{"id":33748,"date":"2020-10-12T19:54:33","date_gmt":"2020-10-12T17:54:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33748"},"modified":"2020-10-12T21:37:33","modified_gmt":"2020-10-12T19:37:33","slug":"arqueoloxias-do-contemporaneo-a-base-americana-da-estaca-de-bares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/10\/12\/arqueoloxias-do-contemporaneo-a-base-americana-da-estaca-de-bares\/","title":{"rendered":"Arqueolox\u00edas do contempor\u00e1neo: a base americana da Estaca de Bares"},"content":{"rendered":"<p>Eu sempre defendo que para entendermos o complexo que \u00e9 interpretar un xacemento arqueol\u00f3xico no pasado nada mellor que observarmos as ru\u00ednas do presente e xogar a como interpretariamos n\u00f3s un xacemento actual se o escavaramos dentro de dous mil anos, e cunhas fontes escritas moi sucintas. Ver deste xeito o presente axuda moit\u00edsimo a comprender que mecanismos debemos empregar para interpretar o pasado. E se nos po\u00f1emos as cousas un pouco dif\u00edciles a\u00ednda resulta un exercicio m\u00e1is fascinante.<\/p>\n<p>Hai pouco, visitando unha casa en ru\u00ednas na aldea de Novais, en Val do Dubra, reparei nalgo interesant\u00edsimo. A casa debera ser constru\u00edda -aventuro que con cartos da emigraci\u00f3n- se cadra nos anos 60. Era todo cemento, ladrillo, materiais relativamente modernos. Pero en canto entrabas nela hab\u00eda algo abraiante: a distribuci\u00f3n da casa era anterior. Ser\u00eda perfectamente unha casa labrega do s\u00e9culo XIX, coas divisi\u00f3ns entre cortes de animais e coci\u00f1a pouco claras, tabiques de madeira, tullas e despensas, lareira. Quen constru\u00edra aquela casa ti\u00f1a en mente un dese\u00f1o que proced\u00eda doutra \u00e9poca, pero botando man dos materiais do seu presente. Diante da casa algu\u00e9n tirara unha chea de tel\u00e9fonos de finais dos 90 e principios da d\u00e9cada dos 2000, de pl\u00e1stico. Pensei en que iso poder\u00eda ser unha estupenda testemu\u00f1a do tempo de abandono da casa no futuro. Esta casa debera terse abandonado a principios dos anos 2000. O pl\u00e1stico resistir\u00e1 ben varios centos de anos e a abundancia de obxectos dese tipo far\u00e1 que os arque\u00f3logos do futuro te\u00f1an deles unha taxonom\u00eda tan precisa como das \u00e1nforas romanas. <\/p>\n<p>Outras cousas desaparecer\u00e1n, moi probablemente. Nos dormitorios ubicados na zona superior hab\u00eda maletas de coiro. Se cadra as cremalleiras sobrevivir\u00e1n. Como acontece nestas casas abandonadas, nesas maletas sempre se gardan os recordos da emigraci\u00f3n a Am\u00e9rica. Al\u00ed tam\u00e9n: hab\u00eda unha cassete de rancheras. Se os arque\u00f3logos galegos -ou de como se chame este lugar dentro de dous mil anos- conseguen escavar varias casas abandonadas no rural, poder\u00e1n documentar esa asociaci\u00f3n entre carcasas de cassettes e cremalleiras ou peches de maletas e se cadra se atrever\u00e1n a especular co pasado emigrante. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bares_agora_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A estaci\u00f3n na actualidade. Foto: Jos\u00e9 Pardo \/ La Voz de Galicia<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bares_agora_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bares_agora_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero outras veces non ser\u00e1 tan doado. Estiven visitando o outro d\u00eda a base americana de Bares. Paseando polas s\u00faas destrozadas estancias pensei en como estes arque\u00f3logos do futuro interpretar\u00e1n este lugar. Non ser\u00eda nada doado poder chegar a conclusi\u00f3ns con este sitio. Nunha inspecci\u00f3n superficial, da base americana non queda ning\u00fan obxecto in situ, nin mobiliario nin nada. Est\u00e1 todo completamente desmantelado. Moitas tuber\u00edas arrincadas, e como obxectos met\u00e1licos sobreviven algunhas chapas dos conxeladores e pouco m\u00e1is. A estaci\u00f3n foi inaugurada polos gardacostas americanos en 1961 como parte dun sistema de cobertura global de comunicaci\u00f3ns chamado LORAN, que xurdira durante a II Guerra Mundial. De alg\u00fan xeito, estas estaci\u00f3ns, diseminadas por todos os oc\u00e9anos ser\u00edan dentro de dous mil anos estupendos xacementos para explicar a hexemon\u00eda global norteamericana na segunda metade do s\u00e9culo XX, trala II Guerra Mundial, e as s\u00faas conexi\u00f3ns cun remoto cabo atl\u00e1ntico. Sen ningunha d\u00fabida, para o concello -ou como se chame- galego -ou como lle chamen- de hai dous mil anos, non ha d\u00fabida ningunha que ser\u00eda un atractivo tur\u00edstico singular. