{"id":33838,"date":"2021-01-14T18:10:09","date_gmt":"2021-01-14T16:10:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33838"},"modified":"2021-01-14T19:16:11","modified_gmt":"2021-01-14T17:16:11","slug":"la-bodeguilla-de-san-roque-a-mesa-das-conversas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2021\/01\/14\/la-bodeguilla-de-san-roque-a-mesa-das-conversas\/","title":{"rendered":"La Bodeguilla de San Roque: a mesa das conversas"},"content":{"rendered":"<p><strong>Texto conmemorativo elaborado para celebrar os 25 anos da Bodeguilla de San Roque, celebrados en xaneiro de 2011. Publico este texto o d\u00eda no que Javier M\u00edguez Nimo anunciou o peche deste local emblem\u00e1tico de Compostela, e profundamente ligado tam\u00e9n ao inicio de Cap\u00edtulo Cero.<\/strong><\/p>\n<p>Onde est\u00e1 o centro das cidades? Santiago de Compostela \u00e9 unha cidade cando menos bic\u00e9fala. Todos procuramos situar o centro do imaxinario nalg\u00fan punto entre a Quintana, o Obradoiro e algunha terraza da R\u00faa Nova: iso \u00e9 o que declaramos publicamente, pero sabemos que non \u00e9 exactamente as\u00ed. En Compostela, o centro vai esvarando monte abaixo, deixando muxicas en Montero R\u00edos, bate contra a Praza Roxa e que sabe se non continuar\u00e1 esvarando nesta cidade de xeograf\u00eda tan variable coma o tempo que sufre. O compostel\u00e1n vive unha esquizofrenia entre o que a xente pensa que \u00e9 -a cidade vella- e o que realmente \u00e9 -a cidade vella, a zona nova, Vite, Vid\u00e1n, Conxo, Pontepedri\u00f1a, San L\u00e1zaro, As Cancelas, eu que sei: barrios separados entre si, \u00e1s veces inconexos, caprichosos na s\u00faa orograf\u00eda, m\u00e1is que na s\u00faa xeograf\u00eda, unidos por poucas cousas pero importantes, como a s\u00faa propia fundaci\u00f3n: barrios constru\u00eddos a partir dos cartos da emigraci\u00f3n dos 60 en Alema\u00f1a ou Su\u00edza. As\u00ed que, onde est\u00e1 o centro? O m\u00e1is diplom\u00e1tico lavarase as mans e dir\u00e1: na Praza de Galicia. Ao car\u00f3n est\u00e1n os bancos, est\u00e1n os notarios, as tendas de m\u00f3biles, as de roupa para todos os p\u00fablicos e a cl\u00ednica de cirurx\u00eda est\u00e9tica. Que m\u00e1is se precisa?<\/p>\n<p>Por iso, cando \u00e9 c\u00e9ntrico un bar ou un restaurante? \u00c9 unha boa cuesti\u00f3n, pero eu te\u00f1o unha resposta doada: cando os seus clientes fan del un dos centros das s\u00faas vidas.<\/p>\n<p>Hai un s\u00e9culo o barrio de San Roque era un lugar apracible, o punto de partida para as viaxes \u00e1 cidade da Coru\u00f1a. Os pl\u00e1tanos sombreaban a r\u00faa antes de entrar en Basqui\u00f1os- d\u00e1ndolle certa aparencia de bulevar a unha avenida m\u00e1is ampla do habitual nesta cidade. Pod\u00edase ver con facilidade o monte Pedroso \u00e1 esquerda, a cidade comezaba a ser un pouco xa aldea, e as casas dos ricos e os mosteiros de monxas que no XVII xa non entraban na am\u00e9ndoa intramuros ti\u00f1an hortas m\u00e1is grandes; este cami\u00f1o era percorrido polas dilixencias que volv\u00edan da Coru\u00f1a e os traballadores que baixaban a serviren \u00e1s casas dos se\u00f1ores, nas boas r\u00faas do vello burgo. Non era un lugar especialmente solitario, nin moito menos -e logo veremos como La Bodeguilla xa ti\u00f1a algo de Bodeguilla antes de ser Bodeguilla- pero cando quer\u00edas ver e ser visto, cando quer\u00edas figurar, cando quer\u00edas pasalo ben, hab\u00eda que moverse entre a Praza de Galicia, o Toural e a Alameda, que \u00e9 por onde andaba o tomate daquela. Entre un sitio e outro disemin\u00e1banse os caf\u00e9s -para os tertulianos- e os paseos -que sa\u00edan m\u00e1is baratos-. San Roque era un espazo m\u00e1is popular. Aqu\u00ed hab\u00eda un vello hospital de peregrinos, casas, alg\u00fans vellos comercios, o c\u00e1ntico de maitines das monxas de Santa Clara e do Carme e unha taberna de nome un tanto p\u00edcaro: a taberna do Padre Conas.<\/p>\n<p>Pero diso falareilles logo.<\/p>\n<p>Hai uns meses Javier M\u00edguez Nimo, propietario de La Bodeguilla de San Roque, chamoume para tomar un caf\u00e9. E f\u00edxome un pouco m\u00e1is vello -como nos leva facendo a todos este ano- coa s\u00faa primeira frase.<\/p>\n<p>-La Bodeguilla vai cumprir 25 anos.<\/p>\n<p>-Xa?