{"id":33632,"date":"2020-04-12T14:01:11","date_gmt":"2020-04-12T12:01:11","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33632"},"modified":"2020-04-13T11:22:37","modified_gmt":"2020-04-13T09:22:37","slug":"as-raices-dunha-historia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/04\/12\/as-raices-dunha-historia\/","title":{"rendered":"As raz\u00f3ns dunha viaxe de pa\u00eds"},"content":{"rendered":"<h4>Hoxe teriamos clausurado a exposici\u00f3n &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221;, pero o estado de alarma provocado polo COVID-19 f\u00edxonos pechar a exposici\u00f3n ao p\u00fablico un mes antes do previsto. A\u00ednda as\u00ed, ducias de miles de persoas tiveron a oportunidade de visitar no Gai\u00e1s a mostra e falaron ao redor da idea de Galicia que transmit\u00eda a exposici\u00f3n. Neste texto, tento explicar algunhas reflexi\u00f3ns nas que me baseei \u00e1 hora de dese\u00f1ar o discurso da exposici\u00f3n.<\/h4>\n<p>Cando comecei co dese\u00f1o da exposici\u00f3n &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221; part\u00edn de moitas premisas distintas. Os meus cadernos estaban cheos de rascu\u00f1os en m\u00faltiples direcci\u00f3ns. \u00c1s veces eran noci\u00f3ns moi concretas, e algunhas pezas ic\u00f3nicas, pero ao principio eran sobre todo ideas: Que se quer\u00eda contar? Como? Como relacionar espazo con discurso? <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/03\/28\/como-se-fixo-galicia-un-relato-no-mundo\/\">Neste texto<\/a> expliquei o making of da exposici\u00f3n, e non vou abondar nel polo momento. Tam\u00e9n na mi\u00f1a <a href=\"https:\/\/issuu.com\/cidadedacultura\/docs\/grm_catalogo_web\">introduci\u00f3n ao cat\u00e1logo da exposici\u00f3n, dispo\u00f1ible en li\u00f1a<\/a> tedes tam\u00e9n unha explicaci\u00f3n do prantexamento xeral.<\/p>\n<p>Pero si quer\u00eda centrame no coraz\u00f3n do relato, no centro do discurso, na postura que asum\u00edn para pautar todo a exposici\u00f3n. \u00c9 dicir, que se quer\u00eda contar e por que. De onde nac\u00edan as premisas do al\u00ed sucedido. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, te\u00f1o que dicir que non concibo este tipo de grandes exposici\u00f3ns institucionais como fen\u00f3menos aillados, sen\u00f3n parto delas case desde o oficio de artes\u00e1n: hai que exercer tanto a destreza propia como ter memoria e sentido de continuidade, encaixar a exposici\u00f3n nun di\u00e1logo coas precedentes. Porque unha caracter\u00edstica da autonom\u00eda galega dese principios dos 90, coa chegada ao poder de Manuel Fraga, \u00e9 o desenvolvemento de grandes e ambiciosas exposici\u00f3ns cun forte sentido tem\u00e1tico ao redor de Galicia. Isto pode ter explicaci\u00f3ns, pero creo que hai unha moi determinante: a ausencia dun museo nacional. O imaxinario colectivo de Galicia pode estar m\u00e1is ou menos constru\u00eddo ao redor da paisaxe, ou mesmo de determinados monumentos. Pero carecemos dunha colecci\u00f3n can\u00f3nica. Os obxectos do pasado apenas est\u00e1n incorporados \u00e1 visi\u00f3n que podemos ter do que \u00e9 Galicia. Isto, en parte, d\u00e9bese a que a vocaci\u00f3n da maior parte dos museos galegos foi esencialmente local ou provincial. Nun texto que escrib\u00edn agora para unha editorial galesa estendinme m\u00e1is sobre esta idea. Agardo poder amos\u00e1rvolo en non moito tempo. <\/p>\n<p>En gran medida, o relato da historia de Galicia contin\u00faa a ser o dese\u00f1ado polos pais do Rexurdimento no s\u00e9culo XIX e pola Xeraci\u00f3n N\u00f3s. Isto en si mesmo non \u00e9 