{"id":33552,"date":"2020-03-28T19:30:45","date_gmt":"2020-03-28T17:30:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33552"},"modified":"2020-03-30T17:24:07","modified_gmt":"2020-03-30T15:24:07","slug":"galicia-un-relato-no-mundo-discurso-da-inauguracion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/03\/28\/galicia-un-relato-no-mundo-discurso-da-inauguracion\/","title":{"rendered":"Galicia un relato no mundo: discurso da inauguraci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><strong>Publico aqu\u00ed o discurso que pronunciei na inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221; (14\/11\/2019)<\/strong><\/p>\n<p>Cando era neno, no Barbanza a\u00ednda se manti\u00f1a a memoria dunha tradici\u00f3n que sempre me marabillou pero que nunca cheguei a entender ata hai apenas un par de meses, cando xa estabamos nunha fase moi avanzada de produci\u00f3n da exposici\u00f3n que hoxe van poder visitar. <\/p>\n<p>Cont\u00e1base que aquelas familias nas que hab\u00eda nenos con problemas de sa\u00fade que non se daban resolto coa medicina, acud\u00edan pola noite a unha encrucillada \u00e1 espera do paso do primeiro cami\u00f1ante. Ped\u00edaselle que participara nun ritual de sanaci\u00f3n daquel meni\u00f1o doente. \u00c1s veces, mesmo pod\u00eda chegar a apadri\u00f1alo. Pensei moitas veces no estra\u00f1o e abraiante desta pr\u00e1ctica. Confiar, a\u00ednda que fora ritualmente, a curaci\u00f3n do teu fillo a un desco\u00f1ecido? Deixar que un forasteiro pasara a formar parte, como padri\u00f1o, da familia? <\/p>\n<p>Para entender o significado profundo desta tradici\u00f3n tiven que eu tam\u00e9n sa\u00edr a facer ao meu propio cami\u00f1o \u00e1 procura da resposta. E a mi\u00f1a viaxe foi aceptar o encargo da Conseller\u00eda de Cultura para acometer este ambicioso proxecto: unha exposici\u00f3n que abrira o Xacobeo 2021. <\/p>\n<p>Durante a preparaci\u00f3n do proxecto, mergullado nun universo de referencias a Galicia repartidas por ducias de pa\u00edses e centos de anos, un d\u00eda volveume \u00e1 cabeza a vella tradici\u00f3n e atopeille, \u00e1 fin, un significado. Como sempre acontece cos mitos e as lendas ancestrais de Galicia, baixo ela at\u00f3pase escondida, baixo a fasqu\u00eda da maxia, unha profunda verdade sobre n\u00f3s mesmos. <\/p>\n<p>Seguindo o rastro deste pa\u00eds noso no seu contacto co mundo, decateime de que Galicia \u00e9 un pouco como esas familias que agardan na encrucillada pola noite, que reciben, que dialogan e se atopan, que se non te\u00f1en dentro buscan f\u00f3ra. Cada un de n\u00f3s individualmente como galegos, a nosa cultura e o noso pa\u00eds, son o resultado destes encontros sucedidos durante miles de anos. <\/p>\n<p>Fronte a unha idea aillada e, dir\u00eda conformista, de Galicia, como un territorio at\u00e1vico, de esencias inmortais que parecen emanar da m\u00e1is profunda prehistoria, case como un obxecto conservado en formol. Fronte a unha idea da desconfianza cara o exterior, esa vella tradici\u00f3n da encrucillada e a nosa propia historia nos revelaban o contrario. O apertura ao desco\u00f1ecido como unha pauta. Os cami\u00f1os como innovaci\u00f3n, como benvida, como futuro.<\/p>\n<p>Unha exposici\u00f3n debe dialogar coa sociedade \u00e1 coa que se dirixe e co seu contexto cultural. Non negarei que no dese\u00f1o desta exposici\u00f3n asum\u00edn a herdanza das grandes exposici\u00f3ns da autonom\u00eda, como a inaugural Galicia no tempo (que eu a\u00ednda non sei como foron capaces de facela de aquela sen Internet) e a s\u00faa vontade de amosar Galicia toda, de crear un espazo compartido, un proxecto com\u00fan e facer que todos os galegos, con independencia do seu punto de vista e orixe, se reco\u00f1ezan nel. <\/p>\n<p>A exposici\u00f3n que constru\u00edmos e que van poder ver quere dialogar de maneira especial coas novas xeraci\u00f3ns de galegas e galegos do ano 2019, que en certo xeito est\u00e1n a constru\u00edr e buscar os seus novos referentes. Todos, maiores e novos, estamos mergullados xa nunha cultura transmedia, dixital, coas nosas identidades persoas e colectivas e inmersos ata o m\u00e1is fondo na globalizaci\u00f3n. Para estes p\u00fablicos propo\u00f1\u00e9moslle unha nova visi\u00f3n de Galicia, que se suma \u00e1 vella construci\u00f3n da identidade do galeguismo con novas olladas, con novos c\u00f3digos narrativos e novas tecnolox\u00edas. Esta \u00e9 a exposici\u00f3n dunha xeraci\u00f3n ou xeraci\u00f3ns que queren contar -e demandan que llo contemos- tam\u00e9n un relato non s\u00f3 de Galicia