<\/p>\n<p>Ao longo deste ano tiven a oportunidade de escoitar este di\u00e1logo repetido en ducias de ocasi\u00f3ns. E sempre \u00e9 igual. Algu\u00e9n di que La Bodeguilla de San Roque est\u00e1 de aniversario. E o contertulio abr\u00e1iase e, acto seguido fai un breve silencio, xirando discretamente os ollos cara un lado, en \u2018modo introspecci\u00f3n\u2019. Estou convencido de que, internamente, comeza a virar para atr\u00e1s a ver cando foi a primeira vez que foi el ou ela pola Bodeguilla, cantos anos hai que acabou a carreira, o tempo que leva coa s\u00faa muller, que vello ten o coche, canto di\u00f1eiro ten deixado al\u00f3, cantas noivas quedaron no cami\u00f1o, aquela vez que foron ao Festival de Ortigueira, a cervexa dese m\u00e9rcores noite que non deb\u00eda ter tomado porque as\u00ed pasou o que pasou, a primeira vez que preguntou que eran as <em>Delicias Bodeguilla<\/em>&#8230;<\/p>\n<p>Pois si, se\u00f1ores. 25 anos. Data de apertura: 19 de setembro de 1986. Ese d\u00eda Javier M\u00edguez Nimo abriu as portas de La Bodeguilla de San Roque. Un local no que nada cambiou substancialmente por f\u00f3ra, pero si por dentro. La Bodeguilla de San Roque era o substituto dun local de hostalar\u00eda anterior, que ti\u00f1a por <em>mal nome<\/em> a Taberna do Padre Conas. Non consegu\u00edn saber quen era tal Padre Conas, que a min me soa a contempor\u00e1neo de Mar\u00eda Casta\u00f1a e de Mambr\u00fa, un alcume tabernario, atrabiliario e algo <em>lumpen<\/em> que lle acae ben a unha taberna pouco glamurosa. A taberna deb\u00eda responder, polas descrici\u00f3ns que me deron, a ese tipo de local con pintura de aceite nas paredes, barra de madeira, bocois de Ribeiro no fondo e certa escuridade decorativa. Un pouco coma o que hoxe se conserva no Gato Negro. Pechou contra o 77 ou 78.<\/p>\n<p>Imax\u00ednomo como un local de posguerra, cunha l\u00e1mpada pendurada do teito de madeira, que daba algo para comer e ti\u00f1a algunhas habitaci\u00f3ns, se cadra non demasiado limpo e con fregueses tampouco preocupados por tal disposici\u00f3n. Hai que pensalo un pouco coma o extinto Porr\u00f3n que estaba en Casas Reais: un calendario dez anos anterior pendurado dunha parede, unha fiestra cun par de teas de ara\u00f1a, serraduras no chan, o cheiro doce da pipeta de vi\u00f1o e un taberneiro sempre \u00e1 defensiva por detr\u00e1s da barra. Coma en moitos locais compostel\u00e1ns, o Padre Conas ti\u00f1a unha especialidade moi da \u00e9poca: o bocadillo de sardi\u00f1as con queixo. Queixo do pa\u00eds, claro, que pega ben na s\u00faa acidez coa salgaz\u00f3n das sardi\u00f1as e que tiran do vi\u00f1o, que \u00e9 o que fai falta no seu local. O que \u00e9 o mundo: hoxe o bocata de sardi\u00f1as \u00e9 artigo en desuso nos locais compostel\u00e1ns, e s\u00f3 se pode atopar en locais de nova coci\u00f1a, \u00e1s veces, debidamente <em>actualizado<\/em>; a sardini\u00f1a de Rianxo e do resto das r\u00edas galegas foi desaparecendo desas latas de tambor que hab\u00eda abertas naquelas tabernas da \u00e9poca, e substitu\u00edndose por un peixe de caladoiros remotos. No Padre Conas tam\u00e9n hab\u00eda un consolo para os nenos que os av\u00f3s ti\u00f1an que traer \u00e1 cidade: galletas caracter\u00edsticas para enredar mentres o vello se d\u00e1 o gusto dun Ribeiro algo chisp\u00f3n.<\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que o propio local do Padre Conas ten a s\u00faa propia tradici\u00f3n oral dentro. Nun proceso de transferencia clientelar, un dos clientes m\u00e1is queridos na primeira Bodeguilla, a dos anos 80, era o se\u00f1or Rafael Pica\u00f1os. Este home seguiu a li\u00f1a sucesoria de Taberna a Adega, as\u00ed que foi o encargado de transferir a memoria tabernaria dun establecemento ao outro. O se\u00f1or Picallos fac\u00edase notar. O seu sa\u00fado de guerra matinal, canda inauguraba o d\u00eda en La Bodeguilla de San Roque, era un tributo \u00e1 ausencia de vergonza: \u201cPola ma\u00f1\u00e1aaaa!!!\u201d. E pola ma\u00f1\u00e1 era. Despois xa lle ca\u00eda unha copi\u00f1a. E logo algunha m\u00e1is. Picallos era un tipo algo exc\u00e9ntrico, extremadamente vital, falador.<\/p>\n<p>As\u00ed que este vate de barra foi, como dic\u00eda, o encargado de transmitir a an\u00e9cdota do Padre Conas, unha lenda que a\u00ednda hoxe se repite entre a parroquia e se recrea en vi\u00f1etas e chistes: un conto de esp\u00edrito tabernario e, xa que logo, non moi fino nas s\u00faas maneiras. A cousa debeu andar polos anos 50, cando unha noite apareceu un viaxante na taberna. P\u00eddelle de cear ao taberneiro e tam\u00e9n unha habitaci\u00f3n para durmir, xa que o Padre Conas ofrec\u00eda camas no piso superior. Pero aquel viaxante quere algo m\u00e1is.<\/p>\n<p>-Mire, \u00e9 que quero durmir quente pero non me apetece sa\u00edr de aqu\u00ed, que vai fr\u00edo e chove. Mire, a s\u00faa muller, dispensando, est\u00e1 moi apetecible, e eu ofr\u00e9zolle 4.000 pesetas se ma deixa esta noite.<\/p>\n<p>O taberneiro, con bastantes poucos escr\u00fapulos e moita cobiza, accede a regatear e por fin concede o servizo. 4.000 peseti\u00f1as son 4.0000 peseti\u00f1as, pensa. Ao d\u00eda seguinte, o viaxante p\u00e1galle o acordado e marcha. O taberneiro non tarda un segundo en ir ao banco a ingresar o pequeno tesouro, e al\u00ed descubre que era di\u00f1eiro falso. Vela\u00ed que o home cobizoso e sen moral sae tosquiado do mal negocio que fixera.