{"id":33828,"date":"2021-01-09T18:00:55","date_gmt":"2021-01-09T16:00:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33828"},"modified":"2021-01-09T18:03:15","modified_gmt":"2021-01-09T16:03:15","slug":"un-castelo-no-aire","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2021\/01\/09\/un-castelo-no-aire\/","title":{"rendered":"Un castelo no aire"},"content":{"rendered":"<p><em>Publicado orixinalmente <a href=\"http:\/\/culturagalega.gal\/noticia.php?id=31929\">en culturagalega.gal<\/a> o 21 de decembro de 2020<\/em><\/p>\n<p>Buscar todas as <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?s=castro+valente\">historias de Castro Valente <\/a>en Cap\u00edtulo Cero. <\/p>\n<p>Durante toda a semana, un equipo de arque\u00f3logos dirixidos por Mario Fern\u00e1ndez Pereiro traballou durante toda unha semana nunhas condici\u00f3ns m\u00e1is que dif\u00edciles. A trescentos oitenta metros de altura, escavaron un pequeno sector da muralla occidental do Castro Valente (Padr\u00f3n). Tr\u00e1tase dun dos xacementos arqueol\u00f3xicos m\u00e1is enigm\u00e1ticos do pa\u00eds, que intrigou os historiadores e eruditos do s\u00e9culo XIX e logo ficou no esquecemento. Quen constru\u00edu esta descomunal fortaleza e por que? Despois de tres catas e unhas boas molladuras, os arque\u00f3logos cren ter comezado a resolver o misterio. Hoxe \u00e1s 20 horas presentaranse aos veci\u00f1os no Auditorio de Padr\u00f3n os resultados preliminares do proxecto.<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/castro_valente_2.gif\" width=\"700\" height=\"395\" class=\"alignnone size-medium\" \/><\/p>\n<p>Unha visita \u00e1 intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica levada a cabo en Castro Valente a semana pasada permite xa decatarse de por que ese xacemento se atopa exactamente aqu\u00ed. Tras vinte minutos de conduci\u00f3n por pistas forestais ch\u00e9gase ao alto dun monte de m\u00e1is de 380 metros de altura, interposto como unha cu\u00f1a entre os ricos vales agrarios da Ulla e a desembocadura do r\u00edo na r\u00eda de Arousa. Todos os ventos que entran do mar encarr\u00e9iranse no val do Ulla e acaban batendo, coa s\u00faa carga de chuvia, vento e fr\u00edo, sobre o equipo arqueol\u00f3xico. Se as espesas nubes se retiraran destes altos, a vista ser\u00eda de impresi\u00f3n. Desde este monte contr\u00f3lase un hist\u00f3rico novelo de comunicaci\u00f3ns: a \u2018autoestrada\u2019 do mar que era o r\u00edo Ulla, co porto romano e medieval de Pontecesures xusto ao p\u00e9 deste castro, e a Depresi\u00f3n Meridiana: o cami\u00f1o natural que desde a prehistoria ata hoxe \u00e9 usado para desprazarse pola Galicia occidental de norte a sur, desde Tui ata Carballo. E igual que cami\u00f1aban as persoas e os barcos, tam\u00e9n o fan os ventos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/ulla.jpeg\"\/><br \/>\n<i>Vista do r\u00edo Ulla desde Castro Valente<\/i><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos traballan en tres pequenas sondaxes coas que queren facer unha primeira avaliaci\u00f3n do xacemento. At\u00f3panse no medio dunha plantaci\u00f3n de con\u00edferas, con filas tan estreitas e follaxes tan espesas que os protexen parcialmente do temporal. A escasa luz que se filtra pola vexetaci\u00f3n, o vento que corre entre as \u00e1rbores e a regularidade das filas de pi\u00f1eiros crean un escenario irreal, digno dun filme n\u00f3rdico. Pero os arque\u00f3logos est\u00e1n aqu\u00ed, precisamente, \u00e1 procura de algo que ata hai poucos anos era tam\u00e9n case fantas\u00eda: a conexi\u00f3n entre o rexistro arqueol\u00f3xico galego e os feitos hist\u00f3ricos que remexeron a Gallaecia que transita entre final do Imperio romano, o establecemento do reino suevo, a hexemon\u00eda visigoda e a ca\u00edda dese reino trala invasi\u00f3n musulm\u00e1 da pen\u00ednsula no s\u00e9culo VIII. E, no medio, a reorganizaci\u00f3n dos espazos de poder e da sociedade da antiga Gallaecia ao longo de varios s\u00e9culos. Case nada. <\/p>\n<p>Ese \u00e9 precisamente o traballo de investigaci\u00f3n do director da intervenci\u00f3n, o arque\u00f3logo Mario Fern\u00e1ndez Pereiro, quen acomete o proxecto cunha bolsa de investigaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e coa colaboraci\u00f3n do proxecto de investigaci\u00f3n financiado pola Xunta &#8220;Territorio e Poder Mon\u00e1stico na Idade Media&#8221; do profesor da USC Jos\u00e9 Carlos S\u00e1nchez Pardo. Fern\u00e1ndez Pereiro \u00e9 autor da primeira tese doutoral publicada sobre as co\u00f1ecidas como \u2018fortificaci\u00f3ns en altura\u2019. Tr\u00e1tase de enormes recintos defensivos ata o momento localizados sobre todo na costa galega e ata o momento grandes desco\u00f1ecidos para a arqueolox\u00eda galega. Con