{"id":33687,"date":"2020-05-04T16:35:40","date_gmt":"2020-05-04T14:35:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33687"},"modified":"2020-05-04T17:47:07","modified_gmt":"2020-05-04T15:47:07","slug":"reler-os-museos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/05\/04\/reler-os-museos\/","title":{"rendered":"Reler os museos"},"content":{"rendered":"<p><em>Detalle dun baixorrelevo de alabastro que representa o rei Asurbanipal nunha cacer\u00eda. The British Museum, Londres.<\/em><\/p>\n<p>Unha cousa que me din os meus vellos -un concepto agarimoso co que non me refiro s\u00f3 \u00e1 mi\u00f1a familia, sen\u00f3n sobre todo a aqueles maiores que son os meus proxenitores intelectuais- \u00e9 que chega un momento en que apetece m\u00e1is reler que ler. Eu a\u00ednda non estou nesas: pos\u00faeme o af\u00e1n absurdo, ut\u00f3pico e irreal de lelo todo, de tentar entender o esp\u00edrito do meu tempo a partir do que se edita hoxe. Leo o andel de novidades co man dereita, mentres que coa esquerda soste\u00f1o libros de hai d\u00e9cadas ou s\u00e9culos. Pero iso non quita que non te\u00f1a curiosidade de vivir esa experiencia: que entenderei agora, trinta anos despois, de <em>Sinu\u00e9 o Exipcio<\/em>? E da <em>Illa do Tesouro<\/em>? E de <em>Breta\u00f1a, Esmeraldina<\/em>?<\/p>\n<p>Malia iso, non me acontece o mesmo cos museos. Pouca experiencia hai m\u00e1is pracenteira que ir visitar un museo dunha cidade distante. Ref\u00edrome a unha destas instituci\u00f3ns centenarias, cl\u00e1sica, coraz\u00f3n da cultura occidental, con pezas que integran o canon do que se entende por Europa, que explican o noso gusto est\u00e9tico, os nosos medos e imaxinaci\u00f3ns. Estes museos aos que se acode, como moito, tres ou catro veces na vida. Ou sexa, en tres ou catro vidas distintas.<\/p>\n<p>Pouco antes do inicio do estado de alarma, acud\u00edn a Londres a ver a exposici\u00f3n Troy: myth and reality, unha das mostras estrela do Museo Brit\u00e1nico neste ano. Eu non podo acudir a un museo e s\u00f3 ir \u00e1s exposici\u00f3ns temporais. \u00c9 como ir a unha aldea e non pasar a saudar ao familiar que tes vivindo a\u00ed. A\u00ednda que non te\u00f1a tempo, fago un pase\u00ed\u00f1o r\u00e1pido polas salas que custodian alg\u00fans dos obxectos m\u00e1is queridos. E suc\u00e9deme algo marabilloso que seguro que a vostedes tam\u00e9n lles pasa: ao percorrer esas salas que mante\u00f1en a s\u00faa disposici\u00f3n e distribuci\u00f3n inmutable desde hai d\u00e9cadas ou s\u00e9culos -as de arte exipcia, as de Oriente Medio, as da Grecia e Roma cl\u00e1sicas-, nunca \u00e9 nada igual. A \u00faltima vez que as visitaches se cadra foi hai cinco ou dez anos, pero ti non eras o mesmo que agora ves. E as pezas que de aquela te chamaban a atenci\u00f3n non son as mesmas de hoxe. Nesta visita, por exemplo, as esculturas exipcias result\u00e1ronme fr\u00edas, propias dun mundo tan hier\u00e1tico coma elas mesmas, no que a arte est\u00e1 rixidamente controlada e sen escapatoria posible. Case nin unha fisga!<\/p>\n<p>Pero na mi\u00f1a anterior visita, esas pedras exipcias result\u00e1ranme misteriosas e atraentes. Se cadra, eu de aquela, estaba \u00e1 procura de que me atraparan. Neste 2020, o coraz\u00f3n lev\u00e1ronmo os animais cazados polos tiranos asirios: esas naturalistas representaci\u00f3ns de le\u00f3ns e gacelas que se retorcen de dor cando son cazadas polo rei e os seus cortes\u00e1ns. Se cadra o artista procuraba no naturalismo trasladar o poder do monarca que case ten o monopolio de infrinxir dor e morte, ordenar un mundo supostamente salvaxe e, ademais, divertirse con iso. Pero eu imaxinei que naqueles le\u00f3ns e leoas feridas, o escultor trasladaba o sufrimento que non pod\u00eda representar nos hier\u00e1ticos cativos humanos. Para aquelas interminables procesi\u00f3ns de vencidos, a expresi\u00f3n corporal estaba vedada, eran apenas masas caracterizadas, n\u00famero, masa. Pura pol\u00edtica. Se cadra os animais foron tam\u00e9n unha v\u00eda de escape, unha forma de falar do home. Sempre falamos do home.