<\/p>\n<p>A historia do pousadeiro burr\u00e1n e avarento poder\u00eda ser propia do medieval <em>Decamer\u00f3n<\/em> de Bocaccio. Se foi certa ou non, dubido moito que algunha vez se consiga saber algunha vez. A min a d\u00fabida que me queda \u00e9 que pensar\u00eda a muller de todo isto&#8230;<\/p>\n<p>Pero estamos falando de <em>La Bodeguilla de San Roque<\/em>. Javier M\u00edguez chegou a este local despois dun duro percorrido pola noite compostel\u00e1. De feito, tan <em>queimado<\/em> estaba Javier co malvivir nocturno compostel\u00e1n, que La Bodeguilla \u00eda ser inicialmente unha tenda de roupa. Foi a s\u00faa nai quen o convenceu de que o seu era a hostalar\u00eda. Atr\u00e1s quedaban esas furiosas e \u00e1cedas noites dos 80 en Compostela, que deixar\u00edan calquera noite de xoves actual na cidade \u00e1 altura dunha reuni\u00f3n dom\u00e9stica de tupperware. Coincid\u00edan varios factores: a liberdade acaba de estrear, a sa\u00edda da crise do petr\u00f3leo dos 70 e unha Universidade \u00e1 que por primeira vez, masivamente, os fillos do pobo pod\u00edan acceder. Os 80 foron o paso do tuno -o arquetipo da universidade cl\u00e1sica compostel\u00e1- a unha universidade masiva que precisou dunha nova idea de diversi\u00f3n m\u00e1is al\u00f3 dos locais do Franco ou da Ra\u00ed\u00f1a e as cuncas de Ribeiro. O Ensanche converteuse nunha sorte de Dr. Jekyll e Mr. Hyde, ou unha Febre do Xoves noite. Durante o d\u00eda era unha cidade de servizos destinada a estudantes, pero tam\u00e9n a habitantes da periferia da cidade, e pola noite algunhas das s\u00faas arterias convert\u00edanse en tumultuosas avenidas de copas e alcol.<\/p>\n<p>Javier participou dese mundo desde detr\u00e1s da barra; vela\u00ed a forxa dun profesional. No Crosby, no Tamboura, en moitos sitios que desapareceron e noutros que a\u00ednda resisten. A movida <em>pandillera<\/em> fac\u00eda de aquela estragos na noite compostel\u00e1 e convert\u00eda nun lugar dif\u00edcil para traballar, e este aspecto vai ser clave. Nun outubro, os hostaleiros autoorganiz\u00e1ronse para serenar a noite -que se convertera, fin de semana tras fin de semana, nun campo de batalla constante, e consegu\u00edrono. Pero aquela vida, que remataba todas as noites no Black, onde conflu\u00eda a hostalar\u00eda nocturna da cidade cos \u00faltimos resistentes da movida compostel\u00e1, non era doada. No Crosby, Javier autodefin\u00edase como <em>Pap\u00e1 Pitufo<\/em>. Un rapaz de 22 anos dando de beber a adolescentes do instituto Rosal\u00eda de Castro. A\u00ednda que desa barra sa\u00edron grandes amizades, Javier v\u00eda o seu futuro noutro lado. Entre copa e copa, pensaba no novo local.<\/p>\n<p>As\u00ed sa\u00edu o nome: <em>La Bodeguilla de San Roque<\/em>. A min iso de Bodeguilla de San Roque tenme moito aire do tempo no que foi creado, nos anos 80. Hai termos que definen \u00e9pocas. Dos 90 \u00e9 o verbo molar. E dos 80 \u00e9 esa definici\u00f3n de tipo pouco serio: \u201c\u00e9 un cantante\u201d. Para os que desco\u00f1ezan os 80, o termo \u2018Bodeguilla\u2019 era <em>vox populi<\/em>. Pux\u00e9rao de moda Felipe Gonz\u00e1lez, presidente do Goberno, cando reformara un subterr\u00e1neo da Moncloa e o empregara como almac\u00e9n de vi\u00f1os e comedor para as ceas dos venres coa intelectualidade do momento. Javier asegura que a s\u00faa Bodeguilla non estaba inspirada estritamente na de Felipe Gonz\u00e1lez. A palabra estaba, m\u00e1is ben, no ambiente, e ti\u00f1a que ver cos inicios dunha cultura <em>gourmet<\/em> na sociedade galega e espa\u00f1ola, conforme a democracia se consolidaba e o vi\u00f1o pasaba de ser un artigo alimentario a un produto de pracer para o n\u00famero crecente de persoas que pasaban a conformar a clase media. \u201cAdemais, hai unha diferenza\u201d, comentoume Javier entre risos, \u201co noso \u00e9 La Bodeguilla e o de Felipe era<em> La Bodeguiya<\/em>\u201d.<\/p>\n<p>A cousa foi moi sinxela. Javier fac\u00eda horas tam\u00e9n no Tamboura, outro m\u00edtico local da noite compostel\u00e1, no que entraba \u00e1s 10 e media da noite. Al\u00ed traballaba cunha parella, \u00c1lex e Kubala, aos que lles contaba como \u00eda marchando o proxecto. E, coma sempre pasa cando montas un local de hostalar\u00eda, o nome \u00e9 o m\u00e1is dif\u00edcil. Javier coment\u00e1balles: \u201cVou montar unha <em>bodeguilla<\/em> e non sei que nome po\u00f1erlle\u201d. E ve\u00f1a a darlle voltas. E unha noite, tras da barra, Kubala dille: \u201cArrecarallo, neno, pero se o est\u00e1s a dicir ti mesmo. Ponlle <em>Bodeguilla<\/em>!\u201d. As\u00ed que digamos que o nome chegou por insistencia.