{"id":33711,"date":"2020-06-12T09:47:39","date_gmt":"2020-06-12T07:47:39","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33711"},"modified":"2020-06-12T09:47:39","modified_gmt":"2020-06-12T07:47:39","slug":"cando-unha-paisaxe-volve-falar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/06\/12\/cando-unha-paisaxe-volve-falar\/","title":{"rendered":"Cando unha paisaxe volve falar"},"content":{"rendered":"<p><em>O castelo de Portomeiro desde o aire. Foto: Jos\u00e9 Manuel Costa<\/em><\/p>\n<p>O 27 de marzo de 2010 publiquei unha historia en Cap\u00edtulo Cero sobre <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/27\/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre\/\">o fascinante castelo de Portomeiro<\/a><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/27\/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre\/\">o fascinante castelo de Portomeiro<\/a>. Chegara a el a partir dunha minuciosa disecci\u00f3n do territorio ao car\u00f3n de Santiago na procura de castelos de \u00e9poca tardoantiga e altomedieval. O que nos atoparamos no alto de aquel monte de Val do Dubra era un recinto moi afectado por obras e prantaci\u00f3ns, pero que a\u00ednda as\u00ed, sorprendentemente, permit\u00eda observar numerosas estruturas en superficie. Os blogs non s\u00f3 son espazos de publicaci\u00f3n, sen\u00f3n espazos de conexi\u00f3n. Aquel post valeu para espertar o interese de Mario Fern\u00e1ndez Pereiro, o estudante de doutoramento que posteriormente elaborar\u00eda a primeira tese de doutoramento de Galicia sobre a arqueolox\u00eda das fortificaci\u00f3ns tardoantigas e altomedievais. Anos despois, Mario Fern\u00e1ndez volver\u00eda a Portomeiro para realizar esta intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica que conto aqu\u00ed. Baixo a direcci\u00f3n cient\u00edfica de Jos\u00e9 Carlos S\u00e1nchez Pardo e a asistencia tam\u00e9n do arque\u00f3logo Fran Alonso Toucido, de Tempos Arque\u00f3logos, realizaron unha intervenci\u00f3n destinada a comprobar que pod\u00eda estar gardando esta fortificaci\u00f3n. Esta reportaxe \u00e9 froito de pasar con eles unhas cantas horas na intervenci\u00f3n. <\/p>\n<p><em>Publicado orixinalmente en culturagalega.gal o 9 de xu\u00f1o de 2020<\/em><\/p>\n<p><strong>Ao car\u00f3n de Compostela hai unha paisaxe oculta e perdida no tempo. Toda ela xira ao redor do r\u00edo Tambre, nun fermoso e moi pouco co\u00f1ecido can\u00f3n que comeza na Ponte Albar (entre Trazo e Santiago) e remata na de Portomouro (Val do Dubra). Entre plantaci\u00f3ns de eucaliptos, canteiras, encoros hidroel\u00e9ctricos, minas e concentraci\u00f3ns parcelarias sobreviven case de milagre unha serie de testemu\u00f1as dun mundo perdido entre a Antig\u00fcidade tard\u00eda e a Idade Media, ata agora nunca interpretadas no seu conxunto. A escavaci\u00f3n no Val do Dubra do castelo de Portomeiro, unha fortificaci\u00f3n excepcionalmente ben preservada no coraz\u00f3n desta paisaxe, por parte do grupo S\u00edncrisis da Universidade de Santiago de Compostela, est\u00e1 a revelar a viveza dunha \u00e9poca decisiva para a historia do pa\u00eds.<\/strong><\/p>\n<p>Unha boa parte do que Galicia \u00e9 hoxe en d\u00eda d\u00e9bese a un per\u00edodo que segue a ser moi pouco co\u00f1ecido. Desde a fundaci\u00f3n do reino de Galicia por parte dos suevos ao final do Imperio Romano ata os importantes cambios pol\u00edticos derivados da irrupci\u00f3n do poder musulm\u00e1n na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, as fundaci\u00f3ns mon\u00e1sticas e novos poderes feudais ou o nacemento da rede de parroquias do pa\u00eds na Alta Idade Media. As fontes hist\u00f3ricas escritas son escasas e a historiograf\u00eda sobre a \u00e9poca prestou m\u00e1is atenci\u00f3n a outros territorios ib\u00e9ricos. Pero nos \u00faltimos anos, a arqueolox\u00eda est\u00e1 facendo que as pedras e os xacementos conten o que non chegou a trav\u00e9s dos pergameos, e redescubrindo as trazas que ese dilatado per\u00edodo de seiscentos anos deixou no pa\u00eds.