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bares_agora_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Agora ben, como dic\u00eda, non hai ning\u00fan obxecto in situ. Se cadra, unha excavaci\u00f3n permitir\u00e1 sen d\u00fabida exhumar algo de cultura material (latas de refresco, chapas, moedas?), pero moi posiblemente a acidez do chan esborralle os obxectos m\u00e1is f\u00e9rricos. Ademais, ser\u00eda perfectamente reco\u00f1ecible que estes edificios foran iniciados nas primeiras d\u00e9cadas da era da globalizaci\u00f3n: o feito de atopar alg\u00fan obxecto de procedencia americana non ser\u00eda conclusivo, ou nin sequera indicativo. S\u00f3 a sorte de localizar algunha peza inequivocamente militar permitir\u00eda avanzar algo na identificaci\u00f3n do sitio a partir de obxectos. Ademais, o sitio foi habitado durante moi pouco tempo: entre o ano 1961 e 1978. As posibilidades de dep\u00f3sitos, lixo, transformaci\u00f3ns datables, son moito m\u00e1is reducidas. E isto \u00e9 moi interesante. Se os nosos arque\u00f3logos escavaran esa casa labrego-moderna de Novais, ter\u00edan unha enorme riqueza e diversidade de obxectos de todo tipo. Recentemente, Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal escavou o vertedoiro da s\u00faa casa labrega no interior da provincia de Pontevedra, amosando a cantidade de informaci\u00f3n que ofrecer\u00eda o verquedoiro dunha casa tradicional galega durante varias d\u00e9cadas de finais do XIX e principios do XX. Ao non atopar nada, ou case nada, nestas instalaci\u00f3ns, o equipo comezar\u00eda as s\u00faas deducci\u00f3ns: isto foi desmantelado de xeito ordeado. Cheira a usos administrativos ou militares. As casas, cando se abandonan, fican cheas de vida. As instalaci\u00f3ns militares abandonadas son esqueletes baleiros.<\/p>\n<p>Se cadra o uso das estancias poder\u00eda ser m\u00e1is doado, cando menos en li\u00f1as xerais. Con todos os equipamentos de comunicaci\u00f3n da base e a distribuci\u00f3n desaparecidos, os arque\u00f3logos ter\u00e1n que ir deducindo o uso das diferentes \u00e1reas a partir de pequenas evidencias. Por exemplo, nalgunhas zonas atopar\u00e1n unha distribuci\u00f3n regular de estancias que contar\u00e1n todas cunha pequena habitaci\u00f3n con fiestras moi pequenas, ou sen elas, e azulexos. Nun dos edificios observar\u00e1n unha curiosa estrutura que ascende con escaleiras, ao car\u00f3n da cal existe unha cheminea e o que parece unha mesa de obra alongada; noutra estancia dese mesmo edificio ao fondo atopar\u00e1n, se sobreviven, unha especie de c\u00e1maras sobre as que hai chapas de metal que pode que deduzan que corresponden a sistemas de preservaci\u00f3n de fr\u00edo. Poder\u00e1n deducir que ese non son vivendas industriais: parecer\u00edan instalaci\u00f3ns para acoller a un continxente humano organizado para desempe\u00f1ar determinadas tarefas. Se sobreviven, ver\u00e1n restos de grandes tanques de combustible que poder\u00edan inducir que os seus habitantes precisaban unha certa autonom\u00eda vital.<\/p>\n<p> Un indicio cronol\u00f3xico interesante estar\u00eda na captaci\u00f3n de auga. A estrutura descende ata un regato que pasa ao car\u00f3n, constru\u00edndo unha captaci\u00f3n de auga que claramente afecta a outras estruturas inmediatas: os mu\u00ed\u00f1os de Bares, que aproveitan a auga dese pequeno regato e o cantil que cae sobre o mar para xenerar enerx\u00eda para moer os mu\u00ed\u00f1os. De conservarse alg\u00fan dos mu\u00ed\u00f1os, non ser\u00eda dif\u00edcil imaxinar que se cadra estes e a base militar non coexistiron no tempo, xa que as instalaci\u00f3ns de captaci\u00f3n de auga da base -feitas en cemento- perxudicar\u00edan o funcionamento dos mu\u00ed\u00f1os. Pero ao mesmo tempo, os arque\u00f3logos se sorprender\u00edan ao descubrir que alg\u00fan dos mu\u00ed\u00f1os -non todos- estaban rehabilitados con materiais se cadra algo m\u00e1is modernos que os propios da base!