<\/p>\n<p>O 19 de setembro de 1986 abre La Bodeguilla de San Roque. O nome do barrio tampouco \u00e9 casual. Hai que imaxinar na \u00e1rea unha Compostela que se foi reorganizando mentres medraba e se \u00eda convertendo na capital efectiva de Galicia. No ano 1986, San Roque era un barrio con moitas posibilidades. O mercado dos xoves -que a\u00ednda se resist\u00eda a marchar da cidade- estaba por detr\u00e1s do Hospitali\u00f1o de San Roque, na r\u00faa Valle Incl\u00e1n, e os comerciantes xitanos xa precisaban de caf\u00e9s \u00e1s oito da ma\u00f1\u00e1. Estaba -e segue a estar- o Colexio La Salle. Os xulgados tam\u00e9n estaban pr\u00f3ximos. No 89 tam\u00e9n comezan as televisi\u00f3ns e cr\u00e9ase o centro de xornalismo na r\u00faa Loureiros, non moi lonxe. E o que hoxe \u00e9 o edificio fantasmag\u00f3rico do Hospital Cl\u00ednico Universitario tampouco quedaba lonxe de La Bodeguilla.<\/p>\n<p>La Bodeguilla abre s\u00f3 co local inferior: apenas 49 metros cadrados. As posibilidades non son moitas: Javier non procura un restaurante, sen\u00f3n un local no que intercambiar petiscos e vi\u00f1os ao redor da conversa. Tam\u00e9n toma unha decisi\u00f3n importante: non quere televisi\u00f3n. Non \u00e9 unha decisi\u00f3n f\u00e1cil. Non sei se lembraredes, pero o ano 86 \u00e9 o ano no que se comeza a emitir a telenovela Cristal. En pleno auxe dos culebr\u00f3ns televisivos, nun espazo no que se van tomar vi\u00f1os, \u00e9 unha decisi\u00f3n importante. De feito, a idea de Javier \u00e9 de ter un horario m\u00e1is ou menos decente dentro do sacrificado mundo da hostalar\u00eda. Dar servizos de caf\u00e9s pola ma\u00f1\u00e1 e de vi\u00f1os antes de xantar e pechar \u00e1 mediod\u00eda ata a tardi\u00f1a. Pero claro, as nais que levan os nenos ao colexio La Salle entran \u00e1s 15:15 e xa non marchan ata que van recoller aos nenos \u00e1s cinco e pico. Un d\u00eda polo outro, La Bodeguilla tivo que redefinir o seu horario para adaptarse a estas novas clientas. \u201cDe aqu\u00ed non me movo en todo o d\u00eda\u201d, conclu\u00edu. Ata hoxe.<\/p>\n<p>O pequeneiro do local tam\u00e9n obriga a definir ben a coci\u00f1a que se ofrece nel. Fundamentalmente, ser\u00e1 unha coci\u00f1a de petiscos, unha coci\u00f1a de friames, tostas, bos embutidos e xam\u00f3ns, queixos, pat\u00e9s e algunhas cousi\u00f1as de coci\u00f1a para darlle unha nota de cor quente: a tosta de salm\u00f3n afumado, os revoltos de cogomelos ou os pementos do piquillo recheos. Todos os pratos, preferentemente, para o centro da mesa. \u00c9 curioso que, malia que La Bodeguilla medrou en espazo, ga\u00f1ando un comedor arriba, e exportou o concepto a La Bodeguilla de San L\u00e1zaro, a filosof\u00eda de fondo da carta segue sendo a mesma. A\u00ednda que a oferta de pratos se multiplicou desde os oitenta, no trasfondo seguen estando as raci\u00f3ns compartidas, os pratos que se intercambian, unha coci\u00f1a gratificante e doada que acompa\u00f1a e harmoniza cos vi\u00f1os, pero que non renuncia aos ciclos anuais. Xornadas estacionais, coma dos cogomelos, entran m\u00e1is ou menos cedo na carta. E Juan Carlos, o camareiro catal\u00e1n que acompa\u00f1a a Javier nestes primeiros momentos ser\u00e1 o introdutor dun dos pratos de \u00e9xito que acompa\u00f1ar\u00e1n \u00e1 Bodeguilla para sempre, o pan con tomate. Non ser\u00e1 o \u00fanico.<\/p>\n<p>Un dos casos m\u00e1is curiosos ser\u00e1 o do coci\u00f1eiro Marcelo Tejedor, un dos grandes de Galicia. No ano 86, Tejedor estaba rematando os seus cursos no Instituto de Formaci\u00f3n Profesional de Lamas de Abade, pero ti\u00f1a unha moza no barrio de San Roque, as\u00ed que todos os d\u00edas pasaba pola Bodeguilla a tomar caf\u00e9. Tejedor mirou para a carta de La Bodeguilla e non puido evitar darlle a volta e introducir, como \u00e9 habitual nel, un novo concepto: un pastel de espinacas con gambas que se mantivo en carta durante moito tempo despois desas \u00e9pocas. Como todo na Bodeguilla, as cousas boas adoitan chegar para quedarse. \u00c9 o caso das croquetas, por exemplo, que eu reco\u00f1ezo como debilidade persoal, e que Javier me revela que foron asociadas \u00e1 construci\u00f3n do comedor de arriba e \u00e1 nova coci\u00f1a.<\/p>\n<p>Un dos elementos m\u00e1is diferenciais de La Bodeguilla de San Roque \u00e9 a s\u00faa adega, que indiscutiblemente \u00e9 unha das mellores da cidade; as cartas de vi\u00f1os son como unha colecci\u00f3n da sabedor\u00eda, dos gustos do empresario e da experiencia na relaci\u00f3n co seu cliente. Javier M\u00edguez Nimo soubo desde o primeiro momento que, canda as marcas tradicionais -lembra daquela primeira \u00e9poca riojas como Paternina, Campo Viejo, San Asensio ou Siglo Saco, destinadas a un cliente m\u00e1is conservador, estaba buscando outra cousa. A aposta polo vi\u00f1o galego en La Bodeguilla de San Roque \u00e9 determinante. No ano 86 Javier comeza a explorar denominaci\u00f3ns emerxentes nese momento como Ribeira Sacra, e a traballar con empresas como Adegas Moure. O Ribeiro, a s\u00faa gran paix\u00f3n como amador dos vi\u00f1os galegos, tam\u00e9n aparece nese momento. A s\u00faa\u00a0 primeira gran compra son 100 caixas de Ribeiro de calidade. Faino en setembro do ano 86 e en xaneiro do 87 xa non queda ningunha. \u201cNacemos cunha estreli\u00f1a\u201d, dime modest\u00edsimo Javier. Se cadra si, pero vendo como evolucionaron as cousas, sen d\u00fabida tam\u00e9n naceron con olfacto e intelixencia.