murallas monumentais que comprenden superficies de varias hect\u00e1reas con escasas estruturas no seu interior, t\u00e9\u00f1ense considerado como lugares de refuxio que poder\u00edan responder a eses tempos convulsos. Pero esa non ter\u00eda por que ser a \u00fanica resposta. <\/p>\n<p>Castro Valente \u00e9 un dos exemplos m\u00e1is notables desas fortificaci\u00f3ns en altura. Con 1.200 metros de per\u00edmetro amurallado e dez hect\u00e1reas no seu interior, multiplica por dez o tama\u00f1o medio dos castros da Idade do Ferro na \u00e1rea. Xa o s\u00e9culo XIX, os eruditos sab\u00edan que o recinto era importante, e estaba en boca dos principais historiadores e eruditos da \u00e9poca. De feito, \u00e9 habitual atopar na prensa de finais do XIX ou principios do XX referencias a este xacemento como o \u201cfamoso\u201d Castro Valente. O c\u00f3engo da catedral de Santiago Antonio L\u00f3pez Ferreiro ou Manuel Murgu\u00eda, entre moitos outros, subiron a este cumio para admirar o que, no seu momento, deb\u00edan ser uns restos cun estado de conservaci\u00f3n espectacular. O resto dominante era a muralla, na que de aquela se distingu\u00edan varias portas e portelos. En <i>El Barbero municipal<\/i>, a revista de Rianxo na que colaboraba Castelao, al\u00fadese a trinta torre\u00f3ns que sobresaen da muralla. E Murgu\u00eda fala de como parecen distinguirse d\u00faas \u00e9pocas: por unha banda os torre\u00f3ns son semicirculares e por outros cadrangulares. Pero hab\u00eda m\u00e1is: algunhas testemu\u00f1as falan de d\u00f3lmens no seu interior, estruturas e ata caracteres inscritos en pedras. <\/p>\n<p>No que todos coincid\u00edan en que Castro Valente ti\u00f1a de castro, cando menos da idea tradicional dun castro, s\u00f3 o nome. L\u00f3pez Ferreiro consideraba que poder\u00eda ter sido un campamento romano ou un refuxio da xente da contorna de Iria Flavia en tempos da invasi\u00f3n musulm\u00e1. Murgu\u00eda comparaba o recinto con algunhas fortalezas tardoantigas en Francia. O lugar f\u00edxose tan m\u00edtico que houbo relatos literarios da \u00e9poca que o vincularon \u00e1 ra\u00ed\u00f1a Urraca ou mesmo a Pardo de Cela. E logo caeu no esquecemento.<\/p>\n<p>\u201cNa foto de 1948\u201d, sinala Fern\u00e1ndez Pereiro, \u201co estado de conservaci\u00f3n a\u00ednda era espectacular. Logo chegou a repoboaci\u00f3n forestal e danou moito o lugar\u201d. E non s\u00f3. A apertura dun cortalumes destrozou a muralla da zona oriental do xacemento, que daba ao val da Barcala. Outras pistas e obras crebaron outras zonas. O monte pasou de ser unha das iconas do pasado galego a ficar case esquecido. Hoxe as comunidades locais propietarias do monte colaboran cos arque\u00f3logos para recuperar a memoria do lugar.<\/p>\n<p>O equipo escolleu precisamente a zona mellor conservada, a noroccidental que mira para Pontecesures, para acometer por primeira vez unha intervenci\u00f3n neste enigm\u00e1tico xacemento. Abriron tres sondaxes moi pr\u00f3ximas entre si, indo directamente a zonas que pod\u00edan ofrecer unha primeira comprensi\u00f3n do xacemento.<\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\">\n    <iframe loading=\"lazy\" title=\"A 3D model\" width=\"940\" height=\"680\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/051cbf3fbd514e8da5008e3ef28477dc\/embed?autostart=0&#038;ui_controls=0&#038;ui_infos=0&#038;ui_inspector=0&#038;ui_stop=0&#038;ui_watermark=1&#038;ui_watermark_link=1\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; fullscreen; vr\" mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\"><\/iframe>\n<\/div>\n<p>Baixo a plantaci\u00f3n de pi\u00f1eiros apreci\u00e1base unha  estrutura pr\u00f3xima \u00e1 muralla, que abriron para comprobar de que se pod\u00eda tratar. Atoparon un muro en bastante mal estado, pero tam\u00e9n evidencias da extracci\u00f3n de pedra na rocha nai, que deberon ser empregadas para a construci\u00f3n de todas as estruturas circundantes. Moi preto desta sondaxe, os arque\u00f3logos acometeron a intervenci\u00f3n da muralla, a\u00ednda ben visible baixo a vexetaci\u00f3n. <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\">\n    <iframe loading=\"lazy\" title=\"A 3D model\" width=\"940\" height=\"680\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/2162b59e008a42209205748e44af6392\/embed?autostart=0&#038;ui_controls=0&#038;ui_infos=0&#038;ui_inspector=0&#038;ui_stop=0&#038;ui_watermark=1&#038;ui_watermark_link=1\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; fullscreen; vr\" mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\"><\/iframe>\n<\/div>\n<p>O que atoparon foi unha estrutura monumental, un potente muro defensivo de 3,6 metros de ancho e que no seu momento tivo que acadar, cando menos na s\u00faa estrutura en