{"id":33637,"date":"2020-04-09T13:18:35","date_gmt":"2020-04-09T11:18:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33637"},"modified":"2020-04-09T17:45:24","modified_gmt":"2020-04-09T15:45:24","slug":"europa-vista-do-reves","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/04\/09\/europa-vista-do-reves\/","title":{"rendered":"Cando Europa se mira do rev\u00e9s"},"content":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas tiven a oportunidade de poder ver a <a href=\"https:\/\/www.march.es\/actos\/101202\/\">interesant\u00edsima conferencia do catedr\u00e1tico de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid Gonzalo Ruiz Zapatero<\/a> sobre os celtas na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, na web da Fundaci\u00f3n Juan March. Esta entidade, por certo, ten unha ampl\u00edsima colecci\u00f3n de conferencias en aberto con expertos de primeiro nivel en diferentes disciplinas cient\u00edficas que son unha absoluta delicia para quen queira aprender. <\/p>\n<p>Ruiz Zapatero presentou a conferencia como unha panor\u00e1mica \u00e1 presenza de diferentes pobos de ra\u00edz celta ao longo da Pen\u00ednsula, presentando as s\u00faas caracter\u00edsticas m\u00e1is singulares e base\u00e1ndose na ampla colecci\u00f3n de evidencias cient\u00edficas colleitadas a partir de moitas d\u00e9cadas de achados arqueol\u00f3xicos. Como \u00e9 evidente, presta unha enorme atenci\u00f3n aos celt\u00edberos, que son o conxunto de pobos cos que el m\u00e1is ten traballado. Aspectos como o ciclo agr\u00edcola, a cultura funeraria, a territorializaci\u00f3n, a etnox\u00e9nese dos pobos&#8230; A partir do minuto 1:02:40, xa mal de tempo, Gonzalo Ruiz Zapatero dedica s\u00f3 sete minutos \u00e1 Idade do Ferro do Noroeste peninsular, pero son dos sete mellores minutos nos que se ten falado dos castros do noroeste. Sobre todo, porque Ruiz Zapatero \u00e9 capaz de ofrecer unha visi\u00f3n que eu te\u00f1o que dicir que raramente te\u00f1o visto en Galicia. Ao facelo, Ruiz Zapatero desvela os silencios e as \u00f3pticas truncadas coas que miramos o noso pasado, profundamente reduccionistas e localistas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gonzalo_ruiz.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ruiz Zapatero achega a seguinte idea: &#8220;reintegrar a cultura castrexa na Idade do Ferro de Europa&#8221;. O catedr\u00e1tico denuncia que a cultura castrexa do Noroeste estivo &#8220;secuestrada&#8221;. &#8220;Qu\u00edxose sinalar que esa cultura castrexa pertenc\u00eda sobre todo a unha etapa moi tard\u00eda, case de \u00e9poca romana, e s\u00f3 nos \u00faltimos anos estamos tentando recuperar unha Idade do Ferro e uns grupos castrexos que chegan ata o Bronce final&#8221;, explica o arque\u00f3logo. E unha clave para esa reintegraci\u00f3n est\u00e1, na s\u00faa ollada, cara o mundo atl\u00e1ntico e as redes culturais tecidas na Idade do Ferro nese mundo. Pero aqu\u00ed presentou unha imaxe que desde ent\u00f3n me ten fascinado e intrigado. <\/p>\n<p>Recolle a idea do gran arque\u00f3logo ingl\u00e9s Barry Cunliffe, quen ten explicado en numerosas ocasi\u00f3ns estas redes que conectan o mar atl\u00e1ntico, a trav\u00e9s dunha idea desafiante. Collan un mapa de Europa e d\u00e9anlle a volta, e ver\u00e1n como todo se transforma. Europa conv\u00edrtese nunha pen\u00ednsula que se adentra nun gran mar que a rodea. O Mediterr\u00e1neo deixa de ser un espazo central, \u00e9 apenas un estremo desde gran mar. E, sorpresa, ocupando o espazo central, definindo o eixo que artella as d\u00faas partes de Europa, nunha encrucillada de cami\u00f1os de auga, at\u00f3pase Galicia. Cando observamos as\u00ed o mapa rev\u00e9lase de s\u00fapeto o que somos. Pasamos de periferia a un espazo distinto, s\u00f3 comprensible a partir dese lugar central.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/europa_reves.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os mapas non son inocentes. O seu gran \u00e9xito est\u00e1 en que parecen precisos, algo obxectivo, definido matematicamente, pero en realidade representa concepci\u00f3ns culturais e visi\u00f3ns do mundo. Se cadra hoxe en d\u00eda sexa moi complicado prantexar mapas nos que o sur est\u00e1 ao norte e viceversa, pero un pequeno exercicio coma este ten unha enorme capacidade para desafiarnos e facernos pensar sobre a posici\u00f3n de Galicia no mundo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao invertir o mapa de Europa, obtense unha abraiante visi\u00f3n de Galicia.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/04\/09\/europa-vista-do-reves\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cando Europa se mira do rev\u00e9s<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33645,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-33637","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33637","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33637"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33637\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33651,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33637\/revisions\/33651"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33645"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33637"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33637"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33637"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}