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bares_agora_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao tempo, a sinxeleza das estruturas delimitadoras do espazo son bastante claras: claramente ese continxente humano non se atopaba ameazado polo seu contorno, ou non protex\u00eda ning\u00fan tipo de recurso especialmente vulnerable. Apenas atopar\u00edan alg\u00fan resto fragmentario de valla met\u00e1lica e un pequeno muri\u00f1o delimitador de pedra. <\/p>\n<p>Agora ben, como deducir quen habitaba este recinto? Se os nosos arque\u00f3logos do futuro puideran conclu\u00edr que se trataba dalg\u00fan continxente humano asentado nese espazo remoto, quen pod\u00eda ser? Obviamente debera ser algu\u00e9n que estaba aproveitando alg\u00fan tipo de recurso estrat\u00e9xico deste espazo. Os nosos arque\u00f3logos descartar\u00edan a xesti\u00f3n da enerx\u00eda e\u00f3lica, detectable polos inmensos xigantes met\u00e1licos dos que fican fragmentos esparcidos na zona m\u00e1is alta do promontorio de Bares. Os mu\u00ed\u00f1os de vento est\u00e1n ubicados a bastante distancia de al\u00ed, e non ter\u00eda sentido unha instalaci\u00f3n de procesamento de enerx\u00eda a tanta distancia. Tampouco parecer\u00edan estruturas vinculadas ao tr\u00e1fico mar\u00edtimo. Poder\u00edan ser militares? Se son militares, est\u00e1n a\u00ed en connivencia coa autoridade e a poboaci\u00f3n local, xa que como vimos antes, a instalaci\u00f3n non parece ter unhas estruturas defensivas relevantes, incluso para unha \u00e9poca na que non era preciso erguer grandes murallas para se defender. <\/p>\n<p>E aqu\u00ed v\u00e9n algo interesante. Se optaran pola hip\u00f3tese dun continxente militar, a partir de aqu\u00ed comezar\u00eda un curioso itinerario de investigaci\u00f3n. Imaxinemos que boa parte das fontes que aluden \u00e1 existencia de sistemas coordinados de comunicaci\u00f3n e posicionamento para a navegaci\u00f3n desapareceran, ou que s\u00f3 ficaran referencias difusas \u00e1 existencia de sistemas deste tipo. A cronolox\u00eda do sitio arqueol\u00f3xico, na segunda metade do s\u00e9culo XX, alentar\u00eda a pensar nalg\u00fan tipo de posibilidade, pero s\u00f3 ser\u00eda unha conxetura. Os nosos atribulados arque\u00f3logos ter\u00edan que enfrontarse a todo un problema de investigaci\u00f3n. Para poder aproximarse \u00e1 procedencia destes militares, os nosos arque\u00f3logos deberan botar man de metodolox\u00edas nada doadas. Tal e como fan hoxe os arque\u00f3logos do grupo de investigaci\u00f3n romanarmy.eu, moitas veces ante a carencia de obxectos datables ou que permitan identificar un recinto, c\u00f3mpre botar man da busca de paralelos que permitiran comprender un xacemento deste tipo.<\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos deberan buscar a trav\u00e9s do sistema de almacenamento de informaci\u00f3n dispo\u00f1ible outro momento outras instalaci\u00f3ns militares deste tipo e agardar a que foran escavadas nalg\u00fan momento. Xa vos digo que os paralelos con outras instalaci\u00f3ns militares galegas do s\u00e9culo XX non funcionar\u00edan. Dentro de dous mil anos, de quedar algo das instalaci\u00f3ns militares en Galicia, ser\u00e1n as impresionantes bater\u00edas costeiras, e son outra cousa ben distinta. Deber\u00e1n confiar en que algu\u00e9n m\u00e1is estea interesado en estudar estes recintos abandonados, que a esas alturas ser\u00e1n entullo recuberto de matorral.  Atopar outros arque\u00f3logos interesados en xacementos tan parcos non \u00e9 doado: sempre nos achegamos ao noso pasado desde os nosos intereses, e iso quere dicir que hai tipos de xacementos m\u00e1is escavados que outros. As instalaci\u00f3ns militares abandonadas, coa s\u00faa parquedade en obxectos e a s\u00faa funcionalidade, non adoitan ser moi <em>sexies<\/em> para escavar. Se botamos man doutras estaci\u00f3ns LORAN abandonadas en Europa, atopari\u00e1monos con alg\u00fan aspecto interesante. Vexamos:<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Rantum_stylt.png\" alt=\"\" width=\"860\" height=\"624\" class=\"aligncenter size-large wp-image-33751\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Rantum_stylt.png 860w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Rantum_stylt-300x218.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Rantum_stylt-768x557.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Rantum_stylt-600x435.