{"id":33559,"date":"2020-03-28T19:37:04","date_gmt":"2020-03-28T17:37:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33559"},"modified":"2020-03-31T14:06:27","modified_gmt":"2020-03-31T12:06:27","slug":"como-se-fixo-galicia-un-relato-no-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/03\/28\/como-se-fixo-galicia-un-relato-no-mundo\/","title":{"rendered":"Como se fixo &#8216;Galicia, un relato no mundo&#8217;"},"content":{"rendered":"<p><em><strong>Publicado orixinalmente en culturagalega.gal (18\/11\/2019)<\/strong><\/em><\/p>\n<h3>O xoves 14 de novembro inaugurouse na Cidade da Cultura a exposici\u00f3n <i>Galicia, un relato no mundo<\/i>, que abriu a semana pasada as s\u00faas portas ao p\u00fablico xeral. A exposici\u00f3n, primeira das tres grandes mostras do Xacobeo21 que organiza a Conseller\u00eda de Cultura e Turismo, conta con m\u00e1is de trescentas pezas, un percorrido de d\u00faas plantas e numerosos obxectos audiovisuais e interactivos que a converten nun complexo proxecto cultural no que participaron m\u00e1is de cen persoas. O seu comisario, Manuel Gago, explica algunhas das claves do proceso de creaci\u00f3n da exposici\u00f3n.<\/h3>\n<p><b>Por onde se comeza cunha exposici\u00f3n destas caracter\u00edsticas? <\/b><br \/>\nDesde o momento mesmo de que te propo\u00f1en a realizaci\u00f3n dun proxecto deste tipo a t\u00faa cabeza comeza a pensar enfoques. Precisas atopar unha clave, unha pauta que marque a orde da narrativa expositiva, que organice todo e sobre todo, po\u00f1a os l\u00edmites. No caso desta exposici\u00f3n, o tema non era nada doado. \u00c9 tan amplo que hab\u00eda que ser conscientes de que calquera elecci\u00f3n significar\u00eda deixar f\u00f3ra outros posibles cami\u00f1os.<\/p>\n<p>O segundo punto de partida para min era o espazo. Unha exposici\u00f3n \u00e9 unha experiencia f\u00edsica. Se non incorporas volumes, dimensi\u00f3ns e metros cadrados \u00e1 idea da exposici\u00f3n desde o primeiro momento, corres o risco de crear algo irreal, xen\u00e9rico e por lo tanto sen personalidade. Obviamente, a\u00ednda que non \u00e9 o caso de <i>Galicia, un relato no mundo<\/i>, o concepto de exposici\u00f3n itinerante \u00e9 lex\u00edtimo e necesario. Pero hai que pensalas doutro xeito. A situaci\u00f3n ideal \u00e9 harmonizar espazo e discurso narrativo desde o primeiro momento. <\/p>\n<p>No caso da Cidade da Cultura pasoume algo curioso. A primeira vez que vin os espazos con ollos de comisario, cando me fixei nesas d\u00faas plantas, asusteime. &#8220;A ver como fago para encher isto&#8221;, pensei. A segunda vez que volv\u00edn a sala, rinme para dentro. &#8220;Non me cabe&#8221;. A partir de a\u00ed foi cando comezamos a afinar coa oficina t\u00e9cnica da Cidade da Cultura e as t\u00e9cnicas do Museo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_30458_1.jpg\"\/><br \/>\n<i>Montaxe do &#8216;boliche&#8217; na zona de Memorias. Foto: Manuel G. Vicente \/ Cidade da Cultura<\/i><\/p>\n<p><b>E cal foi a pauta que atopaches?<\/b><br \/>\nEsencialmente, a pauta foi constru\u00edlo a partir do que poderiamos chamar sentidos da experiencia. Temos diferentes niveis da percepci\u00f3n da nosa relaci\u00f3n, como individuos cunha identidade ou identidades colectivas, co resto do mundo. O nivel m\u00e1is pr\u00f3ximo son as nosas vidas, o presente que vivimos; despois est\u00e1n as memorias, o recordo familiar da relaci\u00f3n co mundo, que en Galicia \u00e9 sobre todo a emigraci\u00f3n; logo est\u00e1 a historia, que \u00e9 a memoria constru\u00edda do pasado cun sentido colectivo; e ao final est\u00e1n os mitos, as narrativas que, de maneira simb\u00f3lica, nos dan os grandes trazos do imaxinario social en relaci\u00f3n ao mundo, traducido a feitos m\u00e1is ou menos fant\u00e1sticos. O sentido de circulaci\u00f3n na exposici\u00f3n \u00e9 ao rev\u00e9s do que estou enunciando: imos desde os mitos, o nivel m\u00e1is de enso\u00f1aci\u00f3n, e rematamos coas nosas propias vidas. Hai que dicir que para elaborar esta exposici\u00f3n houbo un di\u00e1logo constante co excelente equipo de asesores cient\u00edficos, cos que traballei moito para dar forma a unha narrativa atractiva das novas visi\u00f3ns sobre a nosa historia. <\/p>\n<p>Outro aspecto importante \u00e9 a densidade da informaci\u00f3n. Unha exposici\u00f3n de d\u00faas plantas, por definici\u00f3n, require bastante tempo para ser vista. A segunda planta ten un relato m\u00e1is lixeiro, m\u00e1is pr\u00f3ximo e m\u00e1is reco\u00f1ecible pola nosa memoria familiar, porque nos conecta con historias da emigraci\u00f3n que co\u00f1ecemos das nosas familias. Facilita a viaxe cando xa podes ter certo cansanzo f\u00edsico e mental.  <\/p>\n<p><b>Como se deciden as obras que te\u00f1en que vir a unha exposici\u00f3n como esta? <\/b><br \/>\nPois \u00e9 unha combinaci\u00f3n de factores, pero eu tendo a pensar cada obra como unha palabra dun texto, \u00e9 dicir, cada peza debe xogar unha funci\u00f3n case gramatical ou sint\u00e1ctica no discurso xeral da exposici\u00f3n. E, ao mesmo tempo, debe poder ser vista e contemplada individualmente. Inter\u00e9sanme que as pezas te\u00f1an todas unha historia de seu, pero que encaixen \u00e1 perfecci\u00f3n no discurso xeral. <\/p>\n<p>Para chegar a esta selecci\u00f3n de 320 pezas barallei m\u00e1is de 700. A partir de a\u00ed f\u00f3ronse realizando procesos de descarte sucesivos: os primeiros unicamente meus en colaboraci\u00f3n co equipo de asesores cient\u00edficos e os colaboradores da exposici\u00f3n, e os seguintes xa en di\u00e1logo co equipo t\u00e9cnico do Gai\u00e1s. Ti\u00f1amos xuntanzas nas que sopesabamos cuesti\u00f3ns ao redor da lox\u00edstica, custes de transporte, problemas de musealizaci\u00f3n ou dificultade das xesti\u00f3ns. Non hai que terlle medo a descartar: \u00e9 parte do proceso de traballo, pero reco\u00f1ezo que adoitan ser decisi\u00f3ns dif\u00edciles.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_30458_2.jpg\"\/><br \/>\n<i>O Libro das invasi\u00f3ns e o &#8216;correo&#8217; do Trinity College de Dubl\u00edn, antes da instalaci\u00f3n en vitrina. Foto: Manuel G. Vicente \/ Cidade da Cultura<\/i><\/p>\n<p><b>Como \u00e9 o proceso de conseguir obras moi relevantes? <\/b><br \/>\n\u00c9 un proceso complexo que se basea en dous eixos: por unha banda, a negociaci\u00f3n institucional, e por outra a t\u00e9cnica. No caso da primeira, \u00e9 o comisario quen comeza os contactos e as negociaci\u00f3ns. A instituci\u00f3n propietaria ten que ficar convencida da solvencia, seriedade e credibilidade das instituci\u00f3ns solicitantes e, especialmente no caso das pezas de gran valor, o obxecto debe encaixar ao mil\u00edmetro no discurso expositivo. \u00c9 dicir, deben entender con moita claridade por que se solicita unha peza. S\u00f3 as\u00ed eles poden xustificar, moitas veces, o seu pr\u00e9stamo, porque un pr\u00e9stamo non deixa de ser un risco; a maior parte das petici\u00f3ns para determinadas pezas adoitan ser rexeitadas por motivos deste tipo. Aqu\u00ed a negociaci\u00f3n \u00e9 longa e require tam\u00e9n de moit\u00edsimo traballo, atenci\u00f3n, intercambios, \u00e1s veces varias xuntanzas por videoconferencia&#8230; Este \u00e9 un proceso no que un comisario se debe dotar de paciencia, man esquerda e ter moi clara a complexidade e contexto de cada obra peticionada para tocar as teclas axeitadas. Hai que botar man de contactos e complicidades por todo o mundo, saber a quen chegar. <\/p>\n<p>Por outra banda, temos que ofrecer garant\u00edas en canto \u00e1s condici\u00f3ns ambientais, lum\u00ednicas e de seguridade da sala e da vitrina na que vai estar ubicado o obxecto. Estamos falando de informes t\u00e9cnicos moi precisos para entidades que en moitos casos piden condici\u00f3ns diferentes. Esta negociaci\u00f3n l\u00e9vase durante moito tempo e \u00e9 esencialmente unha discusi\u00f3n moi delicada entre as t\u00e9cnicas do Museo Gai\u00e1s e os das entidades prestadoras, e son estes t\u00e9cnicos os que moitas veces te\u00f1en a \u00faltima palabra: restauradores, conservadores&#8230; Se os conservadores da instituci\u00f3n cedente non o ven claro, a peza non se adoita deixar. E te\u00f1en a \u00faltima palabra mesmo ata chegar a sala con ela. O &#8216;correo&#8217;, que \u00e9 como se lles chama informalmente aos t\u00e9cnicos das instituci\u00f3ns prestadoras que traen a obra ata Compostela desde todo o mundo, poder\u00edan ter a peza na man, diante da vitrina, e decidir no \u00faltimo momento volver con ela para casa. As\u00ed que vos podedes imaxinar o milimetrado que ten que estar todo ese proceso para evitar sustos. E o que respiras cando finalmente se sela a vitrina coa peza dentro!  