{"id":33795,"date":"2020-12-20T11:08:24","date_gmt":"2020-12-20T09:08:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33795"},"modified":"2020-12-22T12:52:56","modified_gmt":"2020-12-22T10:52:56","slug":"o-sangue-das-pantasmas-unha-viaxe-a-traves-da-memoria-dos-espectros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/12\/20\/o-sangue-das-pantasmas-unha-viaxe-a-traves-da-memoria-dos-espectros\/","title":{"rendered":"O sangue das pantasmas: unha viaxe a trav\u00e9s da memoria dos espectros"},"content":{"rendered":"<p>Imos ter uns meses moi literarios. Se en breve anunciarei a mi\u00f1a nova novela, que estar\u00e1 en marzo nas librar\u00edas (a ver se a pandemia non nos d\u00e1 m\u00e1is sobresaltos), hoxe toca falarvos dun proxecto moi especial xa dispo\u00f1ible: <em>O sangue das pantasmas<\/em>.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun texto de autoficci\u00f3n: un pequeno libro editado por <a href=\"https:\/\/librariacouceiro.gal\/\">Librar\u00eda Couceiro<\/a> e o <a href=\"http:\/\/festivalatlantica.com\/\">Festival Atl\u00e1ntica de Narraci\u00f3n Oral<\/a>.<\/p>\n<p>Esta \u00e9 a sinopse:<\/p>\n<blockquote><p>Hai anos, confinado nun castelo escoc\u00e9s, pregunteime por que nun pa\u00eds como Galicia,\u00a0con tantas historias de mortos e aparecidos, apenas co\u00f1eciamos pantasmas nos nosos abundantes pazos e casas vedraias. Nese momento comezou unha fascinante aventura cultural na procura dun territorio da imaxinaci\u00f3n ben pouco co\u00f1ecido. E a historia levoume \u00e1s sombras de Compostela: \u00e1s mansi\u00f3ns invisibles, os monstros m\u00edticos, os ocultistas decimon\u00f3nicos e aos espectros que a\u00ednda sobreviven nas \u00faltimas fisgas da cidade, m\u00e1is vivos do que parece.<\/p><\/blockquote>\n<p><em>O sangue das pantasmas<\/em>\u00a0\u00e9 unha viaxe a trav\u00e9s de libros, memorias familiares e tradici\u00f3n oral \u00e1 procura de espectros, pero tam\u00e9n unha procura detectivesca, a partir de rumores, d\u00edxome-d\u00edxomes e terceiras persoas, na procura dos escasos propietarios que a\u00ednda preservan en mans da mesma familia, as mansi\u00f3ns aristocr\u00e1ticas e burguesas de Galicia. Toda unha serie de sucedidos na procura de relatos orais, transmitidos por xeraci\u00f3ns, que nunca se consideraron, ou que se preferiron ter calados. Aqueles eruditos que compilaban os contos de aparecidos dos labregos e mari\u00f1eiros e falaban da ancestral cultural da morte da sociedade campesi\u00f1a galega, agachaban as s\u00faas propias historias de pantasmas aristocr\u00e1ticos e burgueses. Por que?<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-33799\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_1.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"847\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_1.jpg 800w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_1-283x300.jpg 283w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_1-768x813.jpg 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_1-567x600.jpg 567w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pantasmas_1-150x159.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p>E este libro\u00a0 tam\u00e9n un texto que transita de maneira oculta e deliberada entre a realidade e a ficci\u00f3n, habida conta que cando se mesturan feitos e imaxinaci\u00f3ns, sempre ga\u00f1an estes \u00faltimos. O libro m\u00f3vese entre o biogr\u00e1fico e o colectivo, entre os medos das clases populares e os das clases altas, entre o folclore e a alta cultura europea desde finais do XVIII. Que nos contan as pantasmas sobre n\u00f3s mesmos?<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase tam\u00e9n dun <em>traballo en progreso<\/em>. Cando a Librar\u00eda Couceiro me propuxo esta edici\u00f3n de agasallo, pensei en adiantar a parte do proxecto m\u00e1is relativa a Santiago de Compostela, e concibilo como un proxecto que pouco a pouco se ir\u00e1 estendendo, a trav\u00e9s de diferentes versi\u00f3ns editoriais pero tam\u00e9n con\u00a0outro tipo de formatos. \u00c9 dicir, esta \u00e9 unha versi\u00f3n 1.0, e a partir de a\u00ed -e de acordo a diferentes circunstancias- ver\u00e9mola evolucionar, se apetece. Creo que non podemos concibir os libros xa como compartimentos estancos: da escrita electr\u00f3nica aprendemos que un texto pode mutar e evolucionar, e creo que debemos asumilo tam\u00e9n como un novo xeito de concibir a literatura e o ensaio.<\/p>\n<p>E outra cousa: o libro inaugura tam\u00e9n outra li\u00f1a, a colecci\u00f3n de libros do Festival Atl\u00e1ntica de Narraci\u00f3n Oral. Non \u00e9 habitual que un festival de artes esc\u00e9nicas promova colecci\u00f3ns de libros, pero coma estes, hoxe os festivais tam\u00e9n van m\u00e1is al\u00e1 dos estaribeis. O Festival Atl\u00e1ntica quere prolongar a experiencia do festival, levando ao prelo textos que te\u00f1en que ver co &#8216;adn&#8217; do evento e alg\u00fans dos seus espect\u00e1culos: a narraci\u00f3n oral, as historias enfiadas, os paseos polas cidades. Xa hai outros libros en proxecto, de varios autores. Quero agradecer tamen a Ekinocio o seu bonito dese\u00f1o do libro.<\/p>\n<p>Agardo que o disfrutedes!<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-33798\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_sangue_2-768x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"768\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_sangue_2-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_sangue_2-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_sangue_2-450x600.jpg 450w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_sangue_2-150x200.jpg 150w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_sangue_2.jpg 1500w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O meu novo libro investiga nunha tradici\u00f3n oral silenciosa: a das pantasmas dos pazos e mansi\u00f3ns do pa\u00eds. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/12\/20\/o-sangue-das-pantasmas-unha-viaxe-a-traves-da-memoria-dos-espectros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O sangue das pantasmas: unha viaxe a trav\u00e9s da memoria dos espectros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33800,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-33795","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33795","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33795"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33795\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33821,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33795\/revisions\/33821"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33800"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33795"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33795"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33795"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}