{"id":33681,"date":"2020-05-03T10:08:54","date_gmt":"2020-05-03T08:08:54","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33681"},"modified":"2020-05-03T10:14:31","modified_gmt":"2020-05-03T08:14:31","slug":"reinventar-a-cultura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/05\/03\/reinventar-a-cultura\/","title":{"rendered":"Reinventar a cultura"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Artigo publicado orixinalmente no Faro de Vigo o 2 de maio de 2020.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Levamos varias semanas escoitando a pol\u00edticos e intelectuais afirmar que nada vai ser igual despois da pandemia. Por\u00e9n, ningu\u00e9n \u00e9 capaz de explicarnos que vai cambiar en concreto. Reco\u00f1ezo que \u00e9 imposible adiantalo: vivimos unha historia que a\u00ednda non ten final e tampouco sabemos se vai ter ep\u00edlogo, ou mesmo segunda parte. Pero por experiencia e porque xa est\u00e1 a acontecer, estou seguro do seguinte: uns e m\u00e1is outros van tentar aproveitar o momento para endosarnos receitas de todo tipo que xa ti\u00f1an en carteira ben antes de infectarse o primeiro pangol\u00edn. Iso si, para despistar vir\u00e1n camufladas dentro de luvas e m\u00e1scaras.<\/p>\n<p>O estado de alarma revelou no \u00e1mbito da cultura a enorme solidariedade dun sector de traballadores en precario que entregou de balde o caro e valioso froito do seu traballo para o goce da poboaci\u00f3n confinada: libros, filmes, m\u00fasica, contos, teatro. F\u00edxoo sen pensar, por implicaci\u00f3n, inercia e contaxio. Tam\u00e9n revelou unha certa inxenuidade que non \u00e9 esperable nun colectivo que reivindica a s\u00faa relevancia econ\u00f3mica e estrat\u00e9xica. Outros sectores pens\u00e1rono m\u00e1is; nin se lles ocorrer\u00eda entregar de balde os seus activos nestes momentos. Imaxinen os nosos pequenos produtores, agricultores e gandeiros facendo o mesmo. Sobre todo cando eses activos lev\u00e1ronse non a un territorio de escasez, sen\u00f3n ao opulento almac\u00e9n de contidos que \u00e9 Internet.<\/p>\n<blockquote><p>Nas mesas de negociaci\u00f3n, cando nos ve\u00f1an con vellas receitas camufladas tras unha m\u00e1scara, a postura nunca debera ser s\u00f3 a de mendigar a supervivencia. <\/p><\/blockquote>\n<p>Agora ben, a clave da cultura \u00e9 que non \u00e9 un sector econ\u00f3mico calquera. A infraestrutura de produci\u00f3n \u00e9 moi barata. O seu recurso m\u00e1is valioso \u00e9 o capital humano. E iso explica a s\u00faa abraiante capacidade de reacci\u00f3n e adaptaci\u00f3n \u00e1 crise sanitaria e o confinamento. Neste mes estamos vendo nacer formatos de ficci\u00f3n, de entrevistas e encontros, teatro a trav\u00e9s de aplicaci\u00f3ns de videoconferencia, contacontos en cadea, relatos colectivos, todo tipo de visitas virtuais a museos e instituci\u00f3ns, videoxogos, cadeas de memes, cursos e obradoiros de todo o imaxinable. E o que \u00e9 mellor: moitas destas iniciativas, malia o meu escepticismo inicial, te\u00f1en un notable \u00e9xito de audiencia e chegan a novos p\u00fablicos. Si, o sector da cultura pode ser inxenuo cos cartos, pero revela un impresionante dinamismo e capacidade de adaptaci\u00f3n \u00e1s novas realidades e h\u00e1bitos de consumo cultural. A cultura \u00e9, por definici\u00f3n, innovaci\u00f3n: trae de serie sensores que detectan o latexo dunha sociedade, como esta se transforma. Non s\u00f3 vale para entreternos ou facernos m\u00e1is \u2018cr\u00edticos\u2019. O seu valor final \u00e9 ser o cemento dunha sociedade, a capa que nos constr\u00fae e nos vertebra. Fronte \u00e1s fr\u00edas cifras estat\u00edsticas econ\u00f3micas ou sociais, a cultura fai que nos poidamos explicar como colectivo e como individuos. Nestes momentos, a cultura ax\u00fadanos a comprender o que nos pasa. <\/p>\n<p>Non sabemos que quedar\u00e1 de todo isto dentro dun tempo. Pode que as nosas pantallas sigan acollendo, como agora, centos de pequenos eventos producidos por creadores onde antes s\u00f3 chegaban as series de Netflix; e pode que os museos galegos consigan, por fin, os fondos para mellorar as s\u00faas depauperadas webs e manter ese notable incremento de p\u00fablico dixital destes d\u00edas. Pero nas mesas de negociaci\u00f3n, cando nos ve\u00f1an con vellas receitas camufladas tras unha m\u00e1scara, a postura nunca debera ser s\u00f3 a de mendigar a supervivencia. Hai que presionar as administraci\u00f3ns para que atendan o grav\u00edsimo problema econ\u00f3mico, inmediato, ao que se enfronta o sector, pero o horizonte debe ser m\u00e1is ambicioso: afortalar os novos valores de dinamismo que o sector acaba de demostrar. Debemos reiventar a cultura para o futuro e non ficar cautivos da miseria do presente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A crise demostrou que a cultura \u00e9 un sector estrat\u00e9xico e innovador: defend\u00e1molo sobre as mesas de negociaci\u00f3n que vir\u00e1n<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/05\/03\/reinventar-a-cultura\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Reinventar a cultura<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33682,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,34],"tags":[],"class_list":["post-33681","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-obxectos-de-cultura","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33681","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33681"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33681\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33686,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33681\/revisions\/33686"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33682"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33681"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33681"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33681"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}