<\/p>\n<p><b>A paisaxe calada<\/b><\/p>\n<p>Jos\u00e9 Carlos S\u00e1nchez Pardo, profesor na Facultade de Historia da USC e director cient\u00edfico da intervenci\u00f3n, sube ao alto dun penedo, no castelo de Portomeiro, e comeza a sinalar percorrendo a maxestosa paisaxe. &#8220;No centro est\u00e1 o Tambre, que xoga un papel moi importante na Idade Media como delimitador pero tam\u00e9n como axente econ\u00f3mico e referente. Da outra banda do r\u00edo, ves al\u00ed enfronte Castro Maior, no que foron localizados materiais da Antig\u00fcidade Tard\u00eda ou da Alta Idade Media, e que cremos que pode estar conectado de alg\u00fan xeito con Portomeiro. E desta banda do Tambre, na ribeira, atop\u00e1base o mosteiro de Novais, que explotaba pesqueiras. E aos p\u00e9s do castelo os veci\u00f1os nos falan de continuamente de pontes e zonas de paso do r\u00edo&#8221;. E a\u00ednda poderiamos dicir m\u00e1is: indo m\u00e1is al\u00e1 do que permite a vista, aos p\u00e9s de Castro Maior, est\u00e1 a mota do Lamascal, unha fortificaci\u00f3n terreira medieval e, de novo desta banda do val do Dubra, no moi lonxe de Portomeiro, at\u00f3panse os sartegos escavados na rocha da Pedra do Home, tam\u00e9n do tempo altomedieval. Por que se d\u00e1 esta singular concentraci\u00f3n de restos desta \u00e9poca? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/portomeiro_5.jpg\"\/><br \/>\n<i>Sondaxe superior en Portomeiro. Foto: Sole Felloza<\/i><\/p>\n<p>Esta \u00e9 a pregunta que se fan os arque\u00f3logos, na procura dunha chave que axude a entender o por que desta paisaxe ao redor do Tambre. E todo est\u00e1 por facer. As xornadas pasadas por este xornalista na escavaci\u00f3n de Portomeiro permite comprender como se constr\u00fae ese co\u00f1ecemento arqueol\u00f3xico. Os membros do equipo formulan continuamente conxecturas e hip\u00f3teses en voz alta, interpretando todo o que lles vai aparecendo entre as estruturas que emerxen, os materiais que desenterran e a paisaxe que observan ao seu redor cando fan un descanso. Moitas das ideas entran dentro do campo do especulativo e disc\u00fatense informalmente, algunhas dialogan con publicaci\u00f3ns recentes doutros investigadores ou se expo\u00f1en de maneira informal aos colegas que ve\u00f1en de visita. Nas escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas as ideas corren de maneira moito m\u00e1is fren\u00e9tica do que o ritmo de traballo, meticuloso e moi concreto, poder\u00eda facer pensar. Algunhas das hip\u00f3teses iniciais vanse descartando ao cabo dos d\u00edas, conforme as estruturas e os materiais falan cada vez de maneira m\u00e1is clara, e comezan a emerxer novas preguntas que non poder\u00e1n ser contestadas polo momento. S\u00f3 un pequeno conxunto de interpretaci\u00f3ns cristalizar\u00e1, dentro dun tempo, nos informes e artigos que estes cient\u00edficos publicar\u00e1n sobre o castelo, tralo o estudo sosegado en laboratorio de todos os datos. <\/p>\n<p>Durante a primeira semana de xu\u00f1o, o equipo arqueol\u00f3xico gabeou a diario as fortes pendentes que conducen ao castelo de Portomeiro, un outeiro gran\u00edtico de grandes penedos cinguido por unha muralla de pedra derrubada. A primeira vez que Mario Fern\u00e1ndez Pereiro -outro arque\u00f3logo do equipo e autor da primeira tese publicada en Galicia sobre as fortificaci\u00f3ns deste misterioso per\u00edodo- subiu ao Castelo, decatouse de inmediato que non encaixaba na definici\u00f3n habitual dos castros. Porque ata ese momento, nos rexistros oficiais e na bibliograf\u00eda, Portomeiro era un xacemento da Idade do Ferro. Por\u00e9n, canda a gran presenza de fragmentos de t\u00e9gula (a tella plana que chega a Galicia en \u00e9poca romana) e tella curva, apreciaron un gran n\u00famero de construci\u00f3ns rectil\u00edneas que aparec\u00edan xa, a simple vista, na superficie. Todo isto era moi singular na arqueolox\u00eda galega. Fern\u00e1ndez-Pereiro xa escavara en 2018 xunto con outro dos arque\u00f3logos do equipo de Portomeiro, Francisco Alonso Toucido, outra fortificaci\u00f3n en altura con paralelos a esta: o Faro de Budi\u00f1o, no Porri\u00f1o. <\/p>\n<p><b>Os dous tempos<\/b><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos prantexaron tres sondaxes sobre o terreo. No primeiro momento dirix\u00edronse a unha singular estrutura ben conservada e que sobresa\u00eda, entre os derrubes de pedras: unha porta na muralla. Desvelaron o lenzo de muro que a rodeaba, cun tipo de paramento pouco frecuente. Atoparon unha estreita pero s\u00f3lida porta presidida por