<\/p>\n<p>Apostar polo vi\u00f1o galego de calidade nos 80 significou basicamente, situarse no inicio dun importante movemento de transformaci\u00f3n da viticultura galega. Nos anos 80, cando naceu a autonom\u00eda, vivimos un momento de especial eclosi\u00f3n da sociedade galega, a partir da incorporaci\u00f3n de sectores de prestixio. Dese momento, \u00e9 o concepto da <em>moda galega<\/em>, e o vi\u00f1o -en primeira instancia a denominaci\u00f3n de orixe R\u00edas Baixas e logo foron chegando as outras- incorporouse a unha nova idea de estilos de vida a trav\u00e9s dos produtos galegos. Un d\u00eda, na barra de La Bodeguilla, Javier estaba a falar cun rapaz co fulgurante ascenso do Tinto Pesquera de Alejandro Fern\u00e1ndez nas listas de Robert Parker -puntuaci\u00f3ns que revolucionar\u00edan e multiplicar\u00edan- o prezo do vi\u00f1o da Ribera del Duero. Na conversa meteuse bruscamente a opinar un home que estaba tomando un vi\u00f1o na barra:\u00a0 era nin m\u00e1is nin menos que Emilio Rojo, de aquela un enxe\u00f1eiro de multinacional que o deixou todo por volver ao terru\u00f1o e traballar d\u00faas fincas herdadas pola s\u00faa muller. Chegaba ata La Bodeguilla para ensinar seu primeiro vi\u00f1o, un Ribeiro Branco colleita do 87. Naquel momento, La Bodeguilla mercoulle 25 caixas. Pero a inmensa popularidade do Emilio Rojo multiplicou a demanda dun vi\u00f1o limitado na actualidade a unhas 780-800 caixas, e convertido nun artigo exclusivo e disputado. Aquelas 25 caixas ficaron reducidas a un cupo dunha \u00fanica caixa por colleita que Javier reparte polos dous locais,\u00a0 o de San Roque e o de San L\u00e1zaro.<\/p>\n<p>La Bodeguilla dos 80 era basicamente moi similar, en decoraci\u00f3n, \u00e1 actual. Estas mesi\u00f1as pequenas que se arrecunchan nos espazos dispo\u00f1ibles, a decoraci\u00f3n en madeira, a barra con certa solidez e o m\u00e1rmore branco. Algunhas cousas, por exemplo, est\u00e1n en distinto espazo. Unha delas \u00e9 o vitral, que hoxe en d\u00eda ocupa unha das paredes do comedor superior e que foi elaborado por Polo, un artista local que era irm\u00e1n da propietaria doutro local moi co\u00f1ecido na Compostela dos 80: a Teter\u00eda da Algalia. O vitral est\u00e1 presidido por un guerreiro -en plan creativo-, pero f\u00edxense ben nun detalle secreto, que pouca xente co\u00f1ece. Obs\u00e9rvenlle o cinto. Que ten de raro? Pois no centro van ver un holograma, un holograma deses que estaban tan de moda nos 80 -esas figuri\u00f1as camufladas en superficies brillantes-, establecendo unha curiosa ponte coa \u00e9poca actual, na que tam\u00e9n volven estar de modas estas figuras ao xeito m\u00e1xico.<\/p>\n<p>Como acontece con moitos profesionais da hosteler\u00eda, La Bodeguilla de San Roque acabou por converterse na primeira casa de Javier; a segunda, a de verdade, fica para os tempos mortos.<\/p>\n<p>Se un se para a pensar, descubre que boa parte das decisi\u00f3ns dunha vida est\u00e1n tomadas en pequenos metros cadrados; espazos e azares x\u00fantanse nunha baralla que non sabes por quen \u00e9 ordenada. Aos poucos meses de comezar a traballar, a noite de reis do 1987,\u00a0 Javier cortou unha man tras da barra nun pequeno accidente que lle fixo ter o brazo en estribeira; desde logo, non pod\u00eda servir mesas, as\u00ed que se dedicou a facer de relaci\u00f3ns p\u00fablicas entre as mesas. Un grupi\u00f1o de mozas \u00eda despedir a Gloria, a s\u00faa muller, \u00e1 estaci\u00f3n de autobuses, e pararan en La Bodeguilla a tomar algo. A\u00ednda que Gloria \u00e9 de Calo, apenas se co\u00f1ec\u00edan das festas populares do ver\u00e1n. Nas propias mesas de La Bodeguilla, cun brazo en estribeira, xusto pasado o Nadal, comeza esa parella que segue ata hoxe.<\/p>\n<p>Pero non \u00e9 a \u00fanica e iso \u00e9 o relevante. O fascinante dun local \u00e9 que el mesmo acaba por converterse nun espazo social e de encontro, cos seus ritmos, pasos, e microespazos, e a memoria que ten o hostaleiro \u00e9 s\u00f3 unha pequena parte de todo\u00a0 que un local como La Bodeguilla ten gardado entre os seus muros. O hostaleiro \u00e9 propietario das cousas tanxibles, pero circula unha chea de intanxibles ao redor do local: historias, memorias, olladas, encontros e desencontros que son imposibles de amarrar e recoller se non \u00e9 a trav\u00e9s de relampos. Quen entre en La Bodeguilla, por exemplo, un venres noite, pode ver un local ateigado de clientes ceando ou agardando por unha mesa. En realidade hai moito m\u00e1is. Ese escenario ateigado est\u00e1 cheo de claves ocultas, claves que s\u00f3 comprenden os clientes asiduos.