{"id":33719,"date":"2020-07-03T09:42:33","date_gmt":"2020-07-03T07:42:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33719"},"modified":"2020-07-03T10:05:32","modified_gmt":"2020-07-03T08:05:32","slug":"mamoas-que-son-faros-un-camino-esquecido-ao-caron-de-negreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/07\/03\/mamoas-que-son-faros-un-camino-esquecido-ao-caron-de-negreira\/","title":{"rendered":"M\u00e1moas que son faros: un cami\u00f1o esquecido ao car\u00f3n de Negreira"},"content":{"rendered":"<p><em>M\u00e1moa do Agro da Chanceira<\/em><\/p>\n<p>A principios de xu\u00f1o estaba repasando a trav\u00e9s de novos modelos dixitais de terreo elaborados por Jo\u00e3o Fonte o concello de Negreira. Buscaba comprender mellor a localizaci\u00f3n do campamento romano do Cornado (Bugallido). Nas proximidades da vila de Negreira, nada m\u00e1is cruzar a Ponte do Barcala tralo pazo do Cot\u00f3n, cham\u00e1ronme a atenci\u00f3n varias cousas. Nun outeiro que se elevaba sobre o r\u00edo chamado -xenericamente- Alto da Cruz apreci\u00e1banse varios detalles interesantes. En primeiro lugar, unha m\u00e1moa espectacular. Non sei por que, tiven o p\u00e1lpito de que, malia estar tan pr\u00f3xima ao n\u00facleo urbano, non estaba catalogada. E efectivamente, as\u00ed era. Unha serie de pequenos valados tam\u00e9n chamaron a mi\u00f1a atenci\u00f3n, as\u00ed como unha curiosa estrutura aos p\u00e9s dese outeiro, encaixada entre lombas. Ao observar ben a zona, chamoume a atenci\u00f3n outro detalle. O cami\u00f1o de Santiago discurr\u00eda por al\u00ed. Ben, non <em>exactamente<\/em> por al\u00ed, sen\u00f3n polo lado. Por unha pista recta e sen d\u00fabida m\u00e1is moderna que o antigo cami\u00f1o que parec\u00eda discorrer polo Alto da Cruz. A m\u00e1moa, ubicada ao car\u00f3n do cami\u00f1o antigo, parec\u00eda indicarnos que antes do actual cami\u00f1o, se cadra das primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX, hab\u00eda outro ancestral. Durante miles de anos, o r\u00edo parec\u00eda terse pasado polo mesmo lugar, hoxe esquecido. <\/p>\n<p>Esta \u00e9 unha pequena historia, pero tam\u00e9n \u00e9 a historia de todos: unha historia que nos fala de como o territorio de Galicia garda as lembranzas de tempos idos. A paisaxe est\u00e1 inzada de memoria esperando a descubrila.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vello_mundo.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Modelo LRM do Alto da Cruz. O destacado superior \u00e9 a M\u00e1moa do Agro da Chanceira. O inferior \u00e9 o indicado na cartograf\u00eda (a\u00ednda que non na tradici\u00f3n oral) coma Os Coucheiros. Entre eles, o antigo cami\u00f1o. <\/em><\/p>\n<p>As\u00ed que contactei co amigo X. Amancio Li\u00f1ares, profesor no instituto de Negreira e membro da asociaci\u00f3n cultural Afonso Eanes, pregunt\u00e1ndolle pola zona. Quer\u00eda saber as narrativas orais que exist\u00edan sobre este reducido espazo. Amancio p\u00faxose a traballar: lembrou que, nunha edici\u00f3n que fixera de textos in\u00e9ditos do escritor e avogado galeguista Xuli\u00e1n Magari\u00f1os, transcribira unha historia in\u00e9dita de tradici\u00f3n oral, &#8220;escritas nos finais da d\u00e9cada de 1920 ou primeiros anos de 1930&#8221;. Cham\u00e1base &#8220;La aldea de Concheiros&#8221; e nela recoll\u00eda a memoria dunha aldea desaparecida, s\u00f3 conservada na tradici\u00f3n oral de Negreira. Magari\u00f1os contaba que a principios do s\u00e9culo XIX, os Concheiros era un lugari\u00f1o de tres casas ubicado ao car\u00f3n da estrada &#8220;hoxe en construci\u00f3n&#8221;. Nela, comet\u00e9rase un crime terrible. Unha muller e mailo seu amante mataran ao marido e o soterraran baixo a eira. A\u00ednda que se sospeitaba deles, non hab\u00eda probas. Ata que un d\u00eda o amante, b\u00e9bedo, pasou por riba do enterramento do asasinado e pisou forte por riba del, berrando &#8220;Non rexurdiches m\u00e1is!