d\u00faas grandes laxes a modo de xambas. A sondaxe permitiu observar que a entrada estaba abucinada, \u00e9 dicir, anche\u00e1base cara o interior, cunha intenci\u00f3n claramente defensiva. O segundo dato foi un intrigante detalle que marcar\u00eda a pauta de toda a semana. A muralla fora constru\u00edda sobre un derrubo anterior, revelando da existencia de cando menos d\u00faas fases de uso deste singular espazo. Pero de que se trataba? Dun castro? Neste modelo dixital da sondaxe podes co\u00f1ecer os principais datos obtidos na porta. <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\">\n    <iframe loading=\"lazy\" title=\"A 3D model\" width=\"840\" height=\"680\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/6de3091bca2d42fd8afa7529bbe4c7e7\/embed?autostart=1&#038;preload=1&#038;ui_controls=0&#038;ui_infos=0&#038;ui_inspector=0&#038;ui_stop=0&#038;ui_watermark=1&#038;ui_watermark_link=1\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; fullscreen; vr\" mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\"><\/iframe><\/div>\n<p>Ese dobre momento ten especialmente intrigado ao equipo arqueol\u00f3xico. A maior parte das estruturas escavadas nas tres sondaxes deron lugar a moitos materiais arqueol\u00f3xicos, sobre todo anacos de cer\u00e1mica, de \u00e9poca  altomedieval. &#8220;Entre o s\u00e9culo VIII e IX&#8221;, atr\u00e9vese a precisar Mario Fern\u00e1ndez Pereiro. Ao principio dubidaron algo: curiosamente, a cer\u00e1mica altomedieval galega par\u00e9cese moito \u00e1 da Idade do Ferro, do tempo dos castros. Os arque\u00f3logos tomaron numerosas mostras que permitir\u00e1n datar con m\u00e1is precisi\u00f3n os achados. Pero por baixo dese nivel hab\u00eda algo m\u00e1is. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/portomeiro_2.jpg\"\/><br \/>\n<i>Sondaxe nun gran edificio. Foto: Jos\u00e9 Manuel Costa<\/i><\/p>\n<p>Puid\u00e9rono observar noutra das sondaxes. Acometeron un  estremo dun gran edificio rectangular que empregaba os grandes penedos como paredes dos estremos. Cando comezaron a retirar a terra, comezaron a aparecer as tellas. As t\u00edpicas tellas curvas do pa\u00eds, chamadas \u00edmbrices. Ao retiraren o derrubo de pedra das paredes e comezaren a escavar no chan da estancia, atoparon por baixo dos muros altomedievais numerosos fragmentos de t\u00e9gula, a tella plana que chegou a Galicia con Roma e que foi usada durante bastantes s\u00e9culos no pa\u00eds. Alg\u00fans fragmentos de cer\u00e1mica romana apuntan a unha cronolox\u00eda desta \u00e9poca, pero o nivel, polo momento, aparece como unha pantasma arqueol\u00f3xica, pouco tanxible. &#8220;Curiosamente no Faro de Budi\u00f1o tam\u00e9n temos dous momentos&#8221;, comenta Mario Fern\u00e1ndez, &#8220;un nivel altomedieval cun gran edificio e un anterior, de \u00e9poca tardo antiga&#8221;. Nas tres sondaxes realizadas polo equipo rep\u00edtese a mesma pauta: parece que os construtores do castelo prepararon a terra para constru\u00edren os edificios, e ao facelo botaron man de materiais dunha ocupaci\u00f3n anterior da que polo momento non foron localizadas estruturas.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/portomeiro_3.jpg\"\/><br \/>\n<i>T\u00e9gulas por baixo dos muros da sondaxe. Foto: Manuel Gago<\/i><\/p>\n<p><b>A conexi\u00f3n coa memoria<\/b><\/p>\n<p>Por iso os arque\u00f3logos ficaron moi sorprendidos cun detalle chegado da tradici\u00f3n oral da aldea de Portomeiro. Durante toda a semana, os veci\u00f1os sub\u00edan continuamente para co\u00f1ecer a intervenci\u00f3n. Moitos deles non volveran ao alto do monte desde nenos, cando xogaban a buscaren o ouro dos mouros do que falaban as lendas dos seus maiores nas numerosas e labir\u00ednticas espenucas. Entre a escoita atenta \u00e1s explicaci\u00f3ns, os veci\u00f1os deixan pequenos tesouros da memoria e da toponimia. Alg\u00fans deles dan datos aparentemente moi precisos. &#8220;Os mouros met\u00edanse aqu\u00ed arriba e disparaban contra os de f\u00f3ra. Ata que vi\u00f1eron uns de Santiago e bot\u00e1ronos&#8221;, contoulles o propietario da finca. Outra das historia chegou cando o equipo xa sospeitaba que en Portomeiro hab\u00eda d\u00faas fases distintas, e ten especialmente intrigado a Jos\u00e9 Carlos S\u00e1nchez Pardo, director cient\u00edfico da intervenci\u00f3n. &#8220;Os veci\u00f1os comentaron que o castelo fora habitado por d\u00faas veces&#8221;, comenta con sorpresa. A cuesti\u00f3n \u00e9 que este outeiro fortificado foi abandonado hai aproximadamente mil anos. Os cami\u00f1os da memoria son dif\u00edciles de comprender. <\/p>\n<p><b>Unha planificaci\u00f3n meticulosa<\/b><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/portomeiro_4.jpg\"\/><br \/>\n<i>Algunhas das estruturas apreciables a simple vista no castelo de Portomeiro. Elaboraci\u00f3n propia a partir da fotograf\u00eda de Jos\u00e9 Manuel Costa.