tan raro. En calquera pa\u00eds europeo, o marco de construci\u00f3n do pasado de referencia contin\u00faa a ser o do s\u00e9culo XIX. E a\u00ednda que a Historia, desde o \u00e1mbito acad\u00e9mico te\u00f1a superadas, moitas veces, estas vellas visi\u00f3ns, a argumentaci\u00f3n sobre os novos enfoques faise sempre <em>en relaci\u00f3n<\/em> ao anterior. E, sen d\u00fabida, contin\u00faa presente nos relatos populares. Calquera que navegue un pouco polas redes galegas, especialmente Facebook, poder\u00e1 ver a forte impronta deste relato no gusto popular, con variantes. Como xornalista cultural, sei claramente cales son as historias que m\u00e1is funcionan na rede: aquelas que encaixan con esa cosmovisi\u00f3n do Rexurdimento e da Xeraci\u00f3n N\u00f3s. Aquelas que funcionan como b\u00e1lsamo contra determinadas teimas, complexos e medos do pa\u00eds. <\/p>\n<p>Agora ben, esa visi\u00f3n do mundo e de Galicia proced\u00eda dun determinado mundo: dunha \u00e9poca, dunha sociedade, dunha cultura que, en boa medida, xa non \u00e9 a nosa. A Galicia actual \u00e9 moi distinta \u00e1 Galicia dos anos 20 ou \u00e1 da segunda metade do s\u00e9culo XIX. Nestes momentos o pa\u00eds vive un problema serio en relaci\u00f3n a todo ese entramado simb\u00f3lico. Desde a mi\u00f1a perspectiva, est\u00e1 quedando atr\u00e1s. Hai toda unha nova sociedade que xa non encaixa con ese discurso. E isto ten moitos motivos, pero ser\u00eda tremendamente reduccionista botarlle a culpa disto ao goberno H ou ao goberno B. \u00c9 un problema m\u00e1is amplo: ten que ver cunha sociedade que xa non se basea na terra, urbana, con preocupaci\u00f3ns distintas, se cadra m\u00e1is fracturada e dividida. Unha sociedade que non atopa -ou \u00e1s veces non quere atopar- un relato que funcione como ligaz\u00f3n e argamasa. <\/p>\n<p>Debemos ser conscientes das trazas do vello discurso de Galicia. De onde procede esa ollada sobre o mundo e preguntarnos como constru\u00edr unha visi\u00f3n de Galicia para as novas xeraci\u00f3ns, porque se cadra o vello discurso, como tal, xa non consiga facernos dialogar co pasado, \u00e9 dicir, reco\u00f1ecernos, atoparnos, do mesmo xeito. Unha visi\u00f3n de Galicia da que se sintan parte, que poidan preguntar no pasado por eles mesmos e atopen f\u00edos de conexi\u00f3n que o unan a el. Vaia por diante que eu asumo as grandes trazas do discurso do galeguismo. Pero f\u00e1goo desde o s\u00e9culo XXI, como cidad\u00e1n culto e activo no meu mundo, que fai unha lectura cr\u00edtica do pasado e constr\u00fae unha experiencia para o p\u00fablico do presente. Non me resigno a deixarme levar polas inercias.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_visita.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><b>As premisas desde as que ampliar o discurso:<\/b><\/p>\n<p>1. <strong>A Galicia cat\u00f3lica.<\/strong> Boa parte dos vellos galeguistas eran profundamente relixiosos, de familias de longa devoci\u00f3n cat\u00f3lica; nesas familias, moitas delas fidalgas, houbo curas en todas as xeraci\u00f3ns. A imbricaci\u00f3n entre a fidalgu\u00eda e a igrexa no goberno da terra marcou os seus relatos do pa\u00eds, as narrativas sobre o territorio, multiplicou o protagonismo da Igrexa absolutamente en todo o feito cultural e identitario. Pero, ademais, unha significativa parte dos historiadores que escribiron a nova historia galega nos principios da democracia tam\u00e9n proced\u00edan de seminarios. A s\u00faa ascendencia social xa era m\u00e1is diversa, pero seguiron concedendo \u00e1 igrexa unha notable preeminencia. E