&#8221;. Os berros foron escoitados por un cami\u00f1ante que foi dar aviso \u00e1s autoridades. Ao escavaren na eira, puideron confirmar o crime, confiscaron os bens e a aldea, abatida pola lenda negra, rematou por desaparecer. Noutra variante do relato, af\u00edrmase que no lugar hab\u00eda unha taberna. <\/p>\n<p>As\u00ed que esta semana, grazas ao interese e \u00e1nimo da asociaci\u00f3n cultural nicrariense Afonso Eanes, acheg\u00e1monos para visitar a zona e ver sobre o terreo as estruturas que nos indicaba o modelo dixital LRM. E vela\u00ed estaba a m\u00e1moa da Agra da Chanceira, de notables dimensi\u00f3ns, cun gran cono de violaci\u00f3n pero a\u00ednda as\u00ed, cunha boa parte da coraza aparentemente intacta. De volta na casa, fixen unha an\u00e1lise de visibilidade e verifiquei que nin sequera era un t\u00famulo m\u00e1is: este monumento megal\u00edtico era visible no seu momento desde unha enorme porci\u00f3n de territorio no val de Barcala. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/visibilidade_mamoa.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Visibilidade da m\u00e1moa do Agro da Chanceira<\/strong><\/p>\n<p>Pero cobraba ademais un sentido monumental cando cami\u00f1abas polo antigo cami\u00f1o, convertido nunha fermosa congostra. Cando sub\u00edas desde o r\u00edo Barcala, o t\u00famulo apar\u00e9cese de maneira espectacular sobre o cami\u00f1o. Sempre me resultou fascinante a idea das m\u00e1moas como faros de navegaci\u00f3n para os cami\u00f1antes: como balizas que axudan a constru\u00edr o sentido do territorio. Se cadra esta m\u00e1moa marcaba o paso sobre o r\u00edo Barcala que logo xustificou a construci\u00f3n do castro de Vilach\u00e1n e mesmo da fortaleza medieval anterior ao Pazo de Cot\u00f3n. Negreira, un n\u00f3 de comunicaci\u00f3ns no mundo antigo e medieval, ten agora unha aut\u00e9ntica icona e testemu\u00f1a da ancestralidade do lugar. <\/p>\n<p>E despois acheg\u00e1monos ata o lugar indicado na cartograf\u00eda coma os &#8220;Coucheiros&#8221;, onde se pod\u00edan apreciar unhas estruturas moi antigas. E aqu\u00ed veu algo do m\u00e1is interesante. A trav\u00e9s do modelo LRM podiamos ver unha especie de recinto un pouco estra\u00f1o, encaixado entre as lombas. Acheg\u00e1monos a el e puidemos observar un fermoso espazo. Hoxe forestal, a\u00ednda que parcialmente cultivado a\u00ednda nas fotograf\u00edas antigas, apreciabamos con claridade un mundo dividido en d\u00faas capas. Sobre os valados de pedra en seco das numerosas fincas actuais nas que est\u00e1 dividido, discorr\u00eda un mundo anterior, de muros anchos e con restos apreciables de edificaci\u00f3ns baixo a frouma. Ben se v\u00eda que aquelas edificaci\u00f3ns segu\u00edan al\u00ed, pero doutro xeito: agora mudadas en valados que tam\u00e9n parec\u00edan notablemente antigos, a\u00ednda que poidan ter corenta ou cincuenta anos. Era unha topograf\u00eda agraria baixo outra topograf\u00eda agraria, como capas e capas de suor de labregos e de terra \u00e1 que se lle ped\u00eda o mellor de si mesma. <\/p>\n<p>Efectivamente, al\u00ed parec\u00edan existir os restos dun antigo esforzo humano a trav\u00e9s dunha pequena aldea desaparecida. \u00c9 a aldea dos Concheiros? A\u00ednda que a cartograf\u00eda a sit\u00faa al\u00ed, a tradici\u00f3n oral recollida por Magari\u00f1os -e tam\u00e9n por Xos\u00e9 Antonio Romar\u00eds, un activista cultural senior que nos acompa\u00f1ou- fala doutro espazo, ao car\u00f3n da estrada, m\u00e1is ao norte, onde tam\u00e9n se aprecian numerosos socalcos e que pode ser tam\u00e9n un bo candidato na aldea. