e1s mi\u00f1as obrigas profesionais, podo facer esforzos puntuais de creaci\u00f3n de proxectos, ubic\u00e1ndoos dentro do meu cronograma, pero dificilmente podo xestionalos posteriormente durante un longo periodo. Un gran problema do pa\u00eds \u00e9 a incapacidade conx\u00e9nita de sumar, a\u00ednda que as portas estean abertas, ou teoricamente abertas. Ante a posibilidade da negociaci\u00f3n e o di\u00e1logo, o noso fracaso sempre \u00e9 observar como as sociedades pequenas tenden sempre a facerse m\u00e1is pequenas, e as iniciativas fragm\u00e9ntanse, repl\u00edcanse, perden forza. O acerto de patrimoniogalego.net foi non meterse en diversificar proxectos: pensar sempre en fichas, fichas, fichas. Obxectivo sinxelo e doado. A nosa gran dificultade: conseguir socializar o proxecto, incorporar a m\u00e1is colectivos, incrementar a produci\u00f3n, incorporar ao equipo xestores que quixesen participar na organizaci\u00f3n e difusi\u00f3n. Se cadra faltou tempo, pero o certo \u00e9 que a\u00ednda que estamos cheos de formularios, non sempre conseguimos incorporar caras novas. Un consello cando se acometen estes proxectos: hai que fortalecer, asegurar, a estrutura de xesti\u00f3n, explorar continuamente m\u00e9todos para incorporar sangue nova mentres se mant\u00e9n a cultura da organizaci\u00f3n. <\/p>\n<p>O que m\u00e1is nos pode ensinar un proxecto como patrimoniogalego.net \u00e9 sobre responsabilidade e sobre decisi\u00f3ns persoais. Sobre esa li\u00f1a escura entre o que asumimos como persoas, entre o que nos constru\u00edmos como cidad\u00e1ns en comunidade, e o que queremos descargar noutros lugares, nunha suposta e abstracta iniciativa pol\u00edtica que sabemos que nunca chegar\u00e1 ou que, se chega, non nos convencer\u00e1. Estes proxectos p\u00f3\u00f1ennos diante do noso espello. Outra cousa \u00e9 que nos queiramos mirar neles ou non.<\/p>\n<p>E m\u00e1is nada, por agora. Miro atr\u00e1s e eu, persoalmente, estou moi orgulloso. Esta \u00e9 unha historia moi galega: xente an\u00f3nima, individual, que acaba converxendo nun punto, traballando sen recursos pero manexando de maneira maxistral a mellor potencialidade do pa\u00eds: o tempo. Se cadra por iso amamos tanto o patrimonio cultural: porque a s\u00faa principal materia prima \u00e9 ese tempo longo que estamos dispostos a asumir nos proxectos vitais. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha reflexi\u00f3n sobre unha d\u00e9cada deste proxecto colaborativo sobre o patrimonio cultural<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2021\/05\/16\/10-anos-de-patrimoniogalego-net\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">10 anos de patrimoniogalego.net<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33927,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-33923","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33923","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33923"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33923\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33940,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33923\/revisions\/33940"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33927"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33923"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33923"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33923"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}