Afortunadamente, non tivemos ning\u00fan problema. <\/p>\n<p><b>O traslado de todas estas pezas&#8230;<\/b><br \/>\nO traslado \u00e9 complex\u00edsimo. En moitos casos, ademais, a empresa de transporte, Feltrero, especializada en movemento de obras de arte, vai previamente a inspeccionar a obra para corroborar as medidas e o estado de conservaci\u00f3n (sobre todo no caso de ser dunha colecci\u00f3n privada). Hai que ter en conta que moitas veces c\u00f3mpre preparar caixas e embalaxes espec\u00edficas para as pezas. E despois ch\u00e9gase a negociar absolutamente todo. En que posici\u00f3n debe ir a peza? En que tipo de veh\u00edculo? En moitos casos, as instituci\u00f3ns cedentes s\u00f3 permiten facer un \u00fanico voo, sen transbordos, e iso significa que, se non hai voo directo a Compostela, as pezas chegan ao aeroporto pactado e de al\u00ed son trasladadas o antes posible en cami\u00f3n a Galicia a unha velocidade m\u00e1xima de 90 km\/h, co &#8216;correo&#8217; a\u00ednda sen descansar ata chegar aqu\u00ed. Nalg\u00fans casos, como o Guerreiro de Lesenho, a peza tivo que vir escoltada desde Lisboa pola Guardia Nacional Republicana ata a fronteira galega, e de a\u00ed, coa Polic\u00eda Nacional ata a entrada no dep\u00f3sito da Cidade da Cultura. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_30458_3.jpg\"\/><br \/>\n<i>O equipo de Xoia Software instalados e instalando a Mesa interactiva do Cami\u00f1o de Santiago. Foto: Manuel G. Vicente \/ Cidade da Cultura<\/i><\/p>\n<p><b>Esta \u00e9 unha exposici\u00f3n na que se combinan numerosas linguaxes. <\/b><br \/>\nEn efecto, unha clave de <i>Galicia, un relato no mundo<\/i> \u00e9 que prantexabamos un di\u00e1logo moi intenso entre a montaxe expositiva, a gr\u00e1fica e a tecnolox\u00eda. A montaxe \u00e9 a materializaci\u00f3n da disposici\u00f3n de obxectos, muros, iluminaci\u00f3n e tr\u00e1nsito dos visitantes, e os arquitectos da oficina t\u00e9cnica do Gai\u00e1s traballaron para constru\u00edr unha pauta tam\u00e9n com\u00fan que acompa\u00f1ara e dera coherencia a unha exposici\u00f3n de pezas moi diversas. A gr\u00e1fica, realizada polas dese\u00f1adoras de Ekinocio, \u00eda m\u00e1is al\u00e1 da presentaci\u00f3n de paneis. Realmente foi un traballo de creaci\u00f3n de todo un sistema de navegaci\u00f3n e de dese\u00f1o da informaci\u00f3n: deb\u00edan conseguir que a exposici\u00f3n puidera ser comprendida  con facilidade polos usuarios, que tiveran unha percepci\u00f3n da s\u00faa posici\u00f3n e da \u00e1rea, as\u00ed coma do tipo de contidos que se atopaban diante. Dab\u00edan conseguir que a exposici\u00f3n fora &#8216;autoguiada&#8217;. Como comisario, g\u00fastame que un visitante poida acceder a un nivel satisfactorio de informaci\u00f3n en sala.<br \/>\nE logo est\u00e1 a tecnolox\u00eda, que foi desenvolvida por Xoia Software, e que ubicamos no coraz\u00f3n da experiencia ou da visita. Basicamente loitamos contra o concepto das exposici\u00f3ns que parece que lles obrigan a ter alg\u00fan elemento tecnol\u00f3xico &#8216;porque \u00e9 moderno&#8217;. N\u00f3s partiamos doutra premisa: a tecnolox\u00eda est\u00e1 no coraz\u00f3n da propia exposici\u00f3n, \u00e9 parte da l\u00f3xica expositiva. N\u00f3s empregamos a tecnolox\u00eda para conectar obxectos \u00e1s veces moi distanciados no tempo e no espazo co visitante, como unha estratexia m\u00e1is de crear empat\u00eda, contacto e v\u00ednculo. En funci\u00f3n das necesidades de cada peza ou conxunto de pezas, escollemos distintos sistemas tecnol\u00f3xicos \u00e1s veces moi distinto, na consciencia de escoller aquel m\u00e1is aca\u00eddo para contar a historia que queriamos contar. Algunhas das tecnolox\u00edas, como a realidade aumentada, son m\u00e1is habituais en museos. Noutras, como a hiperrealidade, que \u00e9 a nova xeraci\u00f3n da realidade virtual, ou o uso do corpo como interfaz a trav\u00e9s de sistemas de detecci\u00f3n de presenza, xa non son tan habituais neste tipo de exposici\u00f3ns.  