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Rantum_stylt-150x109.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 860px) 100vw, 860px\" \/><br \/>\nLoran Station Rantum (Alema\u00f1a)<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet-1024x699.png\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"699\" class=\"aligncenter size-large wp-image-33752\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet-1024x699.png 1024w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet-300x205.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet-768x524.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet-600x410.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet-150x102.png 150w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_vaerlandet.png 1075w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><br \/>\nLoran Station Vaerlandet (Alema\u00f1a)<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_lampedusa.png\" alt=\"\" width=\"912\" height=\"670\" class=\"aligncenter size-large wp-image-33754\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_lampedusa.png 912w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_lampedusa-300x220.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_lampedusa-768x564.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_lampedusa-600x441.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_lampedusa-150x110.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 912px) 100vw, 912px\" \/><br \/>\nLoran Station Lampedusa (Italia)<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_ejde_feroe.png\" alt=\"\" width=\"992\" height=\"752\" class=\"aligncenter size-large wp-image-33755\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_ejde_feroe.png 992w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_ejde_feroe-300x227.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_ejde_feroe-768x582.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_ejde_feroe-600x455.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_ejde_feroe-150x114.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 992px) 100vw, 992px\" \/><br \/>\nLoran Station Ejde (Illas Faroe)<\/p>\n<p>Como vemos, as emisoras LORAN norteamericanas son moi funcionais. A pesar do cadriculados que adoitan ser os arquitectos militares, nada disto se parece \u00e1 Loran Station Estaca de Bares, que \u00e9 moito m\u00e1is complexa:<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estaca.png\" alt=\"\" width=\"935\" height=\"738\" class=\"aligncenter size-full wp-image-33750\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estaca.png 935w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estaca-300x237.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estaca-768x606.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estaca-600x474.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estaca-150x118.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 935px) 100vw, 935px\" \/><\/p>\n<p>A\u00ednda que non fixen un repaso exhaustivo de todas as estaci\u00f3ns Loran C, s\u00f3 atopei unha que poder\u00eda valer para ser empregada como paralelo para Estaca de Bares. Curiosamente, \u00e9 a de Estartit, en Catalu\u00f1a:<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estartit.png\" alt=\"\" width=\"793\" height=\"734\" class=\"aligncenter size-large wp-image-33753\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estartit.png 793w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estartit-300x278.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estartit-768x711.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estartit-600x555.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/loran_estartit-150x139.