<\/p>\n<p>Tal \u00e9 o caso das pandillas. Na longa vida de La Bodeguilla, cando menos identif\u00edcanse catro prolongadas pandillas, das que na maior parte seguen vinculadas\u00a0 ao local. Xentes como a pandilla literaria, composta por Alfonso, Xaqu\u00edn, Manolo, Vicente, Jos\u00e9 Antonio, Clara&#8230;, a das Chicas de Ouro, como Charo, Chon, Berta, Tere, as Mar\u00edas -\u00e9 doado que se nos esquezan nomes, tantos nomes!- ou mesmo os Chinchimonis, as\u00ed co\u00f1ecidos por xogar ao <em>chinchimoni <\/em>ou xogo dos chineses -ese xogo inventado, segundo a lenda, por un pastor de Bercianos del Real Camino, en Le\u00f3n, a finais do XVIII-, no que pagaba as rondas o perdedor, claro. O se\u00f1or Rafael Picallos era a alma mater deste grupo no que tam\u00e9n se xuntaban ZP, Chicho Panadeiro, Lema, Alfredo, o Farmac\u00e9utico, Kiko, Xan o Monecas, Edu o Secre, Morandeira&#8230;<\/p>\n<p>Agora estamos sentados cos Chiquipallas, en La Bodeguilla de San L\u00e1zaro. Unha pandilla hist\u00f3rica de La Bodeguilla de San Roque, un dos m\u00e1is veteranos grupos de amigos que acoden ao local desde hai anos. Os Chiquipallas son un grupo de amigos moi divertidos que en si mesmos retratan a evoluci\u00f3n desta cidade -que \u00e9 a medias unha urbe de aluvi\u00f3n e ao tempo unha vila de toda a vida- desde finais dos 80. \u00c9 interesant\u00edsimo contrastar a s\u00faa visi\u00f3n de La Bodeguilla coa de Javier. A diferencia poder\u00edase resumir na visi\u00f3n \u201cEstou de p\u00e9\/ Estou sentado\u201d.<\/p>\n<p>Que a experiencia \u00e9 un grao est\u00e1 claro que \u00e9 unha verdade coma un templo. E iso n\u00f3tase aqu\u00ed como en ning\u00fan sitio. En primeiro lugar, os cl\u00e1sicos de La Bodeguilla non suben \u00e1 primeira planta, quedan no baixo. Saudosos dos primeiros tempos do local? En absoluto. O que lles gusta \u00e9 o certo ton de feira que ten a Bodeguilla. \u201c\u00c9 coma o mercado de Padr\u00f3n\u201d, define un deles. De alg\u00fan xeito, o comedor da planta alta alenta moito menos ao encontro e ao intercambio. \u00c9 m\u00e1is \u201cformal\u201d.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed, na planta baixa, pasa de todo. Seica aluden a rollas voadoras entre mesas como un fen\u00f3meno relativamente habitual (eu non os vin na vida, pero son te\u00f1o a rodaxe desta xente). A trav\u00e9s da gusto pola planta baixa, \u00e9 espectacular observar as noci\u00f3ns estrat\u00e9xicas da veterana clientela de La Bodeguilla para dispo\u00f1er das s\u00faas mesas preferidas na hora punta de La Bodeguilla, o venres pola noite. Nestes momentos, o local conv\u00e9rtese nun dos m\u00e1is concorridos da cidade. Moverse neses apurados momentos, merece unha estratexia do Risk e, algunhas veces, mesmo do Cluedo.<\/p>\n<p>Mentres os turistas suben conformes \u00e1 primeira planta, alleos ao campo de batalla mesil, os veteranos af\u00e9rranse \u00e1s disputadas mesas do chan como a un marco dunha finca. Co\u00f1ecen o n\u00famero de cada mesa -ese que empregan os camareiros para repartir as comandas- como aut\u00e9nticos profesionais e te\u00f1en m\u00e1is ou menos clara a xerarqu\u00eda de preferencias. O trono, a ra\u00ed\u00f1a de todas as mesas \u00e9 a n\u00famero 8. Saben ben a cal me refiro. \u00c9 aquela grande, nunha esquina, antes dos ba\u00f1os e as escadas que suben ao comedor. Sen d\u00fabida \u00e9 a mesa m\u00e1is afastada -por dicir algo- do balbordo do centro do labirinto. Outra opci\u00f3n honrosa na carreira polas mesas do venres noite ser\u00eda a mesa 7 -entre a columna e os ba\u00f1os-, e a\u00ed todos coinciden. As\u00ed como en rexeitar de plano a mesa n\u00famero 5.<\/p>\n<p>-Pero cal \u00e9 a mesa n\u00famero 5? -preg\u00fantolles.<\/p>\n<p>-A mesa dos cus, home! -resp\u00f3ndenme.<\/p>\n<p>E non fai falta que me digan m\u00e1is, porque \u00e9 como eses chistes que conte\u00f1en unha gran verdade coti\u00e1 da que non te decatas ata que cha contan como chiscadela. Inmediatamente dec\u00e1tome de cal \u00e9. A mesa dos cus, como se designa graficamente a mesa 5, \u00e9 a redondi\u00f1a que est\u00e1 pegada \u00e1 columna, xusto no m\u00ednimo espazo entre mesas que queda pegada \u00e1 columna, entre a porta de entrada e a barra. Cando o venres pola noite o local se enche ata a bandeira, ese m\u00ednimo espazo baleiro colm\u00e1tase de clientes \u00e1 espera dunha mesa ata masificar o espazo. A vista dos comensais sentados na mesa n\u00famero 5 \u00e9 esencialmente, unha paisaxe nocturna de n\u00e1degas compostel\u00e1s de todos os x\u00e9neros e volumes que fican, m\u00e1is ou menos, \u00e1 altura do teu nariz, \u00e1 proximidade de d\u00faas cuartas, en formaci\u00f3n apreixada.