pedra, os tres metros de altura. Os arque\u00f3logos retiraron pola cara interior m\u00e1is de metro e medio de entullo, pero non se atreveron a continuar. A continua auga da chuvia e o estado da muralla pod\u00edan provocar alg\u00fan derrubo. Pero o valo era impo\u00f1ente. <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\">\n    <iframe loading=\"lazy\" title=\"A 3D model\" width=\"940\" height=\"680\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/01fe07ad3e0f4dfcab7c9f009e3a4f09\/embed?autostart=0&#038;ui_controls=0&#038;ui_infos=0&#038;ui_inspector=0&#038;ui_stop=0&#038;ui_watermark=1&#038;ui_watermark_link=1\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; fullscreen; vr\" mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\"><\/iframe>\n<\/div>\n<p>E un pouco m\u00e1is al\u00e1, a intervenci\u00f3n tentou comprobar a veracidade das descrici\u00f3ns dos eruditos do s\u00e9culo XIX. O resultado foi espectacular: deron identificado un potente torre\u00f3n rectangular que sobresa\u00eda da muralla tres metros e que, cando menos, ten cinco metros de ancho. No torre\u00f3n apareceron, de maneira suxestiva, un gran n\u00famero de fragmentos de t\u00e9gula, a antepasada da tella actual, que comezou a ser usada en Galicia en \u00e9poca romana. \u201cPode estar vinculada a algunha estrutura localizada no torre\u00f3n\u201d, sinala Mario Fern\u00e1ndez Pereiro, como poder\u00eda ser unha cubrici\u00f3n deste espazo. Pero os arque\u00f3logos tam\u00e9n localizaron outro elemento suxestivo. A\u00ednda que s\u00f3 \u00e9 unha pequena sondaxe, parece que o torre\u00f3n foi constru\u00eddo con posterioridade \u00e1 muralla, como se nalg\u00fan momento esta debera ser reforzada ou preparada para mellorar a s\u00faa apariencia. Poder\u00edan existir d\u00faas fases no recinto? <\/p>\n<p>A\u00ednda \u00e9 cedo para falar de cronolox\u00edas. \u201cQue paralelos ten esta muralla, no alto dunha monta\u00f1a, con estes torre\u00f3ns\u201d, preguntamos a Mario Fern\u00e1ndez. Este pensa e contesta: \u201cNing\u00fan. Ou teriamos que irnos \u00e1 muralla de Lugo ou a Castro Ventosa, no Bierzo, un castro da Idade do Ferro reocupado en \u00e9poca romana\u201d. <\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos atoparon potentes estruturas e moitos fragmentos de t\u00e9gula, pero como \u00e9 habitual nestes recintos, unha escasa ou ausente cultura material no interior, o cal pode indicar que s\u00f3 se empregaban de maneira espor\u00e1dica. Pero quen precisaba empregar este recinto de cando en vez? Quen ti\u00f1a a capacidade para constru\u00edr este espazo e defender m\u00e1is dun quil\u00f3metro de murallas? Castro Valente \u00e9 moito m\u00e1is grande que case calquera castro prehist\u00f3rico pero tam\u00e9n ning\u00fan dos grandes se\u00f1ores feudais de Galicia ter\u00eda tanta capacidade Hai numerosas preguntas e as intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas est\u00e1n a\u00ednda a diversificala m\u00e1is. Mario Fern\u00e1ndez xa escavou outro dos recintos en altura da Depresi\u00f3n Meridiana, o Faro de Budi\u00f1o, e nel atopou d\u00faas fases de intervenci\u00f3n que nos levan ao tempo dos reinos xerm\u00e1nicos. Pola contra, na recente intervenci\u00f3n de Portomeiro, o rexistro arqueol\u00f3xico amosou fases anteriores que levan \u00e1 creaci\u00f3n dun castelo no s\u00e9culo IX. Cada s\u00e9culo aqu\u00ed parece suxerir mundos distintos. <\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos s\u00f3 escavaron 40 metros dun recinto de 10 hect\u00e1reas. \u00c9 moi cedo para atopar evidencias que respondan \u00e1s preguntas. Pero algo est\u00e1 claro: os eruditos de finais do XIX non estaban errados no seu entusiasmo por Castro Valente. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha cr\u00f3nica da primeira intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica no Castro Valente<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2021\/01\/09\/un-castelo-no-aire\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Un castelo no aire<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33830,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-33828","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33828","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33828"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33828\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33833,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33828\/revisions\/33833"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33830"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33828"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33828"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33828"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}