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/concheiros.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>\u00c1s veces non \u00e9 doado ver as cousas!<\/em><\/p>\n<p>O que si te\u00f1o claro \u00e9 que estamos ante un pequeno mundo desaparecido, vinculado a esta fermosa congostra, que era como unha vea que lle daba o sangue da vida. Non sabiamos onde comezaba a historia deste lugar, pero si que ti\u00f1a que ver cunha fermosa agra e cun cami\u00f1o principal que atravesaba o lugar, un cami\u00f1o transitado por labregos, monxas, comerciantes, emigrantes, cabaleiros, ladr\u00f3ns, presb\u00edteros, ferreiros e prostitutas, cazadores e lexionarios, amantes e buscadores de ouro, ao longo de s\u00e9culos. Cando as transformaci\u00f3ns revolucionarias nas comunicaci\u00f3ns de finais do s\u00e9culo XIX e o s\u00e9culo XX, antigos mundos mergull\u00e1ronse no esquecemento mentres xurd\u00edan outros. E s\u00e9culos antes, cando os poderes puxeron os seus ollos en novos lugares e fundaron cidades, abriron minas, mercaron feudos, os cami\u00f1os volveron a cambiar e fixeron esquecer tam\u00e9n mundos anteriores. Este noso pa\u00eds garda a memoria f\u00f3sil de m\u00e1is deles. <\/p>\n<p>Logo acheg\u00e1monos a outro exemplo. No f\u00e9rtil val da Barcala existen numerosos xacementos arqueol\u00f3xicos, sobre todo castros. Esta terra rica daba ben de comer e sosti\u00f1a moita poboaci\u00f3n. Pero a trav\u00e9s do modelo dixital LRM decateime dun detalle. Todos os castros, ou os posteriores castelos medievais, coma o de Bro\u00f1o, que visitamos, est\u00e1n ao sur do r\u00edo Barcala. Un pequeno r\u00edo, perfectamente atravesable a p\u00e9, funciona como alg\u00fan tipo de fronteira. Ao norte deste r\u00edo, da outra banda do val, hoxe os nosos ollos curiosos s\u00f3 observan un tipo de xacemento arqueol\u00f3xico: no alto dos outeiros, as m\u00e1moas que sinalan os cami\u00f1os para penetrar nas terras montes\u00edas da Ba\u00f1a (ou mellor, Aba\u00f1a). A nosa historia marcou fronteiras que hoxe nin imaxinamos, pero que deixan pegadas na paisaxe. Pero do Neol\u00edtico s\u00f3 nos quedan as m\u00e1moas como testemu\u00f1o dun mundo no que os faros, marcaban, en terra, o cami\u00f1o das grandes aventuras. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha pequena historia local que conta toda a paisaxe galega. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/07\/03\/mamoas-que-son-faros-un-camino-esquecido-ao-caron-de-negreira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">M\u00e1moas que son faros: un cami\u00f1o esquecido ao car\u00f3n de Negreira<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33722,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-33719","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33719","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33719"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33719\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33732,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33719\/revisions\/33732"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33722"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33719"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33719"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33719"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}