isto acabou creando interesantes ligaz\u00f3ns. Esta visi\u00f3n da hexemon\u00eda cultural da Igrexa sobre o pa\u00eds acabouse traspasando \u00e1 exposici\u00f3n <em>Galicia no tempo<\/em> e a moitas outras posteriores, pero tam\u00e9n \u00e1 propia elecci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago como estratexia principal de promoci\u00f3n tur\u00edstica do goberno galego, liderado polo conservador Manuel Fraga. Como dixen ao principio, eu te\u00f1o unha filosof\u00eda de complementariedade. Fronte a ese discurso reiterado eclesi\u00e1stico, crin necesario procurar en &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221; outra Galicia: a Galicia laica, a Galicia multicultural (de a\u00ed v\u00e9n a Biblia Kennicott) e unha Galicia na que podemos percibir unha evoluci\u00f3n hist\u00f3rica do pa\u00eds na que o papel da Igrexa est\u00e1 m\u00e1is mediado con outros axentes culturais. E vela\u00ed que os obxectos, a\u00ednda que poidan ter unha presenza relixiosa, l\u00e9vannos a un relato m\u00e1is amplo. <\/p>\n<p>2. A <strong>Galicia campesi\u00f1a<\/strong>. Os galeguistas -neste caso creo que m\u00e1is a Xeraci\u00f3n N\u00f3s- converteron aos labregos na cerna da identidade do pa\u00eds. Moitos destes intelectuais eran terratenientes, fidalgos da terra, recelosos dos fen\u00f3menos urbanos e da burgues\u00eda. Pero tam\u00e9n do mar. Este foi un relato que triunfou porque convi\u00f1a a moitos, pero dig\u00e1molo as\u00ed, foi un relato terrible. Fixo que a mi\u00f1a xente, na costa, como a de tantos, pensaba que non falaban o galego ben porque onde se falaba ben era en Lugo. Que a s\u00faa identidade non era a identidade pura do pa\u00eds. Hoxe en d\u00eda, a maior parte da xente vive no Eixo atl\u00e1ntico, volcada a un mar que nunca deixaron de empregar como fonte de riqueza e de intercambio. Un novo relato de Galicia debe ser un relato que nos po\u00f1a en relaci\u00f3n co mar, coa costa, o litoral e o seu magma vivo de innovaci\u00f3n, transformaci\u00f3n social e unha sociedade m\u00e1is diversa e heterox\u00e9nea. O litoral perm\u00edtenos reco\u00f1ecer no pasado a unha Galicia cambiante e din\u00e1mica, moitas veces emprendedora, na que a terra non ten un valor tan importante e no que os individuos procuran diferentes v\u00edas de emprendimento. Ollo: non quero dicir que a Galicia rural non sexa din\u00e1mica e emprendedora. Ref\u00edrome a esa idea do rural como &#8216;reservorio inmutable dunha antiga tradici\u00f3n&#8217;. Iso foi sempre m\u00e1is complexo.<\/p>\n<p>3. <strong>Galicia\/Espa\u00f1a.<\/strong> Desde o s\u00e9culo XIX, no Rexurdimento e na Xeraci\u00f3n N\u00f3s, houbo unha gran preocupaci\u00f3n pola dicotom\u00eda Galicia\/Espa\u00f1a. Fronte ao poder central, Galicia buscaba aqueles elementos non tanto que a defin\u00edan, sen\u00f3n os que a diferenciaban. Iso provocou que unha significativa parte de que somos quedara oculto polo motivo delirante de que estaba compartido con outros. Hai moitos exemplos disto. Vou po\u00f1er m\u00e1is serio e outro m\u00e1is de broma. O serio: a mitificaci\u00f3n do Rei Garc\u00eda, por exemplo. O rei Garc\u00eda converteuse en mito literario porque foi rei dunha Galicia supostamente independente. Pero ao facelo, estabamos negando o resto dos reis que tam\u00e9n foron reis de Galicia e doutros reinos. Negabamos o resto da nosa historia medieval. E agora o de broma (a\u00ednda que non tan broma). Pensen cando os medios fan a t\u00edpica enquisa de cal \u00e9 a palabra m\u00e1is bonita do galego. Sempre \u00e9 bolboreta, vagalume, luscofusco&#8230; non