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 793px) 100vw, 793px\" \/><\/p>\n<p>Haber\u00eda que ter sorte e atopar uns arque\u00f3logos que investigaran o que quede da estaci\u00f3n de Estartit no ano 4020, para poder realizar paralelos e conseguir comprender que eses estra\u00f1os edificios ubicados na punta da Estaca de Bares eran parte dun sistema global de comunicaci\u00f3n constru\u00eddo e xestionado polo imperio norteamericano, que dominou o planeta trala segunda guerra mundial. Se ben \u00e9 posible que se conserve, dentro de dous mil anos, unha certa memoria dos acontecementos da II Guerra Mundial, nada nos garante que acontecer\u00e1 o mesmo con este enorme ecosistema informativo no que vivimos. De feito, nada nos garante a preservaci\u00f3n dixital de gran cantidade de informaci\u00f3n dixital para o futuro. <\/p>\n<p>Depende de como a sociedade galega -ou como se chame- do futuro interprete o seu pasado, a s\u00faa relaci\u00f3n co seu contorno, a s\u00faa identidade, triunfar\u00e1n este tipo de teor\u00edas especulativas ou ser\u00e1n s\u00f3 ideas de exc\u00e9ntricos que os cient\u00edficos non se atrever\u00e1n a expo\u00f1er. Ser\u00eda tam\u00e9n fascinante imaxinar que tipo de tradici\u00f3n (oral? dixital?) se conservar\u00e1 destes espazos. Imaxinemos tam\u00e9n que se conservaran parte dos graffiti pintados nas paredes con posterioridade ao abandono da base. Neles poderiamos ver, por exemplo, que non existe neles a lingua galega. Que pensar\u00edan os arque\u00f3logos de ent\u00f3n? Que a estas alturas de 2020 o galego xa ser\u00eda unicamente testemu\u00f1al? Que os graffiti se escrib\u00edan en espa\u00f1ol por motivos, digamos, &#8220;rituais&#8221;? Que significado lle dar\u00edan a esas enigm\u00e1ticas pinturas e a esas declaraci\u00f3ns de amor? Reco\u00f1eceranse nelas como n\u00f3s nos graffiti de Pompeia? <\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/base_1965.jpg\" alt=\"\" width=\"600\" height=\"419\" class=\"aligncenter size-full wp-image-33757\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/base_1965.jpg 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/base_1965-300x210.jpg 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/base_1965-150x105.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><br \/>\n<em>A base de bares en 1965<\/em><\/p>\n<p>Imaxinemos que os nosos arque\u00f3logos, tras moito traballo e non pouca sorte, conseguen achegarse \u00e1 verdade. Na conferencia de final de intervenci\u00f3n \u00e1 comunidade local (xa non sabemos se ser\u00e1 real ou virtual, se a\u00ednda haber\u00e1 bares ou sal\u00f3ns parroquiais), expor\u00e1n aos veci\u00f1os de Bares (chamarase a\u00ednda Bares?) a s\u00faa hip\u00f3tese: este recinto foi constru\u00eddo por un ex\u00e9rcito chegado da outra banda do mar, que ti\u00f1a relaci\u00f3ns amistosas coa veci\u00f1anza e que desempe\u00f1aban alg\u00fan primitivo sistema de comunicaci\u00f3n por ondas para o dominio completo dos mares. Pero malia a s\u00faa importante tarefa, pasaron menos de vinte anos neste lugar. Os veci\u00f1os ficar\u00e1n sorprendidos. Na quenda de preguntas un home levantar\u00e1 a man:<\/p>\n<p>-E logo quen eran os que o fixeron, os celtas?<\/p>\n<p>E un segundo continuar\u00e1:<\/p>\n<p>-E se tan importante e hist\u00f3rico \u00e9 este lugar, porque os nosos devanceiros non decidiron conservalo cando os americanos marcharon?<\/p>\n<p>E os arque\u00f3logos non souberon que responder a ningunha das d\u00faas preguntas. <\/p>\n<p>Este post \u00e9 unicamente un exercicio especulativo, pero nos leva a pensar nas complicaci\u00f3ns para poder conectar o rexistro arqueol\u00f3xico cos eventos do mundo no que tiveron a s\u00faa existencia. O fascinante rexistro da actividade humana ten unha moi pequena correspondencia cos edificios e os obxectos que as persoas empregamos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como interpretar\u00edan os arque\u00f3logos este lugar no ano 4020?<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/10\/12\/arqueoloxias-do-contemporaneo-a-base-americana-da-estaca-de-bares\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Arqueolox\u00edas do contempor\u00e1neo: a base americana da Estaca de Bares<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33761,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-33748","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33748","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33748"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33748\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33774,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33748\/revisions\/33774"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33761"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33748"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33748"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33748"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}