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/museal_2.png\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Detalle de<\/em> Un concerto. <em>Lorenzo Costa. The National Gallery, Londes.<\/em><\/p>\n<p>E, na National Gallery, puiden observar tam\u00e9n como a mi\u00f1a ollada sobre aquelas pinturas cambiara. Hab\u00eda anos, prestaba atenci\u00f3n \u00e1s composici\u00f3ns, os ritmos, os significados das pinturas. Encaix\u00e1baas no que deb\u00eda saber como cidad\u00e1n europeo culto, nesa quimera civil que nos ensinou a arelar Stefan Zweig m\u00e1is que ningu\u00e9n. Desta volta, a mi\u00f1a ollada tam\u00e9n mudara radicalmente. Superadas as salas medievais, no Renacemento comecei a me deter sobre todo nos rostros e nas olladas, nesa \u00e9poca nas que os artistas comezaron a permitirse representar non s\u00f3 a riqueza do magnate toscano, a gravidade do mercador flamenco, o poder do monarca Tudor, a virtude da dona casadeira, sen\u00f3n tam\u00e9n a d\u00fabida, a sorna, a fraxilidade, a ambici\u00f3n, a determinaci\u00f3n e a derrota. Fixeime nas querencias dos artistas: nos rostros que lle importaban e os que non, nun retrato, como fixo no seu Concerto Lorenzo Costa. Hai olladas que son agasallos encubertos. E mentres \u00eda cami\u00f1ando, ench\u00eda as mi\u00f1as stories de Instagram con aqueles rostros.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/museal_3.png\" alt=\"\" \/><br \/>\nExperimento cun paxaro nunha bomba de aire. <em>Joseph Wright, 1768. The National Gallery, Londres.<\/em><\/p>\n<p>Vendo agora as fotograf\u00edas que tomei, preg\u00fantome en que momento o museo deixara de selo e se convertera nunha r\u00faa ateigada, nunha destas prazas cunha moitedume que se esvae, por segundos, cando bates no seu interior co rostro dunha muller fermosa, dun vello tristeiro ou dun neno bulig\u00e1n. Neses segundos nas que a t\u00faa atenci\u00f3n obra o prodixio de enmudecer o mundo, ata que volve de novo o caos da masa humana. Non te\u00f1o unha soa fotograf\u00eda dun cadro enteiro: s\u00f3 me parecen importar as mans collidas, as olladas angustiosas, as infancias abandonadas, as olladas namoradas agachadas no Experimento cun paxaro nunha bomba de aire de Joseph Wright.<\/p>\n<p>Non sei o que -ou a quen- me atoparei cando decida volver \u00e1s Minas do Rei Salom\u00f3n, ao Merl\u00edn e Familia, a O ru\u00eddo ou a Furia ou ao Pr\u00edncipe de Maquiavelo. Pero estou certo de que cando volva ao Museo Brit\u00e1nico ou \u00e1 Galer\u00eda Nacional de Londres, eu xa non serei o mesmo. E o museo volver\u00e1 a me reflectir, como un espello verdadeiro dos contos, coa honestidade certeira das m\u00e1quinas, quen son eu, quen somos n\u00f3s.   <\/p>\n<p><em>Artigo publicado orixinalmente en<\/em><em> <a href=\"http:\/\/redemuseisticalugo.org\/documentos.asp?mat=180&#038;id=3328&#038;fbclid=IwAR0XbcLOobh_TK3fNu8qn6f55HkLU871SBxq5vtHv5OTyP6iPRKJKwn3moM\">Museal (A revista)<\/a><\/em>. Rede Muse\u00edstica Provincial de Lugo, o 29\/04\/2020. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os museos te\u00f1en unha capacidade poucas veces apreciada: a de devolver parte do que fostes<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/05\/04\/reler-os-museos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Reler os museos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33688,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-33687","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33687","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33687"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33687\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33692,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33687\/revisions\/33692"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33688"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33687"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33687"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33687"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}