nos preguntamos por que? Inconsciente buscamos unha palabra que non soe igual en espa\u00f1ol. Obviamente, isto revela como constru\u00edmos o noso mundo, con certo complexo, con ga\u00f1as de diferenciarnos dunha pequena parte do mundo cando vivimos nun esquema mil veces m\u00e1is amplo. Se cadra no seu momento esa din\u00e1mica de diferencia era necesaria para un pa\u00eds coas s\u00faas liberdades pol\u00edticas e culturais totalmente cercenadas, sometido a unha inxustiza terrible. Pero a Galicia actual leva corenta anos dun amplo autogoberno, algo que os nosos vellos non pod\u00edan nin pensar. Podemos discutir as implicaci\u00f3ns e o impacto da autonom\u00eda na nosa sociedade, pero o que \u00e9 innegable \u00e9 que \u00e9 un escenario completamente distinto a aquel no que foron concebidas aquelas narrativas.<\/p>\n<p>As nosas preguntas, nestes momentos, deben ser m\u00e1is amplas. E deberiamos ter asumido o que somos, sen necesidade de definirnos unicamente pola diferencia. Vivimos nun mundo globalizado: a nosa xente m\u00f3vese sen medo traballando por diferentes pa\u00edses, exportando e operando en todo o globo. Espa\u00f1a \u00e9 agora s\u00f3 parte da ecuaci\u00f3n, e non podemos comportarnos como hobbits da Comarca, deliberadamente ignorantes ante todo o mundo que nos rodea. Por iso, en &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221;, traballamos con marcos conceptuais m\u00e1is amplos que os l\u00edmites tradicionais: como Atl\u00e1ntico\/Mediterr\u00e1neo. Moitos de n\u00f3s reco\u00f1ec\u00e9monos no Atl\u00e1ntico, por exemplo, pero c\u00fastanos reco\u00f1ecernos no Mediterr\u00e1neo, algo que tam\u00e9n somos. Sen embargo, os nosos irm\u00e1ns do Atl\u00e1ntico perciben con moita claridade o Mediterr\u00e1neo que temos en n\u00f3s. Unha Galicia moderna debe saber abrazar todas as s\u00faas influencias e identidades, sen complexos nin medos, sen andar a renunciar a partes de si mesma. Outra cousa, evidentemente, \u00e9 que futuro e que l\u00edmites queiramos para o goberno do pa\u00eds, o balance que fagamos destes corenta anos de autonom\u00eda e cal debe ser no futuro a relaci\u00f3n de Galicia con Espa\u00f1a, pero ese \u00e9 outro debate.<\/p>\n<p>4. <strong>O pobo an\u00f3nimo fronte \u00e1s figuras de poder<\/strong>. Quen te\u00f1a seguido un pouco a mi\u00f1a traxectoria, sabe ben do meu interese polas comunidades locais, as instituci\u00f3ns e os imaxinarios populares. Pero tam\u00e9n sabe das mi\u00f1as cr\u00edticas \u00e1 sacralizaci\u00f3n do pobo e \u00e1 trampa que existe ao eliminar e facer desaparecer as figuras individuais do pasado. Na mi\u00f1a novela <em>O ex\u00e9rcito de fume<\/em> critico a ausencia do heroe no imaxinario galego e desvelo a tramoia que est\u00e1 detr\u00e1s: refuxi\u00e1monos detr\u00e1s dun suposto pobo sufrinte e padecedor para non enfrontarnos \u00e1 responsabilidade da decisi\u00f3n e acci\u00f3n individual, t\u00e9moslle medo. Esta sacralizaci\u00f3n do pobo \u00e9 una marabillosa fusi\u00f3n entre parte do imaxinario cat\u00f3lico da Xeraci\u00f3n N\u00f3s coa esquerda dos anos 60 e 70. Pero no imaxinario dun pa\u00eds son tam\u00e9n precisas as figuras individuais: persoas \u00e1s que poidamos mirar os ollos, que poidamos xulgalas e comprendelas. Nas exposici\u00f3ns debemos poder mirar os ollos \u00e1s mulleres e homes do pasado, saber que tomaron decisi\u00f3ns e que esas decisi\u00f3ns tiveron consecuencias. Que, coma eles, n\u00f3s tam\u00e9n, como individuos, temos responsabilidades no relato do pa\u00eds. <\/p>\n<p>5. <strong>O vitimismo como identidade.