<\/p>\n<p>Eis a mesa dos cus.<\/p>\n<p>Moitos xornalistas, compa\u00f1eiros de profesi\u00f3n, habituais como somos en chegarmos tarde aos sitios de xantar, temos comido ao redor desta pequena mesi\u00f1a, case unha c\u00f3moda de dormitorio, como se foramos peregrinos no Obradoiro teimando en estar sentados durante os fogos do 24 de xullo.<\/p>\n<p>Nesta partida de Risk do venres noite a xogada b\u00e1sica \u00e9 mandar avanzada ocupa. Os m\u00e1is profesionais env\u00edan un destacamento \u00e1s 20:30 h., cando o local a\u00ednda est\u00e1 tranquilo, na procura da mesa 8 ou da 7, e a partir de a\u00ed, o que se pille. Como cabaleiros ingleses, felic\u00edtanse pola toma de posesi\u00f3n da mellor mesa, a\u00ednda que \u00e1s veces hai sorpresas derivadas do ambiente cosmopolita do lugar, como poder\u00eda ser o que definiriamos como \u201cposesi\u00f3n compartida\u201d. Consiste en que chegan estranxeiros, po\u00f1amos por caso alem\u00e1ns, cando La Bodeguilla est\u00e1 ateigada de xente agardando, e na ampla mesa oito s\u00f3 hai unha parella ceando&#8230;a soluci\u00f3n parece ser evidente. Sentar nas cadeiras que sobran nesa mesa. Os chiquipallas salientan as bondades deste sistema un tanto sorprendente, como a aparici\u00f3n dunhas sicilianas de Palermo especialmente simp\u00e1ticas. Non \u00e9 unha feira, isto? Non haber\u00e1 bancos corridos, pero a filosof\u00eda permanece&#8230;<\/p>\n<p>O problema \u00e9 que as veces as tornas cambian. Un chiquipalla en avanzada tomou posesi\u00f3n da mesa 8 un venres pola noite a iso das 20:30. Xogada exemplar. Xornal, un par de ca\u00f1as e xa chegar\u00eda o resto do continxente agardado para esa noite. Pero aparecen unhas mozas que piden para sentar tam\u00e9n na mesa un rato. O chiquipalla perm\u00edteo. \u201cPode ser entretido\u201d, di. Ao pouco aparecen as amigas destas mozas. E de s\u00fapeto, a nosa avanzada percibe que se est\u00e1 quedando como ao fondo dun cuarto, como un neno que se agacha da conversaci\u00f3n dos maiores. Non \u00e9 que non o tiveran en conta, sen\u00f3n que o \u00edan botando f\u00f3ra. Ata o punto de que, nun xiro kafkiano da historia, aquelas mozas lle preguntan que que fai el al\u00ed, que se ten que marchar porque vai chegar un amigo. \u201cEstasnos ocupando o sitio\u201d, dinlle.<\/p>\n<p>-Se estivera Berta non pasaba isto! -exclamou. Refer\u00edase ao eficiente oficio de Berta, a \u00fanica muller no equipo de sala de La Bodeguilla, unha profesional con moita man esquerda que sabe manter o equilibro kafkiano entre clientes novos e veteranos.<\/p>\n<p>Agora sei por que me sentei tan poucas veces na mesa 8.<\/p>\n<p>Unha das principais claves de La Bodeguilla, desde sempre, \u00e9 a presenza estable dun equipo de camareiros. Estes profesionais, xente como Andr\u00e9s, Berta ou Xurxo mov\u00e9ndose entre os estreitos corredores de La Bodeguilla desde hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada na maior parte dos casos, son unha das claves do \u00e9xito do local. Javier ponse serio cando comenta isto, asegurando con convicci\u00f3n: \u201cFidelizar \u00e1 t\u00faa xente e ao teu equipo \u00e9 fundamental\u201d, comenta o hostaleiro. Nunha cidade e nun sector no que a rotaci\u00f3n profesional \u00e9 epid\u00e9mica, en La Bodeguilla de San Roque sempre ves as mesmas caras e o mesmo equipo. Xente que te co\u00f1ece polo teu nome e que sabe dos teus gustos. \u201cSe cambias de persoal e formas a xente nova cada seis meses non consegues nada\u201d, comenta Javier. A clave de ser un camareiro de La Bodeguilla est\u00e1 no trato pr\u00f3ximo, en saber asesorar ao cliente, en ter un certo dominio do mundo dos vi\u00f1os e da gastronom\u00eda, en co\u00f1ecer os pratos e saber explicalos. M\u00e1is al\u00e1 dun aut\u00f3mata distribuidor de bebidas, tr\u00e1tase de ter unha relaci\u00f3n m\u00e1is natural co cliente, transmitindo a esencia do local e a filosof\u00eda dos seus produtos.\u00a0 \u201cEu consegu\u00edn despersonalizalo e, ao mesmo tempo, personalizalo\u201d, asegura Javier, \u201cLa Bodeguilla debe funcionar cando eu estou e cando non\u201d.<\/p>\n<p>Repasamos fotos dos \u00e1lbums, e a\u00ed est\u00e1 esa implicaci\u00f3n que comentabamos. En La Bodeguilla son sonadas as festas de entroido, cando o local se transforma en algo, o que sexa, e o persoal abandona a camiseta negra polo disfrace do momento. Os entroidos de La Bodeguilla son antol\u00f3xicos, a\u00ednda que \u00e1s veces os \u00e1nimos des\u00e1tanse m\u00e1is al\u00e1 do sospeitado. Javier fala dunha das situaci\u00f3ns m\u00e1is complexas que tivo que xestionar en La Bodeguilla cun camareiro que marchou hai tempo. Cun pouco de efusi\u00f3n vin\u00edcola e unhas copas de vi\u00f1o, o camareiro empatou cunha moza e a cousa foi a m\u00e1is. Desde o outro lado do local, Javier observa como a parella se mete na coci\u00f1a e se d\u00e1 conta do que vai acontecer. \u201cIsto vai ser un esc\u00e1ndalo, isto vai ser un esc\u00e1ndalo\u201d, dise a si mesmo, mentres se achega ata a coci\u00f1a e se pon diante da porta para que ningu\u00e9n se decate do que est\u00e1 pasando al\u00f3 dentro. \u201cP\u00faxenme de celador!