<\/i><\/p>\n<p>Mario Fern\u00e1ndez Pereiro cami\u00f1a lentamente cun GPS polo medio do recinto sen excavar. Parece un peregrino cun b\u00e1culo parlante, que vai dando avisos en ingl\u00e9s. Cada unha desas voces \u00e9 un rexistro no sistema dos muros que son visibles a flor de terra sen necesidade de intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica. Os muros percorren o xacemento debuxando grandes \u00e1reas rectangulares e estancias. A pantalla do GPS comeza a compo\u00f1er, como nun cadro puntillista, unha estrutura a partir de todos os rexistros tomados. Fran Alonso Toucido teno claro: &#8220;aqu\u00ed hai unha planificaci\u00f3n conxunta de todo este espazo. Algu\u00e9n dese\u00f1ou todo este recinto dunha vez&#8221;. A diferencia dunha aldea, ou un castro, que vai medrando aos poucos, todo o castelo parece organizado baixo un patr\u00f3n com\u00fan. <\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos que escavan en Portomeiro m\u00f3vense nun terreo desco\u00f1ecido. O co\u00f1ecemento arqueol\u00f3xico de espazos desta \u00e9poca altomedieval en Galicia \u00e9 moi reducido. Pero as estruturas que aparecen en Portomeiro falan dun tipo de edificios in\u00e9ditos ata o momento para esta \u00e9poca no pa\u00eds, amosando que o co\u00f1ecemento das fortificaci\u00f3ns galegas da \u00e9poca \u00e9 a\u00ednda moi reducido. E est\u00e1n constru\u00eddos por alg\u00fan poder do que polo momento non hai referencias m\u00e1is precisas. Un poder interesado no control do r\u00edo e nos seus pasos pero se cadra tam\u00e9n en m\u00e1is cousas. &#8220;O castelo est\u00e1 aqu\u00ed tam\u00e9n por isto&#8221;, afirma Mario Fern\u00e1ndez, sinalando a vizosa e extensa planicie agraria na que se asenta Portomeiro e que se domina desde a muralla. <\/p>\n<p>Na Alta Idade Media galega todo parece ser moito m\u00e1is din\u00e1mico do que se poder\u00eda imaxinar, e a arqueolox\u00eda est\u00e1 a conectar nos \u00faltimos anos unha manchea de evidencias dispersas, que ata agora carec\u00edan dunha narrativa hist\u00f3rica que lles dera sentido. &#8220;Cando en S\u00edncrisis realizamos o proxecto Emchahe, para investigar as igrexas altomedievais galegas&#8221;, lembra Jos\u00e9 Carlos S\u00e1nchez Pardo, &#8220;puidemos documentar restos de templos altomedievais en moit\u00edsimos sitios de toda Galicia, m\u00e1is al\u00e1 dos cl\u00e1sicos. A densidade de igrexas \u00e9 superior \u00e1 doutras zonas do noroeste ib\u00e9rico como Asturias, nesa \u00e9poca, e iso est\u00e1 querendo dicir algo&#8221;.  Xunto coas igrexas, estes vellos e desco\u00f1ecidos castelos parecen formar parte desta mesma historia. A da vertebraci\u00f3n de territorios, comunidades e poderes que configurar\u00e1n en gran medida a Galicia que chega ata hoxe. Esta paisaxe ausente do Tambre parece  ter ga\u00f1as de contar esta historia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A escavaci\u00f3n do castelo de Portomeiro revela novos datos sobre a Alta Idade Media galega <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/06\/12\/cando-unha-paisaxe-volve-falar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cando unha paisaxe volve falar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33712,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-33711","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33711","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33711"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33711\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33713,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33711\/revisions\/33713"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33712"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}