no mundo, sen\u00f3n tam\u00e9n de Galicia para o mundo, sen complexos, de fronte e de ti a ti. <\/p>\n<p>Para ese p\u00fablico dese\u00f1amos unha exposici\u00f3n que poder\u00eda ser como unha terminal de aeroporto, case un paradigma do mundo contempor\u00e1neo e global. A primeira planta poder\u00edan ser as chegadas, a entrada en Galicia de culturas, pobos, t\u00e9cnicas e ideas ao longo de miles de anos. E a segunda planta, as sa\u00eddas. O gran movemento humano da emigraci\u00f3n, que define a nosa memoria contempor\u00e1nea. <\/p>\n<p>O que van ver aqu\u00ed hoxe tenta ser unha proposta museogr\u00e1fica que quere explorar os cami\u00f1os das exposici\u00f3ns do futuro. No noso prantexamento, queremos buscar unha maior conexi\u00f3n entre as pezas e os visitantes, desenvolvendo empat\u00edas, emoci\u00f3ns, experiencias na interacci\u00f3n cos obxectos a trav\u00e9s de desenvolvementos tecnol\u00f3xicos propios que crean unha relaci\u00f3n m\u00e1is \u00edntima con eles. Non queremos que se visite un lugar de memorias colectivas, queremos que subir ao Gai\u00e1s a visitarnos sexa en si mesmo unha memoria para o futuro. <\/p>\n<p>Esta exposici\u00f3n conta con m\u00e1is de trescentas pezas chegadas de todo o mundo. Como comisario, debo agradecer a confianza depositada en n\u00f3s polas principais instituci\u00f3ns culturais de referencia no mundo. E esa \u00e9 outra cousa que aprend\u00edn con este proxecto: a seriedade e solvencia que esperta Galicia e este Museo Gai\u00e1s no exterior. Como comisario, debo dicir e reco\u00f1ecer que as marcas de Galicia e a Cidade da Cultura funcionaron como marca de maneira fundamental nas negociaci\u00f3ns, contribu\u00edndo a crear o clima o os argumentos para podermos traer grandes obras que non eran nada f\u00e1ciles.<\/p>\n<p>Estas instituci\u00f3ns de referencia aceptaron, en moitos casos, desprazar obxectos de valor incalculable que est\u00e1n tanto no coraz\u00f3n das s\u00faas colecci\u00f3ns e identidades nacionais como nas nosas. E ese \u00e9 un aspecto que quero destacar de moitas das grandes pezas seleccionadas. <\/p>\n<p>Son pezas que falan de n\u00f3s pero, sen d\u00fabida, son tam\u00e9n grandes pezas doutras culturas, pezas da cultura universal. \u00c9 o que chamo pezas h\u00edbridas. O Libro das Invasi\u00f3ns, chegado do Trinity College de Dubl\u00edn, recolle as referencias a un relato fundamental para entender a construci\u00f3n da identidade galega contempor\u00e1nea, o de Breog\u00e1n e os fillos de Mil, pero tam\u00e9n \u00e9 un monumento da propia identidade irlandesa. O Itinerario de Exeria nos revela a Gallaecia tardoantiga, pero \u00e9 fundamental para co\u00f1ecer a espiritualidade e o papel da muller ao final do Imperio Romano. A Biblia Kennicott \u00e9 o brillante rastro deixado polos nosos compatriotas xudeus que tiveron que marchar ao desterro, pero tam\u00e9n \u00e9 unha referencia fundamental para a cultura hebrea medieval e o legado de Sefarad. Os C\u00f3dices Calixtinos nos ilustran sobre o esplendor da Galicia medieval, pero tam\u00e9n nos falan da construci\u00f3n da identidade europea. A Bandeira do Tercio de Galegos fala da primeira agrupaci\u00f3n civil de paisanos en Am\u00e9rica, a primeira dos centos que logo haber\u00eda. Pero tam\u00e9n \u00e9 un obxecto ligado de maneira estreita aos acontecementos que deron lugar \u00e1 creaci\u00f3n da Rep\u00fablica Arxentina. E Santa, de Asorey, denuncia a situaci\u00f3n da muller galega e da propia Galicia a principios do s\u00e9culo XX, pero ao mesmo tempo \u00e9 unha valente cr\u00edtica \u00e1 representaci\u00f3n estereotipada do corpo da muller na arte europea, nun debate que chega ata hoxe, 70 anos despois. E esa idea das obras como algo compartido \u00e9 fundamental para esta exposici\u00f3n. Cada unha destas pezas nosas, entre aspas, tam\u00e9n \u00e9 unha engranaxe entre Galicia e o resto do mundo. Unha engranaxe que compartimos gustosos. <\/p>\n<p>Vou rematando cun cap\u00edtulo de agradecementos. En primeiro lugar, ao Conselleiro de Cultura e \u00e1 Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura para confiar en min cun proxecto tan ambicioso e tan arriscado. Sentinme en todo o momento, conselleiro, arroupado e mesmo animado para constru\u00edr toda esta historia. <\/p>\n<p>Para o desenvolvemento desta exposici\u00f3n, foi fundamental o apoio da mi\u00f1a alma mater profesional, o Consello da Cultura Galega. S\u00f3 grazas \u00e1 experiencia acumulada na comunicaci\u00f3n cultural ao longo de vinte anos dun f\u00e9rtil contexto creativo e laboral foi posible abordar este proxecto con garant\u00edas. Por suposto, quero agradecer ao equipo de asesores cient\u00edficos, que entenderon de maneira precisa e entusiasta a vocaci\u00f3n modernizadora deste proxecto e, sobre todo, a vontade de comunicar as numerosas novidades que, nos \u00faltimos anos, a ciencia nos achega \u00e1 percepci\u00f3n de Galicia e a s\u00faa relaci\u00f3n co mundo.  <\/p>\n<p>Pero \u00e9 fundamental tam\u00e9n dar as grazas ao magn\u00edfico equipo directivo e t\u00e9cnico da Cidade da Cultura, que soubo acompa\u00f1ar, xestionar e materializar este proxecto dunha maneira tan rigorosa como precisa. E, por suposto, a todo o equipo de colaboradores que participaron nas diferentes fases do proxecto. Profesionais da cultura de Galicia que revelan a capacidade que te\u00f1en as novas xeraci\u00f3ns do pa\u00eds para levar a cabo proxectos desta envergadura. <\/p>\n<p>E, tam\u00e9n agradecer \u00e1 mi\u00f1a parella, Sole, e \u00e1 mi\u00f1a familia, o seu apoio ao longo de todo este tempo. Sen eles, sen a s\u00faa compresi\u00f3n e axuda ata l\u00edmites insospeitados, non ser\u00eda posible ter levado a cabo este proxecto. Desde que comecei a exposici\u00f3n ata hoxe perd\u00edn literalmente trinta quilos de peso, e como se poden imaxinar, iso non \u00e9 doado. <\/p>\n<p>S\u00f3 quero rematar cunha historia que de alg\u00fan xeito, resume este proxecto. No Libro das Invasi\u00f3ns que van poder contemplar na primeira planta cons\u00e9rvase o que Robert Graves consideraba o primeiro poema das Illas Brit\u00e1nicas e, para min, un dos textos m\u00e1is fermosos da literatura universal. \u00c9 a Canci\u00f3n do bardo Amergin. Amergin era un dos l\u00edderes dos milesios, o pobo que partiu da terra de Breog\u00e1n e de Brigantia \u00e1 conquista de Irlanda e, polo tanto, un galego da s\u00faa \u00e9poca. Robert Graves dic\u00eda que a educaci\u00f3n po\u00e9tica inglesa non deber\u00e1 comezar polos Contos de Canterbury, nin pola Odisea, nin pola X\u00e9nese, sen\u00f3n coa Canci\u00f3n de Amergin, e se cadra tivera raz\u00f3n. <\/p>\n<p>Ning\u00fan dos criticos brit\u00e1nicos ou irlandeses sabe moi ben que quere dicir este poema e como interpretalo. Amergin cantouno nada m\u00e1is po\u00f1er o seu p\u00e9 dereito ao desembarcar na area da praia de Irlanda.<\/p>\n<p><em>Quen sen\u00f3n eu co\u00f1ece a idade da l\u00faa?<br \/>\nQuen se non eu sinalo o lugar no que o sol vai descansar?<\/em><\/p>\n<p>Alg\u00fans cr\u00edticos te\u00f1en proposto que, en realidade, \u00e9 a voz de Deus. Pero\u2026<\/p>\n<p><em>Eu son o vento que sopla sobre o mar<br \/>\nEu son as ondas do oc\u00e9ano,<br \/>\nEu son o murmurio das ondas,<br \/>\nEu son o boi dos sete combates,<br \/>\nSon un raio de sol,<br \/>\nSon a m\u00e1is fermosa das prantas,<br \/>\nSon un bravo xabar\u00edn,<br \/>\nSon un salm\u00f3n na auga,<br \/>\nSon un lago na chaira,<br \/>\nSon a arte do artes\u00e1n,<br \/>\nSon unha palabra da ciencia,<br \/>\nSon o deus que prende lume na cabeza dos homes.<\/em> <\/p>\n<p>No transcurso desta exposici\u00f3n, na mi\u00f1a viaxe como comisario, por fin consegu\u00edn comprender quen \u00e9 a voz, quen \u00e9 ese eu dese poderoso poema no que un galego viaxeiro pisa unha terra nova. <\/p>\n<p>Esa voz \u00e9 a de Galicia. <\/p>\n<p>Moitas grazas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Intervenci\u00f3n na inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n &#8220;Galicia, un relato no mundo&#8221;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2020\/03\/28\/galicia-un-relato-no-mundo-discurso-da-inauguracion\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Galicia un relato no mundo: discurso da inauguraci\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33557,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,1312],"tags":[],"class_list":["post-33552","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-galicia-un-relato-no-mundo","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33552","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33552"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33552\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33558,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33552\/revisions\/33558"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33557"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33552"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33552"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33552"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}