\u201d, dime Javier. \u201cS\u00fabelle a m\u00fasica!\u201d, dille ao outro lado. \u201cE que sexa o que Deus queira\u201d, murmurou para si mesmo. O que quixo Deus ou o Demo foi unha nova parella que dura ata hoxe. Esas capacidades amatorias de La Bodeguilla son bastante habituais. A Javier s\u00e1enlle numerosas parellas nacidas no local. Pero hai moitas m\u00e1is, claro. A\u00ednda que, obviamente, o contexto festivo nun local tan pequeni\u00f1o propicia a proximidade&#8230;<\/p>\n<p>S\u00f3 unha vez, antes da celebraci\u00f3n do seu 25 aniversario, La Bodeguilla sair\u00e1 para f\u00f3ra das s\u00faas portas. Foi durante a celebraci\u00f3n dos vinte anos do local. Vellos amigos desta taberna-restaurante participaron na actuaci\u00f3n, centrada ao redor do Holding Armando Blanco, unha parodia ao redor as afamadas tortillas de Cacheiras e o seu pol\u00edtico propietario, antigo alcalde de Teo. La Bodeguilla pechou a praci\u00f1a de San Roque, puxo palco, subiu m\u00fasicos, c\u00f3micos e cantareiras e trasladou a xolda ao exterior. A combinaci\u00f3n de m\u00fasicos, actores, do mundo da cultura e dos veci\u00f1os compostel\u00e1ns ao redor de La Bodeguilla \u00e9 \u00fanica.<\/p>\n<p>Como moitos compostel\u00e1ns, en La Bodeguilla te\u00f1o pasado alg\u00fans dos mellores momentos da mi\u00f1a vida persoal; comezas a visitar este local, se cadra, nos \u00faltimos aos de carreira, pero vaste afacendo a el conforme te vas sentido m\u00e1is e m\u00e1is compostel\u00e1n. Neste local, hai moitos anos, descubr\u00edn que me gustaba escribir da gastronom\u00eda, do vi\u00f1o e da s\u00faa feira de vaidades. Agora, facendo memoria, lembro que esa primeira vez estiven na mesa 3. Que aquela vez que aprend\u00edn sobre neurociencia estaba na mesa 4. Que cando ideamos abrir a arqueolox\u00eda e o pasado \u00e1 poboaci\u00f3n, fix\u00e9molo\u00a0 na mesa 6. Que cando lle quixen demostrar ao meu pai e aos seus compa\u00f1eiros que hoxe hab\u00eda Ribeiros magn\u00edficos, pasamos pola 3 de arriba. E que cando me contaron aquelas confidencias pol\u00edticas que calarei durante anos estiven na 1. Que cando Richard Marsh debuxou o mapa m\u00e1xico de Tara -a capital m\u00edtica de Irlanda- sobre o mantel de Xurxo estaba na 3 de arriba. E cando aquela vez que me desvelaron o segredo dun amor prohibido entre as d\u00faas persoas das que menos agardar\u00eda estaba na mesa menos propicia, a 5, a dos&#8230; ben&#8230; xa saben a que me refiro.<\/p>\n<p>E dec\u00e1tome que, coma os chiquipallas, ou as outras pandillas que habitan neste min\u00fasculo universo de menos de cento cincuenta metros cadrados, ou do propio Javier, que sempre se queixa da s\u00faa memoria pero lembra claramente quen e cando estivo en que mesa, que eu tam\u00e9n te\u00f1o perfectamente integrada na mi\u00f1a memoria este lugar. Porque este lugar tam\u00e9n \u00e9 parte da mi\u00f1a vida. Porque as cidades son, sobre todo, mesas ao redor das que a xente forma conversa. E o coraz\u00f3n de Compostela, eses centros imaxinarios que ten cada cidade, eses centros que son coma o noso clima, variables, \u00e1s horas de comer e xantar est\u00e1n ao redor destas mesas da praci\u00f1a de San Roque.<\/p>\n<p>Iso \u00e9 La Bodeguilla de San Roque.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pechou La Bodeguilla de San Roque, un dos locais emblem\u00e1ticos de Compostela. Este texto, hai dez anos, percorr\u00eda a historia e a esencia desta referencia da sociedade compostel\u00e1. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2021\/01\/14\/la-bodeguilla-de-san-roque-a-mesa-das-conversas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">La Bodeguilla de San Roque: a mesa das conversas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33839,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,7],"tags":[],"class_list":["post-33838","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33838","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33838"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33838\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33844,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33838\/revisions\/33844"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33839"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33838"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33838"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33838"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}