Todas tiveron desenvolvementos t\u00e9cnicos espec\u00edficos para <i>Galicia, un relato no mundo<\/i>.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_30458_4.jpg\"\/><br \/>\n<i>O comisario repasando a exposici\u00f3n co gabinete de did\u00e1ctica da Cidade da Cultura. Foto: Manuel G. Vicente \/ Cidade da Cultura<\/i><\/p>\n<p><b>E logo chega a montaxe&#8230;<\/b><br \/>\nReco\u00f1ezo que a montaxe en sala \u00e9 dos momentos m\u00e1is interesantes que te podes atopar no desenvolvemento dunha exposici\u00f3n. A\u00ed t\u00f3mase contacto con profesionais da montaxe que est\u00e1n acostumados a traballar baixo presi\u00f3n e buscar alternativas a calquera problema. No noso caso, a empresa Daexga desempe\u00f1ou un traballo excelente, coordinando a profesionais de historia da arte e restauraci\u00f3n que documentaban exhaustivamente todas as pezas, con carpinteiros, electricistas, pintores&#8230;Ser\u00e1 porque eu son moi torpe cos traballos manuais, pero eses d\u00edas a min par\u00e9cenme miragreiros, porque estes profesionais son capaces de resolver todo tipo de problemas de exposici\u00f3n. En todo caso, nunha exposici\u00f3n destas o traballo non remata na montaxe: seguiremos en fase beta durante un certo tempo. Por exemplo, facemos observaci\u00f3n participante en sala cos visitantes para examinar como usan os interactivos, e a partir de a\u00ed realizamos cambios de programaci\u00f3n, na interface, para mellorar a navegaci\u00f3n e o seu uso. Os sistemas tam\u00e9n incorporan estat\u00edsticas de uso que nos permiten facer axustes. <\/p>\n<p>Pero unha gran produci\u00f3n cultural non remata a\u00ed. Por exemplo, foi indispensable a xente de administraci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura, que moveu todo o papeleo burocr\u00e1tico, contratos e cuesti\u00f3ns documentais. Nunha administraci\u00f3n p\u00fablica todo isto xenera unha enorme complicaci\u00f3n administrativa. E despois o gabinete de comunicaci\u00f3n, que foi fundamental para a difusi\u00f3n dunha exposici\u00f3n destas caracter\u00edsticas. Dese\u00f1amos unha estratexia de comunicaci\u00f3n destinada a poder ir presentando e dando a co\u00f1ecer as pezas principais de maneira individual. Moitas delas son desco\u00f1ecidas para o gran p\u00fablico, e cumpr\u00eda enfocar atenci\u00f3n para cada unha delas. E tam\u00e9n o gabinete de did\u00e1ctica. Hai xa moit\u00edsimas visitas de escolares concertadas. Co gabinete de did\u00e1ctica levamos traballando varios meses dese\u00f1ando as estratexias de presentaci\u00f3n da exposici\u00f3n, as pezas, os itinerarios&#8230; <\/p>\n<p><i>Galicia, un relato no mundo<\/i> p\u00f3dese visitar no Museo Gai\u00e1s da Cidade da Cultura ata o 12 de abril de 2020.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un &#8216;making of&#8217; da exposici\u00f3n<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/03\/28\/como-se-fixo-galicia-un-relato-no-mundo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Como se fixo &#8216;Galicia, un relato no mundo&#8217;<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33560,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,39,1312],"tags":[],"class_list":["post-33559","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-divulgacion-cientifica","category-galicia-un-relato-no-mundo","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33559"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33559\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33563,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33559\/revisions\/33563"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33560"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}