<\/strong> O noso relato do pasado est\u00e1 constru\u00eddo sempre como un relato de continuas derrotas, desde a \u00e9poca do Medulio. Isto tivo que ver tam\u00e9n con esa visi\u00f3n cat\u00f3lica do sufrimento e o martirio. Ademais, os que sofren e os m\u00e1rtires se lles concede a raz\u00f3n de maneira autom\u00e1tica. Pero eu creo nunha Galicia non infantilizada, que \u00e1s veces foi v\u00edtima pero outras tantas non o foi, ou que mentres uns galegos foron v\u00edtimas, outros non o foron. Creo nunha Galicia complexa na que podemos ofrecer visi\u00f3ns nas que non poidamos reco\u00f1ecer. Por iso abordei unha etapa tan deliberadamente esquecida no pa\u00eds como os &#8220;s\u00e9culos escuros&#8221; (denominaci\u00f3n que lle deron nos anos 70 a tres s\u00e9culos tan importantes para o pa\u00eds como o XVI, XVII e XVIII) a trav\u00e9s do mecenado art\u00edstico. E por iso presentei a Guerra da Independencia dun xeito distinto a como nola presentaron a moitos na carreira. De aquela nos dic\u00edan, moi seriamente, que os incultos labregos foran manipulados polos cregos e os fidalgos para que se enfrontaran aos ilustrados e modernos franceses. Na exposici\u00f3n presentamos a Guerra da Independencia dun xeito diametralmente distinto: como o nacemento da modernidade do pa\u00eds, da s\u00faa toma de conciencia simb\u00f3lica e pol\u00edtica, coa asunci\u00f3n plena do seu autogoberno. Pero tampouco quer\u00eda convertir a exposici\u00f3n nun templo de triunfos anecd\u00f3ticos: creo que as visi\u00f3ns globais deben ir m\u00e1is al\u00e1 diso. <\/p>\n<p>5. <strong>N\u00f3s\/eles.<\/strong> Calquera observador cultural \u00e9 perfectamente consciente de que nas \u00faltimas d\u00e9cadas hai unha profunda confusi\u00f3n entre identidade\/ideolox\u00eda no pa\u00eds. A identidade com\u00fan, que podemos compartir todos os galegos son apenas algunhas manifestaci\u00f3ns folcl\u00f3ricas e gastron\u00f3micas. A partir de a\u00ed, o relato hist\u00f3rico e culto do pa\u00eds, corenta anos despois de democracia, foise separando cada vez m\u00e1is do p\u00fablico xeral e determinadas iconas que deberan ser de consenso s\u00f3 se asocian a determinadas ideas pol\u00edticas. En corenta anos de democracia e cos medios m\u00e1is poderosos que tivo nunca (e nunca suficientes), o galeguismo non foi capaz de constru\u00edr un relato culto e compartido. Acabamos por confundir imaxinarios con ideas pol\u00edticas e mesmo con estilos de vida. Isto \u00e9 un perigoso desprop\u00f3sito e non \u00e9 aqu\u00ed o lugar de analizar por que. Pero unha teima mi\u00f1a como comisario da exposici\u00f3n, unha exposici\u00f3n dunha instituci\u00f3n p\u00fablica galega, \u00e9 constru\u00edr un relato que puidera ser compartido por moita xente distinta, de moitas ideolox\u00edas diferentes. Un relato para unha sociedade que queremos aberta, complexa, e que ten enormes desaf\u00edos para o seu futuro. A mi\u00f1a preocupaci\u00f3n, xa non s\u00f3 como comisario sen\u00f3n sobre todo como cidad\u00e1n, \u00e9 afrontar un deses desaf\u00edos: loitar contra a perda dun espazo com\u00fan galego. A perda de referentes com\u00fans vai afectarnos de maneira moi grave e nos vai debilitar nun mundo cada vez m\u00e1is complexo. Precisamos a identidade galega como un xeito de xenerar oportunidades para o pa\u00eds, para protexernos pero tam\u00e9n para proxectarnos. <\/p>\n<p>E un apuntamento m\u00e1is, apenas moi breve para non eternizar este texto, a\u00ednda que dar\u00eda para longo. No proceso de preparaci\u00f3n desta expo mirei moitos equivalentes en Europa. Exposici\u00f3ns producidas polos principais museos e entidades internacionais nas \u00faltimas d\u00faas d\u00e9cadas. Foi a\u00ed onde descubr\u00edn algo do que Galicia pode contar ao mundo, o xeito no que os galegos nos insertamos nas grandes historias. En boa parte desas exposici\u00f3ns de gran alcance \u00e1s que aludo, est\u00e1n moi presentes as ideas de poder, de imperio, de colonizaci\u00f3n, de culturas hexem\u00f3nicas e o seu impacto no mundo. Son exposici\u00f3ns que, como a nosa, dialogan co seu contexto social, ideol\u00f3xico e cultural. De alg\u00fan xeito, a historia de Europa s\u00e9guese a contar desde esas coordinadas de imperio e poder. Eu sempre dixen que &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221; era un relato do noso pa\u00eds, pero tam\u00e9n poder\u00eda ser unha propia historia de Europa. Pero claro, xa ser\u00eda unha historia distinta, contada desde coordenadas diferentes, nas que esas noci\u00f3ns de poder, guerra, imperio, hexemon\u00eda non son tan relevantes, ou son secundarias, e sobresaen outras ideas que no fondo, tam\u00e9n tecen Europa, que son quen de contar outra Europa: a Europa das vellas e pequenas naci\u00f3ns e culturas, que subxace \u00e1s veces agachada m\u00e1is al\u00e1 das grandes palabras, pero moi apegada \u00e1s persoas. Na mi\u00f1a propia viaxe nesta exposici\u00f3n, isto foi unha das cousas m\u00e1is importantes que aprend\u00edn. <\/p>\n<p>Como comisario, debo dicir que fiquei profundamente satisfeito co resultado. Nas numerosas visitas guiadas que realicei, puiden apreciar tam\u00e9n nos visitantes o impacto destas ideas. En xeral, apreciaban unha idea de Galicia que se cadra, ata o momento, nunca viran corporeizada, representada fisicamente nunha exposici\u00f3n. Moitos emocion\u00e1banse, e obviamente nesa emoci\u00f3n hab\u00eda unha parte importante de negociaci\u00f3n entre a s\u00faa idea de Galicia e a que pod\u00edan ver en &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221;. A exposici\u00f3n foi unha oportunidade \u00fanica para demostrar que debemos avanzar na construci\u00f3n da idea da Galicia do futuro. <\/p>\n<p><em>Fotos: Manuel G. Vicente<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe teriamos clausurado a exposici\u00f3n &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221;. Ducias de miles de visitantes dialogaron, na mostra, cunha determinada idea do pa\u00eds. Neste texto, comparto as reflexi\u00f3ns nas que me baseei para dese\u00f1ala. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/04\/12\/as-raices-dunha-historia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As raz\u00f3ns dunha viaxe de pa\u00eds<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33667,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1312],"tags":[],"class_list":["post-33632","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-galicia-un-relato-no-mundo","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33632","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33632"}],"version-history":[{"count":18,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33632\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33677,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33632\/revisions\/33677"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33667"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33632"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33632"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33632"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}